Gato

Post on 24-May-2015

76 views 7 download

Transcript of Gato

gato(Felis silvestris catus )

gatocat

chatgato

O gato é un animal mamífero de tamaño pequeno (25 a 35 cm de altura media) co corpo cuberto de pelo de cor e tamaño variable segundo a raza.

CABEZA: de forma esférica co fuciño pouco saínte. TRONCO:

cilíndrico, alongado

RABO: longo e fino

PATAS DIANTEIRAS: rematadas en cinco dedos PATAS TRASEIRAS:

rematadas en catro dedos.

PELO: curto, liso e suave de cor variable.

OLLOS grandes, en posición frontal

BIGOTES: pelos sensoriais que ten no fuciño e enriba dos ollos

ORELLAS: triangulares e erguidas.

trapeciodorsais glúteo

caudais

xemelgo

abdominaistriceps

mastigadores

MÚSCULOS

deltoide

flexores

recto

OS MÚSCULOS do gato son semellantes aos das persoas. Os máis importantes son os que usa para dar saltos.

biceps

vértebras

cránio

maxilar

omóplato

húmero

cúbito

radio

carpometacarpo

falanxes

costelas

esternón

pelve

fémur

tibia

peroné

tarso

falanxes

ESQUELETO

sacro

metatarso

O ESQUELETO está formado polos mismos osos que o noso.

tráquea

esófago

pulmón

corazón

cavidade bucal

fígadointestino delgado

intestino groso

vexiga

ano

ril

estómago

ÓRGANOS INTERNOS

testículo

pene

pene

útero

APARATO REPRODUTOR

MACHO FEMIA

ovario

vaxina

ubre

testículo

vexiga

vexiga

recto

rectoril ril

MACHO

FEMIA

Os gatos desprázanse a catro patas apoiando os dedos sobre uns saíntes carnosos que fan que non se escoite e coas unllas escondidas nuns repregues da pel.

Os movementos do gato son áxiles e flexibles. Poden correr a gran velocidade, aínda que durante un tempo curto, xa que cansan axiña.Despois de descansar estira toda a súa musculatura Ten unha gran potencia de salto grazas á posición das patas traseiras a xeito de panca (apoia todo o pé facendo unha Z) e á potente musculatura. Equilíbrase co rabo.Cando cae dun sitio alto da voltas no aire e consegue equilibrarse ata quedar de pé.

Pode gabear coa axuda das unllas que son afíadas e ganchudas e permítenlle suxeitarse a moitas superficies.

Os gatos teñen un oído excelente. Oen sons con frecuencias máis altas que as persoas e perciben a moita distancia os pequenos ruídos das súas presas (como os sons dos ratos). Pode mover as orellas e orientalas para escoitar mellor.

Os ollos son moi sensibles á luz. A pupila dilátase para aproveitar a mínima cantidade de luz e péchanse con luminosidade alta.

Os bigotes permítenlle orientarse no espazo e detectar pequenas vibracións e cambios de temperatura no aire.

O gusto dos gatos é moi fino, proban a comida e gústalles a variedade.

Os gatos son moi expresivos e utilizan moitos recursos para comunicarse.

Os olores sérvenlle para atopar a comida, saber onde están as presas e emitir e recibir sinais.

Marcan o seu territorio con sinais olfativas fregando o corpo contra obxectos, as pernas da xente... para indicar que nesa zona non queren intrusos. Para eso teñen unhas glándulas especiais situadas no rabo, enriba das sens e arredor do fuciño.

Para intimidar aos adversarios tenta parecer máis grande, ponse de pé, arqueando o lombo e poñéndose de perfil eriza o pelo do rabo e do lombo, as orellas cara atrás, as pupilas dilatadas e a boca aberta roñando, asubiando e resoplando.

Cando vai a atacar: apóiase sobre as patas traseiras e prepárase para saltar. Aplana o pelo, ensina os dentes, enruga o nariz, resopla e da bufidos.Cando o agresor é máis forte que el sométese.

A LINGUAXE DO GATO

BIGOTES:Extendidos cara aos lados: sinal de tranquilidade e indiferenciaCara atrás: timidez e retraemento.Abertos en abano: máxima atención, tensión, disposición para actuar.

Bostezo: sinal de tranquilidadeCabeza ladeada: achegamentoPatas estiradas: seguridade en sí mesmo ou tensión.Doblar as patas traseiras: seguridade.Doblar as patas traseiras e dianteiras: inseguridade, defensa.

RABO:Movemento rápido dunha banda á outra: excitación.Ríxido, cara arriba: saúdo amistoso.Levantalo de súpeto e axitalo: ameaza de ataque.

Pelo alporizado en todo o corpo: sinal de medo.Pelo alporizado na liña central do lombo e no rabo: ataque.

VOCES, SONS:Gorgorexo (especie de ronquido xordo que fai coa gorxa): indica que está a gusto.Resoplido: ameaza, defensa.Cuspir: ameaza, avisoRoñido, berridos, bufidos: ameaza moi ofensiva.Maiar ou miañar: de tono, intensidade e modulación variable segundo o que intente expresar: chamada, descontento, falta de algo...Arrolamento: saúdo amistoso.

Lambe a pel constantemente para asearse.

Orina para deixar as súas “marcas” territoriais.

Afila as garras contra calquera obxecto: árbores, mobles...

Xoga con todo tipo de obxectos que se poidan facer rolar, estirar...

os gatos pasan moitas horas xogando

Góstalle estar ao sol e en sitios tranquilos durmindo moitas horas.

Se se crían xuntos poden chegar a levarse ben con outros animais como cans e paxaros.

ALIMENTACIÓN:Os gatos son por naturaleza animais de presa.Son carnívoros e teñen unha dentadura especializada: cairos moi desenvolvidos e fortes e molares afiados para romper os osos.

Nas casas comen todo tipo de alimentos que lles proporcionan as persoas, pero, especialmente carne e peixe, ou alimentos preparados en lata, pensos... Ocasionalmente mordisquean herba para axudarse na dixestión.Cando quere pedir comida aos amos pode ser moi insistente, frégase contra as pernas e miaña repetidamente.Polo xeral non se adapta a horarios e góstalle comer varias veces ao día.

O seu organismo e xeito de vida están adaptados á vida en libertade. Cando ten ocasión caza ratos e outros pequenos mamíferos, lagartiñas, paxaros, peixes... que come con pel e todo.

Cando caza unha presa segue unha secuencia de movementos: axexo e aproximación silenciosa, salto e captura. Logo xoga un tempo antes de comela axitándoa e titrándoa ao aire.

REPRODUCCIÓN:Os gatos son mamíferos vivíparos: as súas crías desenvólvense no interior da nai e nacen vivas.As femias teñen o primeiro celo entre os 6 meses e 1 ano. Cando ovulan o seu corpo cambia e andan inquedas (chámase “andar ó macho” ou “ás xaneiras”). Durante uns días están preparadas para aparellarse e atraen aos machos polo cheiro especial que desprenden ou polo xeito de comportarse e miañar. É frecuente que se xunten varios gatos e organicen pelexas ata que un consegue copular cunha femia.

No caso de ser fecundada queda preñada durante dous meses (63 días) e pare unha camada de número variable nun lugar protexido e quente que ela mesmo escolle pola casa ou nos arredores.

Os gatiños nacen cegos e xordos, con pelo e coas patas febles.

Aos 8-12 días comenzan a abrir os ollos.

Entre os 21 e 25 días dan os primeirios pasos.

A partir da 3ª semana comen os primeiros alimentos sólidos.

Durante a etapa de lactancia a nai transporta aos gatiños na boca e ensínalles a comer, cazar e comportarse.

Entre a 4ª e 5ª semana empezan a xogar, saltar e pelexar.

Aos dous meses aproximadamente é o destete. A nai xa non lles deixa mamar e comen pola súa conta.

COIDADOS:Os gatos non precisan coidados especiais e se están sans poden chegar a vivir ata 20 anos.

Deben ter un lugar para dormir e para facer as súas necesidades (no exterior ou unha caixa con area).

Os gatos que viven na casa e en contacto coas persoas, especialmente nenos, deben estar limpos e libres de parásitos e enfermidades contaxiosas.

Os gatos gozan na compaña das persoas e buscan sitios quentes e limpos.

O gato san é desperto, curioso e xoguetón e límpase el mesmo regularmente lambendo o pelo para eliminar a suciedade e os pelos mortos.

Debemos vacinalos nos períodos establecidos contra as enfermidades máis contaxiosas como a rabia e a leucemia felina.Débense desparasitar internamente polo menos dúas veces no ano para eliminar parásitos intestinais (vermes), e externamente para protexelos das pulgas, carrachos e outros inquilinos. Tamén é interesante observalo para advertir calquera modificación na súa conduta habitual porque pode ser síntoma de problemas.

OS GATOS E AS PERSOAS

O gato é un animal que vive coas persoas dende hai aproximadamente 8.000 anos.Os primeiros gatos domésticos, descendentes dos gatos salvaxes africanos, viviron en Exipto e foron protexidos polas persoas por resultar moi útiles para cazar os ratos que invadían os almacéns de trigo e arroz que eran as reservas máis importantes de alimento para a poboación.

Estatua exípcia da deusa Bastet.Os exipcios valoraban tanto aos gatos que chegaron a representar a algúns deuses con aspecto de gato e facíanlles enterros.

Momias de gatos

Mosaico romano

Na actualidade os gatos son habituais nas casas de campo para mantelas libres de ratos e nas demais como animais de compaña.

ALGUNHAS RAZAS DE GATOS:Desde o século XIX comezaron a establecerse diferentes tipos de razas a base de cruzar e seleccionar gatos con características representativas.Existen numerosas razas de gatos que se diferencian na estrutura do corpo, no tipo de pelo (tamaño, cor, densidade), no rabo, nas orellas…

Gato sen pelo: Esfinxe

Gato de rabo curto: Xaponés Bobtail

Coas orellas caídas: Scottish Fold

Sen rabo: gato de Manx

Gatos de pelo curto

Gatos de pelo longo

Gato montés europeo (Felis silvestris)Tamaño: lixeiramente máis grande que o gato doméstico. 4 a 8 kgLocalización: distintos puntos de Europa.

ANIMAIS SEMELLANTES:Existen máis de 30 tipos de gatos silvestres de tamaños variables.

Gato xaspeado (Pardofelis marmorata)Tamaño: coma o gato doméstico. 3 a 4 kgLocalización: Indochina

Manul (Felix manul)Tamaño: coma o gato doméstico2,5 a 3,5 kg.Localización: toda Asia Central

Gato de Bengala (Prionailurus bengalensis)Tamaño: coma o gato doméstico. 3 a 7 kgLocalización: Sur e Leste de Asia Gato africano (Felis libica)

Tamaño: lixeiramente máis grande que o gato doméstico. 5 kgLocalización: África

Gato de patas negras (Felis nigripes)Tamaño: lixeiramente máis pequeno que o gato doméstico. 1 a 2 kgLocalización: desertos do Sur de África

Gato da pampa (Lynchailurus pajeros)Tamaño: coma o gato doméstico. 3 a 5 kgLocalización: Andes e Pampa Sudamericana

Maracaiá (Leopardus wiedi)Tamaño: coma o gato doméstico. 2 a 3,5 kgLocalización: América do centro e sur.

Gato de Goffroy (Leopardo geoffroyi)Tamaño: lixeiramente máis grande que o gato doméstico. 4 a 8 kgLocalización: Sudamérica.

Gato do deserto (Felis margarita)Tamaño: coma o gato doméstico. 3 a 4 kgLocalización: Sahara e desertos e Asia

CRENZAS:-Trae mala sorte cruzarse cun gato negro.-Trae boa sorte criar un gato negro que che deron.

TRADICIÓN ORAL

REFRÁNS-Gato con luvas non pilla ratos.-O gato escaldado fuxe da auga fría.-Sabe máis un gato dun mes ca un de tres.-Ollos de gato, valen por catro.-Moito sabe o rato, pero máis o gato.

ADIVIÑACatro patas enriba de catro patasagarda a catro patas,catro patas non veu,catro patas marchoue catro patas quedou(O gato, a silla e o rato)

DITOS-De noite todos os gatos son pardos.-Aquí hai gato encerrado.-Buscarlle tres pés ao gato.-Sentirse como un gato panza arriba.-Ter sete vidas coma os gatos.-Ter máis vidas que un gato.-Que non che dean gato por lebre.

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet, arquivo Corel.DEBUXOS: Mon Daporta