Post on 19-Mar-2016
description
Introdución
Esta guía de traballo está baseada nos textos de Mónica Baró e Te-
resa Mañà de “La formación de usuarios en la biblioteca escolar.
Educación Infantil y Primaria”, recollidos a través de internet. Tive-
mos en conta, ao mesmo tempo, as experiencias doutros centros,
tanto da nosa como doutras Comunidades Autónomas, que xenero-
samente poñen á disposición de todos os seus materiais.
Este é o primeiro dos caderniños de actividades, dirixidos ao profe-
sorado, cos que pretendemos percorrer un itinerario para a Forma-
ción de Usuarios ao longo da Educación Primaria, co obxectivo de
facer do noso alumnado usuarios competentes.
Aínda que esta proposta está pensada para o alumnado do 1º ciclo
de Educación Primaria, pode ser empregado con outros grupos de
idade que non teñan recibido formación con anterioridade.
Ilustración de Philippe Béha
BIBLIOTECABIBLIOTECABIBLIOTECABIBLIOTECA FORMACIÓN USUARIOS/AS FORMACIÓN USUARIOS/AS FORMACIÓN USUARIOS/AS FORMACIÓN USUARIOS/AS
ACTIVIDADES ACTIVIDADES ACTIVIDADES ACTIVIDADES
1º CICLO de EP1º CICLO de EP1º CICLO de EP1º CICLO de EP
OBXECTIVOS DO CICLO:
1. Coñecer a nosa biblioteca escolar:
• Desenvolver hábitos de conduta adecuada.
• Respectar e coidar os materiais.
• Coñecer os espazos e as distintas seccións.
• Coñecer a organización da biblioteca.
• Coñecer e saber utilizar o servizo de préstamo e de con-sulta.
• Coñecer as normas de utilización da zona de lectura...
• Distinguir e localizar os diferentes tipos de documentos:
Libros de ficción
Libros de información
3. Identificar as partes físicas elementais dun libro:
• Cuberta
• Portada
• Lombo
• Páxinas
4. Recoñecer os elementos identificadores dun libro:
• Autor/a
• lustrador/a
• Editorial
• Colección
ACTIVIDADESACTIVIDADESACTIVIDADESACTIVIDADES
OBXECTIVO: Coñecer a nosa
biblioteca escolar.
Sesión 1:
• Na porta da biblioteca, antes de entrar, explicamos que imos entrar nun lugar especial, onde se fala baixiño, sen facer ruido.
• Entramos en orde e sentámonos (pode ser no chan,
na alfombra). Falamos sobre as cousas que hai na bi-blioteca e sobre o que se pode facer alí.
• Fichas: 1 – 2 – 3
Desenvolver hábitos de con-duta adecuada.
Ficha 3Ficha 3Ficha 3Ficha 3
Sesión 2
- Faremos o seguinte xogo/animación: O SEMÁFORO (Normas, espazo)
Material: Necesitaremos cartolinas verdes e cartolinas vermellas (tamaño cuartilla). Tamén é conveniente ter preparadas as frases que imos dicir relacionadas co comportamento que deben manter os nenos e nenas na biblioteca. Técnica:
- Estableceremos un diálogo cos nenos e nenas preguntán-dolles como debe ser o comportamento na biblioteca e co-mo se deben tratar os libros.
- Aclararemos as dúbidas que se presenten. - Despois explicarémoslles que imos dar a cada un dúas cartolinas, unha vermella e outra verde. Cada vez que o pro-fesor/a diga unha frase relacionada coa biblioteca terán que pensar se é correcto ou incorrecto, levantando a cartolina que corresponda: Vermello : non debe facerse. Verde: si debe facerse. - Como na biblioteca debemos estar en silencio, non se fa-lará, só se levantará a cartolina.
Desenvolver hábitos de conduta adecuada
SUXESTIÓNS
Frases positivas 1. - Mirar as pastas. 2. - Ver os debuxos. 3. - Pasar con coidado as follas. 4. - Deixarllo a un amigo. 5. - Pedir a alguén que mo lea. 6. - Gardalo no seu sitio. 7. - Comentar cos amigos o que máis che gustou. 8. - Facer un debuxo sobre o libro. 9. - Forrar os libros. 10.- Devolver o libro que me prestan. 11.- Falar moi baixiño na biblioteca. 12.- Mover con coidado as cadeiras para non facer ruído. 13.- Pedir á encargada da biblioteca que coloque o libro. 14.- Non revolver todos os libros.
Frases negativas 1. - Dobrar os libros. 2. - Facer rayajos e debuxos nos libros. 3. - Arrincar unha folla. 4. - Recortar un debuxo dun libro. 5. - Quitar o forro. 6. - Coller un libro cando estou comendo. 7. - Tiralos ao chan. 8. - Mollalos. 9. - Meter o bocadillo dentro dun libro. 10.- Dobrar as follas do libro. 11.- Deixar os libros revoltos cos xoguetes. 12.- Dar berros na biblioteca. 13.- Non devolver os libros que me prestan. 14.- Pelexarme cun compañeiro para quitarlle un libro. 15.- Correr pola biblioteca.
Nota: Iremos dicindo estas frases alternando de forma aleatoria o correcto e o incorrecto. Podemos engadir outras que se nos ocorran ou que xurdan ao longo da animación.
Sesión 3 :
• Falamos sobre como debemos coidar os libros e o resto dos materiais: mans limpas, non escribir nin debuxar nas súas páxinas, pasar as páxinas con coidado...
• Despois colorearán, cortarán e montarán o seu propio libri-
ño coas normas de coidado:
Respectar e coidar os
materiais.
EU SEI COMO
COIDAR
OS LIBROS
Con este caderniño
aprenderei a coidar moi
ben os libros.
PINTADO POR:
As mans limpas manteñen
os libros limpos. Lembra
lavar ben as mans para
que non teñan terra nin
comida.
Nota: Esta actividade é unha adaptación dunha proposta recollida na páxina chilena Bi-blioredes. Utilizamos tamén a súa mascota, Cuncuna Rayo de Luna.
Nunca debuxes nin es-cribas nas páxinas dos libros.
Debes pasar as páxinas
amodiño, para non rompe-
las nin dobralas. Collere-
mos a páxina pola esquina
de arriba e pasarémola
con moito coidado.
PARA LEMBRAR:
- Cando uso os libros, teño
as mans limpas.
- Non pinto nin escribo nos
libros
- Paso as páxinas amodiño
e con coidado.
Cortar polos puntos e montar un libriño grampando ou cosendo as follas.
Sesión 4 :
Respectar e coidar os materiais.
- Lembramos o que sabemos sobre o coidado dos libros: ¿Cómo deben estar as mans? ¿Cómo pasamos as follas? ¿Por qué temos que coidar os libros?
• Fichas 4 - 5 - Escribimos unha listaxe coas cousas que podemos facer para coi-dar os libros e outra coas que non se deben facer
Colorea o que está ben
Ficha 4Ficha 4Ficha 4Ficha 4
Para entrar na biblioteca
¿Que libro está ben coidado?
¿Quen pasa ben as páxinas?
SI NON
1. ………………………
2………………………..
3………………………..
4………………………...
5………………………...
6………………………...
7…………………………
8………………………….
9………………………….
10………………………...
1. ………………………
2………………………..
3………………………..
4………………………...
5………………………...
6………………………...
7…………………………
8………………………….
9………………………….
10………………………...
Escribimos unha listaxe coas cousas que podemos facer para coidar os libros e outra coas que non se deben facer:
Ficha 5Ficha 5Ficha 5Ficha 5
Sesión 5: Os espazos e as distintas seccións
- Explicaráselles cal é a zona que corresponde á súa idade e fáise-lles notar a cor da tiriña que levan os libros do seu nivel.
- Iremos pasando por todas as zonas e fixarémonos nas cores que corresponden a cada unha delas.
- Algúns libros teñen unha estrela no lombo, ¿qué significa?
- Divídese a clase en grupos e entrégase un libro de cada zona de idade por grupo. Deberán cubrir a seguinte ficha:
ZONA DE 6 A 8 ANOS:
Todos estes libros teñen unha tiriña de cor-------------————- Debuxa a etiqueta do teu libro:
ZONA DE 8 A 10 ANOS:
¿De que cor é a tiriña que teñen os libros desta zona? ———–-
ZONA DE 10 A 12 ANOS:
¿De que cor é a tiriña que teñen os libros desta zona? ————–
¿Cal é o primeiro número que aparece na etiqueta de todos estes libros? ———————————-
Observa a margarida que está na parede e averigua a que grupo (CLASE) pertencen:
Nunha biblioteca os documentos clasifícanse en dez grupos, representados no esquema con forma de mar-garida. Localiza a margarida que hai nunha das pare-des e colorea os pétalos seguindo o modelo:
Sesión 6: Organización dos fondos:
Ficha 6
Copia agora a palabra ou palabras que atopes escritas en cada pétalo da margarida para saber de que tratan os fon-dos dos distintos grupos da CDU (Clasificación Decimal Universal): GRUPO 0 :_________________________________ GRUPO 1 :_________________________________ GRUPO 2 :_________________________________ GRUPO 3 :_________________________________ GRUPO 4 :_________________________________ GRUPO 5 :_________________________________ GRUPO 6 :_________________________________ GRUPO 7 :_________________________________ GRUPO 8 :_________________________________ GRUPO 9 :_________________________________
Ficha 7
Escribe a materia que corresponde a cada pétalo (consulta nos rótulos dos andeis):
Ficha 8
Sesión 7 :
- Identificar o lombo dos libros.
- Colocar correctamente os libros nos andeis.
O LOMBO é a parte do libro por onde se unen as páxinas.
• Coller varios libros de diferente grosor e mostrar o lombo en cada un.
• Observar a información que se atopa no lombo dos libros.
• Facer que o alumnado sinale o lombo en varios libros diferentes.
• Explicar a correcta colocación dos libros nos andeis: co lombo hacia afora. Observar os libros que xa están colocados e decatarse da súa colocación.
• Empregar os “marcadores” para sinalar o lugar onde debemos colocar o libro que collemos no andel. Fa-cer “ensaios”.
• Ficha 9
OBXECTIVOS: Identificar as par-
tes físicas dun libro. Coidar os
materiais
FichaFichaFichaFicha 9999
Colorea de vermello os lombos destes libros.
Sesión 8 :
Identificar o título dos libros. Identificar a cuberta ou tapa dos libros.
• Escoller varios libros que teñan títulos claros e atracti-vos.
• Sinalar a CUBERTA. Destacar que é unha parte moi im-portante nos libros porque nela está o nome do libro (TÍTULO) e outras informacións.
• Ler os diferentes títulos e facer hipóteses sobre cal pode ser o tema que tratan (¿Qué credes que pode pasar nes-te libro?)
• Ler un dos libros en voz alta e comprobar os acertos. Preguntarlles por que cren que o libro ten ese título.
• Entregar libros aos alumnos para que lean os títulos en voz alta. Comprobar que o título tamén aparece no lom-bo.
• Ficha 10
OBXECTIVOS: Recoñecer as par-
tes físicas dun libro. Recoñecer os
Identificadores dun libro.
Ficha 10 Escribe o TÍTULO de tres libros que atopes na biblioteca:
———————————————————————————————————————————
———————————————————————————————————————————
———————————————————————————————————————————
Colorea o título:
Sesión 9:
Identificar as páxinas dos libros. Confeccionar un libro.
PÁXINAS: caras das follas dun libro, que conteñen información escrita e/ou ilustrada. - Escoller un libro e ler o título. Pasar as páxinas e explicar que nelas está escrita e ilustrada a historia. - ¿Ten moitas páxinas o libro? Cada páxina vai numerada e se miramos a última podemos saber cantas páxinas ten cada libro. - Lembrar como se deben pasar as páxinas cando lemos un li-bro. - Elaborar un libro. INSTRUCIÓNS: Ler os poemas antes de empezar e elexir un deles 1. Recortar pola línea de puntos 2. Unir as páxinas cunha grampa, seguindo a orde. 3. Ilustrar as páxinas 4. Inventar un título.
Sesión 10 :
Identificar : cuberta, lombo, páxinas, título.
- Collemos un libro e imos sinalando e nomeando as di-ferentes partes. - Cada alumno/a fará o mesmo co libro que eles mes-mos elixan. - Ficha 11
PINTA ASÍ:
TÍTULO: azul PÁXINAS: verde
CUBERTA: amarelo LOMBO: vermello
Ficha 11
Un libro identifícase polo seu título e polo seu autor, pero tamén pola súa editorial e pola colección. Nesta imaxe podes ver onde po-den atoparse estas indicacións.
O que hai na cuberta: Carné de identidade dun libro (Identificadores)
Colección
Título
Editorial
Autora
Ilustrador
Agora imos imaxinar o carné de identidade do libro. Completa cos datos que faltan mirando a imaxe.
TÍTULO AUTOR/A ILUSTRADOR/A COLECCIÓN EDITORIAL
Sesión 11
O que hai na cuberta
Sesión 12
- Recoñecer os identificadores dun libro: título, autor, ilustra-dor, editorial, colección.
- Fichas 12– 13
O que hai na cuberta
Pon os nomes dos identificadores deste libro:
Ficha 12
PON OS NOMES:
Ficha 13
Carné de identidade dun libro (identificadores)
Nesta imaxe dunha portada dun libro, indica nas frechas correpondentes, que información corresponde a:
Título – Autor – Ilustrador – Colección – Editorial
Ficha 14Ficha 14Ficha 14Ficha 14
Agora que xa sabes cales son os elementos que nos axudan a identificar os libros, imos ver en que partes do libro podemos atopa-las.
Portada
Cuberta ou tapa
Lombo
Colle un libro na biblioteca e indica onde podes atopar estes elementos identificativos:
LOMBO CUBERTA
TÍTULO
AUTOR/A
ILUSTRADOR/A
COLECCIÓN
PORTADA
EDITORIAL
Ficha 15Ficha 15Ficha 15Ficha 15 Sesión 13: Partes dun libro
A organización da biblioteca: libros de ficción/libros de información
Un conto: As preguntas de Ramoncín - Co fin de descubrir onde se atopan os libros de información e consulta leráselles a narración en voz alta de: “As preguntas de Ra-moncín” (texto de Mercè Maure). - Despois de comentar en grupo a narración, daráselles unha breve información da organización dos libros de información:
• Non teñen tiriña de cor correspondente á idade dos lectores. • Teñen números nas etiquetas que corresponden aos temas de
que tratan (non empezan por 8). • Comprobamos na margarida a que tema se refire cada número.
- Ficha 16
https://dl.dropbox.com/u/13783708/AS%20PREGUNTAS%20DE%20RAMONC%C3%8DN.pdf (galego) AS PREGUNTAS DE RAMONCÍN (galego)
Sesión 14:
Observade cada un dos pétalos da flor que está na parede e indi-cade número e a cor que correspondería a u n libro que trate de...
TEMA NÚMERO COR
Os cans
Un dicionario
Picasso
Xogos
Os romanos
África
Ficha 16Ficha 16Ficha 16Ficha 16
ACTIVIDADES ONLINEACTIVIDADES ONLINEACTIVIDADES ONLINEACTIVIDADES ONLINE
FORMACIÓN DE USUARIOS 1º ciclo Primaria: http://www.juntadeandalucia.es/averroes/bibliotecaescolar/jclic/fb3/index.htm
http://centros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/docs/formusuarios/
¡XA ES UN EXPERT@! AGORA SABES MOITAS COUSAS SOBRE AS BIBLIOTECAS E XA PO-DES RECOLLER O DIPLOMA QUE
MIKMIKMIKMIK TEN PREPARADO PARA TI.
BIBLIOTECABIBLIOTECABIBLIOTECABIBLIOTECA FORMACIÓN USUARIOS/AS FORMACIÓN USUARIOS/AS FORMACIÓN USUARIOS/AS FORMACIÓN USUARIOS/AS
ACTIVIDADES ACTIVIDADES ACTIVIDADES ACTIVIDADES
1º CICLO de EP1º CICLO de EP1º CICLO de EP1º CICLO de EP
Julia González González Ceip Mestres Goldar