Post on 03-Jan-2021
E logo ti, ¿De quen vés sendo?
Manuel Alfonso Estévez Costas
Este traballo realizado por Manuel Alfonso Estévez, nado no
Condado, vai dedicado a súa aldeíña de Fornelos da Ribeira
que tanto ama; o seu amigo Lecio Estévez Araúxo (O xastre) e o
seu pai, que dun pantalón vello do meu tío, fíxome un traxe
novo para a Primeira Comunión. Os parentes, Alfonso Castro
Estévez de San Mateo, (Ponteareas),o seu irmá Rafael en San
Adrián de Meder, e a Leopoldo Cambra de Fiolledo, casado con
a miña afillada Josefina, regresando os Cambra novamente a
familia de San Salvador de Leirado.
Ai amor, amor Quen che dixo a ti, Que a flor do toxo É o Arlequín …? A miña maneira vou poñendo nas túas mans documentación
medieval inédita dos segredos da nosa historia, de personaxes
que da A a Z, foron facendo historia, é que a partir de hoxe,
con este traballo poderán vela luz do día.
Aquí encontraredes persoas é xentes que dende as noites dos
tempos, foron labrando día a día a nosa historia. Porque
Salvaterra do Miño, fronteira do Sur de Galicia, xurisdición e
vila, dispuxo de grandes homes e mulleres que a
engrandeceron. Por iso, merece a pena.
A partir de agora, pouco a pouco indicarei biográficamente
como enriqueceuse a Historia do Condado de Salvaterra do
Miño, para maior gloria de cantos somos nado nel.
E logo ti, de ¿ quen vés sendo?
É a expresión mais axeitada que non saíu de min, senón, da
propia xente do Condado.
Comezarei polo convídante de San Paio de Fiolledo, Xoán
Antonio Salgado Enríquez de Mendoza,
Doxo Tamaio é Guzmán que era morgado e bicho da fortaleza
de San Paio de Fiolledo, hoxe parroquia de Salvaterra, do
partido xudicial de Ponteareas, quen en 1.715 probara o liñaxe
da Casa Solar de Fiolledo. Dela eran os Aballe ou Avalle.
Empezarei dicindo que os Aballe-Avalle, alcanzaron a ser donos
é señores xurisdicionais da Casa da Granxa, en Cambados é
Salceda de Caselas. Outro tanto, parece desprendésese a favor
da Casa de Vilavedra en Redondela, da escritura de doazón con
gravame de vínculo estendido por Álvaro Prego de Montaos, a
favor de Gonzalo de Avalle, fillos e demais descendentes.
A viúva de Xoán Antonio Salgado de Avalle, a cal deixara ben
asentada que a primitiva Casa Solar non fora outra que a de
Fiolledo, litigou na Audiencia de A Coruña en 1.715 en nome
dos seus fillos con Antonio Troncoso de Castro e outros veciños
de San Salvador de Leirado con Xoán Rodríguez, presbítero con
outros veciños de Soutolobre, Pedrafurada é Pesqueiras, sobre
o dereito que lle correspondía cobrar de 24 ferrados e medio
de pan, que debían pagarlle polo rueiros, casas de Soutolobre e
bens correspondentes o morgado de Barcia de Lira, fundado
por Francisco de Avalle no ano 1.546. ¡Xa choveu!
Debo dicir é digo, que a Casa de Fiol ledo foi rica e suntuosa
naqueles pasados tempos; de alí, saíron descendentes con
beneficios curados, Santa Mariña de Pesqueiras, alfoz de
Salvaterra, así como moitos outros bens e rendas en
testamento de 1.546.
Falar de esta familia fidalga, é falar de Ignacio de Avalle e
Patiño, nado en Oleiros, de Inés Avalle Enríquez, casada con
Xoán Salgado Guntín, etc.
Do Memorial da Familia Avalle, entresacamos da Casa Solar de
Fiolledo a:
Lope García de Avalle, pai de Gonzalo de Avalle e Francisco de
Aballe de Salvaterra.
Chanceando co bicho Gonzalo de Avalle, señor de Fiolledo, dos
cotos de Canedo, Nogueira é Barcia, casara con Inés Sarmiento
é Manuel, chamada tamén Soutomaior. Filla de García
Sarmiento, I señor de Sobroso. Este ben merecido bicho casou
de segundas con María Manuel, condesa de Carrión (Palencia),
terceira neta do rei Fernando. É a historia da nosa terra foi
crecendo coas dúas fillas: unha casou en Teans é a outra
Beatriz de Avalle e Sarmiento casou de segundas con Fernando
de Valadares.
Esta Beatriz de Avalle Sarmiento e Soutomaior, casou co seu
primo Diego Marrán, sendo os señores de Fiolledo e Marrán.
Como pode haber algún interesado en coñecelos fillos, direi
quen son:
1.- Águeda de Avalle, que lle sucedeu o seu pai, casou con Paio Mariño de Lobera. O fillo, Gregorio de Avalle Mariño de Lobera foi dono de Fiolledo e Marrán, casando con María Pereira de
Castro, filla de Pedro Báez Pereira de Castro e da súa esposa Grimanesa Pereira, veciños da parroquia de Porto de Salvaterra e descendentes dos condes de Ferreira en Portugal. Tiveron por fillos a: Paio de Avalle Pereira e Pedro de Avalle Mariño de Lobera que casou con Catalina González e Alemparte. Paio casou con Antonia de Puga é tiveron: - Gregorio de Avalle, donos de solares e cotos de Fiolledo e
Marrán; casou coa súa prima Francisca de Puga, filla de
Diego de Puga e de María de Ulloa de Cenlle(Ribadavia). O
fillo, Manuel Xosé de Avalle casara con Francisca Patiño,
filla de Jacinto Patiño Avalle e de María Araúxo, agrupados
en señores de Fiolledo. Deste matrimonio naceu Ignacio
Benito Avalle, casado con María Antonia de Araúxo,
veciños de Salceda de Caelas por 1.794.
- O fillo, Manuel Antonio Avalle Sarmiento en 1.794 levara
información de nobreza na que declara que, Domingo
Antonio Xil, frei do Santo Oficio e Vila de Salceda, asegura
que Manuel é o lexítimo señor das Casas Solares e
morgados de Fiolledo e Marrán, Bacaria e seus agregados
da Vila de Cambados. Os de esta Vila de Salceda, e seus
agregados que están gozando de regalías, etc. Casou con
Ánxela Cervela Noboa e Teixeiro. Entre os fillos aparece
Pedro Carlos Avalle e Cervela quen en 1.794 solicitou
entrar a servir a S.M.
2.- Francisco de Avalle. Segundo fillo de Beatriz e Diego, foi
Comendador da Orde de Santiago por 1.546. Posuía os
beneficios curados de San Miguel de Cabreira, Santa Mariña de
Pesqueiras que vinculou o Coto de Barcia de Lira, capela do
Ben Xesús de San Lorenzo (Salvaterra), casou con Elena Pereira
de Castro é tiveron 13 fillos.
- Baltasar de Avalle Pereira de Castro, quen levou a lexítima
da Casa de Fiolledo, chegando a ser e posuír unha grande
riqueza en móbeis é bens, fundando morgado en 1.585 a
favor do seu fillo Gregorio de Avalle, casado con Isabel
Lanzós. Tiveron a:
o Pascuala Pardo Avalle, casada con Xoán Boán.
3.- Ginebra de Avalle.
A historia do noso pobo a escribiron as nosas xentes, como
Inés de Avalle casada co seu primo Francisco de Avalle, patrón
“in solidum” e sucesor do vínculo da capela do Bo Xesús (San
Lorenzo de Salvaterra), e de tódolos bens e anexos
pertencentes ou vinculados por Diego Marrán e Francisco
Avalle, seus antecesores a Torre do Rial e a Vega do Rial
inmediata a Torre de Fornelos en Crecente. Foi Cabaleiro da
Orde Cristo Portuguesa.
É necesario tamén, nomear a Lope González de Avalle, porque
o seu segundo fillo Francisco de Avalle, nado en Salvaterra, foi
señor do coto de Barcia e do Castelo de Fornelos o cal casara
con Constanza Novaes Ozores de Lira, quen levou en dote a
metade da xurisdición de Fornelos de Montes, Soutolobre e
Corzáns, ademais dos beneficios curados de San Salvador de
Leirado e San Adrián de Meder.
Benito Avalle Troncoso, nado en Lira, Cabaleiro da Orde de
Santiago en 1.645. Estudante, graduado en Salamanca, pasou a
servir a S.M. Era irmá de Rodrigo de Avalle.
Seguindo a orde do abecedario, tócalle, os Araúxo e Avalle de
Crecente:
Os Rodríguez Avalle, os Mosquera Sarmiento de Avalle que por
lo ano1.700 tiñan Casa Solar en Ponteareas. Alí vivirá a nai de
frei Miguel de Avalle, monxe predicador do mosteiro de San
Martiño Pinario en Santiago.
Leonor Avalle casada con Francisco Rodríguez. En 1.674
aparece como madriña dunha nena.
José Rodríguez Avalle casado con Josefa de Mera Soutomaior
que aparece nos Libros Bautismais, 1.696 – 1.693 como
padriños.
Telmo Avalle. casado con María Antonia Mera; a súa filla
Francisca Avalle casou con Bernardino Puga Ozores, e o fillo
aparece bautizado en 1.687 na parroquia de Fontenla.
Finalmente, en 1.788 Francisca Rodríguez Avalle de San Xoán
de Fornelos pasou a residir a Fontenla. Foi madriña de Xoán
Antonio, fillo de Xoán Francisco Araúxo e de Rosalía Troncoso.
Houbo outro Telmo Avalle Mosquera, señor das Cachadas
(Ponteareas), descendente de Avalle de Fiolledo e casado con
Leonor Troncoso de Lira. Do matrimonio naceu Isabel Avalle e
Troncoso de Lira, casada con Xosé Benito Pérez Losada.
Outros pasaron a Colombia como Álvaro de Aballe que casou
coa sevillana María de Godoy; outros figuran en Cartaxena de
Indias, segundo testamento conservado no Arquivo Nacional
de Colombia.
¿Dos Abreu?
Que tamén participaron nas nosas terras pola doazón feita por
Urraca a igrexa de Tui, en 1.109 e nela figura a facenda que
fora de Vasco Núñez de Abreu.
Ana de Abreu casou en Monçao con Lope de Silva. O vello. Do
matrimonio naceron:
- Ana de Abreu, casara con Xerónimo Ribeiro de Monçao.
- Lope de Lira é Moreira - Miguel de Abreu. - Ginebra de Moreira - Isabel de Moreira.
¿Dos Acuña?
Que tiñan Casa Acuña en Portugal, é por certo nestas terras do
Condado de Salvaterra do Miño a Paradanta, foron dos mais
ilustres galegos que levou o I Conde de Gondomar, Sarmiento
de Acuña. Entre cregos e eclesiásticos os Acuña alcanzaron
postos honrosos, é algún deles, como Andrés de Acuña veciño
de A Ramallosa en 1.767, foi un exemplo.
Xoana de Acuña Enríquez, casara con García Sarmiento de
Soutomaior, señor de Gondomar e Vincios que lle deixara en
testamento os país; García Sarmiento de Soutomaior, II conde
de Salvaterra e Sobroso, casado con Francisca de Soutomaior,
corexedor de Granada, gobernador e capitán Xeral das Illas
Canarias, segundo se desprende da copia de testamento na
igrexa de Vincios.
Na historia do noso Condado e terras da Paradanta, debemos
resinar a Francisco de Acuña de Paredes, tres leguas de Tui, na
que este capitán fixo mercede do hábito de Santiago en
tempos de Felipe IV, ano 1.635.
¿Dos Achas de Patiño?
Antes Fachas. Contaron a través da historia que pretendemos
lembrar, os primitivos Suero Méndez Facha, (mans de rapiña),
casado con Elvira González Faya… que recaeron en Diego
Sarmiento, tío do anterior da Casa de Salvaterra.
Di a historia que Pedro de Alemparte casara con María Yáñez
Correa de Pigullal. Sabíamos que Blanca Correa Yáñez e
Alemparte seguía na Casa de Fornelos de Montes, Lorenzo
Correa Alemparte, casara con Cristina de Oia Aballe e Ozores
de Pigullal, filla de Xoán de Oia, veciño de Salceda, quen
sinalou en testamento a mellora en vínculo a seu fillo Alonso
Correa dos bens en Salceda, Pedrafurada, casas do Chouzo de
Pegullal e outros en Cristiñade, Pena Barreira, Tui e no reino de
Portugal.
¿Dos Alén?
Francisco de Alen, nado en Mondariz en 1.670, casara con
María Mariño e García. Tiveron a Francisco, Gregorio e Patricio
de Alen e Mariño, asistentes o desenrolo da historia que
reservamos e da cal damos ampla información, precisamente,
de descendentes na Arxentina, nos referimos por dúas veces o
presidente da República Arxentina, Juan Hipólito del Corazón
de Jesús Irigoyen e Alen.
Tamén na Colombia, onde en 1.771 Juan Crisóstomo Alen, foi
nado en Cumaná (Cartaxena de Indias).
Para algún dos meus amigos, Juan de Alén da Torre, por 1.665
(parece que foi onte), casara con María das Táboas, con
descendencia resinada. Tamén non debemos esquecer nesta
pequena historia a Os Almeida, representada nunha pedra
armera da Casa de Pereira de Castro, na rúa do Triunfo en
Vigo.
¿Dos Alonso Cambra?
Solar de O Casco de Fornelos da Ribeira, formado por Francisco
Alonso de Mañufe e Pilar Cambra e Rivas. Tiveron por fillos:
- Ildefonsa (Alfonsa) Alonso Cambra, solteira, miña
madriña, última vivindo na casa solar. Morrera en
Vigo e está enterrada no panteón familiar de
Fornelos.
- Santiago Alonso Cambra, meu padriño, residente
en Portugal, casado e sen fillos. Enterrado en
Portugal.
- Rosa, falecida de mociña, enterrada en Fornelos.
- María del Pilar Alonso Cambra, solteira, falecida en Vigo,
está enterrada no panteón familiar de Fornelos.
- José María Alonso Cambra, casado, sen fillos, falecido en
Vigo e enterrado en Fornelos.
¿Dos Almuíña?
Coas súas variantes, da Casa Solar da Torre, en Santa Cristina
de Valeixe (A Cañiza), familia de moita distinción a xulgar polos
enlaces familiares. Hermenexildo Almoiña de quen procede Gil
(Xil), de Almoiña e Araúxo, patróns da igrexa e beneficio de
Santa Cristina.
¿Dos Álvarez?
Radicados en distintos rueiros do Condado, que tanto
engrandeceron culturalmente as xentes: Alonso Álvarez de
Fornelos en 1.557, tamén Pedro Álvarez de Fornelos. Por lo
visto eran irmáns.
¿Dos Álvarez de Castro?
Radicados en Celanova é Ribadavia chegaron ata os nosos
eidos.
¿Dos Álvarez de Oxea?
Da parroquia de San Xoán de Fornelos espallados polo
Condado.
¿Dos Amorín?
Que levantaran Casa Solar, en San Xoán de Amorín (Tomiño);
entendéronse por Portugal e outra rama familiar chegou ata
nós.
¿Dos Antelo?
Alonso Antelo Pazos, capitán de Corazas morreu en Melgaço
en 1.658.
¿Dos Antroido?
Non teño constancia no noso Condado de Salvaterra, aínda
que os houbo por Ribadavia.
Esta é una pequena mostra da longa historia dos nosos
antepasados o que nos da una idea da importancia da terra,
das súas xentes nas distintas etapas de esta pequena grande
historia.
¿Dos Añón?
Con Casa Solar na Fontenla (Ponteareas) e, en San Bartolomeu
de Rebordechán en Tui.
Así temos a Félix Añón, casado con Jacinta Suárez de Zúñiga. O
fillo, Francisco Añón de Zúñiga casa con Josefa Rodríguez
Carbajal, filla de Xerónimo Rodríguez Carbajal, é Isabel Represa
Groba. A súa filla, Bernarda Josefa Añón Rodríguez Carbajal,
tivo por irmás a Francisca Lucia, Rosa Benita e Manuel Antonio,
sacerdote. Este apelido extinguiuse polas mulleres e polos
segundos o ser sacerdotes.
¿Dos Araúxo?
De Portugal fronte as nosas terras de Salvaterra entendéronse
por toda Galicia.
Da primitiva Casa Solar de Vasco Rodríguez de Araúxo, foron
nacendo novas casas e novas familias. Así temos o Alférez Juan
Gómez de Araúxo, escriban de número de Sobroso, casado con
Leonor Sarmiento e Taboada, quen testou en 1.684 na súa casa
de Pedra Pequena en Ponteareas.
Foron fillos:
- Diego de Araúxo, capitán.
- Juan Sarmiento e Araúxo, abade de Medeiros.
- Bernardo Sarmiento e Araúxo, presbítero.
- Francisco Sarmiento e Araúxo.
- Leonor Sarmiento e Araúxo. Falecida en 1.690.
Unha grande parte da nosa historia comeza con Diego de
Araúxo e Taboada, capitán da Compañía de Petán do Tercio de
Salvaterra, Goían onde morreu en 1.702. Casado con Ana
Troncoso de Ulloa Correa e Lira, foi enterrada en Ponteareas
en 1.730. Deixou por fillos:
- José Araúxo Troncoso de Ulloa Correa e Lira. - Diego Araúxo Troncoso de Ulloa Correa e Lira. - Manuel Araúxo Troncoso de Ulloa Correa e Lira,
nado en Ponteareas. - Miguel Araúxo Troncoso de Ulloa Correa e Lira.
Diego casara con Ana María Pereira de Castro, quen morrera
en Ponteareas en 1.762 pouco antes de recibir a orde de
prepararse para a Guerra contra Inglaterra e Portugal como
fidalgo que era. Tiveron por fillos:
- José Antonio de Araúxo Troncoso de Ulloa.
- Juan Manuel de Araúxo, nado en Ponteareas en
1.737.
José Antonio casou con Isabel de Barros, veciños de A Coruña e
Bouzas (Vigo), onde falecera en 1.821. Tiveron cinco fillos:
- José Araúxo e Troncoso de Lira.
- María Manuela, nada en Ponteareas en 1.771,
falecida en accidente os 19 anos.
- Antón, nado en Ponteareas en 1.774.
- Paula, nada en 1.771.
- Francisco nado en Ponteareas en 1.781.
Nesta nosa historia que expoñemos aquí, e nosa obriga
incluílos a todos aqueles que conformaron parte dela, tal é o
caso de José de Araúxo e Troncoso de Lira, nado en Ponteareas
e falecido en Bouzas (Vigo). Fora escribán de número de
Bouzas e Val do Fragoso, casara en Ponteareas, en 1.798 con
Luisa Jacoba Alcalde Viéitez de Puga, filla do tamén escriban de
Ponteareas, Juan Ventura Alcalde e Bugarín, e de Rosa Viéitez
de Puga Sarmiento de Soutomaior. Esta Luisa Jacoba, fora nada
en Ponteareas en 1,780. Irmá do ilustre José Manuel Alcalde,
licenciado en xurisprudencia civil e canónica foi Provisor
Vicario Xeral e Primeiro Arcipreste de Tui.
Tiveran 10 fillos que ampliaron a historia de Bouzas e de La
Habana, tal como sucederá con Isidro Araúxo de Lira, fundador
do Diario de la Habana, de cuxa vida ocupouse José Luis
Bugallal e Marchesi.
Da Casa Solar de Santa Mariña de Pesqueiras aparece o capitán
Antón Miguel Gómez de Araúxo. É de Juan Fernández Araúxo,
chamado Meyn da Carballeira, casado con Catalina Fernández.
O fillo Antón casara con Aldonza Pérez de Rigueira e tiveron a
Pedro e Juan, por fillos.
Pedro casou con Constanza Vázquez de Yré e Temes. Tiveron
por fillos, Pedro e Mariana, a cal casara en principio con
Francisco Gómez Yáñez de Vega, con tres fillos. En segundas os
restantes. Todos veciños de Pesqueiras.
¿Dos Araúxo Avalle de Crecente?
O colexial e bacharel Benito de Araúxo e Avalle do cal procede.
Diego Marran e Avalle, casado con Isabel Álvarez de Araúxo; o
seu fillo, Álvaro casado con María González de Rivera, tiveron a
Benito bautizado na colexiata de Crecente.
Os enlaces familiares foron estudados por Jaime Bugallal, dos
cales fágome eco.
Diego de Araúxo da Casa da Cerdiña, en Valeixe tivo por fillos
a:
- Tomás Matías Araúxo. - Juana María Araúxo, casada con Pedro Barbeito de
Setados. - Tomás Benito, casado con María Ana Xil Feijóo. O
fillo José María Araúxo, casado con Isabel Ibias de Castro Bermúdez, enlazaron con outros Barbeito de Tortoreos, Setados etc.
Do Libro XII, de bautizados da catedral de Bogotá se deduce
que os Araúxo, descenden de Juan Ventura de Araúxo Ozores
Soutomaior e Mariño e os Araúxo Zeta de Santa Mariña do
Rosal.
¿Dos Álvarez Argüelles, de San Adrián de Meder?
Completarémolos con datos pendentes.
¿Dos Arines?
De Pedro de Arines, veciño de Vigo quen por 1.525 casara con
Ana Troncoso de Chenlo; neta de Ferán Troncoso de
Soutomaior, señor da Picoña en Salceda de Caselas, que
morrera defendendo a vila de Baiona.
¿Dos Avendaño?
De Cristiñade e Ponteareas.
¿Dos Bacelar?
De Valença, fidalgos da Casa do Rei, da Orde de Cristo, servira
na cidade de Ceuta. Levantaron casa en Tui e pasaron O
Condado de Salvaterra do Miño, a Paradanta.
¿Dos Barbeito?
Da Casa Solar de Corzáns señores dos cotos e xurisdición de
Liñares, levantaran Casa en Setados e Santa María de Vide e
no Rabelo en Tortoreos que aínda existen descendentes.
Mauricio Troncoso de Soutomaior Barbeito, famoso abade do
Couto, loitou contra os franceses. Na Casa dos Piñeiro de
Corzáns, foron patróns da capela da Nosa Señora da Luz de
Meder. Tamén levantaron casa solar noutros rueiros.
Juan Barbeito e Padrón, nado en Setados (As Neves), veciño de
Santiago de Ribarteme, casou con Catalina González en
primeiras é con Isabel Falcón en segundas.
Ventura de Barbeito, reitor do beneficio de Cambra, Comisario
do S.O., casou con Catalina (descoñezo mais datos). Do
matrimonio naceu Juan de Barbeito e Padrón, terceiro do seu
nome.
Juan Barbeito nado en Santiago de Ribarteme casou con Inés
Suárez de Puga, nada en Tortoreos e veciña de Corzáns
Esta familia fundara en 1.662 vínculo e morgado de Piñeiro en
forma de mellora a favor da súa filla Francisca.
Polo 1.665 apareceron como patróns da capela de La Luz de
Meder. Tiveron cinco fillos, Antonio Barbeito Padrón e Puga,
abade de San Esteban de Sandiáns en Ourense.
Bartolomeu Barbeito, fundou en Corzáns en 1.668 unha casa
de repouso para clérigos pobres da familia e una escola que
aínda subsiste coas súas armas, coñecida como a Inquisición.
Este Bartolomeu Barbeito foi catedrático da Universidade de
Santiago e Inquisidor de Pontevedra.
Jacinto Barbeito, foi gardián seráfico da orde no Convento de
Ribadavia.
Manuel Barbeito, Tenente Xeral, Comendador dos Exércitos,
casou con Luisa de Sousa, da vila portuguesa de Valadares.
Francisca Barbeito Padrón e Puga posuidora do vínculo de
Piñeiro casou co seu primo Andrés Suárez de Brito, do coto de
Liñares (Tortoreos). Fillo de Andrés de Brito Suárez e de Inés de
Avalle e Castro, foron señores de Liñares por 1.607.
Anxela Suárez de Brito Castro e Barbeito, casou co seu primo
Manuel Barbeito e Padrón, capitán de Infantaría, fillo de
Manuel Barbeito e de Luisa de Sousa continuadores de Piñeiro
e Santa María de Liñares; patróns ademais, da Nosa Señora da
Luz en San Adrián de Meder e San Blas de Corzáns.
Manuel Barbeito Padrón, nado en Liñares, en 1.686, casara con
Josefa Patiño e Aballe de Oleiros, filla de Jacinto Patiño e
Aballe e de María Xil de Araúxo de Oleiros e Fiolledo
respectivamente. Foron país de Gonzalo, veciño de Madrid,
Manuel e José Manuel Francisco Barbeito nado en Liñares, en
1.712. Casara con Juana Bernarda González de la Peña, en
1.735. Era filla de Padrón González de la Peña e de Josefa Días-
Cordero e Vilariño, alcalde de Salvaterra en 1.749.
De esta familia foron fillos: Manuel Barbeito e Padrón e
González de la Peña, de San Miguel de Corzáns, gardamariñas,
o igual que seus irmáns, sendo Alférez de Fragata.
Francisco, descoñecemos o seu paradoiro.
José Miguel Barbeito Puga foi nado en Corzáns en 1.761. Foi
capitán de Milicias do Rexemento de Tui. Casou con Isabel
Varela Tavares e Noboa de Esposende.
Parentes foron os de Pontevedra así como os Fernández
Barbeito de Soutoxusto e Pontevedra.
Repito:
Mauricio Troncoso de Soutomaior Barbeito, abade do Couto,
guerrilleiro da Independencia, xeneral de división do patronato
do Miño, foi, ademais, conquistador de Tui e canónico de
Santiago e cabaleiro de Carlos III.
Este Barbeito fundou e posuíu a capela de San Marcos en Santa
Usía de Setados (As Neves).
¿Dos Barcia?
Do Vale das Achas, onde aparece Francisco de Barcia, nado en
Santa María do Campo, no Covelo, casado con Ana Gómez
Araúxo de San Sebastián das Achas. Casado con Agustina
Montero e Rodríguez, nada en Abelenda das Penas e de
Catalina Montero de San Martín de Valongo en Cortegada.
O seu fillo, Pedro Barcia e Araúxo, foi avogado dos Reais
Consellos, fiscal eclesiástico e consultor do S.O.
¿Dos Barros?
De Salvaterra e Canedo en Ponteareas, procedían de Braga en
Portugal. Ingresaron nas Ordes Militares, na de Santiago,
Agustín de Barros Salgado en Salvaterra polo 1.664.
En Ponteareas, aparece o capitán Jerónimo Barros. É Jerónima
Barros casada con Pedro Alfaro.
En 1.784 Francisco Javier Barros, apoderado dos estados do
Conde de Salvaterra, entón José María Fernández de Córdoba
Sarmiento e Soutomaior, era a súa dona María Antonia
Villaroel Villaría.
Do Libro San Franciscus tomamos nota de que estes Barros
tiñan enterramento na igrexa de San Lorenzo en Salvaterra.
Antonio de Barros, cabaleiro de hábito de Cristo (Portugal),
casara con Catalina da Silva. Do matrimonio naceron:
- Antonio. - Ector. - Duarte.
Por estar na morte dun home, os tres irmáns, fuxiron para
Galicia puxéronse as ordes de García Sarmiento señor da vila
de Salvaterra.
A historia nos da conta de que Ector Barros e Silva, pasou a
Flandes onde Carlos V, o fixo capitán de milicias. Casado con
Catalina Alonso de Sequeiros, fundaron casa na Cruz de San
Miguel de Canedo.
Juan de Barros, fillo, foi cardial da Santa Igrexa de Santiago,
enterrado en Salvaterra.
Inés de Barros, casou con Pedro Bermúdez de Castro, de
Moraña, terras de Cangas de Morrazo.
Houbo outros Barros descendentes de Salvaterra .Juan Esteban
de Tellado Yáñez de Barros, veciños de Salvaterra, casado con
Bernarda Rodríguez de Somoza. O seu fillo, Jerónimo de Barros
e Somoza de Ribadavia, casara con Pascua de Ogando e
Alemparte. O fillo de Pedro, veciño de Ribadavia casou con
María Francisca Miguélez de los Rios, en Santa Magdalena de
Ribadavia.
Fillo de Sebastián de Barros e Alemparte de San Lorenzo de
Fornelos de Montes, casou con Jacinta de Meneses Aballe de
San Salvador de Moreiras en Covelo. A historia nos conta que
os de San Pedro de Arentei, Diego Barros Troncoso de Lira
Montenegro fora rexedor decano de Salvaterra en 1.702.
Casado con Jacinta Rosa Lobato, do matrimonio naceron:
- Francisco Antonio de Barros e Troncoso de Lira,
nado en San Pedro de Arentei en 1.704; casado con
Manuela Varela e Arderos de Muxía en Concurbión.
Do matrimonio naceron: Francisco de Barros en San Pedro de
Arentei, casado con Francisca Antonia Troncoso de Lira, de San
Salvador de Piñeiro en Tomiño. Deixaron descendencia.
Non quero de deixar de nomear a Manuel Bello de Araúxo e
Castro de San Jorge de Vilar de Crecente. Igualmente, con
Benavides con casa en Cristiñade entroncando cos Mariño e
Avendaño, donos da Pousa, con capela propia.
¿Dos Bernárdez de Castro?
Con poderosísima casa con sucesivos entronques agregándoas
as mesmas. En San Salvador de Nogueira, houbo outras casas.
¿Dos Brei?
Con casa solar en Ponteareas e San Martin de Fornelos, con
capela de San Antonio, desaparecida. Mary Brei foi a última
falecida e enterrada no panteón de Ponteareas.
¿Dos Blanco de Seixas?
De Fontenla. Benito Blanco de Seixas en 1.739 fillo de Diego
Blanco e de María Casal, casou con Lucía de Ocampo.
Polo 1.750 María Teresa Blanco de Seixas, casara con José
Riveira de Pereira.
En 1.781 Ramón Blanco Tavares, fillo de Diego Blanco e de
Josefa Tavares foi sepultado este, segundo o cita Manuel
Piñeiro de Ponteareas.
¿Dos Brito de Portugal?
Pasaron as nosas terras, con casa en Tui e Ponteareas. En 1.668
eran cofrades de Ánimas en Areas (Ponteareas), onde figuraba
Basilio Suárez de Brito e o crego Felipe Suárez de Brito.
En 1.644 recibía bautismo Jerónima, filla de Pedro e da súa
muller Susana de Brito.
¿Dos Bugallal?
De Bugañal, radicados en San Simón de Lira, posuidores de La
Parda en Pontevedra por casamento con Cristina R. Fajardo
Codesido con Gabino Bugallal e Araúxo, ministro da Coroa e II
conde de Bugallal.
O Condado de Bugallal, lle fora outorgado pola raíña María
Cristina de Habsburgo o 22 de Xaneiro de 1.896 a Adelaida
García Rodríguez, viúva de Saturnino Álvarez Bugallal, ministro
da Coroa, senador, deputado, decano de avogados, fiscal do
Tribunal de Xustiza, Grande Cruz de Carlos III, Da Real
Academia das Ciencias, etc. Faleceu en Lisboa, en 1.885 sendo
“enviado extraordinario e ministro plenipotenciario da
extraordinaria familia do Condado de Salvaterra, salvando as
ideoloxías de uns e outros.
Seguindo a historia e a liña dos Condes de Bugallal, Juan de
Bugallal casara con María da Portela con quen tivo dous fillos:
Catalina e Lorenzo de Bugallal, casado este con Sabina
Rodríguez Carbajal. Foron país de Juan, con descendencia,
Teresa e o Licenciado Alonso de Bugallal, fundador da
capelanía do seu nome.
Sabina e Antonio, casado este con Leonor Rodríguez Oxea, e
Isabel.
De Catalina de Bugallal sabemos que casara con Gonzalo
Lorenzo de San Simón de Lira, o fillo
Lorenzo de Bugallal nado en Fontela, o fixera con Feliciana de
la Riva. Do matrimonio naceron:
- Miguel.
- José Antonio.
- Isabel.
- María.
- María Ana.
- Francisco Lorenzo de Bugallal.
Familia de moito renome na Comarca de Ponteareas, na que
José Antonio Lorenzo Bugallal, nado na Vila, casou con María
Saavedra e Ramírez, filla de Francisco del Pino Saavedra e
Jerónima Ramírez, neta materna do capitán Francisco Ramírez
Pereira de Castro, e de Francisca de Barros Araúxo, segunda
neta de Diego Ramírez de Castro e de María Pereira de Castro
fundadores das Cachadas., quen en 1.818 posuía o seu V neto
Luis Romero Cadaviz Caamaño e Ramírez.
Pedro Lorenzo Bugallal e Ramírez, nado nesta Vila, escriban
público e notario en Ponteareas por Carlos IV, escriban de
número de Sobrado, nomeado por María Antonia Fernández
de Villaroel, condesa de Salvaterra, casara con Rafaela Muñoz
Conde e Carbajal, en San Martin da Portela.
Foi asistido na norte por 60 cregos.
Matrimoniou en San Pelaio de Fiolledo por ser párroco de alí,
Francisco Muñoz Conde, irmá da desposada.
Tiveron nada menos que doce fillos:
- María, casada con Domingo de Noboa e Guisande,
filla de Cándida de Noboa e Bugallal, casada co seu
primo Marcial Bugallal e Somoza.
- Ramón Bugallal e Muñoz, avogado da Audiencia de
A Coruña, casado con Josefa Somoza del Río.
Tiveron por fillo a Marcial Bugallal e Somoza.
- Manuela, nada en Ponteareas, casou con José
Álvarez Cabrero, rexistrador da propiedade.
- María Rosa de San Rafael, monxa en Redondela.
- Antonio clérigo e ministro do Tribunal de la Rota.
- José María, avogado.
- Nai, Josefa do Carmo, monxa en Redondela.
- Francisco, clérigo, arcediano da catedral de Tui.
- María Ascensión Josefa casada (descoñecemos
mais datos).
- Ramona casada con Francisco Carballido e Arines.
- Joaquina casada co médico Antonio Roig.
- José Ramón Bugallal e Muñoz segue a liña familiar.
De Manuel Bugallal e Muñoz, naceron seis fillos:
- Saturnino Álvarez Bugallal.
- Pastora.
- Segundo.
- Benigno nado en Ponteareas, e falecido en
Alicante. Foi, Xeneral de división, comandante de
Cartaxena, Subsecretario do ministerio de guerra;
Cando servía como oficial en Filipinas tivo dos fillos
de solteiro. Que trouxo a nos aterra, chamados
Saturnino e Evaristo Álvarez Serra, o primeiro
orador e o segundo con descendencia.
- Benjamin casara coa súa prima Pilar Roig Bugallal e
del, naceron María Concepción e María Dolores.
- Alejandro.
- Leopoldo Álvarez Bugallal, notario.
Saturnino Álvarez Bugallal, nado en Areas e falecido en Lisboa
en 1.885 fora dos mais preclaros fillos do Condado de
Salvaterra do Miño e da Comarca de Ponteareas, casado con
Adelaida García e Rodríguez, I condesa de Bugallal, falecida sen
sucesión en 1.911.
Non deixo de recoñecer, aínda que o meu pensamento
discrepe das fidalguías, da continuidade dos Condes de
Bugallal, na persoa de José Ramón Bugallal e Muñoz, fillo de
Pedro Lorenzo Bugallal e Ramírez, e da súa dona Rafaela
Muñoz-Conde e Carbajal, nada en Ponteareas no 1.818 e
falecida no 1.891.
Este José Ramón exercera de notario en Ponteareas de cuxa
vila foi alcalde. Gobernador civil de Ourense, e xefe moitos
anos do partido Conservador do Sur de Galicia.
Manuel Araúxo e Alcalde, abade de Santa Mariña da Insua,
cabaleiro da Orde de Carlos III, casara con Mariana de Araúxo
Alcalde, nada en Bouzas, e falecida en Ponteareas. Con
descendencia.
Isidoro Bugallal e Araúxo, nado en Ponteareas, en 1,854 e
falecido en Madrid en 1,914. Avogado, rexistrador da
propiedade, deputado por Ponteareas e Ourense, numerario
da Real Audiencia de Xurisprudencia e da R.A. Galega, casara
en primeiras con María Pérez de Castro e Martínez da Casa de
Castrelos. Foron fillos:
- Francisco Javier Bugallal e Pérez de Castro de Vigo,
falecido en Ponteareas en 1.892.
- Evaristo Bugallal.
- Isidoro Bugallal e Araúxo, casado en segundas, en
1.894 con Pilar Marchesi Buhigas.
Naceu José Luís Bugallal e Marchesi.
- Rafael Bugallal e Araúxo, nado en Ponteareas en 1.855 e
falecido en Madrid en 1.906. Rexistrador da propiedade,
casara con Josefa Garcés, e tiveron a:
o Saturnino, Teresa, José Ramón e Lucrecia Bugallal
Garcés.
- Luisa Bugallal e Araúxo, nada en Ponteareas, casara con
Victor Usera Rodríguez, maxistrado. Fillo: José Usera
Bugallal, avogado, secretario da Audiencia Territorial de
Barcelona e propietario da Casa Solar Bugañal en
Ponteareas.
o Luis Usera Bugallal, avogado, casara coa súa prima
Matilde, III condesa de Bugallal, sen descendencia.
o Victor Usera Bugallal, avogado, sen sucesión.
Gabino Bugallal Araúxo, nado en Ponteareas en 1.861 e
falecido en París en 1.932. II conde de Bugallal, quen os 25
anos de idade, xa era deputado a Cortes por Ponteareas,
gobernador civil de Granada, director Xeral de Administración
Local, director Xeral do Tesoro, Fiscal do Tribunal Contencioso,
do Tribunal Supremo, Ministro de Instrución Pública (1.904), da
Facenda (4 veces), de Graza e Xustiza, da Gobernación e de
Economía. Conselleiro de Estado, presidente do Congreso e do
Consello de ministros. Académico das Reais Academias,
Ciencias Morais e Políticas e da R. A. Galega. Casara con
Cristina Rodríguez Fajardo e Codesido, señora de La Parda en
Pontevedra. Fillos:
- Matilde Bugallal e Rodriguez Fajardo, III condesa
de Bugallal, casada con Luis Usera Bugallal.
- Carmen Bugallal e Rodríguez Fajardo, IV condesa,
señora de La Parda, casada con Manuel Fernández
Barrón.
Fillos: José Ramón Fernández Bugallal e Barrón, avogado e
inspector do Timbre, con descendencia.
- Cristina Fernández Bugallal e Barrón, con
descendencia.
- Carmen, igual que a súa irmá.
- Beatriz exactamente igual que as demais.
- Manuel, avogado.
Isidoro Bugallal e Araúxo, nado en Ponteareas, en 1.854,
falecido en Madrid en 1.914. Avogado, a Rexistrador da
propiedade, deputado a Cortes, por Ponteareas e Ourense,
casara en primeiras con María Pérez de Castro de Castrelos.
Fillos: Francisco, nado en Vigo e falecido en Ponteareas.
Evaristo nado en Vigo. Isidoro Bugallal e Araúxo, casado en
segundas con Pilar Marchesi Buhigas. De este matrimonio
foron nados, José Luis Bugallal e Marchesi, avogado e escritor,
membro da R.A. Galega e Belas Artes, casado con Adela Vela
Lojo. Fillo: Jaime Bugallal e Vela con varios irmás mais
¿Dos Bugarin?
Fidalgos destas terras do Sur de Pontevedra. Foron militares,
escribáns e rexedores de Porriño, Baiona e Pontevedra.
¿Dos Cambra do rueiro do seu nome, en Frades, Mondariz?
Abarcaba casa e curral con viñas e cortiñas árbres de entrada e
saída. Espalláronse por San Salvador de Leirado, una rama
camiño de San Adrián de Meder e outra, camiño de Fornelos
da Ribeira.
¿Os de Fornelos da Ribeira?
Aparece, Clemente Francisco Cambra e Vilas, profesor de
cirurxía, segundo reza no panteón familiar. Casado con Rosa
Rivas. Tiveron 10 fillos, dos cales cinco emigraron a Arxentina,
tres foron sacerdotes e dúas mulleres que viviron sempre en
Fornelos. Destas naceron Pilar casada con Alonso, de aí os
Alonso Cambra; Rosa, miña bisavoa, casada co licenciado
Jacinto Estévez de Castro, naceron os Estévez Cambra de
Fornelos da Ribeira. Dos Cambra de San Adrián de Meder,
naceran varios Cambra escribáns, en Setados, e notarios como
Francisco Cuevas Cambra o avogado como Beremundo Cambra
ou os Estévez Cambra, por referirme so os Cambra.
Dos fillos de Clemente Francisco e Rosa Rivas, dos dez,
emigraron a Arxentina, cinco, José María Cambra e Rivas, cura
párroco de El Azul; Jesús Cambra e Rivas, que viu a falecer a
súa terra coa súa filla Rosa Anxela Cambra e Alegre de Losada.
De Juan Cambra e Rivas, descende Gabriel Báez Cambra e súa
irmá Gabriela, que nos honrou coa súa visita a terra dos seus
maiores.
A casa solar de Cambra en O Casco de Fornelos da Ribeira, tiña
a capela de Santa Rosa, que indicaba o alto grao de
relixiosidade e certo aire de fidalguía naqueles tempos.
En San Martiño de Moreira aparece Elvira Domínguez Cambra,
casada o pe de As Partidas, Fillos:
- José.
- Francisco.
- León Domínguez, con descendencia.
Emilio Domínguez Cambra en Rañe de Abaixo, casado
inmigrante en Bos Aires (Arxentina). Filla: Clotilde Domínguez,
casada e sen descendencia.
Jesús Domínguez Cambra, cura párroco de Melón e Vincios,
onde está enterrado.
Manuel Domínguez Cambra, emigrado na Arxentina (Bos
Aires), fabricante de guitarras, prolixo personaxe como
fabricante, conferenciante de personalidade moi acusada,
faleceu en Bos Aires sen descendencia.
¿Dos Caramés?
Destas terras, aparece Casilda Aréan, nai de Carmen Caramés,
condesa consorte polo matrimonial enlace con Francisco
Piñeiro, propietario do título.
¿Dos Candás?
Recoñecidos en San Andrés de Abelenda, no concello de
Bande, partido de Ribadavia.
José Candás Losada empadroarase na Vega en Sarría.
¿Dos Carbajal?
Encontramos no Sur da provincia o Licenciado López de
Carbajal, casado con María Domínguez de Bugarín e veciño de
Tui.
¿Dos Carballido, de Areas?
En 1568 Inés de Carballido casouse, non sei con quen, velando
en Areas a López de Carballido casado con Beatriz, descoñezo o
apelido. Familia da que descende miña nai.
En 1.772 na igrexa de Moreira, deuse sepultura a Gregorio
Carballido Requeixo.
¿Dos Carpinteiros?
Juan Muñiz del Prado Carpintero e Pedro Estévanez Carpintero
foron Mestres de Calatrava.
¿Dos Castro?
Moi estendidos polo Condado de Salvaterra e a Paradanta,
pasaron a Portugal. Adquiriron moitas posesións e señoríos.
Os Castros, ofrecen tantos parentescos espallados cos condes
de Crecente, Salvaterra e u longo etc.
Francisco Antonio de Castro Troncoso de Lira Soutomaior Ulloa
Moscoso de San Salvador de Leirado, mereceu atención dos
historiadores e literatos daqueles tempos.
¿Os Álvarez de Castro?
Francisco Álvarez de Castro, I marqués de Bellestar de
Ventosela, de San Salvador de Covelo, de San Simón de Lira e
Abelán de A Cañiza pasou a Indias; casara con María de Lera e
Vivanco, filla de aragonés e de Teresa de Vivanco en Cartaxena.
Fernando Fernández de Castro e Araúxo, de Parderrubias
pasou a México, casado con María Muñoz, a súa filla foi a
herdeira do morgado.
Dos Castros aparecen en cada un dos rueiros do noso Condado
de Salvaterra.
¿Dos Cerezo (Cereixo) de Redondela?
Andrés de Cerezo de Vilavella estenderanse polo Condado
aínda que non dispoño de momento de moitos datos.
¿Dos Contreras?
Os encontramos en A Lama en Santiago de Antas. Pouco mais.
¿Dos Cordeiro?
Se aveciñaron na casa de Salvaterra e pasaron o novo reino de
Granda. Juan Pérez Cordeiro casara con María Álvarez Cordeiro
e seu fillo Juan Pérez Cordeiro de Leirado, casara con
Magdalena Téllez, filla de Bartolomé Téllez e de Jesusa
González. A filla María Pérez Cordeiro casara con Tomás Abad
que serviu na conquista do Novo Reino de Granda.
¿Dos Correa da Barca de Goián en Tomiño?
Orixe dos Pegullal, marqueses de Mos, tiveron casas
importantes en Santa María de Salceda de Caselas, A Guarda, e
tres en Tui. Os Correa Elemparte, de Goián, fundaron morgado
en 1.610 Lorenzo Correa perdeu o Correa para pasar a levar o
Alfaro.
Lorenzo Correa Alemparte Ozores, rexedor de Tui, capitán de
Milicias, señor de Pegullal do Vale de Salceda, casara con
Cristina Ozores Bernárdez e Soutomaior, filla do capitán Juan
de Oia e Bernárdez Sarmiento e Valladares, señor do pazo de
Teasn-Atesan e de Isabel de Avalle Ozores Soutomaior de
Fiolledo, neta de Teans de Ozores.
Foi filla de estes señores Leonor Ozores de Alonso Correa
Ozores Soutomaior, rexedor de Tui. Capitán de Infantaría,
señor de Pegullal, casado con Ana da Silva Sequeiros e
Soutomaior.
En 1.604 ante Álvaro de Oia, o bispo de Tui afora a Alonso
Correa e Ana de Zúñiga súa dona, o lugar de El Pegullal, con
campos, edificios, sitos en Santa María de Salceda, baixo a
condición de quitar a varios posuidores de os habían usurpado
a Mitra tudense, pola venda anual da sexta parte dos froitos
que produxeran estes bens unidos o morgado de Pegullal.
Gómez Correa, Alonso Correa de Mendoza e Soutomaior
ampliaron a historia do Condado de Salvaterra do Miño, onde
Benito Fernando Correa e Soutomaior, IV marqués de Mos, e
vizconde de Pegullal, señor de Louredo, Santa Marta, San
Mamede, Torroso etc., deben casar dúas veces. É o curioso do
caso é como María Luisa Felicidad Pinto de Sousa levara en
matrimonio 30.000 ducados entre roupas, alhaxas e cartos.
Antonio Aguilar e Correa, marqués de Mos, deputado a Cortes,
ministro de Fomento, Gobernación etc. Formou parte destes
podentes do Condado.
¿Dos Costas?
Esteban Costas Troncoso, da que descende miña nai, figura
empadroado en 1.702 no Val Miñor, segundo nos di H. Ramos
González.
¿Dos Coutiño, de Monçao?
Miquelina Rodrigues do Souto Coutiño de Troporiz. De
Crecente, conde de, lle foi concedido a Hernando de
Soutomaior, señor da vial, pola graza de Felipe IV no 6-VII-
1.627.
Dos Cru de Monenegro Figueroa, rexedor de Pontevedra,
casou con Catalina Sarmiento, irmá de García Sarmiento, señor
de Sobroso.
¿Dos Cuevas?
De San Adrián de Meder, Condado de Salvaterra pasaron a
América, virreinato do Rio de La Plata.
¿Dos Chans?
Juan Antonio de Chans Osorio, gobernador de Tui.
¿Dos Charinos?
Chamados Soutomaior viviron pola comarca de Tui.
¿Dos Díaz de Rábago?
En Tui, o lado do canónigo Mateo Díaz de Rábago por 1.784.
Marcela Díaz de Rábago e Pérez Escudero de Tui, en 1.793
casou con Gregorio Blanco Velasco. Comandante dos Cristinos
de Ourense, sorprendido e morto polos guerrilleiros de Mateo
Guillade na Franqueira no mesmo ano.
¿Dos Domínguez?
Estenderon pola comarca do Tea.
¿Dos Donallo?
Joaquina Donallo Marangoni, en 1.774 casara con Miguel
Márquez de Guillade, establecéndose en Salvaterra, onde nace
Joaquín Márquez Donallo, que se batera en mais de dúas
ocasións entre Tui, Sete Coros e Pontesampaio. No México foi
o terror chamándolle La Lechuza por realizar xornadas de noite
para coller desprevenidos os para el, inimigos.
¿Dos Enríquez?
María Ana Enríquez, casara con Gonzalo de Avalle, Acuña
Mariño, dono da casa de Lira, de Petán e Vilavella en
Redondela. A filla Inés de Avalle e de Francisco de Avalle
fundara vínculo en 1.624.
¿Dos España?
Antonio Vicente de España e Luna, posuidor de señoríos e
posesións, aparece como padriño en Fontenla (Ponteareas), da
meniña Ana María. Filla de Jerónimo Rodríguez Carbajal e de
Isabel María Represa. Casado este, con Josefa de Mera e
Guillade.
¿Dos Estévez, de Almunia de Santa María de Arbo?
Veciño Jacinto Estévez de Puga e Soutomaior en 1.709
emparentado con outras familias. Está espallado por todo O
Condado de Salvaterra a Paradanta.
Ignacio Estévez Pereira e Noguerol, foi sarxento do rexemento
de Ávila.
Jacinto Estévez de Castro en Fornelos da Ribeira, rama da miña
familia. Os Estévez Cambra de San Adrián de Meder e de
Fornelos. Por San Adrián de Meder: Eduardo Estévez Cambra,
residente en Vigo, igual que Manuel Estévez Cambra, sen
descendencia; Carlos Estévez Cambra, militar. Por Fornelos da
Ribeira temos a Pepita Estévez Cambra, casada con Avelino
Estévez con descendencia en Fornelos; Rosa Estévez Cambra,
miña avoa e meu pai Manuel Estévez Cambra.
Na Arxentina:
- José María Estévez Cambra, casado con Florentina
García Marín, sendo seus fillos:
Bernardo, casado con Hilda con descendencia. María del Pilar
Estévez Cambra e María del Carmen Estévez Cambra.
De Bernardo: nace Bernardo Estévez Cambra, Carlos Alberto
Estévez Cambra, casado con fillos:
- Silvia María Estévez Cambra, José María Estévez
Cambra casado con María del Carmen González e
súas filla María del Pilar e María Guadalupe Estévez
Cambra, que tivémola sorte de coñecelos na súa
visita a terra.
- Javier María Estévez Cambra, casado con Cecilia
Anorea, e fillo Juan Bautista Estévez Cambra.
De Ricardo Estévez Cambra, casado con Marta, naceron
Sebastián Ignacio Estévez Cambra.
- María Florencia.
- Diego Agustín.
- Roberto Estévez Cambra.
Rogelio Estévez Cambra, meu tío avó, notario en Bahía Blanca.
Sen descendencia.
¿Dos Facha?
Pasaron de Portugal as nosas terras, proxenitores de Cuero
Méndez de Facha, cabaleiro portugués radicado en Ponte da
Lima e casado con María González de Faya.
¿Dos Faxans de Guillade (Ponteareas)?
E o segundo do Covelo, partido de A Cañiza. Xentes
importantes dende A Guarda ata Ribadavia. Así os houbo en
Parderrubias entroncados cos Mariño.
¿Dos Fandiño?
Do solar de Goián. Bartolomé Juan e Marcos Fandiño do rueiro
do Folgoso (A Cañiza), falecidos en Santiago de Parada de
Achas, o mais antigos destes fidalgos e que Catalina Fandiño
Mariño de Soutomaior, filla do Comendador Arias López
Fandiño Matiño de Goián, casara con Gonzalo de Valladares e
Sarmiento, fundadores de Fefiñanes en 1.562, é todo o que sei.
¿Os Feijóo?
Das Casas do Pomar en Arnoia e Leirado de Celanova, Pedro
Martínez Feijóo, fora oidor da Rl.Chª de Valladolid, e cabaleiro
de Santiago.
¿Os Fernández?
Ampla familia, distinguida, algún como Gómez Fernández de
Soutomaior da Casa de Cambra, casara con María Benavides e
Sequeiros de Marín.
¿Os Ferreira?
Nicolasa Martínez Ferreira de Castro de Parderrubias en
Salceda de Caselas, casada con Juan Ignacio de Uría e Solano,
sarxento maior e bisavó de Silvestre López Portillo, cabaleiro
de Carlos III en 1.800.
¿Os Ferreiros?
Francisco Ferreiros, casado con María Anxela Araúxo e Rivera,
viu sendo pai de Juan, abade do Rosal. Juan Antonio, canónico
de Tui con varios irmás e algunha monxa.
¿Os Fidalgos?
De Araúxo, proceden dos Salgado.
¿Os Figueiroa?
Ana María Figueroa, relixiosa do convento da Purificación da
vila de Redondela, sinalada a percibir “oitocentos ducados
vitalacios anuais para goce e percibir das rendas da fundación,
que deixou a favor de parentes orfos, e para alimentos de
estudantes que se aplicaren en letras ou outro decoroso
destino”.
¿Os Fonseca?
Con mais de 1.100 señoríos. Meín Rodríguez de Fonseca,
casara con Dordia González, seu fillo, Gonzalo Méndez de
Fonseca, floreceu en tempos de Alonso Enríquez de Portugal;
casou con Urraca Ruíz. Meín González de Fonseca, fillo dos
anteriores casara con María de Tavares en primeiras, en
segundas con María Fernández Cambra, fila de Esteban Pérez
de Cambra e Margarita Veigas.
¿Dos Fontán?
De Redondela, Juan Fontán e Prego, espalláronse por todo O
Condado de Salvaterra do Miño. Sobre todo polas terras do Sol
do Condado en As Neves. En 1.807 se lle recoñeceu a fidalguía.
¿Dos Fontenla?
Gregorio Fontenla, casara con Bárbara Silva en 1.728. Tiveron a
Francisco Fontenla pai de Andrés e Francisco Fontenla.
¿Dos Fornelos que pasaron os Soutomaior e Fornelos de
Montes, da Ribeira, Crecente ou do Rosal?
García Díaz Messia, rico home de Alfonso VIII, casara con
Teresa Yáñez de Fornelos. Seu fillo, Arias Díaz Messia, tamén
rico home en tempos de Alfonso IX, casara con Elvira de
Ambía.
Paio Suárez de Fornelos casara con Elvira Vázquez de Sobroso,
nacendo do matrimonio Suero Paez Valladares. Os de Galicia,
descenderon de Pedro de Trava, aio do rei Alfonso VII o
Emperador.
¿Os Gálvez?
Da vila tudense que pasaron despois a Colombia.
¿Os Gándara?
Frai Juan Fernández de Gándara vicario provincial das
dominicas, fundara cátedra de Artes, no convento dominicano
de Tui, en 1.793 de acordo coa comunidade e o bispo.
Francisco da Gándara fundou vínculo no Rosal en 1.790 que
posuía José Antonio Vázquez de Figueroa Raposo e Losada.
Veciño de A Coruña.
Enlazados cos Troncoso, segundo información de filiación do
bacharel Pedro de Gándara e Benito Gándara Troncoso e
Armida, irmás que figuran no Museo de Castrelos en Vigo.
¿Os García Estévez?
De Pontevedra donos da casa torre dos Barbeito e outros.
¿Os García de Araúxo?
Juan García de Tineo, casara con Constanza Alonso Cordido de
San Cristóbal de Mourentán de Arbo: tiveron a Rodrigo García
Tineo, casado con Ana López, filla de Vicente e Catalina López
de Puga de Tui. En San Martiño de Tui foi nado Domingo García
de Tineo, casado con Luisa Núñez de Araúxo, filla do licenciado
Domingo Núñez Araúxo, alcalde de Tui varias veces, e de Inés
de Almoina, neta materna de Juan de Almoina e de Catalina
Carreira de Santa María de Arbo.
¿Dos Garra?
Veñen do Infante de Aragón Alfonso de Garra, do rueiro de
Garra e casara con una dona da Casa de Cuéllar, pasando a
Ponteareas, onde fundaron casa solar.
¿Dos Garza?
María Josefa Garza e Quiroga, casara con Pablo Troncoso de
Lira e Soutomaior. Fillo foi Francisco Troncoso de Lira e Garza
Quiroga.
¿Dos Gil (Xil)?
Con brasón na igrexa de Valeixe, en Santiago de Ribarteme (As
Neves), Casa grande de Sela en Arbo, pasaron o Novo Reino de
Granada.
Dos Gil Aballe ou Gil Araúxo de San Cipriano de Ribarteme eran
da casa grande de Barro.
Fundaron capelanía dos Remedios en Santiago de Ribarteme.
Parentes deberon ser os do pazo de Barreiro que fundaran
vínculo en 1.615.
Dos Gil de Sobroso, Teresa Gil de Sobroso, filla de Gil Vázquez e
da súa dona María Arias de Fornelos. Tivo de Alfonso IX, a
Martín Alonso Gil, como fillo.
Dos Gil do pazo de Barreiro en 1.615 Mauricio Gil creou o
vínculo de Barreiro; casara con María Gil e tiveron a dous fillos.
Dos Gil de Araúxo de San Miguel de Cequeliños de Ribarteme e
Santa María de Sela:
- José Gil Araúxo de Cequeliños en Arbo, casado con
Rosa Victoria Rodríguez, filla de Domingo Rodríguez e
de María de Rivera.
- Jacinto Gil de Araúxo de San Ciprián de Ribarteme,
abade, tivo de Dominga Gómez, solteira, a Alonso Gil
de Araúxo, casado con Antonia Jacinta Martínez
Barbeito en San Ciprián. Lle foi recoñecida a súa
fidalguía.
Do de Santa María de Sela, Fernando Gil Araúxo, casado con
Antonia Vila.
Dos Gil de Rivera, Juan Gil casara con Cristina de San Cipriano
de Ribarteme (Setados), da familia Constanza de Puga e Isabel
Rodríguez.
Fernando Gil de Rivera, de San Pedro de Crecente (A Cañiza),
en 1.727 presentou información para ingresar en Fonseca.
¿Dos Giráldez (Xiráldez)?
Os encontramos no Sur da provincia, na vila de Porriño con
descendentes no Ecuador.
Antonio Giráldez de Castro de San Miguel de Pereiras era dono
de Aviseiro e Castro de Santa Eulalia de Atios, capitán de
milicias, xuíz, e alcalde da vila de Porriño, casara con Dominga
Rodríguez.
Dos Giráldez Troncoso de Lira, Juan Giráldez de Avalle casara
con María Gil e tiveran, a Ignacio Giráldez Aballe en San
Cristóbal de Mourentán (Arbo); casara con Bárbara González.
Os Giráldez de Redondela pasaron a Bolivia.
Dos Gómez de Pereira de Castro, foran veciños de San Xoán de
Panxón. Os González de la Peña de Teis, Setados e Corzáns. Os
de Ponteareas, Lucas González con morgado na vila.
González de Almuíña, González de la Peña, Manuel Barbeito
Padrón e González de la Peña de San Miguel de Corzáns, todos
gardamariñas por 1.786.
Dos González Sarmiento, Antonia González Sarmiento casara
con Juan Barbeito, notario de Setados.
En Fornelos da Ribeira os González emigraron a Bos Aires,
Manuel e José Manuel que exerceron una laboura de axudas
os fornelenses que alá ían en busca do pan de cada día.
¿Dos Heras e Soutomaior?
José de las Heras e Soutomaior casara con Antonia Sequeiros,
veciños de San Salvador de Piñeiro en Tomiño.
¿Dos Hermida?
Emparentados con ilustres liñaxes, donos de Casas de Lamelas
(Nigrán), e de San Miguel de Levoseu (Ribadavia).
Juan de Armida e Puga fora maxistrado da catedral de Tui, o
irmá Gregorio racioneiro da colexiata de Crecente, fundaran
morgado os tres irmás.
¿Dos Ibáñez de Tui?
Chegaron as nosas terras de O Condado, son ascendentes de
Tui. Así temos que Hernando González de Ibáñez casara con
Elvira de Rubalcava.
¿Dos Jalón?
Pasaran a Tui procedentes de Logroño, aparecen moi pouco na
nosa historia, soamente García de Jalón con padroados e
abadías, rexedor de Tui en 1.787, casara en segundas con
Ramona de Valdivieso en Tui. Filla esta do capitán de
Cazadores de Tui, Pedro Jacinto Valdivieso Piñeiro e da súa
dona Juana Espantoso.
Unha das fillas casara co avogado Sabino González Besada,
gobernador civil de Pontevedra.
¿Dos Jarpa?
Poucos pola nos aterra, fundaron en Santo Domingo de
Ribadavia con foros en Beade, Carballeda e outros.
¿Dos Juárez de Tui?
María Juárez, casara con Juan Barreiros. É Juan Juárez foi
veciño de Tui en 1.566. Obtivo sentencia de alcaldes a seu
favor.
¿Don Junqueiros?
Por documentos do arquivo dos mesmos, compre que houbo
de acudir en auxilio de García Sarmiento, señor de Sobroso, e
tamén señor de Sancha Mariño de Lobera. En 1.519 a petición
de este provisor de Santiago despachou preito de divorcio
disputándoo ante el, García Sarmiento, señor de Salvaterra e
Sobroso e Sancha de Lobera a súa dona de feito.
Francisco Sarmiento casara con Francisca de Soutomaior
Enríquez, e de este casamento foi motivo da caída vertical da
Casa dos Soutomaior, pola horrible parricida cometido polo IV
Pedro Álvarez de Soutomaior chamado o parricida que
ordenou a morte da súa nai Inés Enríquez de Monroy, por
entender que esta favorecía a casa de Sobroso e Salvaterra con
mingua da de Soutomaior.
¿Os Langariños?
Pois non teño información polo momento.
¿Dos Langariños?
Sabemos que preitearon pola fidalguía que abarcaba una das
mais antigas parroquias de Atios, Castro, Lourido etc.
¿Dos Sanromán?
De Saxamonte en Redondela pasaron a Arxentina.
¿Dos Liñares?
Manuel Liñares, nado en Vigo no 1.743 casara con María Josefa
Ibáñez, nada en Ponteareas aló, polos anos 1.746. O fillo desta,
José María Liñares e Ibáñez foi gardamarina en 1.788.
¿Dos Lira?
De Leirado e Ponteareas, en San Simón ostentaban Armas dos
Pereira de Castro, Troncoso, Castro e Correa en tempos de
Francisco Correa Troncoso de Lira quen casara con Grimanesa
de Castro, en tempos de Felipe II, na capela aparecen os Aros
da Alianza con Troncoso e Soutomaior. Segundo información
recibida, esta Casa Solar, chegaba a Ponte das Partidas en San
Martiño de Moreira que era mais de media legua de terras en
posesión de Luis Troncoso de Lira, señor da Picoña, como
descendente de Diego de Lira o seu quinto avó.
A rama troncal desfigurada polo tempo e a casa de Areas en
Ponteareas, o pazo da Picoña e antiga grandeza dos Troncoso e
Troncoso de Lira, de San Salvador da Piñeira enlazaron cos
Pereira, Araúxo, Soutomaior, Puga e Pregos de Montaos.
Da outra rama de Lira e Picoña, e curiosísimo o Libro chamado
San Franciscus, Diego López de Lira no século XV, tamén
chamado Diego Bernárdez de Castro, aparece preiteando pola
capelanía da Casa de Arcos.
O señor de Lira, casara con María Álvarez de Troncoso de
Soutomaior, señora esta de Moreira, Guillade, etc.
Rodrigo López de Lira, señor de Lira e Picoña. Era veciño deste
lares e Tui; casado con Inés Gómez de Soutomaior, foran fillos:
- Luis Troncoso e Soutomaior, abade da Picoña e
Parderrubias quen preiteou contra Antonio Sotelo
de Montaos de Vigo, o cal era frei do S.O. quen
escribira e publicado certo libelo difamatorio.
Estaba limpo de toda mala raza, segundo nos conta
a historia.
- Luis Troncoso de Lira, por haber servido en
campaña en 1.659 entre Monçao e Salvaterra,
recibira o hábito de Calatrava.
- Antonio Troncoso de Lira, clérigo, veciño de San
Xoán de Fornelos da Ribeira, por escritura ante
Gaspar de Araúxo, dispuxo o señorío da casa de
Lira co seu primo en 5º grao en 1.673.
Pola rama troncal, segunda, Diego López de Lira, casara con
María Bermudez de Castro. A filla, Aldonza Fragoso, foi veciña
de Moreira. Estaba casada con Antonio Correa, chamado
tamén Pedro Correa.
- Gregorio Troncoso, falecido en Ponte da Lima
(Portugal), aparece como testemuña nunha
escritura de - foro - estendida en Salvaterra do
Miño.
- Rodrigo Troncoso de Lira, casara con Ana de Barros
de San Miguel de Canedo, filla de Héctor Barros e
de Catalina Alfonso, outorgando testamento coa
súa dona ante o escriban Alonso Vidal.
- Francisco Correa Troncoso de Lira, pola súa
intelixencia e armas, devolvera a vila de Monçao,
cando Felipe II tomara posesión do reino, segundo
certificado expedido por García Sarmiento de
Soutomaior, señor de Salvaterra e Sobroso do
bispado de Tui.
- Rodrigo Troncoso de Lira, herdeiro do señorío da
casa de Lira, con tódolos bens e posesións,
expedira patente de capitán e cabo dos seus
vasallos; e de Francisco de Avalle Pereira, capitán
do reino sucesivamente.
- Bartolomé Troncoso de Lira e Soutomaior, en 1.646
por falecemento do seu irmá Rodrigo, vese señor
da casa de Lira. Fora gobernador e Capitán Xeral de
Galicia; casara con María Pereira de Castro,
herdeira de casas e vínculos de Vigo, Porto
(Salvaterra) e Leirado.
Esta María Pereira de Castro era filla de Alonso Pereira de
Castro, dona das casas e vínculos; pasara o capitán de
Infantería. Súa dona era Jacinta de Castro Varela e Soutomaior.
Esta dona, en 1.673 dispuxera do señorío de Lira co seu
parente Luis Troncoso de Lira, cabaleiro de Calatrava, señor da
Picoña, na cal habitaba outro parente na outra metade da casa
solar. Deste matrimonio foron nados:
- Antonio Jacinto de Lira e Troncoso.
- Rodrigo Lira Troncoso quen casara con María
Pereira de Castro de Portugal. Fillos:
Francisco Troncoso de Lira, casado con Rita Ponce de León, de
Areas.
Mariana Rosa Lira Soutomaior casara contra a vontade do pai,
con Jácome Sarmiento na vila de Salvaterra do Miño.
Rodrigo de Lira Pereira e Meneses, o IV do seu nome, nado en
Monçao, foi señor de Lira, morgado de Lira, Vigo, Porto
(Salvaterra), Leirado. E de Boavista e Correlón en Portugal,
patrón das igrexas de San Simón de Lira e San Salvador de
Coruxo (Vigo) Tamén do convento de San Francisco de Moçao.
Este Rodrigo casara con María Teresa Pereira Borges Pacheco
de Braga, filla de Diego Borges Pacheco, fidalga da Casa Real
Portuguesa e da súa dona Mariana de Araúxo. Tiveron catro
fillos:
- Francisco de Lira Troncoso de Braga, último señor
de Lira, data da abolición de privilexios.
Casara con Tita Ponce de León de Sanpaio de Fiolledo, filla de
José Gregorio Ponce de León, de Fiolledo, e da súa dona
Jacinta Troncoso de Avalle Ponce de León.
- Antonio de Lira Troncoso de San Simón de Lira.
Sucede o seu pai Francisco nos vínculos da casa e
padroado das igrexas de San Simón de Lira, de San
Salvador de Coruxo e do convento de Monçao.
Casara con Anxela Malvar e Malvar de Santa Marta
de Salcedo. Fillos:
- José Lira e Malvar.
- Rodrigo en Cuba.
- Severino, no Brasil.
- Concepción (Conchita), casara con Manuel María
Sarmiento, avogado. Falecido en Mourente.
Quedaron:
- Ubaldo, avogado casado con Teresa Gil de Vigo.
- Antonio, médico.
- Joaquín, casado en Ponteareas con Dolores Rivera.
- Jesús
- Cándido
- Purificación
- Agripina
- Ramón
- Balbina.
- Mercedes.
- Xusta.
- Dolores.
- Filomena.
- Carmen.
Os de Monçao pasaron novamente a nos aterra do Condado de
Salvaterra. Percibal de Lira, nado e falecido na vila de Monçao,
casara con Cristina de Araúxo de Santa Cristina de Valeixe.
Cando os fillos pasaron a Galicia despois da guerra con
Portugal, Cristina foi encadeada e os papeis familiares
destruídos.
Na parroquia de Santa María de Areas (Ponteareas), Nicolás
de Lira e Pereira, casara con Felipa de Castro, irmá de Miguel
de Castro Comisario do S.O. (santo oficio).
Dos de San Miguel de Corzáns, son descendentes os de San
Simón de Lira.
Miguel de Lira Fernández, nado en Corzáns e veciño de Porriño
se di que era entón señor de San Simón de Lira Bartolomé
Troncoso de Lira e Soutomaior. Fora procurador xeral de Tui, e
casara con Antonia de Arcos.
Eran os Troncoso de Lira, de San Jorge de Salceda, Xinzo e
Crecente.
Así, Luis Troncoso de Lira e Soutomaior, veciño de San Jorge de
Salceda, tivera a Pedro Troncoso de Lira e Soutomaior tamén
de Salceda, casado con Ana de Rivas, eran veciños de Santa
María de Xinzo. Entroncaron tamén os da Casa do Pombeiro,
onde Marta de la Calle Santos Troncoso de Lira e Soutomaior
casara con Diego Sarmiento, dono e señor da casa solar e pazo-
torre do Pombeiro.
Dos de San Salvador de Piñeiro en Tomiño, Miguel Jerónimo
Troncoso de Lira de San Salvador de Piñeiro (Tomiño), en 1.702
casara con Antonia de Ocampo, filla de Gregorio Ocampo e de
María Barral Feijóo.
Bartolomé Troncoso de Lira de San Salvador de Piñeiro, casara
con Margarita Barros e Barros de San Paio de Alxén.
Francisca Antonia Troncoso de Lira, da casa solar de Lira, nada
en Piñeiro casara con Francisco Barros Troncoso de Lira, nado
en San Pedro de Arentei. O seu fillo, José María de Barros e
Troncoso, nado en Piñeiro fora gardamariña.
Outros pasaron a Chile.
Juan Troncoso de Lira tivo:
- Diego Troncoso de Lira, veciño de Salvaterra.
- Antonio, clérigo, veciño de Fornelos da Ribeira.
- Ana, veciña de Santiago de Tortoreos casada con
Alonso Sánchez.
¿Dos Lobatos?
Tiñan casa en Ribadavia. Alcanzaron releve en Melón e se
espallaron pola Louriña, Val Miñor. Todos distinguidos.
¿Dos López?
Sairán os Añel de Ribadavia, os López de Ariza, tamén de
Ribadavia e os López Baamonde de mesma localidade.
López Romero de Cameros (Logroño), asentouse en Ribadavia.
Luis López, casado con Joaquina Añel, era filla de Bernardo
Añel e de Isabel de Arce en Santa María de Couso en Ribadavia.
Gerardo López de Ariza, de Soto de Cameros. López de
Vaamonde herdaron de Pedro Vázquez de Puga sogro do
bacharel Lope García.
¿Dos Maceira?
De San Adrián da Faria de Barcelos (Portugal), pasaron a Tui.
Temos a Telmo Maceira Pazos, nado en Tui, cabaleiro da Orde
de Carlos III, bispo mindoniense no século XIX de Tui.
¿Dos Magariños?
Do século XVI, Francisco Magariños desempeñara o cargo
familiar do S.O. da Inquisición. Fora pai do alférez Alberto
Magariños Martínez, casado con Antonia Vázquez Romero.
¿Dos Mariño e Mariños de Lobera?
Viviran en Baiona, Tui e Ponteareas foron fundadores dos
chamados Bermudez de Traba. Sancha de Lobera con once
cotos, os de Saxamonde en Redondela e Cristiñade en
Ponteareas, e demais rendas, como dona feudal aparece como
patroa da capela maior do convento de San Francisco en
Pontevedra.
¿Dos Martinez de Acuña?
Juan de Acuña, canónigo de Tui, Telmo Acuña colexial de
Fonseca e tamén canónigo de Tui.
¿Dos Medal?
Emparentados con familias fidalgas que houbo na Comarca do
Tea.
¿Dos Mendoza?
Álvaro de Mendoza e Soutomaior casara con Maior de Zúñiga
de Teans.
¿Dos Mera?
Enlazaron con familias distinguidas como os Noboa, Somoza,
Soutomaior, Saavedra, Mosquera, Acuña. Salgado. Barros e
moitos mais.
¿Dos Messía?
Rico home en tempos de Alonso VII, dono das terras de
Messía, tivo un fillo de Teresa Anes de Fornelos. ( Gándara
puntualiza a cal dos Fornelos pertence Teresa, dona de
Gonzalo Días Messía que di: Torre e casa forte xunto o rio
Miño, da parte de Galicia contra Portugal, na que entraron os
Castros e despois os da casa de Soutomaior por casamento.
¿Non será por acaso Fornelos da Ribeira?
¿Dos Mon?
Se explica noutro apartado como se asentou a casa solar no
Condado de Salvaterra.
¿Dos Monteagudo?
tiñan casa en Fornelos da Ribeira con descendencia.
¿Dos Montenegro?
Lorenzo de Montenegro, e Soutomaior Oca Sarmiento Mariño
de Lobera, Moscoso e Osorio dono do Coto de Cristiñade, da
casa de Arcos, casara con María Pereira de Castro e Cadaval
Montenegro Caldas Sousa e Magallanes; foi gobernador de Tui,
con descendencia.
¿Dos Mosquera?
Jacinto Antonio Mosquera e Salgado de Santa Cristina de
Valeixe, fidalgo en 1.780.
Jacinto Manuel Mosquera Soutomaior Tabares, irmá de Luis
Antonio, cabaleiro de S.M., casara con Teresa Antonia de Lira
Pereira Mosquera, sendo o seu fillo Benito, tenente cuadrilero
da Santa Irmandade Vella. O seu irmá Antonio María Mosquera
Lira Pereira, nado en Ribadavia fora gardamariña por 1.788.
¿Dos Moure?
José Moure Suárez de Castro de Porriño casado con Manuela
Cordero e Jurado, procedían da vila de Chantada.
¿Dos Muiños?
De Bande emparentados cos Soutomaior e Sobroso.
¿Dos Muñoz?
De Valga pasaron o Condado de Salvaterra do Miño.
¿Dos Nogueira de Redondela, ou de Vigo e Barroso de
Ribadavia que enlazaron cos Sandoval e Martínez?
Pode ser, pois non dispoño de moitas referencias sobre eles.
Dos Punxin, Salgado, Nogueira e Guedes.
¿Dos Novais?
Pedro Novais de Ribadetea, en Ponteareas. Tiveron, a Pai
Novais, casado con María Suárez, filla de Sueiro Muñoz e
Teresa Ares da Penela.
Rui Martiz de Novais casara con Aldonza Vázquez Ozores.
¿Dos Novas?
Polas zonas de Tortoreos.
¿Dos Ocampo?
Antiguísimos na nos aterra, tiñan casa en Ponteareas.
Emparentaron con Coronel, Oia, Troncoso, De Castro, Yáñez,
Pereira, Araúxo, De Lira e creo que con algún mais.
¿Dos Ojea (Oxea)?
Na comarca de Ponteareas, apareceron por 1.723. Fernando
Ojea, tiña un fillo clérigo e con Gregorio González, fundaron
capelanía do Rosario en Moreira. En 1.725 o presbítero Manuel
Ojea e Requeixo, edifica e funda capela do Santo Nome de
Xesús no Pontillón cos bens da súa casa, do Pontillón. No ano
1.748 recibe sepultura en dita capela.
Benito Ojea de Rivera funda en 1.657 a “misa das doce”.
¿Dos Ordónez?
Francisco Ordónez, capitán do Rexemento da Morte, coñecido
polo seu comportamento na batalla da Pontesampaio en 1.809
en Redondela.
José Ordónez Martínez fora xuíz en 1.873 no Porriño.
Dos Avalle do pazo de Atios en Porriño, fundado por Juan de
Oia que fora merino da corte de Sabroso e esposo de Isabel de
Avalle dependen moitos dos descendentes. Destruído o pazo
polos Pradistas foi restaurada en 1.771. Emparentaron cos
Piñeiro de Gondomar, Castro, Troncoso, Lira e Barros.
¿Dos López de Oia?
Benavides de Mariñeira da parroquia de Cabreira, casado con
María Suárez de cuxo matrimonio naceu Juan de Oia, de Grixo,
parroquia de Alxen, casado este con Antonia Troncoso de
Ulloa, filla de Diego Troncoso e de Constanza de Barero de
Ribarteme.
¿Dos Ozores, de Teans?
Fernando Yáñez Ozores, colexial en Salamanca, oidor; fillo
segundo da casa de Teans, casara con María Méndez con
descendencia.
Moitos son os membros que ingresaron na Orde de Santiago,
emparentados cos Castro e Álvarez de Soutomaior.
Fernando Ozores, casara en segundas con Constanza de Lemos,
señor de Teans.
Pedro Arias Ozores, VI conde de Amarante, herdara da súa
irmá Constanza Arias Ozores, marquesa, herdeira de San
Miguel das Penas, recaendo os títulos no pontevedrés
Alejandro Mon e Landa.
Dos Párraga, Bartolomé de Párraga, e Vargas, tenente retirado
do Tercio da Armada, casara con Josefa Troncoso de Lira e
Pereira de Castro, de San Simón de Lira, con descendencia en
Vigo.
¿Dos Patiño?
Con casa en Mañufe (Gondomar), e de Santa Uxía de Setados,
localizamos:
- Josefa Patiño e Avalle de Oleiros, casada con
Manuel Barbeito de Setados
- José Barbeito Padrón e Patiño, de Setados. Casara
con Juana González de la Peña.
- Manuel Barbeito Padrón e González de la Peña, de
Corzáns gardamariña en 1.786
¿Dos Pegullal?
Dos Pegullal ven sendo Benito Correa Sarmiento e Soutomaior,
marqués II de Mos.
Os Pereira e Pereira de Castro, establecéranse en Ponteareas,
con casa en Porto (Salvaterra), que exerceran o señorío de
Setados, e, en Barbeita Portugal. Chegando os Pegullal de
Salceda de Caselas. Foi xente distinguida e poderosa. Posuíron
o padroado de Santa María de Taboexa, entroncaron cos de
Santotomé de Freixendo, cos de Leirado e de Santa María de
Reboreda en Redondela, que viñan de Arcos, en Cristiñade
Ponteareas. Tiñan casa brasonada en Salvaterra, Tui (Arcos), e
Santa María de Parada e Porriño.
Pedro Vázquez, Pereira de Castro, do coto da Barbeita que leva
o padroado o abade de Taboexa, casara con Ginebra
Fernández Carballo, filla do abade de Taboexa.
Luis Alfonso de Carballo, sendo patrono in solidarum dos
beneficios de Santa María de Taboexa, deixa en testamento o
padroado a Pedro Vázquez Pereira de Castro, coa aprobación
do bispo de Tui.
Este testamento foi feito na casa de Porto, ante notario Martín
Blanco. Está sepultado no templo de Taboexa.
Do coto e casa da Barbeita, co padroado de Santa María de
Taboexa temos:
Lorenzo Gómez de Abreu, I señor do coto, casado con María
Suárez.
Pedro Vázquez de Abreu, II señor do coto, casara con Leonor
Rodríguez Bacelar. . . na que Grimanesa Pereira de Castro
Araúxo, outorga testamento na parroquia de Porto, en
Salvaterra, de tódolos beneficios de Taboexa, fundado polo seu
irmá e por Alfonso de Araúxo a favor de Rodrigo.
Dos Pereira de Setados, descenden os Castro e da casa solar de
Fornelos da Ribeira. Incorporada os Soutomaior. Estes
emparentaron cos do Porto do bispado de Tui.
Juan Pereira de Castro, de Setados, casara con Celia Pereira de
Castro, de Santa María de Vide. Do matrimonio naceron:
- Alonso Pereira de Castro de Santa María de Vide,
casara con María Ozores e Soutomaior de
Crecente. Filla de Luis Dávila de Crecente e de
Águyeda de Ozores de Soutomaior aspirante a
Santiaguista.
- Gregorio de Castro Soutomaior de Santa María de
Vide no Condado de Salvaterra, foi comisario, e das
Vellas Gardas de Castela, irmá fora Alonso Pereira
de Castro. Dicíase que o arquivo parroquial foi
queimado, pero o expediente de Santiaguista en
1.650 lle fora recoñecido. Testemuñas din que que
eran fidalgos e descendentes dos Pereira da casa
do Porto (Salvaterra).
Parentes en 4º grao, Álvaro de Ozores, cabaleiro de San Xoán;
Pedro Ozores de Cambra, irmá de Fernando Ozores de Teans,
cabaleiro de Santiago Manuel Ozores, sobriño.
Irmás de pai, Frei Antonio de Soutomaior confesor de S.M.
Rodrigo de Sequeiros Ozores, cabaleiro de Santiago e Manuel
Pereira Ozores da mesma orde nobiliaria.
Jacinto Pereira casara con Juana (descoñezo o apelido), ambos
de Setados co seu fillo Pedro Pereira de Setados, casara con
Antonia Troncoso de Fornelos da Ribeira, filla de Domingo
Álvarez Troncoso e de Antonia Troncoso, ambos de Fornelos da
Ribeira.
Deste matrimonio naceu José Antonio Pereira nado en
Fornelos, casando en Paredes (Portugal), concretamente en
Barceliños - Barcelos.
Da Casa Nova de San Miguel de Pereira era Alonso de Araúxo
Pereira ou Pereira de Castro e Araúxo.
Da casa de Monçao era Juan Gómez Pereira, cabaleiro de Avis,
fidalgo da Casa do Rei portugués.
Da casa dos Arcos en Tui, Francisca de Cadaval Valladares,
dona, que durou cen anos aparece esclarexado o liñaxe galego-
portugués.
Da casa de Moreira en Poneareas, a dicir de Mariano Piñeiro
Groba, tiñan casa en San Martiño de Moreira. Nela, vivirán en
1.705 Francisco Pereira de Castro coa súa dona, María
Rodríguez Requeixo. Aínda hai mais, pero os deixamos para
outra ocasión.
¿Dos Pérez?
De Concepción Pérez de Castro, casada con José Donesteve del
Hoyo ou de Angel Donesteve e Pérez de Castro, diplomático,
casado en segundas con Elisa Garra Domínguez de Ponteareas.
¿Dos Pimentel?
Alonso Vázquez Pimentel, fillo de María Añez de Fornelos
primeira dona de Vasco Martínez Novaes e Pimentel.
¿Dos Ponce de León?
De León, aparecen no século XIV fuxindo. Houbo un Pedro
Ponce de León que en 1.573 fai un arrendo en San Martin da
Fraga a un tal veciño Gonzalo Preto. En 1.583 era Xuíz en
Pontevedra Antonio Ponce de León.
Pontes houbo na comarca do Tea. Non encontrei a ningún.
¿Dos Puente?
de Salvaterra emigrado na Arxentina (Bos Aires), onde noutro
apartado se sinala como un importante personaxe e inquieto
traballador que alcanzou a facer fortuna.
¿Dos Puga?
da comarca de Ponteareas que en 1.636 habitaban casa en
Ponteareas. Era Basco de Puga e Quiñones.
Gregorio López de Puga, morrerá na entrada dos portugueses
en Salvaterra.
Puga Quiñones e Puga Araúxo de Cristiñade.
¿Dos Rivera?
De Fornelos. Pedro González de Rivera casara en 1.680 con
Juana Núñez Falcón Fundaran morgado.
Juan Manuel Rivera e Núñez, casara con Josefa Mariño de
Avalle. Tiveron casa solar en Fornelos onde existen
descendentes.
¿De Riva ou Rivas?
en 1.374 Alfonso Gómez de Riva emparenta cos Troncoso
Esteban de Rivas, oriúndos de Ribadelouro (Tui), casara con
Juana Martín de Cózar, con descendencia.
¿Dos Rochas?
Hainos da casa de Rocha Blanca de Iria en Padrón. Se
espallaron en Tebra con Francisco da Rocha de Tebra. E tamén
no Condado de Salvaterra.
¿Dos Rodríguez de Santiago de Covelo?
Isidro Rodríguez, casara con Isabel Rodríguez de Santiago de
Covelo. Agustín Antonio Rodríguez casara con Francisca
Álvarez Amigo en Covelo. Pasaron a América.
¿Dos Ron emparentados cos Peso de Bias e Valcarcel? ¿Dos Ruibal?
De Tui, deriva Pedro Regalado, pintor, como o seu fillo Benito
Antonio quen casara con Manuela Verdugo. O fillo José María
Ruibal e Verdugo foi alcalde e en 1.794 dedicáranlle una rúa.
¿Dos Sa?
o encontramos onde hoxe está o cemiterio parroquial de
Fornelos, de nobre familia portuguesa.
¿Dos Saavedra?
Segundo o pai Crespo di que significa “palacio sobre rio”, Lucio
Arías de Saavedra casara con Ourana Fernández, era conde na
comarca do Miño e señor de Saavedra.
Fernando Arías fora bispo de Tui., fillo de Pedro Fernández de
Saavedra.
Rafael Saavedra Troncoso, figura empadroado como nobre en
Chain (Val Miñor).
Domingo Saavedra en 1.702 en Baiona.
No Porriño descenden os Saavedra de Soutomaior e os Ceta de
Figueroa.
Tamén no Rosal citados polo pai Sarmiento.
Manuel Saavedra Bernárdez de Vigo, casara con Concepción
Costas Arte. Fillos:
- Manuel Saavedra Costas.
- Pilar Saavedra quen en 1.902 enviuvou de Siro
Montenegro.
- Dolores lle pasou o mesmo de Ildefonso López.
Antonio Saavedra Romay de Maceda casara con Isabel María,
irmá do marqués de Mos. A súa irmá Clara Saavedra era
natural de San Martin de Moaña que os seus 16 anos de idade
desposárona en escritura feita no mosteiro dos Remedios con
José Pinto da Cunha Pimentel. Era Fidalgo.
Da casa de Peniche en Vigo, Simón Saavedra e Castro, párroco
de San Andrés de Valladares, foi catedrático de Dereito
Canónico en Compostela, colexial de Fonseca e logo monxe
franciscano. No Condado e sobre todo na comarca de
Ponteareas, algún día darei con elles.
¿Dos Salgado?
Juan Salgado Piñeiro casara con Inés de Avalle e Acuña, filla de
Gonzalo e de María Henríquez. Aínda quedan uns poucos por
As Neves.
Juan Manuel Salgado Henríquez, canónico de Tui, recoñece ser
fillo de Juan Francisco Salgado preiteando pola sucesión.
Os Salgados de Ponteareas como Francisco Salgado en 1.645
eran mordomos do Conde de Salvaterra.
Pedro Salgado fora cabaleiro de Santiago.
Pedro de Barros Salgado figuraba en 1.670 como cabaleiro
nesta Vila.
Santa Marta conde de, concedida por Juan II de Castela en
1.442 a Diego Sarmiento, adiantado de Galicia.
¿Dos Sarmiento, Adiantados de Galicia e Condes de Santa
Marta, procedentes de Ribadavia e casa en Salvaterra?
Diego Pérez de Sarmiento quen en 1.431 tomara parte contra
os mouros as ordes de Diego Rivera, intervira en numerosos
feitos históricos en tempos de Juan II e Enrique IV.
Álvaro Páez de Soutomaior que ambicionaba unir os estados
cos de Ribadavia, Baiona e Sobroso axustou a súa xente e entro
una vila de Ribadavia, sacou o conde do seu pazo, levou a el e
os seus, “prenderano pola barba e levouno a Soutomaior,
mentres foi a súa vontade, o soltou e sacoulle tódalas partidas
que quixo”.
Bernardino Sarmiento que era o menor de Teresa de Zúñiga,
obtivo Real Cédula de Enrique IV, para exercer a titoría, e
gobernar seus estados. Para elo, pediu axuda o seu sobriño
Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga), contra Diego
Sarmiento, señor de Sobroso, a sabéndoas das atrocidades que
ambos cometerán en Ribadavia. De tal sorte que, cando en
1.470 se formaron os “Irmandiños” contra os señores asaltaron
o Castelo dos Sarmientos de Ribadavia.
Bernardino o fillo, logrou aplacar os ánimos e despois dun
preito co sobriño Francisco se fixo concordia, sancionada polos
Reis Católicos, segundo o cal, Bernardino, tiña o Adiantado de
Galicia e as vilas de Ribadavia e Bentraces, ademais de outros
territorios, sendo nomeado Conde de Ribadavia.
O I conde de Ribadavia casara con María Pimentel e Castro,
filla de Juan Pimentel, señor de Allariz.
Gabriel Sarmiento de Quirós e Soutomaior, marqués de Mos,
grande de España de segunda clase en 1.782 o IV marqués
Benito Correa, de primeira clase é o V marqués Alfonso Correa
Soutomaior en 1.789 a Rafael Pérez Blanco e Pernas. Son os
mais importantes
Por parte paterna descende Diego Sarmiento de Soutomaior,
señor do morgado de Gomesende, Achas e Parada; casara con
Anxela Pimentel Soutomaior e Ozores, filla de Antón
Sarmiento, señor de Achas e Paredes, casado este con Ana de
Bazán.
Do pai de Catalina Sarmiento e Soutomaior se dixo fora
Bernardino Sarmiento Soutomaior, cabaleiro de Santiago,
señor de Gomesende, Petán en San Sebastián de Achas, casado
con Berenguela María Noboa, dama da raíña Margarita de
Austria.
Pola liña dos Acuña, García Fernández Sarmiento, conde de
Santa Marta, señor de Salvaterra, “caudillo” de Sobroso, casara
con Teresa de Soutomaior, filla de Paio Sorred de Soutomaior e
de Mencía de Andrade.
Dos Sarmiento de Soutomaior, señores de Salvaterra e
Sobroso, pasaron a ser os condes e marqueses de Sobroso.
Do chamado Vale de Achas, entraban Santaolalla de Deva, San
Julián de Petán, San Salvador de Achas, Santiago de Parada,
con dominio do mosteiro de Melón, entregado en
arrendamento a Diego Sarmiento e seus antecesores, como se
le no Tambo de Melón en1.611. É non só quedaron con todo,
senón, reclamaban una vintena de poboados, orixe do preito.
Diego preiteou contra o seu sobriño Juan sobre Salvaterra e
Sobroso, dicindo aquel que Juan non era fillo lexítimo polo que
lle correspondía a el, a vila sobre a ribeira do Miño. O final,
Juan quedouse con Salvaterra e Sobroso así como o solar de
Achas.
Dos titulares de Salvaterra, García I, Sarmiento era fillo terceiro
dos I Condes de Santa Marta.
Diego Pérez Sarmiento e Mencía Sarmiento de Zúñiga, irmá de
Bernardino Sarmiento, I conde de Ribadavia, lle deixou seu pai
o Castelo e terras de Sobroso. Casara en primeiras con Teresa
de Andrade que levara en dote a vila de Salvaterra. Loitou
contra Pedro Madruga.
Juan Sarmiento, señor de Salvaterra e Sobroso, sostivo preito
co seu tío Diego Sarmiento do Vale de Achas sobre os estados
de Salvaterra e Sobroso, quedando este co Vale de Achas e 400
vasallos, Vale de Petán e 300 vasallos e Juan cos estados de
Salvaterra, Sobroso, casa solar de Achas e a cuarta parte dos
bens da casa forte dos Soutomaior en Fornelos da Ribeira en
1.537.
Fillos:
- García, III Sarmiento de Soutomaior, señor das
casas de Salvaterra e Sobroso; servira a Felipe II
contra Inglaterra e Flandes. Apoderárase das vilas
de Monçao, Valladares e Melgaço.
En 1.570 herdeiro de Francisca de Soutomaior, súa avoa,
adxudicáralle o señorío de Santa Mariña de Sela, San Juan da
Barcala, San Sebastián de Cabeiras, Santa María de Arbo e
Santa Cristina de Valeixe que comprendía tamén, o señorío de
Fornelos da Ribeira
Diego Sarmiento funda un convento de Franciscanos Recolecto
en Salvaterra, desaparecido.
¿Dos Sequeiros?
Posiblemente da casa de Santotomé de Freixeiro. Juan
Sequeiros casara con Maior Sánchez, filla de Pedro Madruga, e
o morgado data de 1.543.
Rodrigo Sequeiros, casara con Magdalena de Acevedo da casa
de Tui, e foran os únicos que seguiron co apelido Sequeiros.
¿Dos Sestelo?
Eran Fidalgos de Mos, emparentados cos Troncoso. En
Ponteareas está enterrado dentro da igrexa o clérigo Alonso de
Sestelo, falecido en Areas en 1.590. Os Sestelo de Fornelos da
Ribeira emigraran a Arxentina. Os dos irmás José e Manuel,
colaboraron co seu taller na entrada dos inmigrantes
fornelenses. Feitos por todos moi recoñecidos.
¿Dos Soteliño?
Eran do rueiro da Castiñeira en 1,743. Plácido Soteliño era das
Cachadas en Ponteareas, casara con María Manuel Ramírez. En
1.820 eran cofrades de Ánimas en Areas, confirmado polo seu
irmá José Soteliño.
¿Dos Soto?
Antigos que procedían de Ponferrada. Juan de Soto, tenente de
Xuíz de Anveiro en 1.528 logo de entregar una vara de xustiza
na parroquia de Anveiro de Ribadavia. Pola parroquia de
Tortoreos aínda quedan algún Soto.
¿Dos Soutomaior?
Procedían de Redondela, con casas solares, eran fidalgos do
Sur da provincia.
Pedro Álvarez de Soutomaior o cal Enrique IV, de Castela, lle
outorgara o vizcondado de Tui, en 1.473 conde de Crecente, en
1.642 recaídos en títulos nobiliarios da familia.
Pedro Álvarez de Soutomaior o IV, casara con Teresa de
Tavora, a quen o rei portugués Alfonso V lle concedera a graza
do condado de Camiña. As bandas Irmandiñas co arcebispo
Fonseca e o bispo de Tui, Diego de Muros en Pontevedra onde
había de encontrar a morte Tristán de Montenegro na defensa
de Sobroso.
Como curiosidade revelamos os enlaces Soutomaior con
Joaquín Soutomaior, Lamas, Haro, Caamaño, Becerra,
Moscoso, Mendoza, Mariño, Valladares, Romero de Acosta,
Mosquera Pimentel, Fernández de Castro, Sarmiento, Cisneros,
Carballido, Figueroa, Ozores, Correa e Prego, señores de pazos
e casas e outros morgados. Din que o señor era de tantas
campanillas que dificilmente podía chegar a todas.
Álvaro III, Páez de Soutomaior quen en 1.455 comezou o
escandaloso despoxo de Tui. Casara con María de Ulloa, prima
segunda encontrando as escrituras de María de Castro,
posiblemente dona, sacando licencia de S.M. en 1,400 para
deixar herdeiro universal, o seu irmá bastardo IV Pedro
Álvarez de Soutomaior. A súa viúva, segundo os historiadores
deu moito que falar pola relación con Alonso de Fonseca, o
patriarca Vello,
Álvaro IV Soutomaior testou a favor de seu irmá, renunciando
nai e fillo, incluíndo a herdanza das fortalezas de Soutomaior
en Fornelos.
Este IV Pedro Álvarez Soutomaior chamado “O Parrecida”,
figura nunha escritura do ano1.516 preiteando pola herencia
da súa nai, quen pasara a vivir a Casa Forte de Fornelos da
Ribeira. Este fillo, Pedro Álvarez mandouna darlle morte na
Raxela ou Ranxela de San Miguel de Cequeliños, tras darlle tres
ballenazos que feriran a señora, acudiu o cura párroco de Arbo,
Mendo Alonso, pero de noite entraron disfrazados como
escudeiros facendo dela pedazos cabeza e corpo. Mentres este
penetraba na Casa Fortaleza de Fornelos e Mourentán para
roubala. Estes feitos ocorreron por 1.517.
O alcalde Ronquillo a demanda de Francisca, súa irmá
“pudiendo ser habido y preso en cualquier pueblo de estos
reinos, fuese arrastrado y encubadao (sic), y después de
muerto que lo sacasen y escuartizado y hecho cuatro cuartos
fuesen puestos en cuatro puertas del pueblo donde fuere
habido”.
¿Do Soutullo?
Reveriano Soutullo Otero, músico e compositor, nado en
Ponteareas en 1.884; faleceu en Madrid en 1.932. Era o cuarto
fillo de once irmás que tivo o director da Banda de Música de
Redondela.
¿Dos Suárez?
Derivado de Suero, os temos en Francisco Suárez de Puga en
Canedo. Casara con una descendente dos Ameixeiras de
Fornelos da Ribeira, bautizando o fillo en 1.704 en San Martiño
de Moreira.
¿Dos Tabares?
Fundaran casa no Porriño. María Antonia Tavares, bautizada en
Ribadavia en 1.717 casara con Antonio Manuel Montenegro
con descendencia.
¿Dos Teixeira?
O licenciado Francisco Teixeira de Zúñiga, veciño de Tui, e a
Ana Teixeira casada co capitán Diego de Araúxo.
¿Da Torre?
Andrés Ferreiro da Torre, casado con María Rosa García.
Fillos:
- Andrés da Torre García, casado con Rosa María Gil
Gutiérrez, con descendencia.
- Francisca da Torre, casada con Diego Estévez de
Castro, familiar do S.O. Fillos Benito, colexial de
Fonseca.
- Ignacio Estévez de Castro, colexial Maior de San
Clemente, avogado dos Reais Consellos e
catedrático de Cánones e canónico.
¿Dos Troncoso?
Do coto de Troncoso de Santa Baia de Mondariz; casa solar
fundada en pedra labrada e na que non habita ninguén en dita
torre. Se di de Francisco Correa e Troncoso quen servirá a S.M.
Felipe II, na Armada, fora camarada de Diego Sarmiento, señor
de Salvaterra do Miño. Señor da Picoña fora Diego Troncoso e
Lira Soutomaior, casado con María Ana Rodríguez Lamela.
Fernando Troncoso de Soutomaior casado con Inés Rodríguez
de Chenlo, filla de Chaulo de Pontellas no Porriño,, tiveran a
Rodrigo Gómez Troncoso o vello coas súas terras. Fora
Comendador e trece veces da Orde de Santiago, casando con
Constanza Álvarez de Soutomaior, filla de Álvarez de
Soutomaior e de Aldonza Fragoso, señores do coto de Moreira,
fundando capelanía de Santa María do mosteiro de San
Breixome de Arcos en Tui. Cabaleiro de liñaxe, a probaron para
ingresar na Orde de Santiago.
Os Troncoso por privilexio de Felipe II, foron señores de San
Martin da Picoña en Salceda de Caselas., morgado fundado
polo canónico de Tui, Morguete Rodríguez.
Bernardino José Troncoso de Lira, fora xuíz ordinario de Tui.
¿Dos Valenzuela?
En Guláns houbo varios párrocos con Troncoso. É Luis de Lira
e Mendoza casado con Teresa Valenzuela Lira e Soutomaior.
Era abade Mauricio Antonio Valenzuela Soutomaior de Moreira
con 44 anos de permanencia na parroquia.
Mauricio Antonio Valenzuela casara con Jacinta Estévez de
Puga de Mourentán, filla de Juan Antonio Valenzuela Troncoso
de Lira quen sendo solteiro, tivo un fillo de Rosa Domínguez
en Guláns. Casado xa con Juana Gil de Araúxo tiveron a María
Lucía en 1.770; a Teresa del Carmen en 1.773 e Antonio
Mauricio en 1.776.
¿Do Vázquez de Puga?
Porque estes fundaran casa solar ou torre da Moreira en
Albeos nas estribacións de Cequeliños, con vínculo, sucesores
dos condes de Guimaraes (Portugal).
Pedro Vázquez de Puga, maestrante de Ronda, casara con
Guiomar Lorenzo de...
Dos Vázquez de Zúñiga, Francisco Vázquez de Zúñiga, foran
veciños de Nogueira (Ponteareas).
¿Dos Viéitez do pazo de Sela?
emparentaron cos Puga e Pereira. Domingo Viéitez casara con
Juana Gil Vallejo, veciños de Barcela. O seu fillo:
Domingo Viéitez e Gil Vallejo, casara en Sela con María Antonia
de Puga e Noboa Sarmiento de Soutomaior, veciños de Sela.
Posiblemente construíron e habitaron o pazo que aínda hoxe
se conserva en mans da familia.
O fillo, Francisco Viéitez de Puga e Sarmiento, nado en Sela,
casara en Mondariz con Luisa Barros e Estévez, veciños de
Mondariz. Fillos:
- José Viéitez de Puga, abade da Barcala.
- Bernardo.
- Gregorio, casado con María Rosa Lorenzo Fernández, filla
de Luisa Viéitez casada con José Benito Avalle.
- Rosa Viéitez de Puga, nada en Mondariz, casara con Juan
Ventura Alcalde Bugarín e Lira, escriban en Ponteareas.
Fillos:
- Luisa Jacoba Alcalde Viéitez de Puga, nada en Ponteareas e
casada con José de Araúxo Troncoso de Lira.
- José Manuel Alcalde, nado en Ponteareas, arcediano de
Taboexa, vicario e provisor arcipreste de Tui. Escritor
falecido en Tui en 1.8771
- Rita Alcalde casada con José María Noceda. Foron fillos:
Modesto, Mariano, Laureana, Balbina, Antonia, Josefa e
Concepción.
- Bernardo Viéitez de Puga Noboa Sarmiento, nado en 1.741,
veciño de Mondariz en San Sebastián de Caravos en Arbo,
Fidalgo en 1.774, casara con Bernarda Pereira Alonso. Era
fillo de Juan Ignacio Estévez. Fillo:
- José Miguel Viéitez de Puga, casado con Antonia González
Tápia e Durán. Fillos: Manuel, Juan, Vicente, María, José e
Ignacio Viéitez e González Tápia.
¿Dos Yáñez?
Francisco Yáñez, colexial de Fonseca. Domingo Yáñez de Tui,
becado chegou a reitor, como familiar de Antonio Yáñez.
¿Dos Zúñiga?
Fernando de Andrade e a súa dona Francisca de Zúñiga,
aparecen nestas nosas terras, a favor da súa filla Teresa de
Andrade Ulloa.
Teresa ou Elvira de Zúñiga nai de Francisco de Soutomaior que
exercía o señorío de Ribadavia durante a cadea do seu home
pola casa dos Sarmiento, gobernara tiránicamente,
levantándose en contra dela, e a mataron co seu merino.
Zúñiga, houbo en San Lorenzo de Oliveira (Ponteareas).
Gregorio Asero de Zúñiga, Xuíz de Oliveira, escriban en
Salvaterra, casara con María Suárez, irmá do capitán Manuel
de Zúñiga e irmá de Bartolome Barbeito, Inquisidor da
Suprema. Fillos:
- Francisco de Zúñiga e Andrade de San Lorenzo de Oliveira,
capitán e rexedor de Puerto Real.
- Casara con Joséfa Muñoz, filla do capitán Sebastián Muñoz
e de Leonor María Calvo.
- Miguel, nado en Puerto Real.
- Florencia casara con Nicolás de la Rosa.
- Nicolás José de la Rosa fora alférez de Guarda de Carlos III.
E, logo ti, ¿de quen vés sendo? Porque dos señores e casas
solares aquí expostos renacían nos meus ollos algúns esquinais
onde afiaban as fouces algún sectores co vento, e o vento era
una capela, fungando laiñas polos defuntiños. Hoxe todo
tempo pasado e ermo. É foran casa ledas,
fidalgas e tamén bastardas ou bastados, que tamén os houbo..
Bulian a ela polos camiños da ribeira gustantes de conversas, e
os da serra, o carón dos pazos ben labourados, pois e raxeiroso
o abrigo, e ten a auga, cantigas novas baixo as nogueiras con
tan nomeados concheiros. Nestora os camiños desviáronse por
outros rumos das caracalladas pedras co grimo de se escoitar
laios e rueixos.
Aqueles feudais bos langranotes paroleiros gulapeadores de
brancos e por si acaso dos tintos tamén, eran os morgados e os
bichos dos pazos.
Mais ou menos, todos este señores e condes tiñan irmás
monxas e irmás na milicia con moito enredos e enredadelas de
na mourozos.
Cecais o peito daqueles riseiros morgados morneaban a lapa
do romanticismo co tempo esmorouse hasta os penedos,
furandolle, micandolle as valentías e o reuma, tollearonlle as
pernas a moitos deles. Todo se lle foi voltando ruzos os
cabaleiros loiros esmaltando os novos tempos; os verdecentes
adrais collendo para onde voaron os amigos, os señores dos
pazos, medio valeiros como non foran de medos e tristuras.
Os fidalgos, de algo, postos con traxes de colexial, convidando
dende os solariums, os rueiros Mestres da Ribeira do Miño, o
cal correspondía co rumor das augas da corriada e desfolladas
murchas.
Os ventos de largasia, fixeron a invitación de hoxe. Dende
aqueles tempos poucas cousas viven dos fidalgos. Todos foron
indo polos camiños das igrexas, postos no chan dos principios
das congostas, chovendo responsorios. É aínda se di que as
almas destas figuras que fixeron a historia, a nosa historia,
como almas abedoiras camiñan, se achegan nas noites os
pardieros e aínda van deixando pedras a orbelleira dos seus
prantos.
Xiáronlles fai moito nas gorxas a quen me contaron a historia,
entre cuncas de bo viño de treixadura, as silveiras de ledo e
xentil pola flor dos toxos, as adegas do Condado de Salvaterra
do Miño o pe dos augardenteiros que dicían:
¡Que ruíns eran os caciques!
Pero que listos, e preguntaban: E logo ti, ¿ de quen ves sendo?