Post on 22-Jan-2018
Cinema perdido
Número de longametraxes silentes producidas nos EEUU
Estado de conservación das longametraxes silentesTotal: 10919 longametraxes
Sexa cal sexa o seu largo (35, 16, 8mm), a película cinematográfica está formada por dúas capas. A máis grosa é a base plástica transparente, que proporciona o soporte. A máis fina é a emulsión, que porta os materiais fotosensíbeis con xelatina como substancia aglutinante.Tanto a base como a emulsión poden degradarse co paso do tempo.
Como base empregáronse ao longo dos anos diferentes materiais (con diferentes características e inconvenientes):
Nitrato de celulosa. Cando naceu o cinema ese era o único material plástico dispoñíbel que ofrecía as características necesarias para a filmación e proxección: transparencia, resistencia e flexibilidade. O problema dos filmes de nitrato é que son altamente inflamábeis. O risco de incendios é grande (e os lumes son case imposíbeis de apagar). Os nitratos requirían un coidadoso manexo así que non circularon no ámbito doméstico ou en escolas e outras institucións. Na exhibición comercial foi o material común até comezos dos 50.
Acetato de celulosa. A partir de 1909 a industria fotográfica comezou a produción dunha base máis segura, non inflamábel, que permitía a comercialización de proxectores e filmes fóra das salas con propósitos educativos ou de entretemento. As películas de 16 ou 8mm facíanse neste material, o “safety film” (filme de seguridade), sen medo a incendios.Probouse con tres tipos de acetatos: o diacetato de celulosa (dende 1909), o acetato propionato e acetato butirato de celulosa (dende os 30) e finalmente o triacetato de celulosa (1948). Non foi até a chegada deste último que a industria do cinema renunciou definitivamente aos nitratos. Até ese momento o nitrato seguía sendo a película común pois os acetatos eran menos resistentes e sobrevivían moito peor ao uso reiterado nas proxeccións. Resolto ese problema co triacetato, a transición foi rápida: nuns poucos anos desapareceron os nitratos.
Poliéster. A mediados dos 50 Kodak comercializou un novo tipo de filme de seguridade feito de poliéster. É o máis resistente e quimicamente estábel soporte fílmico e emprégase aínda hoxe na produción de novas copias en 35mm.
Copias 35mm para o mercado doméstico
As de máis calidade. É o caso ideal de conservación.
Copias 35mm para o mercado estranxeiro
Houbo un tempo en que era habitual fotografar os filmes dúas veces para enviar o segundo negativo a Europa e tirar a partir del copias para os mercados locais. As dúas versións eran parecidas mais non idénticas. O segundo negativo incluía tomas alternativas e era sempre de peor calidade.
Copias 28mm (Pathéscope)Formato introducido en 1912 pola casa Pathé, facíase con acetato de celulosa en lugar do daquela común nitrato de celulosa, altamente inflamábel. Ao non estar asociado ao risco de incendios, foi un formato que fixo fortuna para exhibicións non comerciais en escolas, institucións, fogares, etc, até a chegada de formatos máis pequenos (sobre todo 16mm). Hai cinco longas de Douglas Fairbanks que se conservan só neste formato.
Copias 16mmEn 1923 Eastman Kodak introduciu este formato para uso caseiro e non comercial por parte de institucións. Manhandled (1924), de Allan Dwan con Gloria Swanson, consérvase só en copia 16mm reducida (5 rolos en vez de 7).Nos 40 e 50 algúns arquivos copiaron filmes para a súa preservación en 16mm, por razón de custo, asumindo unha perda de calidade de imaxe mais garantindo a conservación do contido. Grazas a iso chegaron a nós filmes como Tess of the Storm Country coa popular Mary Pickford.
Copias 9,5mm (Pathé)Formato amador introducido en 1922 pola Pathé para uso doméstico. Vendéronse máis de 300 mil proxectores e había un amplo catálogo de filmes en venda ou alugueiro (e noticiarios mensuais por subscrición). Foi común a distribución de longas en versión reducida para usos domésticos. Station Content (1918), con Gloria Swanson, só existe en versión curta de 9,5mm.
Copias 8mmFormato introducido por Kodak en 1932, ofrecía calidade abondo para o uso na casa e un custo moi inferior. Partners Again (1926) de Henry King sobrevive só desta maneira.
Copias en papelDurante case vinte anos o cinema estivo excluído das políticas de protección de dereitos (copyright) nos Estados Unidos: os filmes non tiñan unha categoría específica na lexislación correspondente. Para protexerse contra a piratería (habitual e descarada), algúns produtores empezaron a rexistrar os filmes non como filmes senón como “series de fotografías”: o que presentaban eran os negativos impresos en papel fotográfico. Ás veces mandaban só algúns planos de cada escena, mais a miúdo proporcionaban o filme completo impreso en papel fotograma a fotograma. Entre 1893 e 1915 a Oficina de Dereitos da Biblioteca do Congreso rexistrou máis de 15000 filmes; por riba de 3000 son rolos de papel fotográfico cos filmes completos.
Copias en papelA preservación desas copias en papel permitiu a reconstrución dun gran número de títulos que doutro xeito estarían perdidos, pola inestabilidade do primitivo soporte fílmico. Dáse así o paradoxo de que os filmes anteriores ao 1912 están mellor documentados que os inmediatamente posteriores.Unha revisión da lei permitiu en 1912 o rexistro directo das películas, sen a “trampa” das series fotográficas, e iso supuxo o fin dos “paper prints”. As produtoras enviaban á Oficina de Dereitos os nitratos e alí, despois de revisalos, gardaban para rexistro información por escrito, como unha sinopse estendida ou pressbook, e logo devolvían as copias.Case todo o que se conservou en forma de “paper prints” son curtas, mais hai tamén 18 longas que chegaron a nós desa maneira (no reconto total aparecen sumados na categoría de 16mm, pois foron preservadas posteriormente nese formato).
Formato de conservación das longametraxes silentesTotal: 10919 longametraxes
Por que se perden os filmes?
A principal causa da desaparición dos filmes é a súa destrución deliberada. A noción de autoría e o respecto á obra cinematográfica tardou unhas cantas décadas en consolidarse; no primeiro terzo da historia do cinema os filmes eran entendidos, esencialmente, coma
produto de entretemento cuxa conservación para a posteridade non se vía necesaria. O almacenaxe dos filmes que xa deixaran de ter utilidade
supuña un alto custo así que a solución máis fácil era a súa eliminación.
Estragos mecánicos. O uso dun filme implica inevitabelmente o seu desgaste físico: colle po, lixo, sofre rabuños, tensións na proxección, poden esgazarse as perforacións de arrastre...
Mofos e fungos. As películas almacenadas en condicións de humidade hospedan con facilidade mofos e fungos, que poden provocar danos significativos na emulsión. Unha vez que os organismos atacan a emulsión a perda na imaxe é irreversíbel.
Síndrome do vinagre. A humidade e a calor degradan os soportes de acetato. Nas primeiras fases o plástico libera ácido acético e iso produce un característico cheiro a vinagre. A medida que o filme de acetato decae a fita engúrrase, cúrvase, perde flexibilidade e a emulsión acaba por desprenderse. Non pode evitarse o decaemento do acetato, mais si pode adiarse establecendo boas condicións de conservación.
Esvaecemento da cor. Todos os tipos de filme sofre este problema, que pode adiarse con boas condicións de almacenamento.
• Decaemento do nitrato. É un proceso químico inevitábel asociado á natureza do soporte e o (mal) almacenamento dos filmes. A FIAF define cinco etapas:1. A emulsión perde cor e vira a ámbar, hai un leve cheiro nocivo. 2. A emulsión vólvese pegañenta (as voltas do rolo péganse unhas ás outras). Lixeiro olor nocivo. 3. A emulsión abranda e énchese de burbullas de gas. Forte cheiro nocivo.4. O filme descomponse nunha masa sólida. Forte cheiro nocivo.5. O filme desfaise en po marrón. Unha vez que o filme acada a fase 3 xa non é posíbel a duplicación. Os nitratos deben copiarse antes de que se degrade a imaxe. Unhas boas condicións de conservación adían o decaemento.
• En condicións ideais de temperatura e humidade os nitratos aguantan ben bastantes anos, mais se as condicións se afastan das ideais o filme base empeza a romper e liberar gases tóxicos; a temperaturas altas, o filme entra en combustión espontánea. Non son poucos os casos de incendios provocados pola combustión de copias de nitrato. Xa en 1897, o 4 de maio, ardeu un proxector no Bazar de la Charité de París, feito que causou a morte de 180 persoas. O cinema coma espectáculo de masas puido rematar daquela...
• En xullo de 1937 Nova Jersey viviu unha vaga de calor con temperaturas diúrnas de 38 graos e noites calorosas. Iso favoreceu a descomposición dos nitratos gardados nun almacén da Fox; a mala ventilación non permitiu a saída dos gases e na madrugada do 9 de xullo prendeu o lume nun punto do edificio. O incendio foi devastador: morreu unha persoa e perdéronse 40 mil rolos de negativo. O 75% da filmografía da Fox anterior a 1930 desapareceu. Se algúns filmes míticos non se perderon foi pola existencia de copias (nalgúns casos, de menor calidade) noutros lugares.
Fonte das copias que sobreviven(filmes de grandes estudios)
Para saber máis
The Survival of American Silent Feature
Films: 19121929David Pierce
Descarga gratuíta en PDF (1,5 MB):https://www.loc.gov/programs/stat
ic/nationalfilmpreservationboard/documents/pub158.final_ver
sion_sept_2013.pdf
Para saber máis
The Film Preservation Guide.The Basics for Archives, Libraries,
and Museums. National Film Preservation
Foundation
Descarga gratuíta en PDF (1,5 MB):https://www.filmpreservation.org/preservation
basics/thefilmpreservationguidedownload