Post on 30-Jun-2015
description
HISTORIA DO LIBRO1. SOPORTES DE ESCRITURA:
TABOÍNAS DE ARXILAPAPIROPERGAMIÑOTABOÍÑAS ROMANASPAPEL
2. FORMATO DOS DOCUMENTOS:ROLO DE PAPIROCÓDICE DE PERGAMIÑO
3. DIFUSIÓN DO LIBRO: CREACIÓN DE BIBLIOTECAS
4. CREACIÓN DA IMPRENTAINCUNABLESO LIBRO, UN OBXECTO COMÚN
5. O LIBRO DO S. XXI6. DÍA DO LIBRO
TABOÍÑAS DE ARXILA
•
Taboíña de escritura cuneiforme, Mesopotamia 3000 a C.
•
Taboíña micénica, Grecia, 1500 a.C.
•Os primeiros documentos escritos fixéronse sobre arxila. O seu contido soía ser de carácter administrativo.
•Escribíase sobre a arxila aínda fresca e se deixaban secar. Ao non cocerse, estas “taboíñas”
podían reciclarse e volverse a utilizar, cando o seu contido xa non era
necesario.
PLANTA DO PAPIRO (CYPERUS PAPYRUS)
•
Os primeiros textos literarios foron escritos sobre papiro.
OBREROS EXIPCIOS FABRICANDO PAPIRO
•
O papiro producíase principalmente ás beiras do Nilo. •
A abundancia deste material favoreceu o desenvolvemento da biblioteca de Alexandría
ELABORACIÓN DE UNHA FOLLA DE PAPIRO (SCHEDA)
Resultado:
FOLLA DE PAPIRO (SCHEDA)
•
Fragmento da Ilíada, de Homero •
Fragmento da República de Platón
O papiro construíase en tiras longas que se enrolaban en volumes
ROLO DE PAPIRO (VOLUMEN)
Base de rolo
•
A palabra volumen, derivaba do verbo volvo, que significaba “enrolar, envolver”
en latín.
ROLOS: ABERTO E PECHADO
CAIXA PARA GARDAR ROLOS (CAPSA)
A capacidade do papiro era reducida, polo que unha obra con frecuencia compúñase de varios rolos ou volumes, que se gardaban nunha caixa cilíndrica ou “capsa”.
MOZO CON CAPSA
ANDEIS PARA ROLOS (SCRINIA)
LECTORES DE ROLOS
•
FILÓSOFOS •
MÉDICO
TINTEIROS (ATRAMENTARIUM)
TABOÍÑAS (TABELLAE)
•
As taboíñas eran de madeira ou marfil e se recubrían con cera (ceratae). Utilizábanse na escola ou como borrador para facer contas. Co calor do dedo polgar a cera volvíase alisar e quedaba lista par un novo uso
•
Á
parte da antiga Roma, tamén se usaron na Idade Media. Algnnhas
ordes monacais, como a de S. Benito, prohibían aos monxes posuílas sen permiso do abade.
PUNZÓN (STILUS)
•
Co punzón escribíase sobre as taboíñas.
•
Para resaltar as letras afumábanse as taboíñas
SAFO CON PUNZÓN E TABOÍÑAS
Fresco de Pompeia
PAQUIO PRÓCULO E A SÚA ESPOSA CON TABOÍÑAS E ROLO
Fresco de Pompeia
NA ESCOLA AVE, MAGISTER!
Relevo que documenta o uso de rolos na escola
UN NOVO MATERIAL: O PERGAMIÑO
Debido a escaseza do papiro e ao monopolio de Exipto sobre este material, en Pérgamo creáse un novo material a partir da pel dos animais: o pergamiñoEste novo material é máis resistente que o papiro e acaba substituíndoo no s. IV a.C.
APARICIÓN DO CÓDICE
•
Nun principio o pergamino
enrólase como o papiro.
•
Despois créase o códice, formado a partir de cadernos cosidos
PASO DO ROLO AO CÓDICE (S. II-IV d.C.)
•
O CÓDICE FOI O PREDECESOR DO LIBRO MODERNO
O CÓDICE TRIUNFA COMO FORMATO ECLESIÁSTICO
CÓDICE (CODEX)
•
CÓDICE CALIXTINO
s. XII Santiago de Compostela.•
Trátase dun manuscrito iluminado (con debuxos) que constituía unha guía de peregrinos.
O PAPEL
•
Os chineses foron os inventores do papel, frabicándoo
a partir de
residuos vexetais (cánabo principalmente) xa no s.I d.C.
•
A técnica segreda
da súa fabricación foi coñecida polos árabes e extendida
polo Islam no
s. VIII
O PAPEL
•
O papel chega a europa
a través dos árabes de Al-Ándalus, creándose sobre o ano 1000 asprimeiras
fábricas de papel en Córdoba.
•
A partir do s. XII o papel comezou a utilizarse nos códices
Fabricación de papel en Al-
Ándalus.
Córdoba, Casa Andalusí
CREACIÓN DE BIBLIOTECAS
•
Xa existían na civilización sumeria, no 4.000 a.c.•
No seu sentido máis moderno xorden na época helenística, no s. III a. C., no ámbito da cultura grega (nos territorios que foran conquistados por Alexandre Magno)
•
Destacan sobre todas, a biblioteca de Alexandría e a de Pérgamo
BIBLIOTECA DE ALEXANDRÍA•
Nas bibliotecas, ademais de copiar as obras dos autores clásicos, facíanse estudos
superiores.•
A biblioteca de Alexandría sufriu numerosos incendios. Nos s. IV e V o cristianismo persegue aos sabios e queima gran cantidade de libros.
•
Foi totalmente destruída no 642 polos árabes
BIBLIOTECAS•
Os romanos construíron bibliotecas, coma un edificio público máis das cidades.
•
Calquera cidadán tiña acceso a elas.
•
Biblioteca de Hadriano, en Atenas
Biblioteca de Celso, en Éfeso
OS MOSTEIROS
•
Co declive do imperio romano, a literatura clásica quedou en mans da Igrexa.
•
O legado literario conservouse nas bibliotecas dos mosteiros a pesares de ser pagán, xa que pola súa gran calidade seguía considerándose como modelo a imitar.
A IMPRENTA
•
Cara o 1450 Johannes
Gutenberg
inventa a imprenta de tipos móbiles
•
Unha das primeira obras que se imprime é
a chamada Biblia de Gutenberg
INCUNABLES
•
Denomínanse incunables (do latín “in cuna”) aos primeiros libros impresos, é
dicir, os libros publicados entre o 1.450 e o 1.500
•
Biblia de Gutenberg
O LIBRO, UN OBXECTO COMÚN
•
Ao longo dos séculos, a imprenta foi facendo o libro accesible a sectores cada vez máis amplos da poboación.
•
No s. XX as edicións de bolsillo
popularizan o libro, facéndoo asequible
a calquera persoa.
O LIBRO NO S. XXI
•
Hoxe en día temos outros formatos de libro ademais do papel, como o dixital. Podemos descargar de internet unha gran cantidade de obras
O LIBRO NO S. XXI
•
Os e-books
ou libros electrónicos
necesitan dun dispositivo (PC ou PAD) para ser lidos. A cambio aforran espazo
e proporcionan luz para a lectura.
•
Acabarán
suplindo ao tradicional libro de papel?
DÍA DO LIBRO
•
O 23 de abril comézase a conmemorar nos anos 20 do século pasado como día do libro, por ser coincidir a data da morte de William
Shakespeare
e Miguel
de Cervantes no 23 de abril de 1616.•
(En realidade non foi o mesmo día, xa que naquela época en Inglaterra rexía aínda o calendario xuliano e a data da morte de Shakespeare
era en realidade
o 5 de maio do noso, xa reformado, calendario gregoriano.)
DÍA DO LIBRO•
Neste día entrégase en Alcalá
de Henares
o premio Cervantes, máximo galardón en literatura castelá.
•
En Catalunya celébrase o día de
san Jordi, e é
costume regalar unha rosa e un libro.
•
Juan Marsé, novelista español, premio Cervantes 2009
•
Feito por Susana Losada, IES de Melide (A Coruña), baseado nunha presentación de Gabriel Laguna Mariscal