Espazo natural Illa de Cortegada

Post on 16-Apr-2017

185 views 3 download

Transcript of Espazo natural Illa de Cortegada

Illa de Cortegada

O espazo inclúe a Illa de Cortegada, as Malveiras e os illotes Con Branco e Briñas, situadas ao fondo da Ría de Arousa na desembocadura do Ulla, fronte a Carril.Están formadas por granitos e gneis mesturados con depósitos aluviais. O seu relevo é case chan. A costa é maioritariamente areosa sobre fondo de rocha.

CONCELLOS: Vilagarcía de Arousa

SUPERFICIE: 193,5 ha (52,5 terrestres e 141,2 acuáticas)TIPO DE PROTECCIÓNProposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) eZona especial de conservación (ZEC).Forma parte do Parque Nacional Marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galiza.

Vista de Cortegada e Carril

Malveiras

FLORA:Cortegada está cuberta maioritariamente por un bosque de piñeiros bravos, algúns exemplares de piñeiros mansos, rebolos e carballos, eucalitos, amieiras, salgueiros, estripos, castiñeiros... Por toda a illa hai abundantes loureiros, que, na cara norte, forman un bosque de características únicas, que é o seu principal valor natural.

O bosque de loureiros (Laurus nobilis) de Cortegada é unha masa de varias hectáreas de extensión con exemplares que acadan ata 12 m de altura. Polas súas características é un bosque dun gran valor ecolóxico, posiblemente o único de Europa.

As especiais características do bosque de loureiros fai que nel se desenvolva unha rica comunidade de fungos macromicetes. Segundo un estudo da Sociedade Galega de Historia Natural contabilízanse 45 especies que son as primeiras citas para Galicia (5 da Península Ibérica) e un endemismo mundial: Hypoxilon cohaerens var. microsporum.

Os fungos que viven na madeira, como este fungo esqueiro, pódense atopar sobre os toros das árbores en calquera época do ano.

A reboleria de Malveira Grande é das mellor conservadas da franxa atlántica europea.

Un vello exemplar de estripo (Crataegus monogyna) da illa de Cortegada.

Salgueiro (Salix atrocinerea) de gran porte e antigüidade.

Piñeiro manso (Pinus pinea)

Plátanos de sombra

FAUNAÉ a típica dos bosques e matogueiras da zona costeira. Na área protexida destaca o espazo marítimo, na maior parte intermareal de esteiro, onde abondan os moluscos, anélidos, cangrexos... e aves que empregan a área como zona de descanso ou alimento.

Gaivotas

Chasco

Cangrexo

AmeixaBerberecho

Cortegada estivo habitada ata comezos do século XX.

Os arredores da Illa de Cortegada son unha importante área de marisqueo e cultivo en viveiros, en especial de berberecho e ameixa.

Mariscadores coas illas Malveiras ao fondo.

PROBLEMASContaminación das augas, presión turística, incendios...

Fotos: La Voz de Galicia

Incendio de xullo de 2015Mais de 200 persoas de carril

acudiron a controlalo.

Vista da ría de Arousa desde o monte Xiabre

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta