Post on 22-Jan-2018
Define o seguinte vocabulario
Leito: As auga dun río discorren polo leito, que é a liña que se debuxa nos mapas.
Cabeceira: É o lugar onde se forma un río
Desembocadura: É o lugar ata o que chegan as augas dun río.
Afluente: É un río que desemboca noutro río.
Conca hidrográfica: O territorio que ocupan o río principal e os seus afluentes.
Curso: É o percorrido que o río realiza dende o seu nacemento ata a súa
desembocadura.
Caudal: É a cantidade de auga que leva unrío.
Meandro: Curvas no trazado dun río.
Uadi: Unha especie de río que só leva augacando chove.
Delta: Son terreos de forma triangular debido a acumulación dos
materiais que transportaba o río.
Chaira aluvial: Ás veces, os materiais que arrastra o río enchen superficies extensas e fórmanse chairas aluviais, que son terreos
moi fértiles.
Ondas: Son ondulacións da superficie do mar producidas polo vento.
Mareas: Son subidas e baixadas diarias do nivel do mar, provocadas pola atracción da Lúa e do Sol sobre as augas. (Marea alta ou
preamar, marea baixa ou baixamar).
Correntes mariñas: Son desprazamentosde grandes masas de auga, semellantes a
ríos, que circulan polos océanos. (Correntes cálidas e correntes frías).
Acuíferos: Orixínase cando unha parte da augada chuvia e dos ríos penetra na terra a través de rochas porosas e encontra unha capa formada
por rochas impermeables, entón a augaembólsase e forma acuíferos.