Boicot do PP ao Consorcio

Post on 06-Mar-2016

218 views 4 download

description

Alcaldías do PP néganse a designar os membros para constituír os tribunais para as probas de acceso ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Transcript of Boicot do PP ao Consorcio

Confederación Intersindical Galega iNFORMAwww.galizacig.com

marzo 2009

Con este boicot, procuran que non se poidan realizar as probas, se-gundo o calendario previsto e acor-dado na Mesa de negociación. Por este motivo, o Consorcio vén de in-formarnos que continuará constituín-do os tribunais, pero que lles será im-posíbel realizar as probas, antes da toma de posesión do novo goberno, tal como está previsto, pola demora ou negativa dos concellos a nomear os seus representantes.

A CIG quere denunciar a actitu-de obstrucionista e boicoteadora de todo esta proceso, por parte do PP, que vén de amosar a total descon-sideración co persoal do Consorcio, usándoo como carne de canón para intereses políticos totalmente espu-rios. Desde a CIG, exixímoslle ao PP que cese nesta política de total me-nosprezo coas traballadoras/es, de-signando os membros dos tribunais que lles corresponden aos concellos. Sería preocupante que o Consorcio retrasase as datas da realización dos exames para despois da constitución do novo goberno, o que suporía asu-mir na práctica a extorsión antidemo-

crática e o acoso do partido popular, cuestión totalmente rexeitábel para nós e que amosa falta de valentía para continuar para diante.

Desde a CIG, reclamamos que baixo ningún concepto se retrase a realización das probas. Con este obxectivo temos convocada unha asemblea do persoal do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para o sábado, 28 de mar-

zo, en Santiago, na cal sometere-mos a consideración unha serie de accións e mobilizacións para facer que as probas se realicen nos pra-zos previstos e non se ceda ante a chantaxe do PP.

Temos previsto levar a cabo unha concentración mañá, sábado, 28 de marzo, ás 13:30, diante do Consor-cio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Alcaldías do PP néganse a designar os mem-bros para constituír os tribunais para as probas de acceso ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar