Post on 22-Jul-2020
Do 13 ao 22 de febreiro
- 1 -
SÚMATE CONTRA O ACOSO ESCOLAR
1. MODIFICACIÓN DAS INSTRUCIÓNS SOBRE O RÉXIME DE VACACIÓNS, PERMISOS E
LICENZAS PARA O PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DA ADMINISTRACIÓN XERAL DA
COMUNIDADE AUTÓNOMA
2. INSTRUCIÓNS XUBILACIÓN PARCIAL DO PERSOAL LABORAL ANTE UNHA SOLICITUDE
DE XUBILACIÓN ANTICIPADA
3. FORMACIÓN EGAP - ACTIVIDADES DE FORMACIÓN CONTINUA PARA O PERSOAL AO
SERVIZO DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA DA C.A. DE GALICIA
4. FORMACIÓN AGASP - ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA PARA O PERSOAL
DE SEGURIDADE PÚBLICA QUE TRABALLA EN GALICIA
5. FORMACIÓN INAP - CONVOCATORIAS DE ACCIÓNS FORMATIVAS PARA EMPREGADOS
PÚBLICOS DO INSTITUTO NACIONAL DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA PARA O 1º SEMESTRE
DE 2017
6. CAMPAÑA DE VIXILANCIA DA SAÚDE PARA O PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN XERAL DA
XUNTA DE GALICIA PARA O ANO 2017
7. DATOS DE FLEXIBILIDADE E TELETRABALLO DO PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN XERAL
DA XUNTA DE GALICIA A 31 DE XANEIRO DE 2017
8. NOVAS DESTACADAS NAS WEB DE CSI-F NACIONAL E CSI-F AUTONÓMICO
9. OFERTAS PÚBLICAS DE EMPREGO NAS ENTIDADES LOCAIS DE GALICIA
10. OUTRAS NOVAS: INSTRUCIÓNS NÓMINAS, ORZAMENTOS, RECUALIFICACIÓN P.D.
11. MANIFESTO DÍA INTERNACIONAL DA IGUALDADE SALARIAL
- 2 -
A
- 3 -
1. MODIFICACIÓN DAS INSTRUCIÓNS SOBRE O RÉXIME DE VACACIÓNS, PERMISOS E
LICENZAS PARA O PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DA ADMINISTRACIÓN XERAL DA
COMUNIDADE AUTÓNOMA
CONSELLERÍA DE FACENDA – DOG, 13 DE FEBREIRO
RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral da Función
Pública, pola que se modifica a Resolución do 24 de febreiro de 2016
pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións,
permisos e licenzas.
En cumprimento da Sentenza 00701/2016, do Tribunal Superior de
Xustiza de Galicia, sobre a cuestión de ilegalidade 297/2016 formulada
polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 da Coruña,
modifícase o punto 5 da sexta instrución da Resolución do 24 de
febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 44,
do 4 de marzo), que queda redactado como segue:
«5. Para o cómputo dos prazos na mesma ou distinta localidade, tomarase como referencia o termo
municipal da residencia habitual da persoa funcionaria ou laboral.
No caso de intervención cirúrxica sen hospitalización que requira repouso domiciliario, será a localidade
en que se realice o repouso domiciliario a que debe tomarse como referencia con respecto ao termo
municipal da residencia da persoa funcionaria.
No caso de hospitalización, entenderase que esta se produce cando comporte a estancia hospitalaria
que inclúe unha noite e unha comida principal no centro hospitalario».
Por outra banda, modifícase o punto 2 da vixésimo primeira instrución na liña oito, onde di: «ata catro
horas ou a metade da duración da xornada de traballo diaria», debe dicir: «polo menos catro horas
da xornada de traballo diaria».
Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
2. INSTRUCIÓNS XUBILACIÓN PARCIAL DO PERSOAL LABORAL ANTE UNHA SOLICITUDE DE
XUBILACIÓN ANTICIPADA
Dende a Administración da Xunta déullenos traslado das instrucións sobre as solicitudes de xubilación
anticipada (64 anos) do persoal que se atope en xubilación parcial.
“Ante o suposto que un/una traballador/a en situación de xubilación parcial presente unha solicitude
de xubilación anticipada (antes de cumprir os 65 anos de idade) e coa finalidade de establecer unha
axeitada coordinación procede ditar as seguintes instrucións:
Primeira.- O acceso a esta xubilación anticipada é un dereito absoluto da persoa traballadora que
non pode ser obstaculizada pola Xunta de Galicia, non obstante, para a súa adecuada tramitación e o
conseguinte mantemento da prestación do servizo, a solicitude deberá presentarse cunha antelación
mínima dun mes á data na que se solicita a súa efectividade.
Segunda.- Situación na que queda o contrato de remuda.
a) Cando o xubilado parcial e remudista desenvolven o mesmo posto de traballo:
- 4 -
O/A traballador remudista, agás no suposto de dimisión, debe continuar prestando servizos na mesma
modalidade contractual (contrato de remuda) ata que ese xubilado/a parcial (agora en xubilación
anticipada) acadase os 65 anos.
Se pode acordar co remudista unha modificación da xornada, de xeito que o remudista realice o 100%
da xornada de traballo, sempre que sexa necesario para adecuada prestación do servizo, coas
seguintes precisións:
A mobilidade contractual empregada seguirá sendo o contra de
remuda.
A data do inicio da nova xornada de traballo será o mesmo día
que a xubilación anticipada daquel.
A dita novación contractual, de ser o caso, tería que acordarse
entre o traballador remudista e a correspondente Consellería,
antes da efectividade da xubilación anticipada do xubilado
parcial.
b) Cando o xubilado parcial e remudista non desenvolven o mesmo posto de traballo:
O/A traballador remudista, agás no suposto de dimisión, debe continuar prestando servizos, ata que
ese xubilado/a parcial (agora en xubilación anticipada) cumprise os 65 anos, sendo inalterable o
contrato de remuda e a súa prestación de servizos.
Terceira.- Finalización do contrato de remuda
O contrato de remuda e a correspondente relación laboral entre a Administración e o remudista,
rematará, en todo caso, o mesmo día no que o xubilado parcial os 65 anos de idade (data que xa
constaba no contrato de remuda).
Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2016
3. FORMACIÓN EGAP - ACTIVIDADES DE FORMACIÓN CONTINUA PARA O PERSOAL AO
SERVIZO DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA DA C.A. DE GALICIA
EGAP – DOG, 17 DE FEBREIRO
RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2017 pola que se convocan as actividades de formación continua para
o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
REQUISITOS DOS PARTICIPANTES
- Os empregados públicos e as empregadas públicas destinados na Administración da Comunidade
Autónoma de Galicia…
- O persoal que presta servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de
Galicia… e institucións públicas autonómicas, poderán acceder a todas as actividades formativas
desta convocatoria en que queden prazas vacantes.
- Cando así o estableza a epígrafe "destinatario" dunha actividade concreta, poderán acceder
empregados públicos pertencentes a outras entidades, organismos e institucións públicas
MATRÍCULA E PRAZO
Matrícula a través da web http://egap.xunta.gal/matricula desde as 8 horas do 18 de febreiro ata as 14
horas do 27 de febreiro.
O persoal das entidades instrumentais de Galicia e das institucións públicas autonómicas deberá enviar a
xestion.egap@xunta.gal, dentro do prazo de matrícula, un certificado que indique a súa situación
administrativa, o tipo de persoal e a antigüidade na Administración.
- 5 -
AREAS DE FORMACIÓN:
I. FORMACIÓN EN MATERIAS TRANSVERSAIS
- Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas
- Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios
- Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades
- Habilidades predirectivas
- Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa
- Lingua galega
- Plan formativo ofimático de Galicia
II. FORMACIÓN ESPECÍFICA
- Presidencia
- Vicepresidencia
- Consellería de Facenda
- Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio
- Consellería de Infraestruturas e Vivenda
- Consellería de Economía, Emprego e Industria
- Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
- Consellería de Política Social
- Consellería do Medio Rural
- Consellería do Mar
- Consellería de Sanidade
4. FORMACIÓN AGASP - ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA PARA O PERSOAL DE
SEGURIDADE PÚBLICA QUE TRABALLA EN GALICIA
AGASP – DOG, 17 DE FEBREIRO
RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2017 pola que se convocan
cursos de formación continua para o persoal da seguridade pública
que traballa en Galicia.
DESTINATARIOS
- Policías locais de Galicia que se atopen en situación de servizo activo...
- Reservarase un máximo do 10 % das prazas ofertadas nesta convocatoria ao persoal das forzas e
corpos de seguridade pública que traballen en Galicia e o soliciten en tempo e forma correctos.
SOLICITUDES
- Deberase cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na web htpp://agasp.xunta.es
- O prazo de presentación de solicitudes será ata as 14.00 horas do día 25 de febreiro de 2017 para
os cursos que comecen no mes de marzo e ata o 15 de marzo para o resto dos cursos.
- No suposto das prazas reservadas para persoal da Policía Nacional, Garda Civil e Policía
Autonómica, os responsables destas deberán indicar a cobertura destas ao Servizo de
Formación en Seguridade Pública, cunha antelación mínima de 10 días naturais antes do
comezo de cada curso.
- Os membros da Policía Autonómica, Garda Civil e Policía Nacional poderán solicitar de xeito
individual a realización dos cursos desta convocatoria en que estean interesados.
ANEXO CURSOS
- 6 -
CÓD. DENOMINACIÓN HR. PRAZ. DATA
COMEZO
DATA
REMATE
171004 Mediación policial 25 25 1.3.2017 3.3.2017
171005 Básico de investigación de accidentes de tráfico. A toma de datos 25 25 6.3.2017 8.3.2017
171006 Básico de manexo do bastón policial extensible 12 20 9.3.2017 23.3.2017
171007 Apertura de portas 8 25 6.3.2017 6.3.2017
171008 Apertura de portas 8 25 7.3.2017 7.3.2017
171009 As leis 39/2015 e 40/2015: aplicación policial 12 25 15.3.2017 22.3.2017
171010 Elaboración de atestados. Nivel I 20 25 20.3.2017 22.3.2017
171011 Videovixilancia, protección de datos: actuación policial 16 25 20.3.2017 21.3.2017
171012 Parada e control de vehículos e os seus ocupantes 20 25 22.3.2017 24.3.2017
171013 Detección de drogas na condución 15 25 23.3.2017 24.3.2017
171014 Comunicación con persoas estranxeiras a través de intérpretes 20 25 27.3.2017 29.3.2017
171015 Prostitución, trata de brancas e pornografía infantil 20 25 29.3.2017 31.3.2017
171016 Sede xudicial 8 20 3.4.2017 3.4.2017
171017 Estranxeiría 20 25 4.4.2017 6.4.2017
171018 Delitos de odio 20 25 5.4.2017 7.4.2017
171019 Condución 4 × 4 16 16 3.4.2017 4.4.2017
171020 Falar en público ante a comunidade escolar * 32 25 10.4.2017 18.4.2017
171021 Relacións cos medios de comunicación * 8 20 18.4.2017 18.4.2017
171022 As leis 39/2015 e 40/2015: aplicación policial 12 25 19.4.2017 26.4.2017
171023 Básico de transportes 20 25 24.4.2017 26.4.2017
171024 Acoso escolar, redes sociais e absentismo escolar 20 25 24.4.2017 26.4.2017
171025 Normativa básica. Nivel I 24 25 13.3.2017 15.3.2017
171030 Traballo en equipo 20 20 2.5.2017 4.5.2017
171031 Servizo de taxi I 8 25 5.5.2017 5.5.2017
171032 Dereito penal 40 25 8.5.2017 5.6.2017
171033 O estatuto da vítima 8 25 8.5.2017 8.5.2017
171035 Violencia de xénero: actuación policial 20 25 9.5.2017 11.5.2017
171036 Prevención de riscos: actividade policial 8 25 15.5.2017 15.5.2017
171037 Prevención de riscos: actividade policial 8 25 16.5.2017 16.5.2017
171038 Policía local e ambiente: urbanismo 20 25 22.5.2017 24.5.2017
171039 Defensa verbal e persuasión 20 25 29.5.2017 31.5.2017
171040 Inglés básico en comunicacións de emerxencia 8 25 1.6.2017 1.6.2017
171041 Delitos contra a seguridade do tráfico 20 25 5.6.2017 7.6.2017
171042 Intervención policial con entrada en domicilios e outros lugares
pechados 20 16 6.6.2017 15.6.2017
171043 Policía local e ambiente: incendios 12 25 8.6.2017 9.6.2017
171044 Mediación policial 25 25 25.4.2017 28.4.2017
171045 Rescate en altura e medio natural 40 8 19.6.2017 23.6.2017
- 7 -
CÓD. DENOMINACIÓN HR. PRAZ. DATA
COMEZO
DATA
REMATE
171054 Policía local e ambiente: ruídos 20 25 14.6.2017 16.6.2017
171055 Intervención de persoas con trastornos psicolóxicos ou baixo
influencia de alcohol ou drogas 20 40 20.4.2017 21.4.2017
171056 Patrón de embarcacións de recreo (PER) * 50 40 3.4.2017 23.5.2017
171059 Condicións técnicas dos vehículos. Nivel I 8 25 27.4.2017 27.4.2017
171068 Actuacións inmediatas, coordinación cos servizos de emerxencias.
Nivel I 8 25 19.6.2017 19.6.2017
171069 O menor como vítima do delito 12 25 9.3.2017 10.3.2017
171070 A detención policial: presupostos procesuais e consecuencias
penais 12 25 22.6.2017 23.6.2017
171071 Delincuencia sexual 25 25 22.5.2017 24.5.2017
171072 Actuación ante delitos leves 12 25 1.6.2017 2.6.2017
171073 Atención a menores 16 25 12.6.2017 13.6.2017
* Criterios de selección específicos.
5. FORMACIÓN INAP - CONVOCATORIAS DE ACCIÓNS FORMATIVAS PARA EMPREGADOS
PÚBLICOS DO INSTITUTO NACIONAL DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA PARA O 1º SEMESTRE DE
2017
MINISTERIO DE HACIENDA Y FUNCIÓN PÚBLICA - BOE, 18 DE FEBRERO
Resolución de 15 de febrero de 2017, del Instituto Nacional de Administración Pública, por la que se
convocan acciones formativas dirigidas a PERSONAL DIRECTIVO Y PREDIRECTIVO para el primer
semestre de 2017.
DESTINATARIOS
Funcionarios pertenecientes a Cuerpos y Escalas del subgrupo A1 y personal laboral fijo asimilado de todas
las Administraciones públicas.
MODALIDAD FORMATIVA Y CALENDARIO
Las actividades formativas se realizarán en la modalidad y en las fechas detalladas en el anexo
- Dirección y Gestión Pública (On line, presencial e semipresencial)
- Actividad y Procedimiento Administrativo (Presencial)
- Elaboración normativa (Presencial)
- Unión Europea y Relaciones Internacionales (Presenciais)
- Habilidades Profesionales y Directivas (Presenciales y semipresenciales)
MINISTERIO DE HACIENDA Y FUNCIÓN PÚBLICA - BOE, 18 DE FEBRERO
Resolución de 15 de febrero de 2017, del Instituto Nacional de Administración Pública, por la que se
convocan acciones formativas de carácter general para el primer semestre de 2017.
DESTINATARIOS
- 8 -
Empleados públicos pertenecientes a cuerpos y escalas de los subgrupos A1, A2, C1, C2 y E, y el personal
laboral equivalente, que presten sus servicios en las Administraciones públicas y necesiten, para el buen
desempeño de su puesto de trabajo y/o perfeccionamiento profesional el desarrollo de las competencias
generales y/o específicas indicadas en cada actividad formativa.
MODALIDAD FORMATIVA Y CALENDARIO
Las actividades formativas se realizarán en la modalidad y en las fechas detalladas en los anexos.
MODALIDADES
- Presencial, on line, on line / autoformación,
ÁREAS
- Área de organización y funcionamiento
- Área de procedimiento administrativo
- Área de recursos humanos
- Área de habilidades profesionales
- Área de gestión económica y contratación
- Área de administración electrónica y herramientas informáticas
- Itinerarios en competencias digitales
MINISTERIO DE HACIENDA Y FUNCIÓN PÚBLICA - BOE, 18 DE FEBRERO
Resolución de 15 de febrero de 2017, del Instituto Nacional de Administración Pública, por la que se
convocan acciones formativas en materia de idiomas para el primer semestre de 2017.
DESTINATARIOS
Empleados públicos pertenecientes a cuerpos y escalas de los subgrupos A1, A2, C1 y C2, y el personal
laboral equivalente, que presten sus servicios en las Administraciones públicas y necesiten para el buen
desempeño de su puesto de trabajo y/o perfeccionamiento profesional el desarrollo de las competencias
generales y/o específicas indicadas en cada actividad formativa.
MODALIDAD FORMATIVA Y CALENDARIO
Las actividades formativas se realizarán en la modalidad y en las fechas detalladas en los anexos.
MINISTERIO DE HACIENDA Y FUNCIÓN PÚBLICA - BOE, 18 DE FEBRERO
Resolución de 15 de febrero de 2017, del Instituto Nacional de Administración Pública, por la que se
convocan acciones formativas en materia de tecnologías de la información y comunicaciones para
el primer semestre de 2017.
DESTINATARIOS
Empleados públicos pertenecientes a cuerpos y escalas de los subgrupos A1, A2, C1 y C2, y personal laboral
equivalente, que presten sus servicios en las Administraciones públicas y que necesiten para el buen
desempeño de su puesto de trabajo y/o perfeccionamiento profesional el conocimiento de la materia
desarrollada en la actividad formativa.
AREAS Y MODALIDAD
- Área de organización y gestión de los sistemas de información (presencial, on line)
- Área de redes, comunicaciones e internet (presencial, on line)
- Área de programación y lenguajes (presencial, on line)
- Área de seguridad de sistemas (presencial, on line)
- Área de herramientas informáticas (presencial, on line)
- Área de ingeniería de los sistemas de información (on line)
- 9 -
SOLICITUDES Y PLAZO
Quien desee participar en las actividades formativas convocadas deberá presentar la correspondiente
solicitud que será accesible tras la selección del curso al que se desea asistir en las siguientes direcciones:
http://buscadorcursos.inap.es/formacion-directiva
http://buscadorcursos.inap.es/formacion-general
http://www.inap.es/formacion-en-idiomas
http://buscadorcursos.inap.es/formacion-tic
El plazo de presentación de solicitudes será de quince días naturales contado desde el día siguiente al de
la publicación de esta resolución en el BOE.
6. DATOS DE FLEXIBILIDADE E TELETRABALLO DO PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN XERAL DA
XUNTA DE GALICIA A 31 DE XANEIRO DE 2017
XANEIRO 2017
TOTAL SOLICITUDES SERVIZOS
CENTRAIS
SERVIZOS
PERIFÉRICOS
APROBADAS PRORROGADAS DENEGADAS A/P D A/P D
FLEXIBILIDADE
AUTOMÁTICA 8.263 - 32 3.037 2 5.226 30
FLEXIBILIDADE X
CONCILIACIÓN 1.156 - 15 446 2 710 13
TELETRABALLO 109 89 61 149 27 49 34
TOTAIS 9.617 108 3.632 31 5.985 77
7. CAMPAÑA DE VIXILANCIA DA SAÚDE PARA O PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN XERAL DA
XUNTA DE GALICIA PARA O ANO 2017
VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS
PÚBLICAS E XUSTIZA - DOG, 13 DE FEBREIRO
Comeza a campaña de vixilancia da saúde para o ano 2017 para o persoal da
Administración xeral da Xunta de Galicia. É aplicable a todos os traballadores
da Xunta de Galicia, agás ao persoal que presta servizos nos centros docentes da
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ao persoal e centros
dependentes do Servizo Galego de Saúde e ao persoal de entes públicos e
fundacións.
- 10 -
O prazo de inscrición voluntario rematará o 15 de marzo e a solicitude farase de xeito telemático, na web
do Servizo de Prevención de Riscos Laborais: http://srm.webriscos.xunta.es/
O persoal de nova incorporación, o persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por
motivos de saúde e o persoal que durante o prazo de solicitude estea gozando das vacacións deberán
presentar a debida xustificación ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais.
Máis información: http://www.xunta.gal/prevencion-de-riscos-laborais
8. NOVAS DESTACADAS NAS WEB DE CSI-F NACIONAL E CSI-F AUTONÓMICO
1
El Bloque Sindical de Clase vota a favor de la implantación del PSX
en la Xunta
Posicionamiento de CSIF en la Comisión de Personal do 21 de
febreiro. CSIF fue el primer sindicato que apostó en el 2010 por la
equiparación laboral y salarial de todo el personal laboral del sector
público autonómico con el personal de la Xunta, dando su apoyo a la
Lofaxga y ratificando esta apuesta en el […]
CSIF vota en contra de la creación de las categorías de PSX y Xerocultor
2 CSIF INFORMA: En Comisión de Personal CIG, CCOO y UGT votan a favor
de la creación de las categorías para la integración del Consorcio de I+B.
CSIF vota en contra. A continuación, se celebrará la reunión
INTERCENTROS-ADMINISTRACIÓN en la que van a pactar con el PP la
modificación del V Convenio para crear las categorías […]
3
CIG, CCOO y UGT impiden que se vote en Ourense la creación de
categorías de PSX y Xerocultor
CIG, CCOO y UGT han impedido hoy que se vote en el Comité de
Empresa de la Consellería de Política Social de Ourense la
modificación del Convenio para crear las categorías de PSX y
Xerocultor.
El Comité de Empresa de Política Social en Pontevedra vota no a la
creación de las categorías de PSX y Xerocultor
4 CSIF, UGT y CIG han votado en contra de la creación de las categorías
de PSX y xerocultor.
El Comité de Empresa de Política Social en Pontevedra VOTA NO a la
creación de categorías.
5
CSIF solicita plenos extraordinarios dos comités polo acordo de
integración do Consorcio e a creación de categorías
A votación no Comité Intercentros para a creación das categorías
de PSX e Xerocultor pode ser o martes. Os delegados da CSIF veñen
de solicitar a convocatoria de plenos extraordinarios nós comités
polo acordo de integración do Consorcio de I+B e a creación de
categorías (PSX – Xerocultor)
- 11 -
Última proposta de Función Pública de creación de categorías de
Xerocultor e de PSX
6 Última proposta de Función Pública aos sindicatos de creación de
categorías de Xerocultor e de PSX e que mantiña oculta até a denuncia
de CSIF: ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS ORGANIZACIÓNS
SINDICAIS PARA A INTEGRACIÓN DO PERSOAL DO CONSORCIO
GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR NO CONVENIO
COLECTIVO ÚNICO DO PERSOAL […]
7
Convocatoria promoción interna Corpo Superior, subgrupo A1,
escasa superior de Finanzas
Proxecto de orde pola que se convoca proceso selectivo para o
ingreso pola quenda de promoción interna no Corpo Superior de
Administración Xeral da comunidade autónoma de Galicia, Subgrupo
A1, Escala Superior de Finanzas:
Confírmase o oscurantismo das negociacións para a creación das
categorías de Xerocultor e PSX
8 Tras a indignación causada pola denuncia, Función Pública viuse obrigada
a remitir a CSIF a nova proposta que está a pactar co Bloque Sindical de
Clase ás costas dos traballadores
9
Maquinan e conspiran Función Pública con CIG, CCOO e UGT ás
costas dos traballadores do Consorcio e dos da Xunta?
Segundo informacións recibidas, no día de onte Función Pública, de
forma escurantista, remitiu aos sindicatos que constitúen o Bloque
Sindical de Clase (CIG, CCOO e UGT) unha nova proposta de
Inclusión das Categorías de Xerocultor e PSX no V Convenio, coa
condición de que dita nova proposta non se fixera pública aos
traballadores do Consorcio […]
Resolución pola que se modifican as instrucións sobre vacacións,
permisos e licenzas na Xunta
10 RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral da Función
Pública, pola que se modifica a Resolución do 24 de febreiro de 2016
pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e
licenzas (DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 2017)
Montoro ofrece a los sindicatos una negociación a tres años para
mejorar las condiciones laborales en las administraciones públicas
CSIF valora el gesto, pero reclama una oferta de empleo público
urgente y la recuperación progresiva de los salarios previos al
recorte de 2010
El ministro de Hacienda y Administraciones Públicas, Cristóbal
Montoro, ofreció hoy a los sindicatos de la función pública reactivar
el diálogo social (paralizado de facto desde el comienzo de la crisis
económica), con una negociación a tres años de las reivindicaciones
en materia de personal y condiciones laborales.
- 12 -
La Seguridad Social cierra otra oficina de atención al público por falta de
personal
CSIF reclama al Gobierno y grupos políticos que acuerden ya la oferta de
empleo público para este año y dejen de ‘regatear’ con los presupuestos.
La falta de personal en nuestras administraciones públicas es ya
alarmante y afecta directamente ámbitos como las oficinas de atención
al público, donde se gestionan las prestaciones de la Seguridad Social,
que se están viendo obligadas a cerrar, con un efecto goteo.
Manifiesto Día Internacional de la Igualdad Salarial
Con motivo del Día de la igualdad salarial, la Central Sindical
Independiente y de Funcionarios (CSIF) levanta su voz para reclamar
un mayor compromiso por parte de las Administraciones y
empresas, mediante el impulso de medidas que eliminen la
denominada brecha salarial o, según la Organización Internacional
del Trabajo, disparidad de remuneración por razón de género. Esto
es, la discriminación salarial de la mujer.
La investigación española perderá un año si el Gobierno retrasa la
convocatoria pública de proyectos, por la prórroga presupuestaria
CSIF reclama la convocatoria urgente de proyectos del Plan Estatal de
Investigación
El retraso podría afectar muy negativamente a universidades y centros
públicos de investigación
También es necesario renovar las convocatorias y financiación de los
Campus de Excelencia Internacional
CSIF exige al Gobierno que convoque ya la oferta de empleo público
de este año en Educación por la incertidumbre de interinos y
opositores
CSIF considera inaceptable la incertidumbre a que se está
sometiendo a miles de personas que está preparando oposiciones
CSIF denuncia la agresión a una celadora en el Hospital Reina Sofía
- La profesional fue cogida del cuello y recibió patadas.
- El sindicato muestra su preocupación por el aumento de los ataques al
personal del centro sanitario
Centenares de personas reclaman las 35 horas semanales ante el
Ministerio de Hacienda
CSIF ha participado en una concentración frente al Ministerio de
Hacienda para reclamar el derecho de las organizaciones sindicales
a negociar con las Administraciones la jornada laboral de 35 horas
semanales.
- 13 -
9. OFERTAS PÚBLICAS DE EMPREGO NAS ENTIDADES LOCAIS DE GALICIA
Concello Boletín Data Denominación dos
postos Nº
Sistema de
selección Prazo
A Coruña BOE 20-F Policía local 1 Oposición 20 días
naturales
Ames BOPAC 20-F Tco. Mocidade e inform.
xuvenil – A2 Bolsa
Concurso-
oposición 10 días hábiles
Baltar BOPOU 17-F Traballador/a social 1 Concurso 5 días naturais
Bande BOPOU 22-F
Xefe brigada incendios
Peón condutor
Peóns de brigada
Condutores motobomba
2
2
6
2
Concurso 10 días naturais
Boborás BOPOU 20-F Axente TiC 1 Ver bases 5 días naturais
Cervo BOPLU 20-F Peóns medio ambiente 5 Ver bases 10 días naturais
O Barco BOPOU 15-F Tco. Admón. Xeral – A1 1 Oposición 20 días naturais
publi. BOE
Riós BOE 17-F Agente desarrollo local – A2
Informador juvenil – C2
1
1
Concurso-
oposición 20 días naturais
Riós BOE 20-F Administrativo 1 Concurso-
oposición
20 días
naturales
Viveiro BOPLU 14-F Operario de protección civil 1 Concurso 10 días naturais
Xinzo de Limia BOPOU 16-F Policía local 1 Oposición 20 días naturais
public. BOE
Deputación de
Lugo DOG 20-F
Tco. Xestión – A2
Administrativo – C1
Auxiliar Administrativo – C2
5
5
4
Concurso-
oposición
Promoción
interna
20 días naturais
public. BOE
Deputación de
Lugo BOPLU 21-F Tco. Xestión – A2 2
Concurso-
oposición
10. OUTRAS NOVAS: INSTRUCIÓNS NÓMINAS, ORZAMENTOS, RECUALIFICACIÓN P.D.
INSTRUCIÓNS
NÓMINAS DO PERSOAL
AO SERVIZO DA
ADMINISTRACIÓN
AUTONÓMICA PARA O
ANO 2017
Orde do 10 de febreiro de 2017 pola que se ditan instrucións sobre a
confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica
para o ano 2017.
Lei 1/2017, do 8 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade
Autónoma
- 14 -
PRESUPUESTOS
ESTADO 2017
MINISTERIO DE HACIENDA Y FUNCIÓN PÚBLICA - BOE, 14 DE FEBRERO
Orden HFP/114/2017, de 13 de febrero, por la que se dictan las normas
para la elaboración de los Presupuestos Generales del Estado para 2017.
MINISTERIO DE EMPLEO Y SEGURIDAD SOCIAL - BOE, 16 DE FEBRERO
Resolución de 1 de febrero de 2017, del Servicio Público de Empleo Estatal,
por la que se prorroga la vigencia de la Resolución de 1 de agosto de 2013,
modificada por la de 30 de julio de 2014, por la que se determina la forma
y plazos de presentación de solicitudes y de tramitación de las ayudas
económicas de acompañamiento incluidas en el programa de recualificación
profesional de las personas que agoten su protección por desempleo
prorrogado por el Real Decreto-ley 1/2013, de 25 de enero.
JEFATURA DEL ESTADO - BOE, 18 DE FEBRERO
Real Decreto-ley 3/2017, de 17 de febrero, por el que se modifica la Ley
Orgánica 3/2013, de 20 de junio, de protección de la salud del deportista y
lucha contra el dopaje en la actividad deportiva, y se adapta a las
modificaciones introducidas por el Código Mundial Antidopaje de 2015.
11. MANIFESTO DÍA INTERNACIONAL DA IGUALDADE SALARIAL
Con motivo do Día da igualdade salarial, a Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) levanta
a súa voz para reclamar un maior compromiso por parte das Administracións e empresas, mediante o
impulso de medidas que eliminen a denominada brecha salarial ou, segundo a Organización Internacional
do Traballo, disparidade de remuneración por razón de xénero. Isto é, a discriminación salarial da
muller.
Segundo o informe mundial sobre salarios 2016/2017, a desigualdade entre os salarios por hora entre
homes e mulleres rolda o 20% e ata un 50 por cento no caso dos directivos e executivos. No noso país, por
desgraza, a situación non é mellor, xa que para España a brecha media (a partir dos datos do INE 2014,
últimos dispoñibles) é case do 24%.
Isto significa que, por cada 100 euros que gaña un home, unha muller apenas chega aos 76 euros ou, o
que é o mesmo, para gañar os mesmos 100 euros, unha muller tería que traballar case 10 horas diarias
fronte ás 8 horas dun home. Isto significa que, a partir do mes de novembro de cada ano, as mulleres, en
comparación cos homes, estarían traballando gratis.
Desde o noso punto de vista, a situación descrita é claramente inxusta, e máis tendo en conta que son as
mulleres as que, por mor da crise e dos recortes padecidos nos servizos públicos, asumiron os maiores
aumentos do desemprego e tamén os labores de coidado de maiores e menores que, recordemos, non están
incluídas en ningunha estatística.
A brecha salarial de hoxe supón a brecha das pensións de mañá e como expresamente indica a
recomendación 17 do Informe de Avaliación e reforma do Pacto de Toledo, a igualdade debe de iniciarse
coa equiparación real de salarios entre homes e mulleres, “igualdade na remuneración entre a man de obra
masculina e a man de obra feminina por un traballo de igual valor” coa eliminación de calquera
discriminación salarial que se produza exclusivamente por condición de xénero.
- 15 -
Por postos de traballo, a situación é aínda máis desigual xa que, para os mesmos postos de traballo e pese
a contar con convenios igualitarios (por lei), as diferenzas salariais chegan a alcanzar o 30% sendo as máis
altas nos postos de responsabilidade ou de libre designación aos que, por certo, a muller accede en contadas
ocasións.
Por todo iso, desde CSIF reclamamos:
Que se obrigue, mediante o desenvolvemento regulamentario da Lei 3/2007 para a igualdade de
efectiva de mulleres e homes, a que as empresas e a Administración cumpran os seus propios plans
de igualdade.
Nas negociacións dos convenios colectivos, incorporar a perspectiva de xénero como elemento
transversal na empresa; especialmente no capítulo de negociación de retribucións para
complementos, para que queden poucos fóra de convenio (que é cando se acentúa a brecha salarial).
Maior acceso á información sobre as retribucións, desglosadas por concepto salarial e posto de
traballo, da representación dos/as traballadores/as mediante a creación dunha base de datos,
actualizada polo menos cada seis meses.
Auditoría anual de retribucións en materia de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres;
os resultados das auditorías anuais serán de acceso ás inspeccións de traballo, os representantes
legais dos traballadores e os distintos organismos da Administración que traballan en perspectiva de
xénero.
Mellorar a representación da muller nos postos de responsabilidade. Este é un aspecto crave que ten
relación directa coa brecha salarial en retribucións fóra de convenio. Que a muller teña menor
presenza nas categorías profesionais con acceso a postos de responsabilidade fai que a diferenza
retributiva mantéñase alta mentres non se solucione devandito problema.
Establecer plans de desenvolvemento profesional nas empresas, porque supoñen un incremento na
transparencia salarial e xa que logo poñen en evidencia a brecha nesta materia.
Fomentar a corresponsabilidade para que a conciliación sexa compartida e non penalice ás mulleres.
Maior sensibilización e formación en xénero sobre todo en persoal que desempeña postos de
responsabilidade no sector privado e público.
- 16 -
- 17 -