Canón do Miño

Post on 21-Feb-2017

23 views 2 download

Transcript of Canón do Miño

Canón do Miño

É a zona do río Miño comprendida entre Portomarín e Os Peares, na provincia de Lugo. Un tramo do río encaixado entre xistos, cuarcitas, gneis... duns 50 km de lonxitude e ata 400 m de desnivel.

O Miño entre Chantada e O Saviñao, no encoro de Belesar

O percorrido do Miño no Canón forma paraxes de grande importancia ecolóxica e paisaxística. Resulta espectacular pola altura das súas ladeiras, pola vexetación diversa que acolle (carballeiras, soutos, ervedeiros, sobreirais...) e polo grande interese etnográfico resultante do traballo de séculos para conseguir gañar terras para o cultivo das vides. A todo isto hai que engadir os numerosos monumentos que forman parte da chamada Ribeira Sacra, coñecida por ese nome desde a Idade Media por ser zona onde abondan as igrexas e mosteiros, todos eles centros de cultivo do viñedo.

Encoro e presa de Belesar, nun inverno de augas baixas.

Penedos na paredes do Canón do Miño

As rochas dominantes son os granitos e os xistos, con algunhas áreas de cuarcitas.

 Cristas de cuarcita no Graúllo

CONCELLOS-Portomarín-Taboada-Chantada-Carballedo-Paradela -O Saviñao-Pantón

REDE FLUVIALArticúlase arrredor dun tramo do río Miño cos seus correspondentes afluentes.Tanto o Miño como os seus afluentes aproveitan as numerosas fallas dun terreo moi antigo que sufríu un proceso de rotura e levantamento no Terciario a partir dunha superficie moi erosionada.

Rego de Campo Ramiro no descenso da Penichaira de Chantada.

Hai numerosos regatos que desembocan no Miño e que en xeral

levan moi pouca auga no verán.

RÍO MIÑONace na serra de Meira e desemboca na Guarda, no Océano Atlántico. A partir de Portomarín encáixase nun fondo val ata a confluencia co Sil nos Peares, seguindo a dirección norte-sur.Afluentes máis importantes neste tramo:-Pola dereita: Portos, Zamoelle, Bieitas, Moreda, Enviande, Asma, Fondós e Búbal.-Pola esquerda: Loio, Bacelo, Pez, Sardiñeira, Pesqueiras e Marce ou Aguianza.Está encorado en Belesar e Os Peares.

Comezo do Canón do Miño entre Portomarín e Paradela. Á dereita a desembocadura do Loio co encoro de Belesar en augas baixas.

Río Loio (Paradela) no comezo do Canón do Miño

RÍO LOIONace na serra do Páramo e xúntase ao Miño pola marxe esquerda no encoro de Belesar despois de formar un profundo canón. Ten todo o seu percorrido polo concello de Paradela.

A desembocadura do Río Loio no Miño marca o comezo do Canón

RÍO ZAMOELLENace no monte de Torrós e percorre terreos de Portomarón ata xuntase ao Miño no comezo do Canón entre as parroquias de Sabadelle e Portomarín.

Canón do Miño desde Seixón (Portomarín)

Canón do Miño desde Seixón (Portomarín)

Vista desde o miradoiro da Buqueira (Portomarín). En fronte Santa Marta de Paradela.

Vista desde o miradoiro da Buqueira (Portomarín), co encoro en augas baixas

Canón do Miño desde o miradoiro de Cabo da Vila (Paradela). De fronte Sabadelle (Portomarín)

Canón do Miño entre Sabadelle (Portomarín) e San Facundo (Taboada) co encoro en augas baixas

O Miño en Paradela

Vista de San Facundo (Paradela) desde a Pena Roxa, Sabadelle (Portomarín)

Vista desde o embarcadoiro de San Facundo

Embarcadoiro de San Facundo de Ribas de Miño (Paradela)

Vista desde o embarcadoiro de San Facundo (Paradela)

Vista desde A Penarredonda (Paradela)

Vista desde A Penarredonda (Paradela)

Vista da Penarredonda desde a Pena Roxa, Sabadelle (Portomarín)

Val do río do Bacelo

RÍO DO BACELONace no monte Acevedo e, despois dun curto percorrido polo concello de Paradela, xuntase co Miño facendo linde entre Aldosende e Santalla de Paradela.

Vista desde Aldosende (Taboada)

Falla pola que discorre o río Pez

O río Bieitas na confluencia co Porto da Hedreira.

RÍO BIEITAS Fórmase con varios regos que baixan na serra da Vacaloura e escava un val encaixado que vai cair ao Miño no encoro e Belesar entre as parroquias de Vilar de Cabalos, Xián e Mourulle. Ten un percorrido curto e con moito desnivel.

Canón do Miño entre Taboada e Paradela

Clube náutico en Mourulle, nas beiras do Miño no encoro de Belesar.

Outeiro (Ínsua, Taboada)

O Miño en Taboada, coa ponte na estrada que vai ao Saviñao

Canón do Miño entre Taboada e Paradela coa ponte de Mourulle ao fondo

O Miño en Outeiro (Ínsua, Taboada)

Desembocadura do rego de Vilela (Taboada)

RÍO MOREDANace nas estribacións do Faro (Alto do Corno) e atravesa o concello de Taboada. Xúntase ao Miño en San Xoán da Ínsua.

Vista desde O Peteiro (San Vitorio de Ribas de Miño, O Saviñao)

Vista desde O Peteiro (San Vitorio de Ribas de Miño, O Saviñao).Na outra banda a desembocadura dos regos Enviande e A Lama e no medio o Piñeirón e Castro Candaz.

Vista desde o Piñeirón, no centro Castro Candaz case mergullado no encoro.

Castro Candaz (Pedrafita, Chantada). Neste outeiro situado a carón do Miño, entre as desembocaduras dos regos Enviande e As Lamas, houbo un poboado castrexo e unha fortaleza medieval que foron moi modificados pola construción de socalcos para o cultivo das vides. Desde a construción do Encoro de Belesar permanece asolagado e só se pode acceder a el cando o nivel da auga está moi baixo.

RÍO ENVIANDENace na serra do Faro e xúntase co Miño facendo linde entre Chantada (Pedrafita) e Taboada (Sobrecedo).

Tramo final do río dentro do encoro de Belesar

REGO DAS LAMASNace nas estribacións do Faro en Mouricios Chantada e xúntase co Miño entre as parroquias de Pedrafita e Sabadelle, no encoro de Bellesar.

Desembocadura do Rego da Lama no Miño

REGO DAS LAMASNace nas estribacións do Faro en Mouricios Chantada e xúntase co Miño entre as parroquias de Pedrafita e Sabadelle, no encoro de Bellesar.

Vista desde o val do rego da Lama

Río da Lama

RÍO SARDIÑEIRANace na serra das Penas e desemboca no encoro de Belesar nas proximidades de San Vitorio de Ribas de Miño.

Río Sardiñeira conxelado, na área de lecer de Xuvencos

Desembocadura do río Sardiñeira desde Altamira (Sabadelle)

Vista desde Altamira (Sabadelle)

Vista desde Altamira (Sabadelle) cara a presa de Belesar

Encoro de Belesar. En Fronte a Pena dos Picos da Barra en Rebordaos (O Saviñao)

Presa de Belesar, entre Chantada e O Saviñao. Construída en 1963.

REGO DE PESQUEIRASNace ao pé de Escairón e desemboca no Miño augas abaixo da presa de Belesar.

Augas abaixo da presa de Belesar e antes de volverse a encorar en Os Peares o Miño ten un curto percorrido de augas libres, que nas épocas de seca se ven moi minguadas pola retención dos encoros.

Ponte da estrada de Chantada a Monforte

O Miño entre Chantada e O Saviñao, onde comeza o encoro de Santo Estevo

Ponte da estrada vella de Chantada a Monforte

O Castro (Chantada), entre o Miño e o Asma

Área de lecer no Asma en ChantadaUnha ruta permite percorrer parte do seu curso ata o Canón do Miño.

RÍO ASMANace na aba leste da serra do Faro, entre os concellos de Chantada e Carballedo e desemboca no Miño despois dun percorrido de 25 quilómetros, na súa maior parte por terreos de Chantada. No tramo alto chámase rego de Bermún e o seu principal afluente é o río Comezo.Antes de xuntarse ao Miño baixa da penichaira de Chantada por un profundo canon onde abondan os rápidos e as fervenzas.

O Asma preto de Tarrío

Fervenza no canón do Asma.Desde Tarrío, na estrada de Chantada a Monforte, hai un desvío á dereita (no arranque da ruta) que permite chegar ao río. Para ver as fervenzas séguese río arriba por entre as pedras con moita dificultade. No inverno pódese ver desde un penedo que sobresae á beira da estrada.

Desembocadura do Asma no encoro de San Estevo

O Miño entre Belesar (Chantada) e A Ponte de Belesar (O Saviñao)

REGO DE CAMPORRAMIRO Nace en Pereira (Chantada) e despois dun curto percorrido xúntase ao Miño ao pé de Belesar. No último tramo forma varios rápidos e fervenzas. Accedese pola ruta que segue o Canón do Miño desde Belesar.

O Miño entre Belesar (Chantada) e A Ponte de

Belesar (O Saviñao)

O Miño entre Belesar (Chantada) e A Ponte de

Belesar (O Saviñao)

Belesar

Cerdeiras en Belesar

Canón do Miño entre Chantada e O Saviñao

REGO DE SOUTO VARELA Un pequeno rego que se xunta co Miño entre A Sariña e Santiago de Arriba, no concello de Chantada.

Fervenza en Soutariz

Vista desde Soutariz

Espello no encoro dos Peares, no Canón do Miño. Nos días de inverno sen vento as augas calmas do Miño atrapado nos encoros reflicten a infinidade de matices da vexetación da ribeira.

Vista desde o miradoiro de Terras Brancas (Chantada)

Pousadoiro (Chantada)

Pousadoiro (Chantada)

Castro de Nogueira

Cabo do Mundo (Chantada) visto desde o miradoiro da Cova (O Saviñao).O Miño rodea o monte Navallo, en terras de Chantada e forma unha curva pronunciada que se pode contemplar desde a outra beira do río.

Vista desde o miradoiro do Cabo do Mundo cara a Mourelos (O Saviñao)

Clube fluvial. A Cova

REGO LAVANDEIRAUn pequeno rego que fai fronteira entre Erberdeiro (Carballedo)/ Nogueira (Chantada).

Canón do Miño entre Carballedo e Pantón desde Nogueira

Vista desde Nogueira

Vista desde Ribeiras do Miño (Pantón), en fronte Nogueira do Miño (Chantada)

Vista desde Sernande

A Illa desde o miradoiro de Sernande

A Illa (Pantón) co encoro en augas baixas

Erbedeiro

Penedo do Castelo ou Graúllo (Carballedo). As sobreiras gabean polas paredes verticais de gneis e cuarcitas dos penedos

Monte do Graúllo

Penedo do Graúllo

O río Fondós ou Graullo, preto de Erbedeiro antes de se unir ao Miño, forma unha gorxa nos neis con varios rápidos e fervenzas. Nos arredores hai especies de ribeira e sobreiras. Na marxe esquerda está o Penedo de Graúllo, de máis de 100 m de altura.

RÍO FONDÓS ou GRAÚLLONace na aba leste da serra do Faro, na parroquia de Padreda e, despois de atravesar o concello de Carballedo de oeste a leste, xúntase ao Miño nas proximidades da aldea de Adegas. O seu tramo final ten un forte desnivel onde abondan os rápidos e as fervenzas.

Fervenzas no rego de Fondós

Desembocadura do Fondós

Chouzán (Carballedo)

O Castro de Marce (Pantón)

O Castro de Marce (Pantón)

Vista desde o Castro de Marce cara ao norte

Vista desde o Castro de Marce cara ao sur

Vista de Santo Estevo de Chouzán desde o Castro de Marce

REGO DE MARCE OU DA AGUIANZA Nace nos montes de Castillón e desemboca no Miño formando un profundo canón con varias fervenzas. A fervenza de Auga Caída en Marce (Vilar de Ortelle, Pantón) salva un desnivel duns 40 m.

Vista desde o Castro de Marce

Auga Caída

Vista desde Chouzán

O Canón do Miño en Chouzán (Carballedo)

Canón do Miño entre Carballedo e Pantón

Canón do Miño en Pesqueiras (Pantón)

Pesqueiras (Pantón)

Canón do Miño entre Carballedo e Pantón

Canón do Miño entre Carballedo e Pantón

Presa dos Peares

Presa do encoro dos Peares (entre Carballedo e Pantón). Construída en 1955.

O Miño nos Peares

RÍO BÚBALNace na serra da Martiñá, na localidade de Agrosantiño (Cea), percorre terreos do concello de Carballedo, facendo linde nalgúns puntos coa Peroxa (comarca de Ourense) e desemboca no Miño nos Peares, fronte ao Sil.Escava un val moi abrupto en rochas graníticas onde abondan os rápidos, as pozas e as fervenzas.

Fervenza de Fundimao no Bubal. Na parroquia de Oleiros (Carballedo). É unha pequena fervenza entre rochas graníticas rodeada de bosques de ribeira.

Área de lecer do Vao nos Peares

Desembocadura do Búbal

Os Peares (entre Carballido e A Peroxa), no encontro do Miño e o Búbal.

Os Peares, confluencia do Miño (á esquerda) co Sil

CLIMAOceánico, con matices continentais e áreas de características mediterráneas nas vertentes mellor orientadas.

FLORANas ladeiras dos vales con gran desnivel consérvase unha vexetación moi diversa con mestura de especies atlánticas e mediterráneas, segundo o grao de exposición ao sol. As abas do canón, nas áreas sen cultivar, acollen pequenas manchas de bosques naturais con rebolos, carballos, castiñeiros, érbedos, sobreiras, loureiros, sanguiños... Na beiras dos ríos e regatos que desembocan no Miño consérvanse bosques de ribeira con amieiras, freixos e salgueiros.

Flores e froitos de érvedo (Arbutus unedo). Pequena árbore ou arbusto adaptada ao clima mediterráneo que se atopa nas paredes máis asolladas do canón do Miño.

Bosque de érbedos en Erbedeiro

Vexetación de tipo mediterráneo nas abas máis asolladas: sobreiras, érvedos...

Carballeira Souto

Viñedos e bosque autóctono

Inflorescencias de amieira (Alnus glutinosa), árbore común na beira dos ríos.Sobreira (Quercus suber) no Penedo do Graúllo.

Cantroxo ou arzaia (Lavandula stoechas)Piorno

Plantas nas lama que queda en seco ao baixar as augas dos encoros

Cogomelos

CARBALLO (Qurcus robur)-Vilaverde (San Salvador de Búbal, (Carballedo) -Cabreiros-Camporramiro (Chantada)-Graciano (Chantada)

ÁRBORES SENLLEIRAS

Carballo de Graciano. Camporramiro (Chantada-Lugo). Ten 22 m de altura.

Carballo de Vilaverde (San Salvador de Búbal-Carballedo). Atópase ao pé da estrada da Barrela a Temes despois de pasar Vilaverde.-5,30 m de perímetro.

Carballo de Cabreiros. Chantada. Situado á beira da estrada que vai de Camporramiro a Cabreiros.

Castiñeiro (Castanea sativa)

Castiñeiro en Ínsua (Taboada). Atópase ao pé da estrada de Taboada a Bóveda. - 9,30 m de perímetro.

FAUNAA Fauna máis común do Canón do Miño son as especies que viven na auga ou nas beiras, nos bosques e penedos das ladeiras do canón e nos cultivos.

Anduriñas dos penedos (Ptyonoprogne rupestris)

MAMÍFEROS: lontra, cortas, ratos, coello, raposo, donicela, morcegos...

Donicela (Mustela nivalis)

AVES:Especies que viven preto da auga (corvos mariños, garzas, picapeixes, merlos rieiros, lavandeiras...), ou nos bosques e penedos das ladeiras do canón (miñatos, ferreiriños, papuxas, escribentas...).

Corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo)

RÉPTILES:Escancer, esgonzo, lagarto arnal, lagarto das silveiras, lagarta dos penedos, lagarta galega, cobra viperina, cobra de colar...

Lagarta galega (Podarcis bocagei)

Ra verde (Pelophylax perezi)

ANFIBIOSSapiño comadrón, sapiño pinto, sapiño corriqueiro, sapo común, ra verde, estroza ou rela, ra patilonga, pintafontes común, pintafontes verde, píntega...

Sapo corriqueiro (Bufo calamita)

PEIXESTroita, escalo, picón ou espiñento...

Troita

Bolboreta (Syntarucus pirithous)

INVERTEBRADOSDestaca a gran variedade de insectos asociados á auga: escaravellos, chinches, libeliñas, mosquitos, tabáns...

Candil tenazado (Onychogomphus forcipatus)

ACTIVIDADESAgricultura (destaca o cultivo de viñedos da Denominación de Orixe Ribeira Sacra), forestal, servizos e producción de enerxía hidroeléctrica.

AS VIDES DO VAL DO MIÑOUn recurso importante do Canón do Miño é o cultivo da vide para a elaboración de viños acollidos á Denominación de Orixe Ribeira Sacra (recoñecida no ano 1996). A cultura do viño resulta tamén un atractivo para os visitantes que poden gozar da paisaxe creada pola actividade humana, visitar as adegas ou probar os viños.

Socalcos ou muras. O cultivo da vide no canón do Miño é moi traballoso e en grande parte artesanal. Os grandes desniveis do terreo e a escaseza de terras ben orientadas fai que as xentes desta terra aproveiten ao máximo as abas dos vales orientadas ao sol construíndo muras para conter a terra en socalcos.

No outono, cada variedade de vide toma unha cor diferente que enche a paisaxe dunha grande riqueza cromática

Barca do Miño. Moi empregada noutros tempos para transportar as uvas na vendima.

Embarcadoiro na Ponte de Belesar. Un catamarán rurístico percorre un tramos no encoro dos Peares.

Praia da Cova

Minicentral no Asma. A producción hidroeléctrica é unha das actividades que máis afectou á fisinomía do Canón.

HISTORIA-PATRIMONIO CULTURALÉ unha zona que ten un grande gran interese histórico-artístico e etnográfico. Son numerosos os castros, igrexas e mosteiros (forma parte da Ribeira Sacra), pazos, conxuntos arquitectónicos, cruceiros, pontes muíños, adegas...

Hórreo ou canasto

Restos de muíños no río Asma

Adegas nos socalcos do Canón do Miño

OS CANEIROSEstruturas para pescar formadas por dous muros que converxen nunha pía, estrutura en forma de prisma triangular orientada contra a corrente. Nas bocas entre a pía e os muros armábanse as redes. Ás veces levaba unha caseta ou pallaza enriba.Foron moi comúns no Miño, en especial na zona de Portomarín e Paradela. Na actualidade están debaixo das augas do encoro e só se poden ver en tempos de moita seca.

Portada de Santo Estevo de Ribas de Miño.O Románico é o principal sinal de identidade das construcións relixiosas da contorna do canón.

Portomarín desde o Cabo da Vila (Paradela)

PUNTOS DE INTERESEPORTOMARÍN-Igrexas de San Xoán e San Pedro de Portomarín.-Miradoiros: vila de Portomarín.-Porto fluvial.-Ponte vella (co encoro baixo)

Igrexa de Santa María do Castelo

TABOADA-Fervenza de Sobrecedo no río de Enviande.-Clube fluvial e ponte de Mourulle.-Igrexa de Santa María do Castelo.

CHANTADA-Desembocadura do Asma-Fervenzas: Asma, Camporramiro, Souto Varela, Lavandeira.-Igrexas: San Fiz de Asma, Nogueira de Miño, Camporramiro, Santa María de Pesqueiras.-Miradoiros: Presa de Belesar, estrada Chantada-Monforte, Líncora, Terras Brancas, Cabo do Mundo, Illa de Sernande.-Muíños: río Asma.

Interior da Igrexa de Santa María de Nogueira de Miño (Chantada).

CARBALLEDO-Fervenzas: Fondós, Búbal.-Desembocadura do Bubal-Confluencia Miño-Sil (Os Peares)-Miradoiros: Erbedeiro, A Grixoá, Os Peares.-Igrexas: San Miguel de Oleiros, Santo Estevo de Chouzán e San Xoán da Cova.-Muíños: Búbal (Os Peares)

San Xoán da Cova (Carballedo)

San Facundo de Ribas de Miño

PARADELA-Miradoiro de Cabo de Vila.-San Facundo de Ribas de Miño.

O SAVIÑAO-Fervenzas: río Pesqueiras.-Praia e área de lecer de A Cova.-Miradoiros: A Cova, presa de Belesar.-Igrexas: Santo Estevo de Ribas de Miño, San Martiño da Cova, San Vitorio de Ribas de Miño, San paio de Diomondi, San Lourenzo de Fión.

Santo Estevo de Ribas de Miño, mosteiro románico do século XII situado na marxe esquerda do Miño

PANTÓN-Fervenzas: Auga Caída (Marce)-Área de lecer de Vilar de Ortelle.-Miradoiros: O Torrón (Os Peares) e Guítara.-Torre de Marce.-Castro de Marce.-Igrexa de Santo Estevo de Atán.

Santo Estevo de Atán (Pantón)

Mimosas, unha árbore invasora orixinaria de Australia con gran capacidade colonizadora.

PROBLEMASIncendios, especies invasoras, encoros...

Incendio nas abas do Canón do Miño en Pantón.

Terras asolagadas polos encoros

PERCORRENDO O CANÓN DO MIÑOAo longo de todo o espazo hai numerosos puntos de interese e miradoiros, algúns acondicionados, e outros que inclúen roteiros para poder percorrelos, aínda que en moitos outros lugares podemos gozar de fermosas panorámicas.

CHANTADA-PORTOMARÍN-CHANTADA1-Presa Belesar2-Sabadelle3-Xillán, O Piñeirón4-Sobrecedo, Portarregueiro5-Mourulle6-Pena Roxa7-Sabadelle8-A Buqueira9-O Seixón10-Cabo da Vila11-O Castro (A Adega)12-San Facundo de Ribas de Miño e Pena Redonda13-Troncedo14-O Val (O Peteiro)15-As Teixugueiras16-Rebordaos (estrada da presa á Costa de Pieles)17-Pesqueiras18-A Serra

MIRADOIROS NO CANÓN DO MIÑO

Vista desde Sabadelle (Portomarín) co encoro en augas baixas

Vista desde o val do rego da Lama, camiño da Punta do Piñeirón, en fronte ao Castro Candaz.

CHANTADA-OS PEARES-CHANTADA1-Líncora, Fondo da Vila2- A Sariña, Penas Brancas 3-Cabo do Mundo4-Nogueira5-Sernande, A Illa6-Erbedeiro7-Chouzán8-Soutelo (presa Os Peares)9-Os Peares10-Bazal11-Pesqueiras12-Castro de Marce13-A Lagariza, A Maiorga14-Ribeiras do Miño15-A Cova16-Praia da Cova17-Estrada A Cova-Belesar18-Santo Estevo de Ribas de Miño

MIRADOIROS NO CANÓN DO MIÑO

O Miño entre Chantada e O Saviñao cos pontes da estrada a Monforte

Vista desde o miradoiro da Cova cara ao Cabo do Mundo

POEMA Á RIBEIRA SACRA…Esta é a Ribeira sacra onde os homesergueron fogar, roturaron o chaoe regárono con suor días tras díapara que agromara a vide xenerosa,o millo, o centeo e máis o trigoe floreceran cerdeiras e mazairas… Manuel María

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta febreiro 2017