Entroido 18marzo

Post on 05-Jul-2015

294 views 3 download

Transcript of Entroido 18marzo

A Pantalla leva dúas vexigas que golpean entre si emitindo sonsintimidatorios. Deben garantir que todos se disfracen: quen non o faga

será acosado e obrigado a pagar unha ronda de viño.

XINZO DE LIMIA

PANTALLAS

Xunto cos felos son osprotagonistas do entroido enBoborás. Levan indumentaria degandeiros para resgardarse do frío eda chuvia. Confeccionado con palla,levan un carapucho, corpo epolainas.

COROZAS

BOBORÁS

OSO DE SALCEDOPercorren a aldea cos seus criados para asustar aos veciños e enzoufarlles a cara con borralla. A súa saída trala hibernación representa o inicio da primavera e dun novociclo agrícola.

A POBRA DO BROLLÓN.

XENERAIS DO ULLAVeñen da Guerra da

Independencia. Vestidos como militares

napoleónicos, escenifican discursos satíricos nun

enfrontamento entre dousexércitos.

A ESTRADA

VOLANTESDanzan arredor do ataúde do Santo

Enterro levando sombreiros, pesados sombreiros de até 15 kilos de peso, coroados por bonecas e flores, dos

que colgan cintas de cores.

CHANTADA

MADAMAS E GALÁNS DE COBRES

A súa orixe remóntase ao século XVI. Madamas, galáns, aldeáns e “os de branco” representan a xerarquía social e económica. Visten fastosos traxes e bailan polas parroquias ao son dos gaiteiros.

VILABOA

PELIQUEIROS E

CIGARRÓNS

Símbolos do poder, non falan nin poden ser tocados, desfilan correndo ao ritmo das chocas e fustigan a todo o que se interpón no seu camiño.

VERÍN E LAZA

BOTEIROSAbren o folión, unha procesión ritual na que os veciños baten bombos sachos,cornos…Levan unha carauta de ameneirarematada por unha pantalla de até un metrode altura e unha manca que é símbolo depoder, á vez, o impulsa nos seus saltos.

VILARIÑO DE CONSO

O REI DE

COVELO

Sae en procesión precedido por dous bonecos de trapo tirados por bois. Soldados e bailaríns intentarán destronalo nun desfile, no que participan un xuíz, un fiscal e o bobo.

MELÓN

OS TROTEIROSO seu nome vén da troulaque montaban polos camiños levantando as saias e meténdose cosvellos. Cobren a cara con encaixes e nos sombreiroslevan espellos cos que se protexen do mal de ollo.

BANDE

OS CHOQUEIROS

Calquera prenda habitual, vella, farrapenta ou en pleno uso pode servir para enxeñar un bo traxe de choqueiro. Todo vale neste multitudinario desfile de martes de Entroido, e canto máis surrealista mellor.

A CORUÑA