Post on 17-Mar-2016
description
“En tiempo de los faraones”. Ed. SM Observa como reverde-
cen as beiras do río Nilo
despois da crecida. Abre
as portas do palacio do
faraón para ver como
avanza suxeitando as
insignias reais …
Libro interactivo para
ler, mirar e manipular.
“El gran libro de
Egipto”. Ed. Susaeta. Libro móbil
interactivo, para
vivir o Antigo Exipto con
espectaculares
despregables e
solapas.
“El antiguo Egipto”.
Ed. Bruño
Grandes pirámides,
tumbas ricamente
decoradas, misteriosas
momias, magníficos
templos, poderosos
faraóns e, tamén,
xente corrente do
Antigo Exipto. Poderás
coñecer os seus
enigmas por dentro e
por fóra. Con magnífi-
cas e detalladas
ilustracións.
"Egipto y los faraones”. Ed. SM. ¿Quen eran os fara-
óns? ¿Para que servían
as pirámides? ¿Que é
unha momia? ¿Sabes
ler xeroglíficos?... Mo-
ve as rodas, abre as
ventás e as solapas pa-
ra descubrir o Antigo
Exipto e os Faraóns.
“Cita con las momias”. Ed. Oceano Para coñecer a
historia das
momias, as
crenzas que tiñan
os exipcios sobre
a morte, como
embalsamaban os
corpos, como eran os ataúdes, as tumbas...
“Historias del más allá. El Antiguo
Egipto”. Ed.Molino Unha emocionante
aventura, chea de
misterio e perigo, que
amosa a historia do
Antigo Exipto. Como
era a sociedade, a
súa artesanía, o culto
aos deuses ou o
interior das
Pirámides.
COLEXIO RURAL AGRUPADO
DE RIBADUMIA
Estimadas familias:
Durante o primeiro trimestre, a par-
tir do conto “Cartas de Félix”, esti-
vemos a investigar e coñecer o Anti-
go Exipto. Para todos aqueles que,
ao igual que o noso amigo Félix, de-
sexen viaxar e mergullarse nos cos-
tumes desta civilización, aquí lles
deixamos estás recomendacións.
Na nosa biblioteca escolar podedes
atopar toda a bibliografía que apa-
rece nesta pequena guía.
Animádevos a solicitar os libros e
vivir cos vosos fillos e fillas na ma-
rabillosa terra dos faraóns.
FÉLIX EN
EGIPTO
“Pirámides. Un paseo polo tempo”.
Ed. SM Co seu índice troquela-
do, dependendo da
parte do libro que máis
interese, poderase
seguir a orde lineal da
obra ou saltar dunha
páxina a outra para
coñecer os cambios
producidos nas pirámides ao longo da historia.
“Los misterios de las momias”.
Ed. Everest. Entra nas profundas
e tenebrosas tum-
bas dos faraóns pa-
ra descubrir mo-
mias, feitizos e te-
souros. Descubre o
ritual secreto da
momificación e a
identidade do rei Tutankhamón.
“Cleopatra”. Ed. Susaeta
Este libro, cheo de
datos, curiosidades,
recadros e ilustracións,
ofrece unha forma
diferente de mergullarse
na biografía dun dos
personaxes máis atracti-
vos da Historia.
“Busca en Egipto”.
Ed. Susaeta. Con este libro poderás
coñecer mellor esta
civilización,la forma de
vivir dos antigos exip-
cios, como eran as súas
casas ou como podían
construír esas enormes
pirámides. Ademais, o
libro propón un xogo de busca nas ilustracións
“Las maravillas del mundo explicadas a
los niños”. Ed. Oniro Abride este libro de
gran formato e gozade
contemplando 71 mara-
billas do planeta recoñe-
cidas pola UNESCO. Con
cada fotografía a toda
páxina, atoparás un tex-
to explicativo do lugar.
“Egipto misterios”. Ed. Susaeta.
Follas de cartolina con
ventás. Deberás
atopar todos os ele-
mentos que están ago-
chados e outros que
están infiltrados. A
obra pon ao alcance
dos máis pequenos o
que queren saber de
Exipto.
“Las pirámides fueron construidas”.
Ed. Everest Nas repostas as pregus-
tas deste libro os lecto-
res poderán atopar todo
tipo de información e
feitos curiosos, dende
¿por que se vendaba ás
momias? a ¿como viaxa-
ban os exipcios rapida-
mente?.
“El Niños de los
cinco continen-
tes”. Ed. SM
Centenares de
nenos abren as
portas dos seus
fogares e amosan a
súa cultura, a súa
familia e os seus costumes. Preciosas fotografí-
as de forte contido social.
“Los mundos antiguos”.
Ed. Combel. Inventaron a escritura,
construíron as pirámides,
idearon a democracia… Son
os pobos dos Mundos Anti-
gos. Fotografías, desprega-
bles e todo tipo de curiosi-
dades sorprendentes para
descubrir a estas fascinan-
tes civilizacións.