Post on 05-Jul-2015
description
Guía Formación Profesional Básica Mª SILVINA PARICIO (Dpto. Orientación do IES ELVIÑA)
GUÍA DA FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA
INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS
1. REQUISITOS DE ACCESO
• Ser propostos polo equipo docente a través do Consello Orientador.
• Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
• Ter cursado 3º ESO ou, excepcionalmente, 2º ESO.
• Consentimento dos país, nais ou titores/-as legais.
2. DURACIÓN
• 2 cursos académicos (2000 horas).
• Pode ser ampliada a 3 cursos no caso da Formación Profesional Dual
• O alumnado pode permanecer cursando un ciclo de FP Básica durante un máximo de 4 anos.
3. ESTRUTURA e TIPOS DE MÓDULOS
• Os ciclos estrutúranse en módulos profesionais, que son de 3 tipos:
a) Módulos asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
b) Módulos asociados aos bloques comúns:
Módulo de Comunicación e sociedade I, e módulo de Comunicación e sociedade II, nos que se desenvolven competencias do bloque común de Comunicación e ciencias sociais, que abranguen as seguintes materias: Lingua galega, Lingua castelá, Lingua estranxeira e Ciencias sociais.
Módulo de Ciencias aplicadas I e módulo de Ciencias aplicadas II, nos que se desenvolven competencias das materias do bloque común de Ciencias aplicadas, que abrangue as seguintes materias: Matemáticas aplicadas ao contexto persoal e de aprendizaxe dun campo profesional, e Ciencias aplicadas ao contexto persoal e de aprendizaxe dun campo profesional.
c) Módulo de formación en centros de traballo: Prácticas na empresa, cunha duración dun mínimo do 12% da duración total do ciclo formativo.
1
Guía Formación Profesional Básica Mª SILVINA PARICIO (Dpto. Orientación do IES ELVIÑA)
d) Ademáis, o alumnado terá unha hora semanal de titoría.
4. AVALIACIÓN
• A avaliación do alumnado terá carácter continuo, formativo e integrador, e realizarase por módulos profesionais.
• A superación dos ciclos de FP Básica requerirá a avaliación positiva en todos os módulos e, no seu caso, nos bloques e materias que os componen.
• Haberá dúas convocatorias anuais (xuño e setembro).
• O alumnado poderá repetir cada curso unha soa vez como máximo, aínda que excepciónalmente poderá repetir un dos cursos unha segunda vez, logo do informe favorable do equipo docente.
5. PROMOCIÓN
• Se supera o 80% do 1º curso, o alumnado promocionará ao 2º matriculándose das pendentes.
• Se supera o 50% do 1º curso, e previo informe do equipo docente, o alumnado poderá matricularse dos módulo pendentes e dalgún de 2º curso ata completar o horario.
6. TITULACIÓN
• Obtense o Título Profesional Básico da familia correspondente, cuxa competencia profesional será o Nivel I do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
7. CERTIFICACIÓN
• O alumnado que non obteña o título recibirá unha Certificación Académica dos módulos profesionais superados.
8. SAÍDAS
• O Título Profesional Básico permitirá o acceso aos Ciclos Formativos de Grao Medio de Formación Profesional.
• O Título Profesional Básico non da o título da ESO. O alumnado que desexe obter o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria deberá presentarse e superar a proba de Avaliación Final da ESO en calquera das súas dúas modalidades (académica ou profesional).
9. OFERTA EN GALICIA: 21 Títulos profesionais básicos,
- Servizos administrativos
- Electricidade e electrónica
- Fabricación e montaxe
- Informática e comunicación
- Cociña e restauración
- Mantemento de vehículos
- Agroxardinaría e composicións florais
- Peiteado e estética
- Servizos comerciais
- Carpintería e moble
2
Guía Formación Profesional Básica Mª SILVINA PARICIO (Dpto. Orientación do IES ELVIÑA)
- Reforma e mantemento de edificios
- Arranxos e reparación de artigos textiles e de pel
- Tapizaría e cortinaxe
- Vidraría e olaría
- Actividades agropecuarias
- Actividades marítimo-pesqueiras
- Aloxamento e lavandaría
- Aporoveitamentos forestais
- Artes gráficas
- Industrias Alimentarias
- Informática de oficina
10. OFERTA EN A CORUÑA (CONCELLO)
CENTRO Tfno. CICLO FP BÁSICACENTRO
ASOCIADO
CIFP Paseo das Pontes 981160196
- Aloxamento e lavandaría (20 prazas)
-Arranxos e reparación de artigos textiles e de pel (20 prazas)
IES Urbano Lugrís
CIFP Someso 981282200
-Fabricación e montaxe (20 p)
-Mantemento de vehículos (20 p)
-Peiteado e estética (20 p)
-Reforma e mantemento de edificios (20 p)
IES A Sardiñeira
IES Plurilingüe Elviña
IES Plurilingüe Elviña
IES A Sardiñeira
IES Calvo Sotelo 981252600
-Artes gráficas (20 p)
-Carpintaría e moble (20 p)
-Fabricación e montaxe (20 p)
IES Fernando Wirtz Suárez
981230643 -Informática e comunicación (20 p)
CPR Fogar de Santa Margarida
(concertado)
981251090 -Servizos comerciais (20 p)
CPR Nebrija Torre de Hércules
(concertado)
981259009-Informática e comunicación (20 p)
-Servizos administrativos (20 p)
CPR Plurilingüe La Grande Obra de Atocha
981222542 -Servizos administrativos (20 p)
11. PRAZO SOLICITUDE ADMISIÓN: Do día 1 de setembro ata as 13 horas do día 10 de setembro.
12. PUBLICACIÓN LISTAXE ADMITIDOS: 12 de setembro.
3
Guía Formación Profesional Básica Mª SILVINA PARICIO (Dpto. Orientación do IES ELVIÑA)
13. PRAZO DE MATRÍCULA: Do día 12 ao 19 de setembro.
14. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
• Solicitude de admisión e matrícula debidamente cuberta a entregar no centro no que pretenda ser admitido. A solicitude pode descargarse en https://sede.xunta.es co código de procedemento ED522A.
• Copia do DNI ou NIE.
• Comunicación de incorporación á formación profesional básica.
• Certifixado de discapacidade, se é o caso.
15. MÁIS INFORMACIÓN: http://www.edu.xunta.es/fp/category/etiquetas/fp-basica
16. NORMATIVA DE REFERENCIA:
• Orde do 5 de agosto de 2014 pola que se regulan aspectos específicos para a implantación das ensinanzas de formación profesional básica no ano académico 2014/15 (DOG de 13 de agosto).
• Orde do 14 de agosto de 2014 pola que se regula o acceso e admisión aos ciclos de formación profesional básica e se autoriza a súa oferta para o curso 2014/15 (DOG de 26 de agosto).
4