Clasificación dos seres vivos

Post on 24-Jun-2015

587 views 9 download

description

A clasificación dos seres vivos. 1 º Bacharelato.

Transcript of Clasificación dos seres vivos

Profesor: Adán Gonçalves

INTRODUCIÓNINTRODUCIÓN

Por que clasificar?Por que clasificar?

O estudo do elevado número de especies e a súa gran diversidade somente é posible se as ordenamos nunha serie de categoríascategorías homoxéneas, e dicir, grupos con características comúns.

Como clasificar?Como clasificar?

Para poder clasificalas axeitadamente debemos establecer criterios de criterios de clasificaciónclasificación que sexan obxectivos e discriminatoriosobxectivos e discriminatorios.

Ademais as clasificacións deben ser hipóteses que poidan ser probadas e modificadas se é preciso.

De feito, a longo do tempo foron variando os criterios de clasificación a medida que aumentaba o noso coñecemento do medio natural.

1. 1. CONCEPTOS ESENCIAISCONCEPTOS ESENCIAIS

Sistemática:Sistemática: ciencia cuxa finalidade é crear sistemas de clasificación baseándose en criterios de semellanza e evolutivos. A sistemática utiliza como ferramentas fundamentais a taxonomía e a nomenclatura.

Taxonomía:Taxonomía: disciplina encargada da ordenación dos seres vivos establecendo as regras, principios e procedementos necesarios para elo.

Nomenclatura:Nomenclatura: disciplina que se ocupa de dar nome aos distintos organismos.

Categoría taxonómica:Categoría taxonómica: cada un dos niveis xerárquicos da clasificación dos seres vivos. As máis importantes son de menor a maior: especie, xénero, familia, orde, clase, filum ou división e reino.

Taxón:Taxón: grupo de organismos que comparten características dentro de calquera categoría taxonómica.

2. 2. UN POUCO DE HISTORIAUN POUCO DE HISTORIA

Aristóteles ( s. IV a.C.) clasificou os seres vivos en dous grandes grupos: vexetais e animais.

Teofrasto (s.IV-III a.C) clasificou os vexetais en árbores, arbustos, subarbustos e herbas.

Estas primeiras clasificacións fixéronse seguindo criterios artificiais, é dicir, criterios máis ou menos arbitrarios (número baixo de características e que foran evidentes): sistemas de clasificación artificial.sistemas de clasificación artificial.A partir do s. XVIII, as grandes expedicións científicas proporcionaron gran cantidade de novas especies que crearon a necesidade de novos sistemas de clasificación baseados na anatomía comparada e a fisioloxía dos organismos.

2. 2. UN POUCO DE HISTORIAUN POUCO DE HISTORIAO naturalista sueco Carl Von Linneo (1707-1778) na súa obra Systema naturae establece as bases da sistemática moderna. Linneo ordenou os organismos en grupos de tamaño crecente dispostos de maneira xerárquica en niveis (categorías), cada grupo dun nivel abarca un ou máis do nivel inferior.

En 1731 crea a nomenclatura binomialnomenclatura binomial que aparecerá publicada na súa obra Species plantarum (1753).Este xeito de asignar nome as especies segue a ser o que utilizamos na actualidade:

Nome científico= nome xenérico + nome da especie

Hoxe en día, ademais das características anatómicas e funcionais, empregamos criterios taxonómicos como as características bioquímicas, microscópicas, inmunolóxicas, xenéticas e comportamentais.

3. 3. IMPORTANCIA DA EVOLUCIÓN NA SISTEMÁTICA IMPORTANCIA DA EVOLUCIÓN NA SISTEMÁTICA

A irrupción da teoría evolutiva de Darwin no s.XIX impregnou a sistemática provocando que as distintas categorías taxonómicas expresen graos de parentesco entre os organismos.

Os sistemas de clasificación actual son naturaisnaturais, xa que se basean en criterios que permiten establecer relacións de parentesco. Hai fundamentalmente dous tipos de criterios:

Parentesco (Filoxenia): Parentesco (Filoxenia): análise do rexistro fósil e das características bioquímicas e xenéticas para establecer o grao de proximidade evolutiva.

Caracteres morfolóxicos e funcionais:Caracteres morfolóxicos e funcionais: establecen semellanzas e diferenzas entre os organismos. A anatomía comparada ten un papel preponderante baseandose na presenza de órganos homólogos.

A taxonomía que se fundamenta nas relacións filoxenéticas chámase cladista cladista e pode representarse mediante diagramas denominados cladogramascladogramas.

Os máis “avanzados” non está á dereita.

CladogramasCladogramas

3. 3. IMPORTANCIA DA EVOLUCIÓN NA SISTEMÁTICA IMPORTANCIA DA EVOLUCIÓN NA SISTEMÁTICA

A filoxenia pode representarse como unha árbore onde quedan representadas as relacións de parentesco dos organismos.

Son as árbores filoxenéticas ou dendrogramasfiloxenéticas ou dendrogramas, e se constrúen a partir de diferentes probas evolutivas: paleontolóxicas, anatomía comparada, embrioloxía, bioquímicas...

4. 4. A ESPECIE A ESPECIEA especie é a categoría taxonómica fundamental e representa a unidade básica de clasificación. É un concepto que resulta difícil de limitar e o seu significado foi variando a medida que avanzabamos nos coñecementos evolutivos.

Ata finais do XIX referíase a especie morfolóxicaespecie morfolóxica, xa que eran estas características as que utilizábamos para diferenciar as especies.

Na actualidade, sabemos que os organismos non teñen características fixas e falamos de especie biolóxicaespecie biolóxica (Ernst Mayr): conxunto de poboacións (formadas por individuos) que comparten o mesmo patrimonio xenético e que poden cruzarse entre sí dando lugar a descendencia fértil, pero non con outros seres vivos (illamento reprodutivo).

Por exemplo o burro e o cabalo son especies diferentes porque aínda que se poden cruzar, a súa descendencia, a mula (híbrido cabalo-burro), non é fértil.

Esta definición de especie adáptase ben aos animais, pero non tanto as plantas, onde é frecuente a reprodución asexual e os híbridos, e polo tanto, máis complicado o illamento reprodutivo.

4.1 4.1 EspeciaciónEspeciación

É o mecanismo polo cal aparece unha nova especie. Pode suceder de dous xeitos:

Especiación alopátrida:Especiación alopátrida: ocorre cando hai unha barreira xeográfica (montaña, illa, río…) que separa as poboacións que evolucionan independentemente. É o tipo máis habitual.

Especiación simpátrida:Especiación simpátrida: neste caso o illamento non é xeográfico. Pode ser illamento reprodutivo, diferentes hábitats, diferenzas comportamentais…

Exemplo de especiación alopátrida: separación homínidos- chimpancésExemplo de especiación alopátrida: separación homínidos- chimpancés

A la derecha del Rift –Valley (Este):

Clima más seco y los seres vivos (homínidos entre ellos) se tienen que adaptar a las nuevas condiciones

A la izquierda del Rift –Valley (Oeste):

Clima más húmedo. En esta zona evolucionan los chimpancés y gorilas actuales

Hipótesis africana

Exemplo de especiación simpátrida: os cíclidos do lago Malawi, doTanganika e do Exemplo de especiación simpátrida: os cíclidos do lago Malawi, doTanganika e do VictoriaVictoria

Nestes grandes lagos africanos existen moitísimas especies de cíclidos que difieren nos hábitos alimenticios, comportamento, forma dos dentes e mandíbulas...

Evidentemente dentro do lago non hai unha barreira xeográfica, pero si foi posible un proceso de especiación (selección disruptiva) a partir de un antecesor común.

5. 5. OS CINCO REINOS OS CINCO REINOS5.1 5.1 Un pouco de historiaUn pouco de historia

Dende Aristóteles ata mediados do s. XIX a amioría dos biólogos limitábanse a dividir os seres vivos en dous reinos: Plantas e Animais.

En 1866. Ernst Haeckel propón un 3º reino para os organismo unicelulares que inclúe bacterias, protozoos e algas e fungos unicelulares. Máis tarde as bacterias inclúense nun só reino: o Reino Monera.

En 1969, Robert H. Whittaker propuxo unha clasificación en cinco reinos: Monera, Protista, Fungi, Plantae e Animalia; baseada en:

- Tipo celular: procariota/ eucariota.

- Número de células: uni ou pluricelaular.

- Tipo de nutrición: autótrofa/ heterotrofa.

En 1985, Lynn Margulis e Karlene V. Schwartz manteñen o esquema de Whittaker con pequenas modificacións: as macroalgas inclúense no Reino Protista (Protoctista).

5.2 5.2 O Tres DominiosO Tres Dominios

Recentes estudos fixeron considerar o nacemento dunha nova categoría taxonómica superior o Reino: o Dominio.

Carl Woese (1977-1990) propuxo tres dominios basándose no estudo das secuencias xénicas de ARN: Archaea, Bacteria e Eucarya.

Archaea:Archaea: son as arqueobacterias, bacterias moi primitivas, pero máis cercanas aos eucariotas.

Bacteria:Bacteria: engloba a todas as bacterias, a excepción das arqueobacterias.

Eucarya:Eucarya: son todos os eucariotas, inclúe catro reinos: protista, fungos, plantas e animais.

REINOSREINOS

DOMINIOSDOMINIOS

5.3 5.3 Os SuprarreinosOs Suprarreinos

Os avances no coñecemento de novas especies e na tecnoloxía biomolecular permitiron establecer novas relacións filoxenéticas.

Entre estas novas propostas atópase a de Cavalier-Smith (1998) que propón a existencia de dous suprarreinos (Prokaryota e Eukaryota) e seis reinos. Establece un novo reino, Chromistas, onde inclúe as algas e os mofos e fala do reino protozoa en lugar de protista.

Esta clasificación estase

a debatir na actualidade.

5.4 5.4 Características dos cinco reinosCaracterísticas dos cinco reinos

A clasificación de cinco reinos de Whittaker modificada por Margulis segue a ser a máis difundida e utilizada na actualidade.

6. 6. REINO MONERAS REINO MONERAS

Características xerais:Características xerais:

Inclúe a todos os procariotas. Pequeño tamaño: 1-10 µm.

Os fósiles máis antigos (hai uns 3800 m.a.) da Terra.

As cianobacterias ou cianofíceas son as responsables do comezo da osixenación da atmosfera.

Son os máis abundantes, en canto a nº de individuos.

Aparecen en todos os hábitats.

Teñen unha gran diversidade metabólica ( aerobios-anaerobios (facultativos e estrictos); heterótrofos ( saprofitos, parasitos, simbióticos)-autótrofos (foto e quimioautótrofos)).

Reprodución asexual e parasexual.

Carl Woese estableceu dentro deste Reino dous dominios: Archaea e Bacteria.

6. 6. REINO MONERAS REINO MONERAS

ArqueobacteriasArqueobacterias

Típicas de ambientes extremos: salinas, ácidez, altas temperaturas... (Termófilas).

Similares aos primeiros seres vivos (3800 m.a.)

Parede celular sen mureina ou peptidoglicano.

Bacterias (Eubacterias)Bacterias (Eubacterias)

As bacterias mellor coñecidas; claves en distintos aspectos: saúde, agricultura, industria, reciclaxe da materia...

Con parede celular de mureína. Segundo a composición da parede hainas:

- Gram + : parede bacteriana formada por unha capa. Cor azul-violeta. Estreptococcos, estafilococcos...

- Gram - : parede bacteriana de dúas capas. Cor vermello. Cianofíceas, Escherichia coli, Salmonella sp....

Bacterias ou Eubacterias

Bacterias ou Eubacterias

Cianofícea

7. 7. REINO PROTISTAS REINO PROTISTAS

Características xerais:Características xerais:

Os primeiros eucariotas (hai uns 1500 m.a.).

Todos os eucariotas que non son nin fungos, nin animais, nin vexetais.

Hainos unicelulares (protozoos e algas unicelulares) e pluricelulares (algas pluricelulares).

Variedade de organismos, fundamentalmente acuáticos.

Poden ser autótrofos (algas) ou heterótrofos (protozoos).

Reprodución asexual e sexual.

7. 7. REINO PROTISTAS REINO PROTISTAS

Protistas autótrofos:Protistas autótrofos:

Algas unicelulares, colonias e pluricelulares.

Realizan a fotosíntese ( osixenación) e son acuáticos.

Reprodución sexual e asexual.

Segundo a súa complexidade:

- Microalgas: unicelulares ou colonias. Importantes compoñentes do fitoplancto mariño. Inclúe dinoflaxelados (mareas vermellas), bastantes clorófitas e diatomeas.

- Macroalgas: maior tamaño, pero a diferenciación celular segue a ser escasa (Talófitas). Hainas clorófitas (algas verdes), rodófitas (algas vermellas) e feófitas (algas pardas).

Microalgas

Macroalgas

7. 7. REINO PROTISTAS REINO PROTISTAS Protistas heterótrofosProtistas heterótrofos

Inclúe orgnismos que anteriormente se clasificaron cos animais e cos fungos.

Podemos establecer dous grupos:

- Mofos protistas: Unicelulares ou con hifas que conforman un micelio. Son os mixomicetos ou mofos mucilaxinosos (Unicelulares= masas de plasmodio= célula con moitos núcleos) e oomicetos (mofos acuáticos con paredes de celulosa. Teñen hifas que conforman un micelio).

- Protozoos: todos unicelulares, realizan fagocitese para a inxestión do alimento e a maioría teñen mecanismos de desprazamento. Son as amebas (pseudópodos), os ciliados (cilios), os flaxelados (flaxelos) e os esporozoos (sen locomoción).

7. 7. REINO PROTISTAS REINO PROTISTAS

Mixomiceto Oomyceto da uva

Trypanosoma cruzi

Amoeba proteus

Paramecium caudatum

Plasmodium malariae

7. 7. REINO PROTISTAS REINO PROTISTAS

7. 7. REINO FUNGOS REINO FUNGOS

Características xerais:Características xerais:

Evolucionaron, probablemente, a partir dos protistas myxomicetos.

Hainos unicelulares (fermentos) e pluricelulares.

Os pluricelulraes están formados por estruturas filamentosas tubulares (hifashifas) que en conxunto forman o corpo fúnxico (miceliomicelio). (Talófitos).

As células posúen paredes de quitina e almacenan glicóxeno.

Son heterótrofos.

Teñen reprodución asexual mediante esporasesporas e reprodución sexual entre micelios compatibles (no ciclo poden existir esporas sexuais).

Posúen un papel primordial da descomposición da materia orgánica, pero tamén os hai parasitos (micoses) e simbióticos (micorrizas e liques).

7. 7. REINO FUNGOS REINO FUNGOS

Atendendo ao tipo de hifa e de espora sexual clasificámolos en: Cigomicetos:Cigomicetos: Son os mofos. Micelio ben desenvolvido. Con esporas asexuais (conidiosconidios) e sexuais de resistencia (zigósporaszigósporas). Ex: o balor do pan (Rhizopus stolonifer). Deuteromicetos:Deuteromicetos: Hifas tabicadas. Esporas asexuales (conidios). Ex: Mofos saprofitos e parasitos (Penicillum y Aspergillus) Ascomicetos:Ascomicetos: Hifas tabicadas. Forman esporas sexuais por meiose (ascósporasascósporas) dentro dunha estrutura, o esporanxio, chamada ascoasco. SaprofitasSaccharomyces, ParasitasCaruncho do centeo ou grafiose dos olmos, SimbiontesTrufas. Basidiomicetos:Basidiomicetos: Hifas tabicadas e esporas sexuais en esporanxios chamados basidiosbasidios. Forman corpos fructíferos denominados cogomelos. A maioría son saprofitos, pero hainos parasitos (roias, carbóns, tizóns...).Dentro dos cogomelos hai especies moi apreciadas na cociña: níscaros, boletos comestibles..., pero tamén as hai velenosa como a Amanita phalloides (boleto de Satanás).

Balor do pan- Zigomiceto

Penicillium notatum- Deuteromiceto

Claviceps purpurea- Ascomiceto

Amanita muscaria -Basidiomiceto

Melanelixia glabra-Líquen

7. 7. REINO PLANTAS REINO PLANTAS

Características xerais:Características xerais:

Teñen tecidos desenvolvidos con vasos condutores (cormófitos) a excepción dos briófitos (protocormófitos).

Teñen parede celular de celulosa e almacenan amidón.

Son autótrofos fotosintéticos con clorofila.

Proveñen da evolución de algas verdes.

Segundo a súa complexidade e grao evolutivo diferenciamos: plantas non vasculares, plantas vasculares sen sementes e plantas vasculares con sementes (espermatófitos).

7. 7. REINO PLANTAS REINO PLANTAS

Plantas non vasculares: os briófitosPlantas non vasculares: os briófitos

Carecen de vaos condutores (protocormófitos)

Dependen dun alto grao de humidade para poder reproducirse.

Son as carrizas.

Plantas vasculares sen sementes: os pteridófitosPlantas vasculares sen sementes: os pteridófitos

Teñen tecidos condutores (cormófitos).

No Paleozoico foron a vexetación dominante.

Son os fentos.

Plantas vasculares: espermatófitosPlantas vasculares: espermatófitos

Son cormófitos que producen sementes (estrutura de dispersión- avance evolutivo fronte as esporas xa que leva substancias nutricias e aumenta a probabilidade de supervivencia).

Divídense en dous grupos: ximnospermas e anxiospermas.

7. 7. REINO PLANTAS REINO PLANTAS

EspermatófitasEspermatófitas

Ximnospermas:

Plantas con sementes espidas e flores primitivas (sen cáliz, nin corola).

Son exemplos as pináceas, as cupresáceas e Ginkgo biloba.

Anxiospermas:

Plantas con sementes nun froito.

Flores completas (con cáliz e corola).

Segundo o nº de cotiledóns da semente hai :

- Monocotiledónias: un cotiledón, raíz fasciculada, follas alongadas e nº de pezas florais múltiplo de 3. Exemplo: as gramíneas (trigo, millo, arroz...)

- Dicotiledónias: dous cotiledóns, unha raíz principal, follas de forma variada e nº de pezas florais múltiplo de 4 ou 5. Exemplo: frutais, margaritas, malvas, craveles...

MUSGO – PLANTA NON VASCULAR

HEPÁTICAS – PLANTA NON VASCULAR

LICOPODIOS – VASCULAR SEN SEMENTE

Equiseto (Cola de cabalo) – Vascular sen semente

Fentos- vascular sen semente

Cica – Vascular ximnosperma

Ginkgo biloba – Vascular ximnosperma

Piñeiro – Vascular ximnosperma

Gnetum – Vascular ximnosperma

Trigo – Vascular anxiosperma monocotiledónea

Almendro– Vascular anxiosperma dicotiledónea

DICOTILEDÓNEA MONOCOTILEDÓNEA

8. 8. REINO ANIMAIS REINO ANIMAISCaracterísticas xerais:Características xerais:

Proveñen dos protozoos.

Son todos eucariotas pluricelulares.

Teñen simetría radial ou bilateral.

Non hai parede celular.

Algúns posúen un sistema nervioso, carácter exclusivo deste reino.

Son heterótrofos.

A maioría teñen dixestión interna nunha cavidade ou nun tubo dixestivo.

Teñen reprodución sexual e algúns asexual. Son diploides, só os gametos haploides.

No desenvolvemento embrionario pasan por unha fase de blástula.

Soen ter capacidade de desprazamento.

Diversidade de hábitats.

8. 8. REINO ANIMAIS REINO ANIMAIS

Os animais denomínanse metazoos e podémolos dividir en:

Poríferos: Son as esponxas. Parede corporal con poros e un orificio de maior tamaño chamado ósculo para a saída de auga. Filtradores e sedentarios.Especialización celular, sen tecidos, sen simetría.

Eumetazoos: Tecidos verdadeiros e con simetría, a excepción dos placozoos dos que non falaremos.

Porífero

EUMETAZOOSCriterios de clasificación:Criterios de clasificación: simetría, capas embrionarias e cavidade interna. Capas embrionarias:

Diblásticos: Endodermo e ectodermo.Triblástico: Endodermo, ectodermo e mesodermo.

Cavidad de interna:Acelomados: Sen cavidade corporal.Seudocelomados: Seudoceloma entre mesodermo e endodermo.Celomados: No mesodermo formase o celoma.

8. 8. REINO ANIMAIS REINO ANIMAIS

Diblasticos Triblasticos

PRINCIPALES FILOS DE EUMETAZOOS

Diblásticos con simetría radial:

Cnidarios: Acuáticos. Tecidos e órganos rudimentarios. Cavidade gastrovascular. Tentáculos. Células urticantes (cnidocitos) con toxina que paraliza as presas. Tipos: Pólipos (anémonas) son sedentarios e Medusas que son de vida libre.

Triblásticos con simetría bilateral:

• Acelomados: Platelmintos. Vermes planos de vida libre (planaria) ou parasitos (tenia).

• Seudocelomados: Nematodos. Vermes cilíndricos. Tecidos e órganos sinxelos. Ex: lombriga intestinal, triquina.

8. 8. REINO ANIMAIS REINO ANIMAIS

Tenia - PlatelmintoLombriga intestinal- nematodo

Anémona- Cnidario Medusa- Cnidario

• Celomados:

Moluscos: Teñen cabeza, pé musculoso, masa visceral e manto. Clases: Gasterópodos (caracol), bivalvos (mexilón), cefalópodos (lura).

Anélidos: Vermes con metamería (corpo cilíndrico dividido en aneis con repetición de órganos) Acuáticos e terrestres. Clases: Poliquetos (neréis), oligoquetos (lombriga de terra), hirudíneos (sambesugas).

Artrópodos: Todos os ambientes. Metamería en 3 rexións: cabeza, tórax (cefalotórax) e abdome. Presentan apéndices articulados. Exoesqueleto de quitina e sales de calcio. Para crecer: muda. Subfilos:

- Quelicerados: Clase merostomas (cangrexo cacerola) e arácnidos (arañas, escorpións)

- Mandibulados: Clase miriápodos (cempés e milpés), crustáceos (gambas, langostas...), insectos (abellas, moscas...)

8. 8. REINO ANIMAIS REINO ANIMAIS8. 8. REINO ANIMAIS REINO ANIMAIS

MOLÚSCOS

ARTRÓPODO-QUELICERADO

ARTRÓPODOS-MANDIBULADOS

8. 8. REINO ANIMAIS REINO ANIMAIS

• Celomados

Equinodermos: Endoesqueleto de placas calcáreas con espiñas. Sen corpo segmentado nin cabeza diferenciada. Simetría radial. Sistema ambulacral (red de tubos cheo de agua para a locomoción) Ex: Estrela de mar e ourizo mariño.

Cordados: Teñen notocorda (eixe esquelético dorsal) que nos máis modernos denomínase columna vertebral e cordón nervioso tubular. Fendiduras branquiales (embrións terrestres). Cola e corazón ventral. Subfilos: urocordados (ascidias), cefalocordados (anfioxos) e vertebrados.

8. 8. REINO ANIMAIS REINO ANIMAIS

Os VertebradosOs Vertebrados

Teñen unha progresiva cefalizacióncefalización e un sistema nervioso moi desenvolvido.

Os máis importantes son:

Agnatos: peixes sen escamas, nin mandíbulas. Son as mixinas e lampreas.

Condrictios: peixes cartilaxinosos. Escamas denticulares. Aleta caudal heterocerca. Son as quenllas e raias.

Osteíctios: peixes óseos. Escamas imbricadas. Aleta homocerca. Son a maioría dos peixes: salmón, pescada, mero... Xeralmente ovíparos.

Anfibios: pel espida con glándulas mucosas. Teñen metamorfose. Os adultos poden ter ou non rabo (urodelos e anuros respectivamente). Ovíparos. Ciclo vital anfibio (terra-auga). Ra, salamandra, pintafontes...

Réptiles: pel cuberta de escamas. Os primeiros en que se desenvolve o ovo amniótico que permite a independencia da auga. Terrestres. Quelonios (tartarugas), saurios (lagartas e lagartos), cocodrilianos e ofidios (serpes).

Agnatos- Lampreas Condrictios- tiburón branco

Osteictio- Peixe paiaso

Anfibios

Réptiles

8. 8. REINO ANIMAIS REINO ANIMAISAves: pel cuberta de plumas, excepto nas patas. As extremidades anteriores son ás. Posúen bico córneo e son ovíparos. Hai dous grupos: voadoras (poseen un óso especial para o voó, a quilla) e corredoras (sen quilla).

Mamíferos: pel cuberta de pelos. As femias teñen glándulas mamarias. A maioría vivíparos. Tres grupos: monotremas (ovíparos), marsupiais (con marsupio) e placentarios (con placenta).

Aves- Mergullón cristado Donicela

Clave dicotómica de mamíferos

9. 9. CLAVES DICOTÓMICAS CLAVES DICOTÓMICAS

Unha clave dicotómica é unha ferramenta para identificar seres vivos. Baséase en que no proceso de busca sempre atoparemos dúas opcións que son excluíntes.

Imos ver primeiro un exemplo moi sinxelo na seguinte ligazón:

Agora botamos unha ollada ás do libro e as que trouxo o profesor.

GRAZAS POR ATENDERMEGRAZAS POR ATENDERME

Bibliografía e Webgrafía Clasificación seres vivos:http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Carl_von_Linn%C3%A9.jpghttp://commons.wikimedia.org/wiki/File:Linnaeus1758-title-page.jpg

http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Filogenia_Cavalier-Smith_2013_-_5_reinos.svg

http://ciclobasico2013.blogspot.com.es/2013/01/presentacion-seres-vivos-primero-basico.html

http://cmclagunas.blogspot.com.es/2012/11/los-organos-analogos-y-homologos.html

http://mariadoloresbioygeoiesarroyo.blogspot.com.es/2011_02_01_archive.htmlhttp://www.elacuarista.com/secciones/biologia10.htm

http://elastrolabiodeazarquiel.blogspot.com.es/2011/11/lynn-margulis-la-biologa-que.html

http://www.google.es/url?sa=i&rct=j&q=&esrc=s&source=images&cd=&cad=rja&docid=xKnGcrs6f5nHeM&tbnid=ILRCwfdOqW49VM:&ved=0CAUQjRw&url=http%3A%2F%2Fwww.abc.es%2Ffotos-biodiversidad%2F20120608%2Fquelpos

-laminaria-ochroleuca-islas-1502904132979.html&ei=3LPjUvu0Dqef0QW-woEI&bvm=bv.59930103,d.d2k&psig=

AFQjCNGCDjwiEVXFuZGHDUfT_O5ux6EzYQ&ust=1390740813647551http://lavidamaravillosa.wordpress.com/2010/09/05/la-evolucion-de-la-caipirinha

/http://www.slideshare.net/laprofedenaturales/tema-6-la-clasificacin-de-los-

seres-vivos

http://morato1a.blogspot.com.es/2012/03/los-cinco-reinos-de-la-naturaleza.htmlhttp://scientificman.com/2013/07/14/carl-woese-plant-kingdoms-animal-kingdoms-

carl-woese/http://www.sindioses.org/cienciaorigenes/cladogramas.html

http://www.slideshare.net/adaneco/impresin-procariotahttp://www.slideshare.net/Arcyria/v-diversidad-biolgica

http://www.slideshare.net/biogeogenetica/0-nomenclatura-y-sistemticahttp://www.slideshare.net/dpto.biologiaygeologia/reinos-2505320#

http://www.slideshare.net/pedrohp19/clasificacion-delosseresvivos-17056663http://www.euita.upv.es/varios/biologia/Temas/Reinos%20de%20la%20Vida.htm

http://es.wikipedia.org/wiki/Archivo:Busto_di_Aristotele_conservato_a_Palazzo_Altaemps,_Roma._

Foto_di_Giovanni_Dall%27Orto.jpghttp://es.wikipedia.org/wiki/Especiaci%C3%B3n_simp%C3%A1trica

http://es.wikipedia.org/wiki/Linneo#Publicaci.C3.B3n_de_Species_Plantarumhttp://es.wikipedia.org/wiki/Placozoa

http://es.wikipedia.org/wiki/Ulva_lactucahttp://zoologiafran.blogspot.com.es/2011/04/categoria-taxonomica.html

http://www.zoo.ox.ac.uk/people/view/cavaliersmith_t.htm