GUIA DE LECTURAS PARA O NADAL

Post on 14-Aug-2015

386 views 1 download

Transcript of GUIA DE LECTURAS PARA O NADAL

www.edu.xunta.es/centros/ceipterracha/

www.Biblioroman.blogspot.com

www.pequebitacora.blogspot.com

http://orientacionroman.blogspot.com

VISITA OS NOSOS BLOGUES E A WEB

“A lectura regálanos moita compaña,

liberdade para ser doutra maneria e

ser máis.”

Pedro Laín Entralgo

As vacacións son un excelente momento para adicarlle un tempiño á

lectura.

Aquí vos deixamos unhas recmendacións. Agardamos

que vos gusten.

E PARA OS PAPÁS E AS MAMÁS...

O EQUIPO DA BIBLIOTECA DO CEIP TERRA CHÁ

DESÉXAVOS UNHAS BOAS VACACIÓNS E BO ANO 2011

CUENTOS PARA EDUCAR NIÑOS FELICES,

Begoña Ibarrola, Editorial: SM Algunhas pistas para educar nenos felices. Un libro dividido en dez apartados entre eles o amor incon-dicional, a autoestima, a autono-

mía…Cada apartado vai acompañado de dous contos e unha guía para pais.

CONSEJOS PARA PADRES IMPERFECTOS

Bau ,A. /Car reño , E. Ed. Leq tor Universal Ser pais non é tarefa s inxela. Este libro é un repaso dos erros máis típicos que cometemos na educación dos nosos fillos en relación coa alimentación, as rabechas,

as amizades, a sobreprotección… Educar é poñer límites, saber dicir non, pero tamén premiar con palabras ou cunha aperta.

GUÍA DE LECTURAS

RECOMENDADAS

BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP TERRA CHÁ

ROMÁN

2º CICLO

1º CICLO

ADIVINA, ADIVINANZA Everest Colección: Leer es vivir Adivina, adivinanza serve para ler, aprender e gozar; nesta cousiña que debes adiviñar podes descubrir un mundo cheno de pre-guntas e respostas, que che han axudar a

CANDO NON ATOPAS A TÚA CASA Paloma Sánchez & Joanna Concejo Editorial:OQO Ás veces pérdeste na noite e non atopas a túa casa. Por un bosque descoñecido camiñas sen rumbo.

TANNEKE, A PRINCESA DAS BRUXAS

An Leysen EDICIONS LLINTEO

Esta pequena meiga soña con carrozas de princesa, traxes de princesa, e rás que se deixen bicar pero...e se o seu soño se convirte en realidade???

ABRAPALABRA Antón Cortizas Editorial : Galaxia Ollo con este libro, vaia mago que vas dar! A lingua é máxica. As palabras

lense de arriba a abaixo, de esquerda a dereita… e ata en diagonal! A que non sabías que ti podes ser tamén un mago?

A BONECA E A CASTAÑEIRA Roberto Aliaga & Maja Celija Editorial :OQO Marcela vive coa súa avoa, a castañeira, e mais cunha boneca de trapo gastada polo tempo e os abrazos. No Nadal, a avoa monta o posto diante dunha tenda de

xoguetes e alí ve, no escaparate, a boneca de porcelana perfecta para a súa neta. Entre as compras, os agasallos… nestas datas todo son pré-sas. Un día, un home que sae da tenda todo apurado, deixa caer un pa-quete: dentro hai unha boneca de porcelana. A Marcela gústalle, pero

3º CICLO

O ASTRÓLOGO E A FEITICEIRA Washington Irving & Paula Aneiros Editorial: OQO Grazas ao talismán construído polo sabio astrólogo, o rei Aben Habuz puido afastar para sempre o inimigo; pero un

ALGO CON LO QUE NADIE HABÍA CONTADO Marit Törnqvist, Editorial: Los cuatro Azules Unha parábola sobre a vida rápida e deshumanizada que levamos na sociedade actual. Unha nena cae nun pozo. Ao principio todos intentan salvala pero co paso dos días esquécense dela. Un libro emocionante, triste primeiro e

feliz despois.

CIUDAD LABERINTO

PEDRO MAÑAS Editorial: Factoria K

He pintado un mapa sobre la solapa de mi libreta.

Un mapa pequeño de una ciudad grande

que no se está quieta...

UN MUNDO DE ABUELOS Marta Gómez Editorial: Comanegra Avós e avoas de todo tipo están dacordo nalgo esencial: non hai nada máis importante que ser avoa ou avó.

CORAZÓN DE MADRE Isabel Minhos Martín, Bernardo Carvalho, Editorial: libros del Zorro Rojo.

O corazón dunha nai non é só un múscu-lo que late sen parar. É un lugar máxico

onde suceden as cousas máis extraordinarias...

EDUCACIÓN INFANTIL

UN CONTO CHEO DE LOBOS Roberto Aliaga & Roger Olmos

Editorial:OQO

Había lobos grandes e lobos pequenos. Lobos durmidos e lobos espertos. Lobos xigantes, lobos ananos... e lobos con máis de cen anos. Había lobos de todas as cores: verdes, azuis, vermellos… Había lobos con lentes e lobos con sombreiro. Lobos que escribían cartas, lobos trampulleiros e lobos que mexaban sobre un formigueiro. O conto estaba cheo de lobos!.

CUENTOS CLÁSICOS AAVV Editorial: Bruño Os contos de sempre adaptados para os máis pequenos