Comarca: A Terra Cha

Post on 18-Jul-2015

176 views 0 download

Transcript of Comarca: A Terra Cha

A TERRA CHA A NATUREZA

A TERRA CHA é unha comarca situada no centro-norte da provincia de Lugo, ocupando parte da penichaira do mesmo nome.

SUPERFICIE: 1.823 km2

HABITANTES: 46.000 aprox.

CONCELLOS: Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba e Xermade.

ESPAZOS PROTEXIDOS: Reserva da Biosfera “Terras do Miño”, LICs “Parga-Ladra-Támoga” e “Serra do Xistral”.

Ten unha paisaxe dominada polas chairas lixeiramente alombadas rodeadas polo norte polas serras do Xistral, A Toxiza, a Carba, a serra de Lourenzá e a de Carracedo, e polo oeste polas serras da Dorsal (Serra da Loba, Cordal de Montouto e os montes da Cova da Serpe), polo leste non presenta elevacións apreciables e polo sur só destaca a Cordal de Ousá. Toda a comarca presenta unha lixeira inclinación cara ao SE pola que esbaran os afluentes do Miño.

... O seu espazo real non coincide co oficial. Imos, pois, determinar o seu espazo real, o que a xente denomina e coñece como Terra Chá. A TERRA CHA linda ao norte coas Serras da Corda e da Carba. Ao sur, cos Montes de Outeiro Maior e a Serra do Fitoiro, que hai quen lle chama do Mirador, e incluso de San Fitoiro. Ao leste, ou nacente, coa Serra de Meira; e ao oeste, ou poñente, coa serra da Loba, Cordal do Montouto e Cova da Serpe. Pertence a tres partidos xudiciais e a dous bispados. As demarcacións municipais non cadran coa da bisbarra. Na actual división comarcal de Galicia incluíron na Terra Chá concellos enteiros, ou parte deles, que xeograficamente non son nin endexamais se consideraron chairegos. E excluíron outros esencialmente chairegos como Rábade e Outeiro de Rei. A Terra Chá ten 1933 quilómetros cadrados e 208 parroquias.Manuel María, en “A TERRA CHÁ: POESÍA E PAISAXE”, discurso de toma de posesión como membro da REAL ACADEMIA GALEGA.

CLIMADe características continentais, por atoparse illada da influencia do mar pola Dorsal e as Serras do Norte.

A abundancia de precipitación e o releve chan favorecen as enchentes.

É unha comarca de gran valor ecolóxico que acolle ecosistemas únicos (ríos, humidais e serras) nos que se atopan importantes valores paisaxísticos, xeolóxicos e biolóxicos.

As principais actividades son a agrogandería e as industrias relacionadas con ela, o sector forestal e os servizos.

Conserva un rico e variado patrimonio etnográfico e histórico artístico.

Cruceiro de Lanzán (Vilalba) Cruceiro en Saavedra.

Casa e fonte en Saavedra (Begonte)

Igrexa de San Xiao de Mos (Castro de Rei)

Igrexa de San Alberte de Parga (Guitiriz)

Chimenea en Xermar (Cospeito)

Igrexa de Vilalba

Igrexa de Goiriz (Vilalba)

Igrexa de Lindín (Carballido, Vilalba)

Cimeterio de Goiriz (Vilalba)

Cimeterio de Santa María de Abadín

Cimeterio de Roás (Cospeito)

ABADÍN Está situado ao norte da comarca, ocupa unha superficie de 85.68 km2 e ten unha poboación de 2.721 (datos 2013) habitantes repartidos en 19 parroquias.O relevo de Abadín presenta dúas zonas ben diferenciadas a metade norte está ocupada polas serras do Xistral (no Lombo Pequeno acada os 1.015 m de altura), a Toxiza, a serra de Lourenzá e a cordal de Neda; e na metade sur a chaira.En terras de Abadín nacen os ríos que forman e enchen o Masma (o río da Fraga Vella, o Pedrido e o Valiñadares), dá os seus primeiros pasos o Eume, e corren cara ao Miño o Anllo, chamado tamén río de Abadín, e o Arnela afluente do Batán.

Vista de Abadín desde a Cordal de Neda. No

centro a vila e ao fondo o Xistral e A Toxiza.

Vivendas tradicionais no rural de Abadín.

Igrexa de Santa María de Abadín, do século XII. Á beira do Camiño Norte de Santiago.

Gando na Cordal de Neda.

BEGONTEEstá situado ao sur da comarca, ocupa unha superficie de case 127 km2 e ten unha poboación de 3.322 habitantes (datos 2013) distribuídos en 19 parroquias.A superficie é achairada con pequenas elevacións polo oeste e polo sur onde se atopa a cordal de Ousá que no linde do concello acada a súa máxima altitude (734 m). Está atravesado polo río Ladra ao que se lle xunta, en Pacios, o Parga, e máis adiante, o Porto Lousado e o Xabarixo.

Clube fluvial de Begonte e área

recreativa no río Ladra.

Os Miragres de Saavedra.

Igrexa románica de Santiago de Baamonde.

Castiñeiro da Capela Baamonde (Begonte-

Lugo). No seu interior ten unha talla da Virxe do

Rosario. O especial cariño que lle tiña a

xente do lugar e o traballo que fixo nel o escultor Victor Corral,

impediron que fose cortado cando se

ampliau a estrada.

CASTRO DE REIOcupa o surleste da comarca, ten unha superficie de 177 km2 e unha poboación de case 5.267 habitantes (datos 20013) nas súas 25 parroquias.O territorio é chan pero xa presenta, sobre todo cara ao leste, elevacións que nos lindes co concello de Pol superan nalgúns puntos os 600 m (o monte dos Millares, ao sur, acada os 613 m, e en Prevesos, no norte, os 619). O río máis importante é o Miño, que beirea o concello polo oeste, e cara o que van o Azúmara, o Lea e os seus afluentes, que nacen nas primeiras elevacións das Serras Orientais e atravesan o concello.

Vista de Castro de Rei desde o clube fluvial no río Azúmara.

Castro de Viladonga. Un dos máis importantes da provincia de Lugo. Hai unha área escavada e ao pé un museo e centro de intrepretación.A tradición popular conserva varias lendas: o outeiro do castro está oco e dentro hai unha galiña cos pitos de ouro, outra dí que dentro hai unha mina de ouro.

COSPEITOSituado ao sur da comarca; ten unha superficie de 144.7 km2 e arredor de 5.231 habitantes (datos 2013) repartidos entre as súas 20 parroquias. O territorio é case totalmente chan, con pequenas depresións, que no inverno se converten en lameiros e lagoas. O Miño percorre o concello polo leste e polo sur, e atravésanno, de norte a sur, o Anllo e o Labrada.

Vista de Feira do Monte, capital do concello de Cospeito, desde a lagoa.

Torre de Caldaloba ou Vilarxoán, que pertenceu ao mariscal Pardo de Cela. Foi destruída na revolta irmandiña e restaurada no século XVII.

Igrexa da Virxe do Monte de Cospeito.

GUITIRIZTen unha superficie de 239.5 km2 e unha poboación de 5.658 habitantes (datos 2013) repartidos en 18 parroquias. Ocupa o suroeste da comarca presenta un predominio dos terreos chans que se elevan cara ao oeste nas serras da Loba, a Cordal de Montouto e a Cova da Serpe, da Dorsal Galega e polo leste, entre as parroquias de Parga e Pígara, os montes de Suexo que acadan no Mirador os 690 m.

Canteira de granito en Parga. Unha rocha de gran fino de gran calidade.

Balneario de Lagostelle. Está rodeado dun magnífico parque no que hai gran

variedade de árbores. Na área de Guitiriz hai unha gran tradición termal.

Pena Xiboi. Está declarada Ben de Interese Cultural pola Dirección Xeral de Patrimonio Histórico e Documental da Xunta da Galiza. Ao seu pé atopáronse restos duns nove mil anos de antigüidade, pertencentes á cultura neolítica nómada.

Area recreativa de Sete Muíños en Guitiriz.

MURASOcupa o noroeste da comarca; ten unha superficie de case 164 km2 e unha poboación 754 habitantes (datos 2013), repartidas en 8 parroquias.É é o concello co relevo máis accidentado da comarca, todo o seu territorio está ocupado por montes (ao norte os montes de Bustelo, Montouto e o Guriscado, ao oeste a serra do Xistral, ao sur a serra da Carba) entre os que se encaixan os cursos altos dos ríos que nacen ao recoller as augas das súas ladeiras (o Sor e o Landro que van ao Cantábrico e o Eume que leva as augas ao Atlántico).

Vista de Muras coa Carba e o Peñote ao fondo.

Practicamente todos os montes do concello de

Muras están cubertos de xeradores eólicos.

O Eume ao seu paso por Muras.

Montes do Bustelo.

A PASTORIZAEstá situada ao noreste da comarca, na zona de transición enre a Terra Cha e as serras do norte e orientais. Ocupa unha superficie de175 km2, repartida en 19 parroquias, nas que habitan 3.566 persoas.Ocupa o espazo entre a serra de Carracedo, ao norte, a Cordal de Neda, ao oeste, e as estribacións da serra de Meira e o Pousadoiro, polo leste. Un curto tramo do val do Miño e os vales dos ríos interiores, afluentes do Miño, que baixan en dirección ao sur (Madalena-Miñotelo, Rigueira-da Lagoa e río Pequeno).

Paisaxe agraria da Pastoriza. Os principais

cultivos son os forraxes para

alimentar á importante

cabana gandeira coa que conta o

concello.

Louseira no Campo do Oso. A extración e manufactura de lousa é outra das actividades

importantes da Pastoriza.

Fonmiñá, surxencias de

augas que alimentan o

Miño.

VILALBAOcupa o centro xeográfico da comarca. Ten unha superficie de case 379 km2 e unha poboación de 14.980 habitantes (datos 2013) distribuída en 30 parroquias. O relevo de Vilalba é chan na meirande parte da súa superficie agás no norte donde chega ás serras do Xistral, que no cume do Monseiván acada os 930 m, e a Carba; e no SO onde no límite con Guitiriz, nos montes de Soexo, acada os 630 m na Pena do Mirador. Polo territorio corren os ríos que, desde a Carba (Batán-Santaballa e Madalena) e a Dorsal ( Trimaz, Ladra e Labrada), van ao Miño.

O núcleo principal é Vilalba, capital do

concello e centro da comarca, que acolle un

terzo da poboación total, os principais

centros industriais e os servizos.

Queixo de San Simón. Afúmase con madeira de bidueiro e madúrase como mínimo durante dous meses.

Vista de San Simón da Costa cos seus elementos máis representativos, as vacas que producen o leite co que se fai o queixo de San Simón, e a igrexa, coñecida como a “Basílica da Terra Cha”.

Torre dos Andrade en Vilalba, actualmente Parador de Turismo.

XERMADEEstá situado ao oeste da comarca. Ocupa unha superficie de 166.5 km2 e ten, distribuídos en 10 parroquias, 2.101 habitantes (datos 2013).O relevo do concello é accidentado, polo norte achégase aos cumes da serra da Carba (O Peñote 871 m), dos que baixan os regatos que conforman o río Trimaz, e polo oeste ao val do río Eume, que é límite do concello nun pequeno tramo do seu curso, e aos cumes da serra da Loba (Serrón do Lobo, 702 m, e Candieiro, 706 m) nos que nace o río Labrada. Desde esas alturas descende suavemente en dirección SE ata o nivel da penichaira.

A explotación da gandería de carne en

réxime extensivo é unha das principais

actividades do concello de Xermade.

Parque eólico experimental de Sotavento. Unha estación produtora de enerxía con finalidade didáctica e experimental. Acolle un museo das enerxías renovables e aulas obradoiro.

Característicos remates dos cimeterios da Terra Cha onde se pode apreciar o bo facer dos canteiros da comarca.

O RELEVOO núcleo principal do relevo é a penichaira, a maior superficie aplanada de Galiza. É un val tectónico de case 2.000 km2, situado entre os 400 e os 500 m de altitude, aínda que os lindes da comarca abranguen as abas correspondentes das serras e montes que a rodean e a limitan, agás no leste e no sur. No oeste a Dorsal Galega, no norte as Serra da Carba, O Xistral, A Toxiza, Lourenzá e Carracedo, e no sur a Cordal de Ousá. No interior da chaira atópanse algunhas ringleiras de montes de pouca altura e outeiros illados.

Vista do SO da Terra Cha (Guitiriz e Begonte) desde o cume da Cova da Serpe. Á esquerda da imaxe o cume máis alto do interior da chaira, o pico Mirador, límite entre Guitiriz e Vilalba.

O substrato está formado por xistos moi vellos, erosionados a comezos do Período Terciario e cubertos parcialmente por arxilas e areas terciarias e por aluvións cuaternarios de coios que formaron terrazas fluviais. Os sedimentos acadan unha profundidade de ata 30-40 m.As rochas máis abundantes son as lousas e xistos con algunhas zonas graníticas e pequenas áreas de cuarcita.

Coto Pina, en Abadín, representante das formas de relevo do norte da comarca. Desde o cume abránguese unha ampla panorámica da Terra Cha.

SERRA DA COVA DA SERPEEsténdese con dirección N-S facendo límite entre as provincias de Lugo (Guitiriz e Friol) e A Coruña (Curtis e Sobrado). Está formada por granitos de dúas micas, gneis “ollo de sapo”, xistos, cuarcitas e granitos intrusivos. Ten un aspecto masivo e suave cunha maior inclinación cara ao leste. O monte máis alto é o Pico da Cova, con 841 m. Na vertente leste nacen afluentes do Parga.Accedese pola estrada de Guitiriz a Sobrado, por unha pista desde Negradas.

Pena Cova da Serpe, na Pena Furada. Segundo a lenda nesta cova vivía unha gran serpe que comía ao gando e ás persoas. Outra versión di que a serpe baixaba polas noites á aldea e mamaba leite das vacas.

CORDAL DE MONTOUTOSerra de relevos aplanados con orientación norte-sur, que fai de divisoria entre Lugo (Gutiriz) e A Coruña (Aranga). Na vertente leste nacen afluentes do Parga.

SERRA DA LOBAEsténdese con dirección N-S, facendo de fronteira entre as provincias de Lugo e A Coruña, desde a Depresión das Pontes ata as cabeceiras dos ríos Cambás (oeste) e Labrada (leste) que a separan da Cordal de Montouto. É unha serra de relevo suave modelado sobre granito de dúas micas, gneis “ollo de sapo”, xistos migmatíticos e granito intrusivo. Accedese desde Momán (Xermade).

MONTES DA GAÑIDOIRA Situado no concello de Muras (montes de Montouto e Bustelo) unidos polo leste co monte Guriscado. Teñen unha altura media de 700 m.

Montes da Gañidoira: Montouto á dereita e Bustelo á esquerda.

MONTE GURISCADOSituado ao leste da Gañidoira, limitado polo oeste polo río Landro. Ten 932 m de altura. Desde o cume hai unhas boas vistas da serra do Xistral e do val do Landro. Accedese desde o Alto da Gañidoira, na estrada de Vilalba a Viveiro collendo, á dereita, o cruce de Viveiró.

SERRA DA CARBA Límite natural norte da Terra Cha, á marxe esquerda do curso alto do río Eume en terreos de Muras, Xermade e Vilalba. Na súa cara sur nacen varios regatos que van aos afluentes do Miño. Está formada esencialmente por cuarcitas do Cámbrico cunha zona de conglomerados de cantos de cuarcita e de turmalina, e uns afloramentos importantes de gneis e metabasitas. O punto máis alto é a Carba con 908 m. Accedese desde Vilalba pola estrada que leva ao parque eólico ou desde Xermade (Roupar).

O cume máis representativo da serra da Carba é Pena da Goía ou

Peñote (871 m) cun perfil escarpado de forma piramidal

labrado en cuarcitas que contrastan coas formas máis redondeadas do

resto da serra.

SERRA DO XISTRALÉ unha serra con orientación NNE-SSO que limita a Terra Cha polo norte, nos concellos de Muras, Vilalba e Abadín. Está formada por materiais xistosos, pelitas e rochas carbonatadas, que lle dan un perfil suave, con afloramentos de granito nas partes altas.Os picos máis altos son O Xistral en Muras (1.033 m), e o Seixo Branco (1.015 m) e o Chao de Lamoso (1.039 m) no linde de Muras coa Mariña. A nivel xeolóxico destacan os restos periglaciares, acumulacións de bloques de lousas, xistos e cuarcitas que amosan sinais de seren fragmentados, levantados e trasladados polo xeo.

Un dos elementos máis característicos do Xistral son as turbeiras que se forman e manteñen coas achegas de humidade das nubes procedentes do mar.

Moitos dos cumes desta serra están coroados por aeroxeradores. Existen ademais varias explotacións de turba.

Está declarada LIC, xunto coa serra da Carba e A Toxiza, e incluída en parte na Reserva da Biosfera “Terras do Miño”.Accedese desde Abadín, San Simón da Costa (Vilalba) e Muras.

Brións (Esfagnos).No Xistral atópase a maior poboación de Sphagnum pylaesi da Península e unha das poucas que existen no mundo. Segundo os expertos, nas turbeiras do Xistral e do Cadramón atópanse o maior número de especies de brións (esfagnos) de toda a Península ibérica e 26 especies de plantas consideradas en perigo de extinción.

Val de Viveiró e serra do Xistral desde o Guriscado. No Xistral rexístrase un alto nivel de humidade ambiental debido as frecuentes chuvias (ata 2.500 l/m2) e ás abondantes néboas que producen precipitacións horizontais. Esta humidade favorece a formación das turbeiras.

As TURBEIRAS ou TREMOAIS son medios permanentemente saturados de auga nos que as condicións de asolagamento permanente provocan unha diminución do nivel de osíxeno e a inactivación dos microorganismos descompoñedores que viven no solo, polo que as achegas de materia vexetal non se mineralizan e acumúlanse en forma de turba. No Xistral podemos atopar varios tipos de turbeiras: as máis interesantes son as de cobertor que recobren os cumes dos montes máis altos, por riba dos 900 m e as que ocupan os fondos dos vales onde a auga non evacúa suficientemente, que poden acadar grandes dimensións. Os mellores exemplos están nos nacementos do Eume, Landro e Ouro.

Vista de turbeiras de cobertor (nos cumes) e de val.

O Xistral contén o maior sistema de turbeiras de cobertor da Península Ibérica e das mellores de Europa, debido ás condicións de humidade xunto con temperaturas frescas durante case todo o ano. Nalgúns puntos a turba acada os 3 m de espersor, co que considerando a súa velocidade de formación, dalle unha antigüidade de máis de 7.000 anos.

Coenonympha glycerionA fauna do Xistral é moi rica e variada. Destaca a presenza de varios endemismos mundiais como as bolboretas Erebia triaria pargapondalense e Erebia epiphron xistralensis, e especies pouco comúns como a toupa de auga ou furapresas (Galemys pyrenaica) e a lagartixa das turbeiras (Lacerta vivipara).

Xuncas de algodón (Eriophorum angustifolium), unha especie típica de solos asolagados coas envolturas florais (perianto) formadas por finas febras brancas, de ata 5 cm de lonxitude, que lle dan un aspecto característico.

SERRA DA TOXIZA É un macizo formado por unha grande masa de granodioritas, do que unha parte está no concello de Abadín. Acada 838 m de altura máxima. A erosión do granito formou espectaculares bolos e penedos. A maioría do terreo está repoboado con piñeiros e consérvanse pequenas masas de carballos. Destacan as formacións de turbeiras. Accedese desde Abadín pola estrada do Valadouro e da Fraga Vella.

Vista da Toxiza desde a estrada que vai ao Cadramón.

MONTES DE CARRACEDOFan límite entre o nordeste da Terra Cha e as comarcas de Meira e A Mariña. O punto máis alto é O Carracedo, con 833 m no que conflúen os concellos Mondoñedo, Riotorto e A Pastoriza. Están cubertos por pasteiros, agás nos terreos en costa onde se conservan fragas en bo estado, ou están repoboados con piñeiros e eucaliptos.

Cume de Carracedo.

Cabalos no Campo do oso, onde se celebra anualmente unha rapa das bestas.

CORDAL DE NEDA Pequena serra de relevo aplanado con orientación NE-SO situada entre os concellos da Pastoriza e Abadín, no norte da Terra Cha. Presenta un nivel aplanado de cume, coa máxima altura no Monte Neda, con 798 m. Accedese pola estrada de Abadín á Pastoriza.Desde os cumes hai unhas boas vistas da Terra Cha o monte Monseiván e as serras do Xistral e A Toxiza, cara ao oeste, e das terras da Pastoriza cara ao leste.

Cordal de Neda desde A Pastoriza.

CORDAL DE OUSÁUnha pequena serra que forma un arco de dirección E-O que fai límite entre a Terra Cha (Begonte) e a comarca de Lugo. O punto máis alto é a Cordal, con 739 m.

CHAO DA LEBREUnha das pequenas elevacións, de 567 m, que se poden atopar pola Terra Cha, no concello de Vilalba.

OS RÍOS E HUMIDAISA Terra Cha é un territorio no que a auga é a protagonista en forma de correntes lagoas e humidais.

Miño

O Miño é o río principal, o que recolle a maioría das augas da comarca. Percórrea lentamente recibindo as achegas dos numerosos afluentes que forman unha complicada rede hidrográfica favorecida pola horizontalidade do terreo. O elevado nivel freático da zona e o chan arxiloso favorecen a aparición de lagoas e zonas húmidas de carácter estacional que forman a mellor rede de humidais de Galiza.

Nas serras do norte da comarca nacen o Eume, O Sor, o Landro e o Masma. Agás o Eume, que atravesa o concello de Muras, os demais teñen un curto percorrido nesta comarca.Eume

Este sistema húmido mantén numerosos e ben conservados ecosistemas acuáticos e terrestres asociados á auga: ríos, ribeiras e bosques de galería, veigas inundadas, gándaras e brañas, lagoas, cunha flora e fauna propias.A maioría dos ríos e humidais da Terra Cha están protexidos no LIC Parga, Ladra, Támoga e na Reserva da Biosfera Terras do Miño.

Isoetes fluitansNos humidais da Terra Chá atópanse 16 especies vexetais de interese para a súa conservación. Entre elas hai tres “especies prioritarias” que gozan dun maior nivel de proteción no ámbito de Unión Europea: o cardiño da lagoa (Eryngium viviparum), unha pequena planta acuática (Luronium natans) e dúas bulbosas endémicas da Península Ibérica (Narcissus pseudonarcissus subsp. nobilis e Narcisus asturiensis). Ten tamén especial interese Isoetes fluitans, un fento en perigo de extinción que ten na Terra Cha o principal enclave a nivel mundial.

Galiñola negra (Fulica atra)Os máis de 50 humedais da Terra Chá acollen un gran número de aves acuáticas: lavancos, avefrías, cegoñas, garzas, galiñas de auga; e miñatos (común e queimado), fulepas, picaxuncos... cantidade que se ve incrementada no inverno coa chegada de especies procedentes do norte de Europa. Tamén é importante a representación de anfibios e insectos.

Cegoña

RÍO MIÑOFórmase coas augas que baixan dos montes de Meira e énchese, no seu curso alto, coas que recolle da Terra Cha e das serras que a circundan. Nun lento circular percorre a chaira cun curso meandrizante, formando illas e lagoas endorréicas. Despois de 307,5 km de percorrido desemboca ao pé do Monte Sta Tegra na Guarda.Nesta parte do seu percorrido recibe pola dereita as augas do Madanela ou Miñotelo, Rigueira ou Úbeda, Pequeno, Anllo, Támoga e Ladra, e pola esquerda o Azúmara e o Lea.

Lagoa de Fonmiñá, unha surxencia en rochas calcárias que incrementa notablemente o caudal do río Miño, ao pouco do seu nacemento. No entorno hai unha área recreativa. Accedese desde a estrada de A Pastoriza a Meira ou desde Vilalba-Meira no cruce á Pastoriza.

O Miño en Fonmiñá (A Pastoriza). Unha paseo segue o río ata Meira.

O Miño en Arcillá (Cospeito).

As libeliñas buscan as augas de correntes lentas para

reproducírense e son moi abundantes nos ríos e

humidais da terra Cha.

RÍO ANLLONace na serra do Xistral, preto de Labrada. Pasa por terras dos concellos de Abadín, Cospeito e Castro de Rei, onde se xunta ao Miño. Cando entra no concello de Cospeito divídese en dous brazos, un que, co nome de río Guisande, vai á lagoa de Cospeito e segue ata desembocar no Támoga, e outro que vai ao Miño.

O Labrada ao pouco do seu nacemento, en terras de Abadín. O río Anllo ao seu paso polo concello de Abadín recibe os nomes de Labrada (preto do nacemento), río de Gontán, río de Abadín e despois Anllo.

Área recretiva do Anllo en Gontán (Abadín).

RÍO TÁMOGABaixa do monte Monseibán, na Serra do Xistral. Ten varias cabeceiras: o Ribeira e o Laxoso que forman o río Batán, e ao xuntarse co Arnela forman o Santabaia e a partir de Cospeito recibe o nome de Támoga.Percorre terreos nos concellos de Abadín, Vilalba, Cospeito e Begonte e desemboca no Miño nas proximidades de Cela. É o axente drenador da lagoa de Cospeito.

As espadanas (Platanaria) medran arraigadas no fondo das beiras das lagoas e augas quedas. O Támoga en Támoga.

Fervenza no río Arnela (Támoga) COMO CHEGAR: Na estrada Abadín-Vilalba cóllese un cruce á dereita antes de Castromaior. Despois de 2 km por estrada asfaltada chégase a un cruce onde segue por un camiño de terra durante outros 2 km. A ruta está sinalizada e hai unha área recreativa.

Ponte Vella (do século XVII) sobre o río de Batán en Martiñá (Goiriz), no linde entre Vilalba e Abadín. Por ela pasa o Camiño de Santiago.

Sumidoiro da lagoa de Cospeito ao Río Guisande, brazo do Anllo que vai ao Támoga.

RÍO LADRAFórmase pola confluencia dos ríos Trimaz, que nace nos montes de Xermade; do Madalena, que nace na Serra da Carba, e do Fabilas. Pasa por terras de Vilalba, Begonte e Outeiro de Rei. Recolle as augas do Labrada, que nace na Serra da Loba e pasa por Guitiriz, Xermade e Vilalba; e do Parga que baixa da serra da Cova da Serpe e pasa por Friol, Guitiriz e Begonte e os e seus afluentes Landroi, Lavandeira, Requeixo e Branqueño. Xúntase co Miño en Santa Sabela (Outeiro de Rei).

Río Trimaz preto de Codesido (Vilalba). Os ríos da Terra Cha

rebordan a miúdo durante a época de choivas.

Río Madalena en Vilalba, onde hai unha área recreativa cunha praia fluvial, unha ruta acondicinada e varios muíños restaurados.

Ponte de Saa sobre o río Labrada (Vilalba).

O Ladra en Begonte ao pé da área recreativa.

Sete Muíños (Guitiriz)

Na zona de Sete Muíños o río Escadebas (afluente do Ladroil, que vai ao Parga) forma varios rápidos e pequenos saltos entre rochas graníticas nunha zona aproveitada para instalar muíños. Hai unha área recreativa, unha zona acondicionada como piscina e un paseo que segue o río.

Fervenza da Ruxida en Parga (Guitiriz). No regato da Ruxida, afluente do Ladroil que vai ao Parga. COMO CHEGAR: desde Parga vaise a Becín e séguese o camiño de terra que pasa polas canteiras.

Río Labrada en Cazás (Vilalba).

Ponte medieval sobre o río Parga en San Alberte.

O Parga en Baamonde.

Presa e muíño de Merra no río Requeixo (Parga).

RÍO AZÚMARANace na serra do Mirador, nas proximidades de Castro (Hermunde-Pol), onde se coñece co nome de rego das Égoas. Logo pasa a terras do concello de Castro de Rei onde xa toma o nome de Azúmara e desemboca no Miño na parroquia de Orexe (Bazar) despois dun percorrido de 25 km.

Freixo de folla ancha (Fraxinus

excelsior), un acompañante

dos ríos na metade norte

de Galiza.

O Azúmara en Castro de Rei

RÍO LEAVen do monte de Fitoiro no Monciro. Percorre terras nos concellos de Pol e Castro de Rei e verte no Miño en Beloi. Os seus afluentes son Porto Muíño e Fieitoso, pola dereita, e A Carballeira, O Rial, Regadas, Regueira, As Olas, Rozas e O Corvo, pola esquerda.

Ponte romana dos Pedregás, en Duarría, sobre o río Rozas, afluente do Lea.

O Lea en Castro Ribeiras de Lea co paseo que permite seguir parte do seu curso.

RÍO EUMENace no Seixobranco (Serra do Xistral) e nesta comarca recolle as augas dos concellos de Muras e Xermade en numerosos regos que baixan das serras do Xistral e A Carba e dos montes de Montouto, Bostelo e Guriscado. Pola dereita recibe o Pieles, Montouto e Ferreiras, e pola esquerda o Reboiras, Mosqueiros, Sarrón e Carracedo. Desemboca en Pontedeume, na ría de Ares.

O Eume en Muras. Un sendeiro permite seguir o curso do río durante aproximadamente 2 km entre a área recreativa de Muras e a ponte da estrada de Casateita a Batán.

O Eume en Muras ten un percorrido encaixado por un val no que se conservan fragas frondosas cunha gran diversidade de especies.

Rego do Casal, un afluente do Eume que recolle as augas da serra da Carba.

Batán e muíño en Folgoso (Lousada, Xermade).

LAGOAS E HUMIDAIS

LAGOA DE CAQUE OU BARDANCOSNas proximidades de Xustás. É a máis grande da Terra Chá, con 19 ha. Non está alimentada por ningún río. Foi parcialmente recuperada en 1988. Está rodeada de piñeiros de Monterrei, piñeiros bravos, amieiras, salgueiros, toxos, carrizos, xuncos... É un importante refuxio para as aves, sobre todo no inverno.

LAGOA DE COSPEITOSituada ao pé de Feira do Monte, capital do concello de Cospeito. Está alimentada polo río Guisande. Ten unhas cinco hectáreas, aínda que no inverno aumenta moito a superficie. Era a lagoa máis grande da Terra Cha (57,5 ha) pero foi desecada arredor de 1960 polo IRYDA e parcialmente recuperada en 1981.As plantas máis comúns son os carrizos, os xuncos, as espadainas... É un punto importante de cría de avefría, somorgullo pequeño, pita de auga, demo negro... No inverno aparecen grandes grupos de anátidas (lavanco real, charneco, pato cullerete, pato asubión, pato rabudo, parrulo chupón, parrulo cristado, ganso...) e limícolas (avefría, mazaricos...). Tamén son frecuentes as cegoñas e as garzas. Está acondicionada para visitas. Ten un sendeiro que a rodea, varios observatorios e un centro de interpretación.

Ludwigia palustris. Florece no verán en pozas

e regatos de pouca corrente, como as da

Terra Cha.

Ludwigia palustris. Florece no verán en pozas e regatos de pouca corrente, como as da Terra Cha.Niño de cegoñas na Terra Cha. As cegoñas aliméntanse de animais que atopan nas numerosas “lamas” da Terra Chá.As ras son os animais que máis se fan notar nas lagoas polo seu croar.

As ras son os animais que máis se fan notar nas lagoas polo seu croar.

LAGOAS DE RIOCALDO OU PEDROSO Conxunto de cinco lagoas situadas xunto ao río Ladra (Begonte). Orixináronse polas explotacións mineiras.

Utricularia (Utricularia australis) vive aboiando na auga das lagoas.

Aliméntase de pequenos animais que captura cos sacos dixestivos

POZOS DO OLLO (BEGONTE)

VEIGA DE PUMARÉ unha zona húmida situada na marxe dereita do río Miño, entre Oroxe e Pumar. Ocupa unhas 30 ha, alimentada polo Rego de Pumar e polas chuvias invernais. No verán desécase case totalmente. Alternan os espazos abertos e as áreas arboradas con bidueiros, salgueiros, ameneiros... e unha gran variedade de plantas das zonas húmidas xunto con pasteiros. Acolle numerosas aves invernantes.

ALLIGAL DE CODESIDOUnha extensa área que se inunda temporalmente coas augas do río Trimaz, ocupada por prados húmidos e bosques de amieiras, bidueiros salgueiros e carballos.

Piscina acondicionada sobre o manancial de augas termais (arredor de 30º) do Alligal de Codesido, en Santabaia (Vilalba).

LAGOA DE DENUNE (BEGONTE)

LAGOA DA CARBALLOSA (COSPEITO)

LAGOA DE FONTEFRÍA (BEGONTE)

LAGOA EN O CASTRO (CASTRO DE REI)

LAGOA DE FABÁS (VILALBA)

AS ÁRBORES

Unha constante na paisaxe da Terra Cha son as árbores. A Chaira vese cada pouco interrumpida polas ringleiras de árbores que acompañan o curso sinuoso dos numerosos ríos, as que marcan as lindes das fincas e as masas que ocupan as áreas próximas aos moitos humidais que se atopan espallados por toda a comarca. As máis comúns son as propias das zonas húmidas (bidueiros, amieiras, salgueiros...) e os carballos. Ademáis atópanse exemplares illados que polo seu tamaño ou porte merecen o noso interese.

Carballo de Luxís. (Pacios-Castro de Rei). -20 m de altura e 4,20 m de perímetro. Incluído no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.

Carballo de Freán (Cazás, Xermade).Mide 7,28 m de perímetro cunha copa ampla e moi ben estruturada.Incluído no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.

Carballo da Casa de Altide (Begonte). -20,5 m de altura, 7 m de perímetro. Carballo do Roxo (Altide, Begonte)

-8 m de perímetro.

Carballo do Campo do Cacharrón (Cospeito)-5,70 m de perímetro.Carballo de Bóveda (Begonte).

Ten 4,20 m de perímetro e moi bo porte.

Carba de Gomariz (Goiriz, Vilalba) -7,24 m de perímetro.

Carba de Casamado (Goiriz, Vilalba) -7,30 m de perímetro.

Carballos de Muimenta (Cospeito)-Catro carballos situados no campo entre a antiga igrexa e a escola. O máis groso mide 4,40 m de perímetro.Incluídos no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.

Casa da Rúa (Xoibán, Vilalba)-6 m de perímetro

Castiñeiro da Capela.Baamonde (Begonte). Situado no adro da igrexa parroquial de Baamonde. No seu interior ten unha capela. -6,60 m de perímetro.Incluído no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.

Freixo de Muimenta (Cospeito)-3,25 m de perímetro. Incluído no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA

“Pravia” de Vilalba Un pradairo que pode ter máis de 150 anos. Mide 4 m de perímetro. Atópase no centro da vila de Vilalba.

Olmo (Ulmus hollandica) do xardín municipal de Vilalba, plantado a finais do século XIX. Mide 15 m de altura.

Acivro da Casa da Quinta(Folgoso, Lousada, Xermade)-3,25 de perímetro.

Acivro de Rioaveso (Vilalba-Lugo)-2,10 de perímetro.

Eucalipto do maná da Casa de Órdax. As Lombas (Castro de Rei).Incluído no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA

Teixo de A Torre(Balmonte-Castro de Rei). -4,32 m de perímetro.Incluído no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA

Teixo de Luxís(Pacios, Castro de Rei)-4,5 m de perímetro no pé.

Alcipreste de California do adro da igrexa de Xermade. -5,90 m de perímetro.

Alcipreste de California do Xardín do Balneario de Guitiriz-5,82 m de perímetro.

OS ESPAZOS PROTEXIDOS DA TERRA CHA

Lagoa de Begonte

RESERVA DA BIOSFERA: TERRAS DO MIÑOEspazo de 363.668,9 hectáreas repartidas en 26 concellos da provincia de Lugo entre os que están os da Terra Cha. É un gran espazo vertebrado polo curso alto do río Miño e os seus afluentes.Foi declarada pola UNESCO o 7 de novembro de 2002. Inclúe os LICs. “Parga-Ladra-Támoga” e “Serra do Xistral”, propostos para a Rede Natura 2000.A zona núcleo, a de maior nivel de protección, contén os escosistemas de maior valor ecolóxico. Inclúe o río Miño e os seus afluentes, os humedais, os bosques aluviais e a Serra do Xistral.

Un dos aspectos a destacar nas reservas da Biosfera é a convivencia armónica entre natureza e actividades humanas. Nas Terras do Miño desenvólvense todo tipo de actividades, pero unha gran parte da poboación (o 46,7 % ) vive do sector primario, especialmente agricultura e gandería. Os proxectos que se pretenden desenvolver van encamiñados a fomentar e dar a coñecer os valores mediambientais e etnográficos para impulsar o turismo rural e ecolóxico: crear unha rede de museos etnográficos e aulas de interpretación da natureza, rotas de sendeirismo e a recuperación de instalacións etnográficas (muíños, ferrerías, mazos...).

O Ladra en Uriz

Observatorio na lagoa de Cospeito.

Reconstruccións de barcas tradicionais do río usadas

para o paseo na área recreativa de Begonte.

LIC PARGA-LADRA-TÁMOGAInclúe territorios dos concellos de Begonte, Cospeito, Guitiriz, Vilalba, Xermade, Abadín e Castro de Rei. Parte do curso do Miño (entre Lugo e Xustás) e os seus afluentes Ladra (co Parga, Requeixo, Labrada e Trimaz), Támoga e Narla, as lagoas de Cospeito, Santa Cristina, Reboredo, Pedroso, Codesido, Fontefría, Denune e Seixas, e as Lamas de Xermar e Xoibán.

Lagoa de Cospeito.

SERRA DO XISTRALInclúe as Serras da Carba, do Xistral e A Toxiza en terreos dos concellos de Abadín, Muras, Vilalba e Xermade. Destaca polo valor xeolóxico (restos periglaciares) e ecolóxico (varios tipos de turbeiras e unha rica flora e fauna con especies únicas ou raras).

Tremoal na Pena Vella, en Abadín.

Breixo de turbeira (Erica tetralix). Só se atopa en medios con alto

nivel de humidade.

Rorela (Drosera rotundifolia). Unha planta carnívora das turbeiras ou tremoais.

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Decembro 2015