Con motivo da conmemoración do Día da Muller, as ......Con motivo da conmemoración do Día da...

Post on 21-Jan-2021

5 views 0 download

Transcript of Con motivo da conmemoración do Día da Muller, as ......Con motivo da conmemoración do Día da...

Con motivo da conmemoración do Día da Muller, as

alumnas e as profesoras do IES Enrique Muruais

decidimos facer unha sesión de fotos simulando o

famoso cartaz das traballadoras americanas da fábrica

de camisas do slogan "We Can Do It".

A parte de posar en grupos, colocouse un photocall

para que quen o desexara puidera facer tamén unha

foto individual. Esta é unha mostra.

A MULLER MÁIS IMPORTANTE

DA MIÑA VIDA

Desde Orientación organizouse a actividade “A

muller máis importante da miña vida” na que cada

alumno/a debía, nun folio tamaño A4, poñer unha

foto da muller máis importante da súa vida

explicando a razón desa consideración. Con eses

traballos realizouse unha exposición.

Para ver as restantes imaxes do photocall e das

actividades realizadas con gallo da

conmemoración , podedes acceder á galería.