Post on 15-Apr-2017
164
Grabado de San
Petersburg o no
século XIX.
Colección documental Capítulo X 1º de Bacharelato
A Revolución Rusa e a U.R.S.S. (1917-39)
A Rusia dos tsares. Restos do Antigo Réxime en Europa
A. San Petersburgo en 1905.
“A capital do imperio ruso, residencia da corte e diócese metropolitana, católica e rusa, San
Petersburgo, dista de España unhos 2.500 km. aproximadamente. Ocupa unha extensa chaira que atravesa o
Neva cos seus numerosos brazos que verten no golfo de Finlandia.
A parte principal da cidade está situada na ribeira esquerda do río, e nas moitas illas que forma
levantáronse barrios, dos que o máis importante e populoso é o de Vassili. Os diferentes bazos nos que se
divide o río dánlle á cidade o aspecto dunha illa de catro km. de longa (...).
As pontes, que non son fixas, agás o de Nicolás e Alexandre, están establecidos sobor de barcas, e
cando empezan os xeos soltanse as amarras dunha veira, e a ponte, obedecendo á corrente, xira e queda
alineada nunha das ribeiras. Os enxeñeiros militares proceden a rompeer o xeo e as pontes volven quedar no
seu sitio. Cando o río está xelado, a xente, e aínda os coches, pasan por enrriba (...).
A cidade conta só con dous séculos de existencia; os pazos e edificios públicos son monumentais,
predominando a liña recta nas construccións, o que fai que o seu aspecto sexa dunha monotonía fatigosa.
Semella que todas as casas son iguais e todas presentan un detalle: a marquesiña diante da porta (...).
O centro da cidade é o barrio do Almirante e nél levantanse os pazos de inverno, o inmenso edificio
do Almirantazgo, o Senado, o Santo Sínodo, a catedral de S. Isaac, o Pazo do Consello do Imperio, Correos e
Telegrafos, os pazos dos Grandes Duques, a Biblioteca Imperial, o teatro de Alexandre e outros moitos
edificios (...).
A Perspectiva Newsky é a rúa máis longa, máis animada e a mellor de S. Petersburgo, ten 35 m. de
anchura e cerca de 5 km. de lonxitude. Traza unha liña recta dende a súa orixe na plaza do Almirantazgo, ata
a de Zuamiensky (...). Cruza toda a cidade, tanto so barrios máis aristocráticos coma os máis humildes, e nela
están os comercios máis suntuosos do mundo”.
(Diario El Liberal. Barcelona, venres 27 de xaneiro de 1905)
B. Vista de San Petersburgo no século XIX.
165
C. O réxime político: a autocracia zarista.
“Trouxera de Rusia un prexuizo que non tiña; cría coma moitos dos preclaros espiritos, que a
autocracia sacaba a súa forza principal da igualadade que facía reainar por debaixo dela; pero esta igualadade
é unha ilusión... Non hai poder absoluto neste mundo; pero hai poderes arbitrarios e caprichosos e algo
abusivos, que pode converterse en poderes tales que non teñen xamais bastante peso para establecer a
igualdade perfecta entre os seus subditos.
... O Emperador non fai todo o que pode, pois se o fixese a miudo non o podería facer durante moito
tempo; agora ben, en tanto que non o fai, a condición de nobre que él sosten sigue sendo terriblemente
diferente da do mujik ou do pequeno comerciante humillado polo señor. Afirmo que hoxe en Rusia hai máis
desigualdade real nas condicións (sociais) que en calquera outro país de Europa...
En xeral, os homes teñen unha linguaxe afectada, dicenvos, nun tono meloso, que os servos rusos son
os campesiños máis felices da terra. Non os escoitedes, engánanvos, moitas familias de servos, nas rexións
apartadas sofren incluso fame; moitos morren pola miseria e os malos tratos; por todas partes a xente padece
en Rusia, e os homes que se venden coa terra sofren máis que os outros...
O Goberno cando ve os excesos máis indignantes, e Deus saber canto tempo lle é preciso para darse
conta, pónos, para curar o mal, baixo a tutela do pior señor; pero esta medida, sempre tardía, non resucita ós
mortos. Figurádevos a masa de sufrimentos e de iniquidades descoñecidas que deben producirse a causa de
tales costumes, baixo unha constitución tal e semellante clima...”
(CUSTINE: La Ru ssie en 1838. París, ed. Amyot , 1843. En: D ESCH AMPS, H . T. e POULIG O, R. : L’ epoque contemporaine (1789-
1970 ). I. IV. Recueils de textes d’histoire, publicados por L. Gothier e A. Troux. Dessain, París-Liega, 1962, pax. 243)
D. A situación do campesiñado: A abolición da servidume.
“A cuestión da liberación dos campesiños, que foi sometida ó exame do Consello de Estado, é, ó meu
parecer, dada a súa importancia, unha cuestión vital para Rusia, da que dependerá o desenvolvemento da forza
e da potencia (do noso país). Estou seguro que todos vos, señores, estades convencidos tanto como eu da
utilidade e da necesidade desta medida. Ademais, teño a convicción de que non pode ser cuestión de remitir
este asunto para máis tarde; é por isto polo que pido ó Consello de Estado que se conclúa na primeira quincena
de febreiro e que a promulgación poida realizarse ó comenzo das labores dos campos, confio directamente nos
bos oficios do presidente do Consello de Estado.
Insisto, e esta é a miña vontade inquebrantable, é preciso que o asunto sexa regulado sen demora. Xa
fai catro anos que este se prolonga, suscitando desconfianzas e esperanzas diversas entre os pomiechtchiks(1)
e os campesiños. Toda dilación ulterior pode ser funesta para o Estado. Non podo evitar sorprenderme e
alegrarme, e estou seguro que vós vos alegraredes tamén da calma e da confianza da que fixo gala o noso bon
pobo neste asunto. Quería dicir aquí o mesmo da nobreza, cúios temores a pesar de todo son ata certo punto
comprensibles, pois (o asunto) afecta ós seus intereses máis inmediatos e materiais de cada un; non obstante
non esquezo nin esquecerei, que o estudio deste proxecto débese á iniciativa da propia nobreza, e estou
contento que me corresponda testimoñalo para a posteridade.
Nos momentos das miñas conversacións cos mariscais da nobreza, xefes de gobernación (2), e no
curso das miñas viaxes a través de Rusia, durante as recepcións dos xentilhomes, non ocultei o meu estado
de espirito e o meu punto de vista sobre esta cuestión que preocupa a todo o mundo e xa dixen en todas partes
que esta reforma non podía realizarse sen algúns sacrificios pola sía parte e que todos os meus esforzos
consistirían en que estes sacrificios foran o menos onerosos para a nobreza.
Espero, señores, que ó examinar aquí os proxectos presentados ó Consello de Estado, estaredes
convencidos de que todo o que podía facerse para salvagardar os beneficios dos dos pomiechtchiks fíxose,
pero se xuzgades preciso modificar algún punto ou completar o presente traballo, estou disposto a recibir as
vosas observacións, pero pídovos soamente que non esquezades que sobre a base desta reforma débese
mellorar a vida dos campesiños, mellorala non só de palabra e sobre o papel, senón na realidade.”
(1) Propietario territorial e señor de servos.
(2) Presidente da asociación da nobreza de cada gobernación ou provincia. Os seus poderes eran meramente honoríficos.
(ALEXANDRE II: Discurso sobre a abol ic ión da serv idume. 28 de xaneiro de 1861. En: CHA ULANGE S e outros: Textes
historiques (1871-1914). Ed. Delagrave, París, 1971. Vol II, paxs. 124-125)
166
E. A propiedade da terra. Distribución social.
F. A inversión estranxeira factor do desenvolvemento industrial.
Porcentaxes das investimentos estranxeiros nas diferentes industrias. (1900-1915)
Industrias
1900 1915
Capital totalCapital
estranxeiro
Porcentaxe
do capital
estranxeiro
Capital totalCapital
estranxeiro
Porcentaxe
do capital
estranxeiro
Minas,
tratamento
dos metais e
construcc.
Mecá nicas.......
Tratamento
de m ater iais
mine rais..........
Explotación
mecánica da
mad eira............
Producción
quím ica.............
Industrias
alime nticias ....
Trat. De
produc. De
orixe a nima l....
I. do pa pel.......
I. Téxt il...........
649,5
59,1
17,8
93,8
158,3
16,5
31,8
373,7
469,4
26,6
7,8
29,3
11,4
5,9
6,1
71,4
72
45
44
31
7
35
20
20
1.700 ,1
129,9
74,4
173,2
447,8
54,2
93,2
729,2
1.063 ,5
18,6
24,3
70,8
34,8
14,5
19,9
155,0
63
14
32
41
8
26
20
21
Tota l................. 1.400 ,7 627,9 45 3402 ,0 1.401 ,4 41
168
I. Modernización das infraestructuras de transporte.
J. Os movementos de oposicón ó tsar. Propaganda populista.
“Estades entre o pobo. Gañastes a súa confianza. ¿De qué cómo ides falarlle? Chamade a súa atención
sobre os males que o minan, a mortalidade que diezma ós seus fillos, a súa vida deliberadamente acortada, a
dexeneración que lle ameaza. Dirédeslle que non son as leis da natureza as que lle envían estes males, que os
ricos raramente están enfrmos, que os seus fillos sobreviven a miudo, que a súa media de vida é maís longa;
que a causa está na situción social, no mediosocial, na superstición social... Falarédeslle do estado de cousas
existente en Rusia, do absolutismo ilimitado do tsar, da adulación dos ministros, do servilismo dos cortesanos,
da bandidaxe dos burócratas, da falcia dos tribunais; dirédeslle que os rusos están privados de todos os
dereitos e explicaredes cómo Rusia chegou á situación actual. Contaredes ó pobo cómo os seus antepasados
se levantaron contra o poder opresivo, como sucedeu con Stenka, Razine e Pugatchev(1); ... Cómo nos demáis
países esclavos se levantaron contra os seus amos, e os artesanos das cidades contra os nobres, ... como os
obreiros de París loitaron e morreron pola liberdade e independencia da súa cidade (2). Para comunicar, para
explicar isto ó campesiño ruso, é preciso que estes cdros de loitas, de dramas, de fazañas e de sufrimentos
revivan na imaxinación de quen o conta. Con esta única condición, fará xurdir na alma do seu auditorio un
destello de luz do que están animados aqueles que combaten polo dereito do pobo e transmitirá ós campesiños
rusos a tradición de insurrección constante dos pobos contra os seus perseguidores, a tradición da revolución.
E para isto é precisa moita ciencia e ciencia moi seria.”
(1) Cosaco de orixe modesto que acaudillou unha longa e tráx ica re belión ( 177 3-177 75) dos ca mp esiños rusos , que tiv o com o cent ro o va l med io
do Volga, contra o proceso de imposición da servidume feudal ó campesiñado ruso.
(2) Comuna d e París. Insurrección dos obre iros de París e as clases populares contra o goberno de T hiers en 1871.
(¿Cómo e de que debe falar co pobo un revolucionario-propagandista?. Panfleto do 15 de marzo de 1874. En: LAR AN, M . Russie-
URS S. 187 0-1970 . Ed. Masson et Cie, París, 1973. Paxs. 20-21)
A Revolución de 1905. Primeiro ataque contra o tsar.
K. Peticións dos traballadores (8 de xaneiro de 1905).
169
Fonte:www.elmundo.es.
“¡Señor! Nós, obreiros de San Petersburgo, as nosas mulleres, fillos e ancians inválidos, chegamos a
ti, ¡ho tsar!, para solicitar xustiza e protección. Estamos na miseria, oprimidos e cargados con traballo
excesivo , tratados coma escravos que deben soportar pacientemente a súa amarga sorte e calar.
Ata agora soportámolo todo. Pero cada vez sentimos con máis c laridade a miseria, a ausencia de
dereito e a ignorancia, froito do despotismo e a arbitrariedade. Señor, chegamos ó límite da paciencia. Cremos
ser preferible morrer que alongar insoportables sufrimentos (...).
A nosa primeira petición é que os patronos examinen con nós as peticións. Isto foi rexeitado,
asimesmo o dereito de falar das nosas necesidades (...).
Tamén consideraron ilegal o noso desexo de disminuir o horario ata oito horas diarias, de acordar a
elevación de salarios a un rublo diario para os operarios de ambolos dous sexos e a supresión de horas
extraordinarias. Segundo os patronos todo é ilegal; as nosas demandas, un crime.
¡Señor! Estamos aqui máis de 300.000 homes (...). Calquera que entre nós intente levantar a voz para
defender os intereses da crase obreira será aprisionado e deportado (...(.
¡Señor! ¿Esto é conforme coas leis divinas, en cúia virtude gobernades? (...). Non rrexeites protexer
ó teu pobo. Sácao da tumba da arbitrariedade, da miseria, da ignorancia (...).
Ordea convocar ós representantes de todas as crases e órdes do pobo ruso. E para isto, manda que
as eleccións á Asamblea Constituínte se fagan segundo o sufraxio universal, segredo e igual. É a nosa petición
máis importante”.
L. O domingo sanguento. O exercito do tsar carga contra a anifestación pacífica
LL. A organización dos soviets.
“Lenin empezou entón a contemplar ós soviets como o núcleo focal da acción proletaria. Os soviets
apareceran en 1905 nunha dúcia de cidades polo menos. En Rusia non existía un goberno realmente
representativo, nin xiquera a nivel local; a Duma nunca exerceu poderes efectivos. En cambio, os soviets,
asambleas de delegados das fábricas e das organizacións obreiras, eran as únicas institucións democráticas
espontáneas no país. Non eran producto de especulacións da tertulia de ningún teorizante pòlítico. Xurdiron
e constituíronse, nada máis. Primeiro, nas fábricas das cidades, aínda que tiñan raíces na vella tradición de
organización democrática e de autogoberno na base, do que eran exemplos oovios a comuna rural e os artels
(ligas de pequenosproductores).
Se ben os primeiros soviets se formaron nas fábricas de San Petersburgo, e de Moscú, a idea ou o
170
principio do soviet podía ser extendido a toda comunidade xenuina, fose unha aldea, un reximento ou un buque
de guerra. Os expeditivos métodos soviéticos -votación a man alzada nas asembleas públicas, con dereito de
remoción e elección indirecta ós órganos superiores- supoñía unha real democracia para os obreiros
analfabetos, moito máis efectiva desde logo que a proclamada pola Constitución, baseada no escrutinio do voto
segredo nas urnas...
Os soviets, pois , significaban algo totalmente diferente das exóticas creacións parlamentarias
importadas polos liberais occidentalizados, o que para Lenin, era un argumento suplementario en favor dos
primeiros...”
(HILL, CH .: La Re volució n Rus a. Ed. Ariel. Col. Ariel Quincenal, nº 28. Barcelona, 1981. Paxs. 102-103)
M. A apertura do réxime zarista.
“¡10 de maio de 1906! Esta data fixada para a reunión da Duma do Imperio marcou, creo, o comenzo
dunha nova era na historia de Rusia. A apertura desta primeira sesión foi celebrada con gran pompa. A Corte
imperial desplegara todos os seus explendores, sen dúbida coa idea de que os homes sinxelos que formaban
a Duma, da que forman parte máis de douscentos campesiños, se impresionaran por este boato... Os campesiños
ofenderonse por un luxo que contrasta extranamente coa miseria da que foran testemuñas habituais ata
entón...
A lei electoral de 1905, redactada sobre esta idea, que,si o goberno debía esperarse, na Duma, a
oposición dos diputados da clase obreira e podía tamén encontrar resistencias entre os da clase media, estaba
menos seguro da fidelidade dos representantes dos campesiños, da súa absoluta devoción, da súa devoción polo
tsar... Os soberanos estaban máis convencidos que calquera do amor que inspiraban ó seu pobo. En vano os
campesiños se levantaban en todo o territorio de Rus ia.. ., En San Petersburgo nadie quería comprender o
sentido destes acontecementos, rehusábase alí a imputar a responsabilidade dos seus autores; o campesiño
ruso, dicíase, era esencialmente bó, adoraba ó Emperador e amaba ós señores; únicamente, na súa simplicidade
de espirito, se deixaba arrastrar polos revolucionarios da cidade, os intelectuais de toda calaña e sobre todo
polos xudeos...
A nova Duma do Imperio, terceira só de nome, reuníuse en novembro (1907) sen nengunha pompa e
no medio da indiferencia xeral... Stolypin triunfaba, pero pagaba este triunfo co acceso á Duma de 120
deputados da extrema dereita... Primeiramente (a Duma) acollera ós partidarios dos métodos revolucionarios
e ó mesmo tempo ós Kadets que pretendían instaurar en Rusia un réxime representativo. Agora dera un xiro
brusco, para ter ó seu frente ós reaccionarios, que non querían oir falar de ningunha reforma liberal e
reclamaban incluso o retorno puro e simple á autocracia. Eran estes adversarios moi perigosos, porque tiñan
ó seu frente ó propio emperador.”
(BOMPARD, M.: Mon amb assade en R ussie. (1903-1908 ). En: LARAN, M. e VILLEQ UET, J.: L’ epoque contemporaine (1871-
1969 ). Ed. Desain. París-Lieja, 1969. Pax. 59)
A revolución de 1917. Comenzan os cambios profundos.
N. A abdicación do Tsar.
“Pola gracia de Deus, nós, Nicolás II, Emperador de todas as Rusias, tsar de Polonia, Gran Duque de
Finlandia, tec. A todos os nosos fie les súbditos facemos saber:
Nestes días de gran loita contra o inimigo exterior, que desde fai tres anos se esforza en soxuzgar
a nosa patria, Deus tivo aben enviar a Rusia unha nova e terrible proba. Disturbios internos ameazan ter unha
fatal repercusión sobre a marcha futura desta guerra pertinaz. Os destinos de Rusia, a honrra do noso heróico
exercito, a felicidade do pobo, todo o porvir da nosa querida patria queren que a guerra sexa levada a todo
prezo ata un resultado victorioso.
O noso cruel inimigo realiza os seus derradeiros esforzos e está próximo o momento no que o noso
valente exercito, xuntamente co dos nosos gloriosos aliados, abatiráo definitivamente.
Nestes días decisivos para a existencia de Rusia, nós cremos deber facilitar, obedecendo á nosa
conciencia, a unión e a organización de todas as súas forzas para a rápida consecución da victoria.
Por isto, dacordo coa Duma imperial, estimamos actuar ben ó abdicar a coroa do Estado e ó depor o
poder supremo. Non querrendo separarnos do noso benamado fillo, legamos a nosa herdanza ó noso irmán, o
171
Gran Duque Miguel Alesandrovich, e damoslle a nosa bendición no momento da súa subida ó trono. Nós
pedímoslle que goberne en completa unión cos representantes da nación que ocupan asientos nas institucións
lexislativas, e que lles preste un xuramento inviolable no nome da patria benamada.
Nós invitamos a todos os fillos leais á patria a que cumpran co seu deber sagrado e patriótico,
obedecendo ó tsar neste penoso momento de proba da nación e axudándoo, cos representantes da nación, a
conducir o Estado ruso polo camiño da prosperidade e da alegría.
¡Deus axude a Rusia!
2 de marzo de 1917.
(Abdicación do tsar Nicolás II. Marzo de 1917)
O. A revolución moderada. O goberno provisional.
“Cidadáns do Estado ruso: produciuse un grande acontecemento. O antigo réxime foi derrocado
gracias ó poderoso impulso do pobo ruso. Naceu unha Rusia libre e nova. Este gran derrocamento coroa
numerosos anos de combate.. . O entusiasmo revolucionario do pobo, plenamente consciente da gravidade do
momento, e a determinación da Duma do Estado constituíron de mutuo acordo, o goberno provisional... O
goberno... pola súa parte fará cnato estea na súa man para prover do necesario ó exercito co fin de levar a
guerra a unha fin victoriosa. O goberno considerará sagradas as alianzas con outras potencias e respectará
os acordos asinados cos nosos aliados... o goberno como deber sencial que se exprese a vontade popular no
referente á elección dun réxime político, e con sufraxio universal directo, igual e secreto... A Asemblea
constituínte promulgará as leis esenciais que garantan os inalienables dereitos do país á xustiza, á liberdade
e á igualdade.”
(Primeira declaración do goberno provisional, 12 de marzo de 1917. En: LÓPE Z FA CAL , R. e DÍA Z OT ERO , A.:Historia do mundo
contemporáneo. Materiais curriculares. Ed. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 1998. Pax. 141)
P. A creación dun poder paralelo ó oficial.
“Camaradas proletarios, traballadores de todos os países...
Nós, soldados e obriros rusos, unidos no seo do Soviet dos deputados de obreiros e soldados,
envíamosvos os nosos saúdos calurosos e vos informamos dun gran suceso. A democracia rusa derribou o
despotismo dos tsares e entrou totalmente na familia das nacións como membro igual ás demais e como unha
poderosa forza no combate para a nosa total liberación. A nosa victoria é unha gran victoria para a liberdade
e a democracia. O pilar da reacción no mundo, o “xendarme de Europa”, desapareceu. Debe ser enterrado para
sempre. Viva a liberdade. Viva a solidariedade internacional do proletariado e viva o seu combate para a victoria
final.
A nosa obra non rematou: as sombras do antigo réxime non foron disipadas totalmente e son
numerosos os inimigos que preparan as súas forzas para reducir a revolución rusa....
Nós defendemos firmemente a nosa liberdade contra todas aas tentativas da reacción, tanto no
interior coma no exterior. A revolución rusa non retrocederá ante as baionetas dos conquistadores, e non se
deixará aplastar polas armas extranxeiras.
Pero nós facemosvos un chamamento: desembarazaivos do xugo do voso goberno semiautocrático,
como o pobo ruso barreu a autocracia tsarista; rexitade ser os instrumentos da conquista e da violencia nas
mans dos monarcas, os propietarios, os banqueiros; así, unindo os nosos esforzos, deteremos a horrible
carnicería que é a vergoña da humanidade e ensombrece os grandes momentos do nacemento da liberdade rusa.
Traballadores de todos os países: tendendo as nosas mans como irmáns por riba das montañas dos
corpos dos nosos mortos, por riba dos ríos de lágrimas e de sangue verquida inocentemente, por riba das ruinas
aínda fumeantes das cidades e dos pobos, por riba dos tesouros destruídos, facemosvos un chamamento para
restaurar a unidade internacional. Tal é a garantía das nosas victorias futuras e da liberdade completa da
humanidade.
¡Proletarios de todos os países, unídevos!
O Soviet dos diputados de obreiros e soldados de Petrogrado.
(Fragmento da declaración do Soviet de Petrogrado a todos os pob os, 27 d e ma rzo de 1917 . En: LÓ PEZ -CORD ÓN, M . V. e
172
MARTÍNEZ CARRERAS, J. U. : Obra citada. Paxs. 323-324)
Q. A revolución socialista. O asalto ó palacio de inverno.
“Semellantes a un río negro que enchera toda a rúa, sin cantos e sin risas, pasabamos por baixo do
Arco Bermello, cando un home que camiñaba xustamente detrás de min dixo en voz alta: “¡Atención camaradas!
Non hai que fiarse deles. Seguramente tirarán” (...). Despois de permanecer agazapados uns minutos (...), a
tropa, composta por varios centos de homes, recobrou a calma e sin novas ordes, continuou o avance. Gracias
á luz que caía das ventás do Pazo de Inverno puiden apreciar que os douscentos ou trescentos primeiros homes
eran gardas bermellos, entre os que só se atopaban esparexidos unhos cantos soldados. Escalamos a barricada
de madeira que defendía o pazo, e lanzamos un berro de triunfo ó caer ó outro lado, sobre un montón de fusiles
abandoados polos junkers. A ambolos dous lados da entrada principal, as portas estaban abertas de par en par,
deixando brotar a luz; pero non saía o menor ruído do inmenso edificio.
A impaciente oleada da tropa empurrounos a entrada da dereita, que conducía a unha vasta sá
abovedada, de paredes núas: o soto da ala leste, de onde partía un laberinto de pasillos e escaleiras. Gardas
bermellos e soldados precipitáronse axiña sobre uns grandes caixóns de embalaxe que se atopaban alí, saltando
as tapas a culatazos e sacando deles tapices , cortinas, roupa branca, vaixela de porcelana, cristalería... Un
delesensinaba orgullosamente un reloxio de chimenea de bronce, que se botara ás costas. Outro colocárase
no chapeu unha pluma de avestruz. Non fixera outra cousa que comenzar o saqueo cando se oíu unha voz:
“¡Camaradas, non toquedes nada, non collades nada; todo é propiedade do pobo!” E de súpeto, vinte voces
repitiron: “Alto! volvede poñer todo no seu sitio; prohibido tocar nada; propiedade do pobo”. (...). Os obxectos
volveronse colocar mellor ou pior nos seus caixóns e varios homes encargáronse espontaneamente de montar
a garda.
Trasladámonos á entrada da esquerda, na ala oeste. Dous gardas bermellos, un oficial e un soldado
estaban de pe, co revolver na mán; outro soldado estaba sentado nunha mesa con pluma e papel. Por todas as
partes se oía o berro: “¡Todo o mundo fora!”, e pouco a pouco a tropa empezou a cruzar as portas,
atropelándose, marmurando e protestando. Collíase a cada soldado e rexistrábase, vaciábanselle os petos,
mirábaselle debaixo do capote. Todo o que non era evidentemente seu, decoisábaselle.
Tamén se presentaban junkers en grupos de tres ou catro (...). Tamén estes encheran os petos (...).
Ademáis, desarmábase ós junkers.
-¿E agora -preguntábaselles-, volveredes coller as armas contra o pobo?.
Un detras do outro contestaban que nón, e con esta promesa deixábaselles en liberdade.”
(REED , J.: Diez dias que estremecieron al mundo. Barcelona. Os libros de Plon, 1982.)
R. A revolución socialista. As Teses de Abril.
“1. Na nosa actitude cara á guerra -que por parte de Rusia, baixo o novo goberno de Lvov e compañía,
segue a ser indubidablemente unha guerra imperialista de rapina, debido ó caracter capitalista deste goberno-,
non é posible tolerar ningunha concesión, por cativa que sexa, ó “defensismo revolucionario”.
O proletariado con conciencia de clase pode dar un asentimento a unha guerra revolucionaria que
xustifique realmente o defensismo revolucionario só baixo as seguintes condicións: a) que o poder pase a máns
do proletariado e dos sectores máis pobres dos campesiños, aliados do proletariado; b) que se renuncie de
feito, e non só de palabra, a tódalas anexións ; c) que se rache realmente e de modo absoluto con tódolos
interese dos capitalistas.
Dada a indubidable boa fe de grandes sectores da masa que cren no defensismo revolucionario, que
admiten a guerra unicamente como unha necesidade e non como unha guerra de conquista, dado que foron
enganados pola burguesía, é preciso explicarlles o seu erro... a ligazón entre o capital e a guerra imperialista...
2. A característica do momento actual en Rusia é o paso da primeira etapa da revolución, que deu o
poder á burguesía por carecer o proletariado do gro necesario de conciencia de clase e de organización, á súa
segunda etapa, que debe poñer o poder en máns do proletariado e dos sectores pobres dos campesiños...
3. Nin o menor apoio ó goberno provisional; demostrar a falsidade absoluta de tódalas súas promesas,
especialmente as que fan referencia a renuncia ás anexións. Desemascarar a este goberno, que é un goberno
173
de capitalistas, en vez de “es ixir” que deixe de ser imperialista, cousa inadmis ible e que non fai máis que
espertar ilusións.
4. Recoñecer que na maior parte dos soviets de deputados obreiros, o noso partido está en minoría...
explicarlles ás masas que os soviets de deputados obreiros son a única forma posible de goberno
revolucionario...
5. Non unha rrepública parlamentaria -volver a esta desde os soviets de deputados obreiros sería un
paso atrás-, senón unha república de soviets de deputados obreiros, peós rurais e campesiños, en todo o país,
de, de abaixo a arriba...
6. No programa agrario, trasladar toda a atención ós soviets de deputados peóns rurais.
Confiscación de todas as terras dos terratenentes.
Nacionalización de todas as terras do país...
8. A nosa tarefa inmediata non é a “introducción” do socialismo, senón só poñer de seguida a
producción social e a distribucción dos productos baixo o control dos soviets de deputados obreiros.
9. Tarefas do partido:
a) Celebración immediata dun congreso do partido.
b) Modificación do programa do partido, principalmente: 1) Sobre o imperialismo e a guerra
imperialista; 2) Sobre a actitude do Estado e a nosa reivindicación dun “Estado-comuna”; 3)
Modificación do programa mínimo, que está vello.
c) Cambiar o nome do partido.
d) Renovar a Internacional.
(LEN IN, Socineninja , XXIV, 3, en M arc Ferr o, Paxs. 474-476)
S. A revolución socialista. As reivindicacións campes iñas
“A asemblea do goberno de Voronezh, constituída polos representantes dos comités de Volost,
despois de escoitar os informes e debates sobre a cuestión agraria, declara:
1. Toda a terra debe ser transferida ó pobo.
2. A propiedade da terra debe ser abolida.
3. A explotación da terra é un dereito de todos os que a traballan.
4. A terra é expropiada ós seus posuídores sen indemnización.
5. A confiscación das terras non debe tolerarse antes da asamblea constituínte.
A asemblea considera urxente e indispensable a promulgación, polo goberno provisional, das seguintes
leis:
1. Facer que cese toda trnsacción sobre as terras (compra, venda ou hipoteca).
2. Conferir ós comités da terra o dereito a traballar as terras non explotadas polos posuídores.
3. Tomar medidas para proporcionar ós comités da terra instrumentos de labranza de todas clases
e todo o que lles sirva para a explotación.
4. Atribución, ós comités da terra, do dereito a regulamentar os arrendamentos e os salarios dos
obreiros agrícolas, así como a controlar a explotación das propiedades para garantir a producción da maior
cantidade posible de bens alimenticios.
5. O goberno provisional debe promulgar unha acta que anule a lei sobre a obshchina, reforce a
posición dos arrendatarios e regule o emprego de instrumentos de producción.
6. Os comités da terra deben preservar os bosques, as zonas de pesca e outros lugares productivos
de todo acto de pillaxe, a fin de garantir a súa utilización por todo o pobo.
Resolución adoptada por unanimidade en Voronezh, o 9 de abril de 1917.
(Esta resolución foi impresa e editada polo comité de Voronzh do Partido Socialista Revolucionario).”
(FERR O, M.: La Revolución de 1917. Paxs. 465-66)
174
T. A revolucion socialista. O socialismo moderado.
“Ó amencer do 25 de outubro, Kerenski xa se atopaba en condicións de asegurar que a revolución
estalara e o cuartel xeral do alto mando non fixera nada por defender petrogrado. Culpou ós militares de
terpecado de excso de confianza... Posteriormente, Kerenski saíu precipitadamente da capital coa protección
dun automóbil da embaixada americana, co fin de saír ó encontro das tropas da fronte que el mesmo chamara.
Ó anoitecer, o Pazo de inverno foi sitiado e non puido volver a comunicarse coa cidade. En van esperou o
Goberno Provisional o regreso de Kerenski coas tropas. Pola noite, o criceiro Aurora, que se pasara ó bando dos
bolxeviques trala súa chegada desde Kronstadt, bombardeou o Pazo...
Finalmente, os mariñeiros, soldados e obreiros da Garda Roxa penetraron no pazo, e o comandante
rendesuse coa condición de que lles perdoasen a vida ós cadetes. Os membros do goberno provisional foron
encarcerados na fortaleza de Pedro e Paulo, onde volveron a reunirse cos ministros do réxime tsarista, que
foran encarcerados trala revolución de marzo... A disolución xeral de Rusia xestáraase no Goberno Provisional...
A desorganización provocada pola extraordinaria campaña militar, a extremada laxitude do Exercito e o caos
económico, todo isto preparou a Rusia para recibir o bolxevismo... Lenin só tivo que sancionar un feito
consumado para obte-lo apoio dos soldados, campesiños e obreiros.”
(Fragment os do relato de outubro e a explicación que delas fixo Miliukov, historiador e un dos dirixentes do partido dos Kadets,
1917. En: M iradoiro. Historia do mundo contemp oráneo. Ed. Vicens-Vives, A Coruña, 1987. Pax. 141)
U. A revolución socialista. O primeiro goberno bolxevique.
“Os terreos dos terratenentes, asi como todas as terras da Coroa, dos mosteiros e da Igrexa, con
todo o seu gando de labor e apeiros de labranza, edificios e todas as dependencias, pasan a disposición dos
comités agrarios de pequeno distrito e dos Soviets de Deputados Campesiños de distritos ata que se reuna
a Asemblea Constituínte...
Igualdade e soberanía dos pobos de Rusia...
Dereito dos pobos de Rusia á libre autodeterminación, ata a súa separación e constitución de Estados
independentes...
O negocio bancario declárase monopolio do Estado...
Quedan abolidos todos os rangos e graos no exercito, desde o de cabo ata o de xeneral. O Exercito
da República de Rusia estará constituído en adiante por cidadáns libres e iguais, que levarán o honroso título
de soldados do Exercito revolucionario...
Quedan abolidos todos os estamentos e divisións estamentais dos cidadáns, os privilexios e
restriccións estamentais, as organizacións e institucións estamentais, así como todos os rangos civís
existentes ata agora en Rusia...”
(Fragm entos dos Prim eiros decret os do gobe rno bolxevique , 1917.En: RE ED,J. : Os dez días que conm overon o mundo. )
V. A revolución socialista. A Constitución de 1918.
“ A Constituc ión da República Socialista Federativa Soviética de Rus ia.
Adoptada polo V Congreso panruso o 19 de xullo de 1918.
TÍTULO PRIMEIRO
Declaración de dereitos do pobo traballador e explotado.
Capítulo primeiro.
1. Rusia toma o nome de República de soviets de deputados obreiros, campesiños e soldados. Todo o
poder central e local, pertence a estes soviets.
2. A República soviética de Rusia establécese sobre a base dunha libre unión de nacións libres, como
Federación de Repúblicas soviéticas nacionais.
Capítulo segundo.
3. Co fin fundamental de suprimir toda explotación do home polo home, de abolir para sempre a
división da sociedade en clases, de reprimir sen piedade ós explotadores e de instituír a organización socialista
da sociedade, así como de asegurar a victoria do socialismo en tódolos países, o III Congreso panruso de
Soviets de deputados, obreiros, campesiños e soldados decreta:
175
Fonte: Miradoiro. Historia do mundo contem poráneo. Ed. Vicens-Vives. Pax.142
...c) Como primeiro paso cara a transferencia total das fábricas, minas, ferrocarrís e outros medios
de producción ou de transporte entre a República soviética obreira e campesiña, a lei soviética sobre o control
obreiro e sobre o Consello Superior de Economía Nacional, a fin de asegurar o poder dos traballadores sobre
os explotadores...
f) A fin de asegurar ás masas traballadoras a totalidade do poder e de descartar toda posibilidade
de restauración do poder dos explotadores, decrétase o rearme dos traballadores, a formación dun Exercito
Roxo socialista de obreiros e campesiños, así como o desarme completo das clases posuidoras.
TÍTULO TERCEIRO
A organización do Poder Central
Capítulo sexto.
Do Congreso panruso de Soviets de deputados obreiros, soldados, campesiños e cosacos.
24. O Congreso panruso de Soviets é o poder supremo da R.S.F.S.R.
25. O Congreso panruso de soviets componse de rrepresentantes de soviets de cidades, a razón de
un deputado por cada 25.000 electores, e de representantes dos congresos de soviets provinciais , a razón de
un deputado por 125.000 habitantes...
29. O Comité Executivo Central de soviets é responsable ante un congreso panruso de soviets...
Capítulo Sétimo
Do Comité Executivo Central dos soviets.
31. O Comité Executivo Central panruso é o órgano supremo de lexislación, administración e control
da R.S.F.S.R.”
W. A revolución socialista. A guerra civil.
176
Elabora ción propia con d atos de: NO VE, A.: Hª económica da Unión Soviética. Pax. 71
X. A revolución rusa. O Comunismo de Guerra.
Y. A revolución socialista. A oposición ó Comunismo de Guerra.
“Oído o informe dos representantes enviados a Petrogrado pola asemblea xeral de tripulación de
barcos co fin de que investiguen os feitos alí acontecidos, esiximos:
1º. Que, en vistas de que os actuais Soviets non expresan a vontade dos obreiros e campesiños, deben
celebrarse de contado novas eleccións por voto secreto, con propaganda preliminar libre para tódolos obreiros
e campesiños antes das eleccións...
2º. Liberdade de expresión e de prensa para obreiros e campesiños, anarquistas e partidos socialistas
de esquerda...
3º. Liberdade de reunión para sindicatos e asociacións campesiñas...
5º. A liberación de tódolos prisioneiros políticos da partidos socialistas, así como a dos obriros e
campesiños, soldados roxos e mariñeiros encarcerados pola súa relación con movementos obreiros e
campesiños...
11º. Que se lles outorgue ós campesiños o dereito e a liberdade de acción para facer o que lles praza
con toda a terra...
15º. Que sexa permitida a libre producción artesanal.”
(Fragment os das peticións formuladas no manifesto dos sublevados en Kronstadt en 1921. En: ARÓSTEGUI SÁNCHEZ, J. e
outros: Miradoiro. Historia do mundo contem poráneo. Ed. Vicens-vives. A Coru ña, 1987. Pax. 142 )
Z. A revolución socialista. A Nova Política Económica (NEP)
“Por qué e en qué condicións o poder soviético admite o capitalismo e as concesións. O imposto en
especie, naturalmente, significa que o campesiñado ten libertade de dispoñer dos sobrantes que lle quedan
despois de pagar o imposto. Mentres o Estado non poida ofrecer ó campesiño productos da fábrica socialista
a cambio de todos eses sobrantes, a liberdade de comerciar cos excedentes significa inevitablemente
liberdade de desenvolvemento capitalista.
177
Sen embargo, dentro dos límites indicados, isto non representa perigo ningún para o socialismo,
mentras o transporte e a gran industria sigan nas máns do proletariado. Ó contrario, o desenvolvemento do
capitalismo controlado e regulado polo Estado proletario (é dicir, do “capitalismo de Estado”, neste censo da
palabra) é vantaxoso e necesario (claro que ata certo punto) nun país de pequenos campesiños,
extraordinariamente arruinado e atrasado, porque pode acelerar un desenvolvemento immediato da agricultura
polos campesiños. Con maior razón, pode dicirse o mesmo das conces ións sen nacionalizar, e que o Estado
obreiro dea en arrendo determinadas minas, bosques, explotacións petrolíferas, etc., a capitalistas
estranxeiros para obter deles instrumental e máquinas suplementarias que nos permitan apresurar a
restauración da gran industria soviética.”
(Tese do informe sobre a táctica do Partido Comunista de Rusia. III Congreso Internacional Comunista, 13 de xuño de 1921)
Z. 1. A Revolución socialista. A organización do Estado soviético.
O estalinismo. Unha férrea dictadura.
Z. 2. A loita polo poder á morte de Lenin. O posicionamento de Stalin.
“A victoria do socialismo nun único país é a posibilidade de resolver as contradiccións entre o
proletariado e o campesiñado por medio das forzas internas do noso país; é a posibilidade da toma do poder
por parte do proletariado e da utilización dese poder para construír unha sociedade socialista integral no noso
propio país co apoio dos proletarios doutros países, pero sen a victoria previa da Revolución nos outros países.”
(STALI N, J.: Cuestiones de leninismo. En: LÓPEZ FACAL, R. e DÍAZ OTERO, A. Obra citada. Pax. 144)
Z. 3. A loita polo poder á morte de Lenin. O posicionamento de Trotski.
“A conquista do poder polo proletariado non remata a revolución, senón que a acaba de comezar. A
construcción socialista non se concibe nada máis que sobre a base da loita de clases a escala nacional e
internacional... A revolución comeza no terreo nacional e remata na área mundial. Así a revolución socialista
faise permanente no sentido novo e máis amplo de termo: non remata máis que co triunfo definitivo da nova
sociedade en todo o planeta.”
(TROTS KI, L.: La revolución permanente. En: LÓPEZ FACAL, R. e DÍAZ OTERO, A. Obra citada. Pax. 144)
178
Z. 4. A burocratización do Estado.
“Existen, dun lado, empregados ordinarios, membros do partido non investidos do poder, que nada
gobernan, que non poden ordenar cousa ningunha ou tomar decisións que teñan forza de lei e, por outro lado,
funcionarios con autoridade, gobernantes de empresas, de institucións politicas, de sectores enteiros da
economía, da cultura, da política, da vida cotiá e, finalmente de todo Estado nas súas múltiples relacións
interiores e exteriores, así como o Partido na súa actividade de dirixente e organizador. Estes son capaces
de ordenar cousas e de tomar decisións que teñan forza de lei. Forman a clase dirixente e, por iso, dominante
da sociedade soviética, socialista, que dirixe tódolos dominios da vida, investida da plenitude do poder...
O membros da nomenclatura foron así colocados nunha situación privilexiada respecto da masa da
poboación traballadora. Deste modo, a aristocracia burocrática do Partido fíxose independente da opinión
pública dos traballadores, afíxose a desprezala. A súa actividade desenvolveuse nunha esfera separada,
autónoma, sen control da sociedade e nin sequera do Partido. É moi natural que esta aristocrac ia no poder, se
esforzase por facer máis firmes os seus inconfesados privilexios xurídicos e mesmo os seus privilexios
materiais: a utilización por unha lei tácita, dos diversos bens e, principalmente, dos que pertencían á
administración.
(VARGA , E.: A construçäo do socialismo na Uniao Soviética. Ed. Ferreira. Porto)
Z. 5. Unha nova era económica. Os plans quinquenais.
“En 1928, a URSS entrou nunha nova era. O partido e o goberno lanzaron os “plans quinquenais”, que
deberían orientar a producción e facer posible que a Unión Soviética salvase o seu atraaso. Simultaneamente,
invitouse ós campesiños a que abandonase a práctica dos cu ltivos individuais e entrasen nas grnaxas colectivas.
Os bolxeviques aspiraban a someter a natureza ás necesidades do home, utilizar a fondo os inmensos recursos
do país e cambiar totalmente o modo de existencia dos cidadáns. Os cambios habidos en 1917-1927 fixeranse
de xeito apresurado e sen orde nin concerto, anarquicamente, como a repartición das terras; case todos eles
se deberan á presión dos acontecementos. En 1928 comezou a construcción consciente e voluntaria dunha
sociedade nova.
(SORLIN, P.: A sociedade soviética. 1917-1964. En: Historia do mundo contem pooráneo. Ed. Rodeira-edebe. A Coruña,2002.
Pax. 182)
Z.6. A planificación económica. A colectivización agraria.
179
Z. 6. A planificación económica. Evolución global da economía soviética.
Z. 7. As depuración políticas. Os campos de traballo en Siberia.
“Vexamos a chegada dun dos trens ao punto de destino: estación de Ierzovo, febreiro de 1938.
Abrense os vagóns pola noite. Ó longo do tren fixeronse fogueiras, que iluminan as operacións de descarga,
conta, formación dos presos sobre a neve e nova conta. A temperatura é de trinta e dous gros baixo cero. A
remesa procede de Donbass; os presos estiveron no cárcer desde o verán e a maioría levan sandalias. Tratan
de achegarse ao lume, pero botannos de alí. O lume non é para se quentar, senón para iluminar. Os dedos dos
pés quedanse ríxidos. Os zapatos énchense de neve, que nin sequera se funde. Non hai compaixon. Logo dase
a rode:”¡En marcha!”... A columna ponse en marcha; os gardiáns con peliza, e os condenados a morte, coas súas
prendasd de verán, funden os pés na neve virxe da estrada, camiño dalgún lugar da sombría taiga...
A fin da viaxe representa moitas veces o primeiro paso para a fundación dun novo campo, e, así, a
miudo, o tren detense bruscamente en plena taiga, e alguén crava nun abeto un cartel que di: “primeiro OLP”
(posto avanzado de campo de concentración). E alí pasan unha semana masticando arenque afumado e facendo
papas de fariña e neve. Se o campo ten polo menos dúas semanas de existencia, ofrece xa un certo confort
e hai comida quente. Non importa que non haxa pratos; bótano todo xunto nunha tina, da que comen seis.
Tampouco hai mesas nin asentos. ¿Repetición? Non; isto era en Pereboy en 1937, e cóntanolo Loshchilin. Eu
non me repito; GULAG é quen se repite.”
(SOLZHENITSIN, A.: Arquipélago Gulag . 1973. En: ALFEIRAN RODRIGUEZ, X. e ROMERO MASIÁ, A. Obra citada. Pax.229)
Z. 8. O culto a personalidade.
Un bo amigo tamén podería aconsellar a Stalin que deteña a orxía de glorificación persoal á que se lle
ten permitido asolar o país. Diariamente chéganlle centenares de telegramas que desbordan esaxerados eloxios
orientais: “Es o xefe máis grande...” e outros polo estilo. Tres cidades, innumerables aldeas, granxas colectivas,
escolas, fábricas e institucións foron designadas co seu nome. Se Stalin non é responsable deste
comportamento, plo menos o tolera. Podería suspendelo nada maís que premendo un botón.”
(FISHER,L.(Periodista america no destaca do en Moscú). Natión. 13-XII -1930. E n: ALF EIR AN R ODR IGUE Z, X . e ROMERO
MASIÁ, A. Obra citada. Pax. 229)
180
Documentos fílmicos relacionados coa unidade temática.
1. Doutor Zhivago. EE. UU. 1965. Dir. David Lean. Xénero: drama romántico. Duración: 176 m.
2. Doutor Zhivago. Reino Unido. 2002. Dir. Giacomo Campiotti. Xénero: drama romántico. Duración: 225 m.
3. O acoirazado Potemkin. Unión Soviética. 1925. Dir. S. M, Eisenstein. Xénero: drama bélico. Duración: 80
m.
4. Outubro. Unión Soviética. 1927. Dir. S. M. Eisenstein. Xénero: drama. Duración: 85 m.
5. A folga. Unión Soviética. 1924. Dir. Sergei M. Eisenstein. Xénero: drama social. Duración: 82 m.
6. A terra. Unión Soviética. 1930. Dir. Alexander Dovjenko. Sin datos nos demáis apartados.
7. Roxos. EE. UU. 1981. Dir. Warren Beatty. Xénero: drama político. Duración: 200 m.
8. Nicolás e alexandra. EE. UU. 1971. Dir. Franklin J. Schaffner. Xénero: Drama de época. Duración: 183 m.
9. O asasinato de Trotsky. Reino Unido. 1972. Dir. Joseph Losey. Xénero: drama. Duración: 103 m.
10. O círculo de poder. EE. UU. 1991. Dir. Konchalovsky. Xénero: drama biográfico. Duración: 137 m.
11. A nai. Unión Soviética. 1926. Dir. Vsevolod Pudovkin. Xénero: drama social. Duración: 88 m.
12. Siberiada. Unión Soviética. 1978. Dir. Andrei Konchalovsky. Xénero: drama político. Duración: 275 m.