Entroido cole

Post on 22-Mar-2016

243 views 3 download

description

Festa do Entroido no cole

Transcript of Entroido cole

Entroido 2009/2010

CEIP ESTEIRO

Este Antroido foi moi, moi especial porque no colexio tomamos a decisión de non volver a empregarplástico na confección de disfrazes. Decidimos ser consecuentes coa nosa proposta de coidar o medio.

Estamos moi satisfeitos ,ademais , porque esta iniciativa levounos a retomar a tradición do Entroido dos nosos antepasados que se vestían con roupa vella e coa cara cuberta.

Así, os máis pequenos foron vestidos de domilóns; os do primeiro ciclo de vellos e vellas; os do segundo ciclo de barrigóns ; e os do terceiro , como non podía ser doutramaneira, de zombis !

Damos as grazas, dende aquí, a todos os pais polasúa colaboración para contribuir a facer posible un mundo mellor.

OS DORMILÓNS DE INFANTIL

OS NOSOS VELLIÑOS DO 1º CICLO

OS BARRIGÓNS DO 2º CICLO

OS ZOMBIS DE 3º CICLO CUNHA MABABILLOSA POSTA EN ESCEA DE “THILLER” E CUN MIKEL JACKSON INSUPERABLE!