Evolucion do concepto de patrimonio cultural

Post on 27-Jun-2015

178 views 5 download

Transcript of Evolucion do concepto de patrimonio cultural

EVOLUCIÓN CONCEPTUAL

PATRIMONIO CULTURAL

Leopoldo Fernández Gasalla

O concepto de patrimonio cultural procede da fusión do concepto francés patrimoine

e o inglés heritage:

O primeiro pon o énfase no herdado dos antecesores, no que as xeracións

anteriores deixaron como legado.

O segundo incide naquelo que se transmite aos descendentes e as xeracións

futuras.

No mundo occidental a orixe do valoración de patrimonio remóntase ata a antigüidade

clásica e aparece vinculado ao coleccionismo de obras de arte, pero tamén ao

engrandecemento das cidades mediante a actividade edilicia.

Os monumentos (monumentum: recordo) eran na antigüedade romana aqueles edificios e

construccións, especialmente as funerarias, dedicadas á memoria dos gobernantes e

personaxes importantes como estatuas ou obeliscos.

A restauración de templos e edificios públicos era asumido polo Estado, así Hadriano

restaurou o Panteón de Agripa ou Xuliano fixo o mesmo con Partenón.

O debilitamento dos poderes do Estado deixou nas mans da Igrexa e dos poderes feudais

a maior parte das funcións que anteriormente exercía o poder imperial romano.

Durante a Idade Media as Leis das Partidas de Afonso X, establecen a preservación

dalgúns edificios de carácter relixioso ou militar, pero so con finalidade práctica.

A Igrexa católica incrementou e preservou o patrimonio sempre con ese sentido práctico,

neste caso de exaltación da Fe.

As coleccións de reliquias, as cámaras das marabillas nas que os monarcas, nobres e

personaxes acaudalados acumulaban obxectos artísticos e curiosidades de todo tipo, foron

dando paso conforme avanzaba a Idade Moderna á aparición de coleccións de escultura e

pintura.

En todos os casos isto facíase seguindo o criterio de acumular pezas excepcionais, as cales

proporcionaban prestixio e deleitaban aos seus posuidores.

Non obstante, o reforzo dos poderes da Monarquía trouxo consigo unha recuperación do

sentido das responsabilidades do Estado no eido da preservación dos edificios singulares:

ponte de Alcántara, Mezquita de Córdoba, Alhambra de Granada, etc.

A partires do século XVIII comeza a fundación

de grandes museos nas principais capitais

europeas, nos que estas coleccións pasan a ser

exhibidas públicamente para instruir a artistas e

amantes das Belas Artes, así como para

aumentar o prestixio das nacións e cidades que

as acumulaban.

As Academias convertironse en institucións

de tutela e control, así como de formación do

gusto artístico debido ao seu labor docente

(Real Academia de San Fernando, 1777).

O patrimonio é considerado coma un tesouro do que deben formar parte as pezas

producidas polos xenios e artistas de talento excepcional, atraverso das cales era posible

seguir o progreso da civilización. A Antigüidade clásica e os seus renovadores, os artistas

do Renacemento e as etapas posteriores constituían a base das coleccións.

Son os monumentos da antigüidade clásica ou os construidos con esa inspiración os únicos

que se consideran dignos de ser conservados.

O termo patrimonio comeza a ser empregado a finais do século XVIII en Francia,

adoptándose en España dende 1803.

Esta mentalidade orientada cara a valoración do legado clásico prevalecerá durante boa

parte do século XIX, aínda que dende a chegada do Romanticismo, engadiráselle tamén o

legado medieval.

No século XIX o patrimonio cultural empeza a ser considerado non so como herencia o legado

do pasado, senón tamén como documento valioso das etapas anteriores, lexitimado pola súa

antigüidade.

O patrimonio é admirado non so na medida da súa calidade estética, senón tamén por ser

testemuña de grandes acontecementos históricos, modos de vida ou crenzas.

Ademais, o patrimonio histórico-artístico convírtese en parte esencial da identidade nacional.

As grandes obras de arte e os artistas destacados son presentados como mostra da grandeza

das nacións e mesmo da súa superioridade frente a outros países ou culturas.

A longo do século XIX foise consolidándose paulatinamente o concepto xurídico de

monumento vinculado a antigüedade, valor artístico e interese histórico.

Os países van consignando nos orzamentos partidas para o seu manteñemento e nomeando

expertos e persoal da administración dedicado ao seu coidado.

Inventarios, catálogos e rexistros de coleccións, serán pasos previos a promulgación de leis

propias de protección e declaración dos monumentos nacionais en todos os países

occidentais.

En España instituíronse as Comisións de Monumentos Artísticos (1848), mentras que en 1857 foron postos baixo a custodia das Reales Academias.

Un Decreto de 1873 atribuía a deputacións provinciais e concellos a responsabilidade de impedir o derrubo de monumentos históricos.

As primeiras leis promulgadas serán a de Escavacións arqueolóxicas (1911) e a de Monumentos Arquitectónicos-Artísticos (1915), unificadas co Real Decreto-Lei de 1926 e a lei de 13 de maio de 1933 sobre Defensa, Conservación e Acrecentamento do Patrimonio Histórico Español.

Esta última manterase vixente ata a chegada da lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español e as correspondentes lexislacións autonómicas.

Durante o século XX o concepto de patrimonio cultural vaise vinculando co concepto de sociedade. O seu valor deriva da función social que se lle outorga como medio de afirmación dunha identidade colectiva, motivo polo cal precisa ser preservado.

A herdanza cultural é un ben común ao que todos deben de ter acceso.

O esforzo para difundila cimentarase na celebración de exposicións, creación de museos e centros de interpretación, así como nunha maior abundancia de personal dedicado á súa conservación e estudo e, consecuentemente, da súa presenza nos medios de comunicación de masas.

A este criterio identitario e socioeducativo engádeselle o económico, tendente a rentabilizar as inversións realizadas en patrimonio e a valerse del como recurso turístico.

Un exemplo típicamente español, estaría constituído pola creación dunha rede de paradores

de turismo para os que serían reutilizados dende os anos 20 edificios de interés histórico

singular ou emprazados en conxuntos monumentais ou paisaxísticos privilexiados.

Dentro da preservación do patrimonio inclúense non só edificios singulares, senón tamén

zonas monumentais e os seus entornos, centros históricos, conxuntos paisaxísticos.

En definitiva, asúmese a necesidade de protexer o contexto e non só os fitos

extraordinarios dende o punto de vista artístico.

Por tanto, a chegada do século XX introduce criterios máis amplos dentro do concepto de patrimonio e de cultura.

Á Historia e á Historia da Arte, sumaranse as achegas da Etnografía e da Antropoloxía, interaccionando con outras ciencias como a Xeografía ou a Ecoloxía.

A Antropoloxía considera que o patrimonio está integrado por obxectos que perduran e que son portadores dunha carga simbólica.

En xeral, pode dicirse que paulatinamente vaise asumindo que o patrimonio non está

constituido só polos grandes edificios monumentais e os tesouros da arte moble comunmente

recoñecidos como tales, senón tamén os pequenos edificios, a paisaxe urbana, as máquinas,

mobles e outros artefactos, as igrexas, os castelos, os documentos dos arquivos, os libros das

bibliotecas, os xacementos arqueolóxicos, os vellos costumes e tradicións, as lendas e as

artesanías.

Así mesmo, téndese a incluir tamén a obra da natureza como parte integrante do hábitat

humano, dado o papel relevante que xoga na cultura humana.

Así mesmo, téndese a incluir tamén a obra da natureza como parte integrante do hábitat

humano, dado o papel relevante que xoga na cultura humana.