Coplas rianxeiras de amor

Post on 28-Mar-2016

240 views 4 download

description

Recopilación de coplas de Rianxo relacionadas co amor. CEIP ADR Castelao Rianxo. Equipo de biblioteca e EDLG. PDI Do re mi le un libro e sé feliz

Transcript of Coplas rianxeiras de amor

COPLAS RIANXEIRAS DE AMOR

Enamoreime en ti meniña

porque che oín cantar ben,

agora morro de fame

o cantar non me mantén.

A Rianxo Rianxo

que hai boas mozas,

moreniñas e guapas

e moi graciosas.

Eime casar en Leiro,

en Leiro cunha leiriña,

Nosa Señora de Leiro

a de ser miña madriña.

Non me caso cun ferreiro

que é moi malo de lavar,

cásome cun mariñeiro

que vén lavado do mar.

Na festa de Guadalupe

non me quixeste bailar

tes moito arruallo nena

pero non te as de casar.

Coas puntas do pano fóra

moza que estás na ventana

coas puntas do pano fóra

quixera-che ver a cara

que o pano non me namora.

Se te casas en Rianxo

con filla de mariñeiro,

terás marisco da ría

e sempre terás diñeiro.

Se vas a Tanxil bañarte

non te poñas na sartén,

dalí saes namorado

e ti non sabes de quen.

Unha moza en Rianxo

rouboume o corazón, polo

mundo adiante ando

coma barco sen patrón.

Vou camiño de Padrón

e parolando cunha nena,

que me leva o corazón

o mirarme nos ollos dela.

Era papel e mollouse

o amor da costureira

era papel e mollouse

agora custureiriña

o teu amor acabouse.

Apañei berberechos

na veiriña do mar

aseinos na lareira

e comeunos o can

e comeunos o can

e comeunos o can

apañei berberechos

na veiriña do mar.

CEIP A.D.R. Castelao Equipo de Biblioteca e EDLG