Espazo natural Serra do Suído

Post on 20-Mar-2017

262 views 0 download

Transcript of Espazo natural Serra do Suído

Serra do Suído

Un espazo de montaña situado en plena dorsal Galega, a cabalo entre as provincias de Ourense e Pontevedra. A maior parte do espazo está incluído na serra do Suído, especialmenta na vertente pontevedresa, e unha pequena parte no comezo da serra do Faro de Avión.É unha zona dun grande interese natural e etnográfico.

Vista suroeste

CONCELLOS: A Lama, Fornelos de Montes e Covelo (Pontevedra) e Avión (Ourense).

SUPERFICIE: 10.751,4 haTIPO DE PROTECCIÓNProposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC).

SERRA DO SUÍDOSituada no linde entre as provincias de Pontevedra e Ourense. É unha serra de formas suaves con orientación N-S, separada da Serra do Faro de Avión polo val do río Tea (val do Tielas) e da serra do Cando polo alto val do río Verdugo. O pico máis alto é o Coto Miñoto con 1.051 m. É unha das áreas que recolle máis precipitacións de Galiza (nalgúns puntos superiores aos 2.500 l/m2).

Vista da aba leste

Penedos graníticos

Os cumes do Suído son unha zona de contacto entre as rochas metamórficas precámbricas que se atopan ao leste (xistos, cuarcitas) e o granito de dúas micas de gran groso que domina na vertente oeste.

Coto Miñoto

Vista desde o Cando. Á dereita Coto Eiras

Cumes en Fornelos de Montes

A Graña (O Covelo)

Campo (O Covelo)

A Airoa (A Laxe), en Fornelos de Montes

Avión, co Suído ao fondo

Subida desde A Xesta

A Xesta e Pigarzos

Covelo

Unha das cabeceiras do Avia

Val de Tielas, nas cabeceiras do Tea, entre o Suído e o Faro

SERRA DO FARO DE AVIÓNCon orientación N-S, situada ao sur da Serra do Suído e separada dela polos vales dos ríos Avia e Tea. É unha serra granítica, con algunhas bandas de gneis.

OS CHOZOS DO SUÍDOA Serra do Suído conserva importantes restos etnográficos entre os que destacan os chozos, construcións empregadas polos pastores no verán. As construcións máis grandes (chozos) servían de vivenda para os pastores. As máis pequenas (cortellos) estaban destinadas á protección dos becerros.

Chozo en Cernadas.

SISTEMA FLUVIALNas abas orientais nace o río Avia e varios dos seus afluentes (Couso, Cubelo...) e nas occidentais o Tea (co Caraño) e as cabeceiras do Verdugo (Parada, Xesta..). Son ríos que salvan fortes desniveis e nos que abondan os rápidos, as pozas e as fervenzas.

Os ríos teñen un gran protagonismo na Serra do Suído. Son formadores da paisaxe e creadores de hábitats nos que se conservan o mellor da nosa flora e fauna.

RÍO AVIANace en Fonte Avia, na serra do Suído (Abelenda-Avión-Ourense) e xúntase co Miño en Ribadavia. No curso alto ten un percorrido encaixado.

Curso alto do Avia en Avión.

Salto no río de Couso, un afluente do Avia que se une a el nas proximidades de Amiudal.

Rego das FragasRío Avia

Abelenda (Avión)

Rego de RiobóRego das Fragas (Avia)Mouriscados (Avión)

RodeiroRego da Baluga (Avia)

Abelenda (Avión)

Pozo NegroRío Cubelo ou Valdeiras (Avia)

Cernadas (Avión)

RÍO TEAFórmase entre as serras do Suído e do Faro de Avión e xúntase co Miño en Salvaterra. No su percorrido por terras de Covelo salva un gran desnivel.

Val do Tielas, como se coñece parte do curso alto do Tea.

Fervenza no rego de Fonte Pardela, unha das nacentes do Tea, preto de Prado.

Lagoa de Piñeiro, un encoro construído no rego do Lago de Piñeiro (afluente do Tea) para acumular auga para regar.

Río Oitavén.É o principal afluente do Verdugo. Nace na Serra do Suído e neste espazo recolle as augas do Xesta e o Parada.

Río Xesta: nace na aba do Coto da Agulla e xúntase co Parada nas proximidades do encoro de Eiras.

O Xesta no Suído.

Ponte medieval sobre o Xesta en Liñares.

A Freixa, salto do XestaRío Xesta (Oitavén-Verdugo)

Xesta (A Lama)

Val do Xesta

Río Valdome. Muiño na Laxe (Fornelos)

BarranqueiraRego da Fonte Uceira

(Parada-Oitavén)Eiroa-A Laxe

(Fornelos de Montes)

AiroaRío Valdome

(Parada-Oitavén)Airoa-A Laxe

(Fornelos de Montes)

VerducidoRío Parada (Oitavén)Fornelos de Montes

VerducidoRío Parada (Oitavén)Fornelos de Montes

FLORAA vexetación dominante nos cumes é o monte baixo con mato denso de toxos, uces, carqueixas, breixos, xestas, piornos e fentos. Nas zonas chans e nas depresións hai brañas e nos vales consérvanse carballeiras e bosques de ribeira. Moitas áreas están repoboadas con piñeiros e eucaliptos.

Carballeira da Xesta. Situada entre as aldeas de Liñares e Pigarzos, na marxe esquerda do río Xesta. É o maior bosque autóctono da provincia de Pontevedra.

Carballeira da Xesta no inverno

Carballeira da Xesta.

Carballeira entre Campos e Fofe, nas cabeceiras do Tea (O Covelo).

Turbeira nos cumes do Suído.

Breixos e toxos

Abrodia (Asphodellus albus). Abonda nos montes castigados polo lume.

Vexetación de ribeira

Brións na beira do río Xesta

Violeta (Viola palustris). Florece en lugares húmidos e beiras sombrizas dos ríos.

Ra patilonga (Rana iberica). Vive nos cursos de augas limpas de corrente rápida.

FAUNAEstá ben representada: 76 especies de aves (azor, gabián, miñato común, miñato abelleiro, tartaraña cincenta, tartaraña azulada, aguia cobreira, rapina cincenta, falcón peregrino e pequeno, pediz rubia, paspallás, curuxa, avelaiona, bufo pequeno, moucho, corvo grande, chasco cincento...), 34 de mamíferos (ourizo cacho, furafollas, musgaño de Cabrera, morcego pequeno e grande de ferradura, morcego rateiro grande, lobo, raposo, tourón, donicela, algalia, xabarín, corzo...), 11 de anfibios (limpafontes, sapo, ra (patilonga e vermella...), 9 de réptis (lagarto das silvas, lagartixa galega, víbora de Seoane...) e numerosos invertebrados.

Cobra sapeira (Natrix maura), é unha cobra de costumes acuáticos. Usa a auga para agocharse e como lugar de caza.

Femia de pimpín (Fringilla coelebs). Menos abondoso que noutros tempos aínda é común en espazos con bosques onde haxa grans e insectos.

Bolboreta medio luto (Melanargia lachesis)

Chozos e cortellas en Mangüeiro, no alto do Suído.

O Suído conserva importantes restos etnográficos como os chozos que empregaban os pastores no verán, foxos para a caza dos lobos, curros, muíños ...

Cortellas en Mangüeiro.

Unha ruta sinalizada permite percorrer os chozos máis representativos restaurados pola Escola Obradoiro: Mangüeiro, Rodeiro, Abelenda, Oroso, San Vicente, San Xusto e Cernadas. O Punto de partida é a área recreativa á que se chega desde Avión (por Nieva ou Abelenda).

Interior dun chozo en Mangüeiro.

Chozo en Cernadas.

Foxo do lobo de Portela das Travesas (Campo, O Covelo)

Foxo do lobo de Xesta (A Lama)

Ermida da Xestosa na Serra do Faro (Prado-Covelo).

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta (Xullo 2012)