B A L D A I O

Post on 12-Jul-2015

337 views 5 download

Transcript of B A L D A I O

E desde os primeiros tempos aquí estou eu para velo e contarcho. Ben…eu e algúns imitadores máis.Porque eu son un gran de area, de seixo, por suposto. Non podía ser doutro xeito, procedendo

dun granito xenuinamente galego.

Mar e vento levan millóns de anos traballando para esculpir esta magnífica paisaxe

Sabes como e formou a lagoa e marisma de Baldaio?

Aínda que moitos se refiren a ela como a “ría”, en Baldaio temos unha lagoa l itoral . Estas masas de auga orixínanse nun entrante da costa total ou parcialmente pechado por unha barra de area, a cal dificulta o paso ás augas de pequenos ríos ou regatos que teñen nese punto a súa desembocadura.

Co paso do tempo, as lagoas van quedando progresivamente separadas do mar polas dunas. Algunhas, como a de Baldaio, aínda manteñen unha canle permanente de comunicación co mar; noutras, como a de Louro, o contacto é temporal; e hainas tamén case pechadas, como a

de Xuño.

Xunto co mar, o vento é un axente importante na evolución destas formacións, ao construír cadeas de dunas sobre a barra de area.

Coñeces outros espacios naturais galegos semel lantes a este?

O mesmo mar que lle rouba anacos á terra no acantilado, devólvellos na praia.

As praias son depósitos de sedimentos adosados á terra, con feitura de media lúa. Os materiais que as forman poden ser de distintos tamaños -areas, gravas ou cantos- e diferentes procedencias: aportados polos ríos ou arrancados polo mar ás rochas da costa e adornados con anacos de cunchas e caparazóns dos seres que o habitan.

En Galiza temos praias “normais”, alongadas, como a de Baldaio; pero tamén praias “de peto” , pequenas, ao abrigo de saíntes rochosos, como a de Leira.

Se miras ben, na praia o mar amósache moitos dos seus segredos. Os rapaces das fotos atoparon un anaco de madeira e unha boia poboada de Lepas anatífera, un crustáceo semellante aos percebes, que vive sobre obxectos flotantes. Ollo, non é comestíbel!

Pero na praia tamén atopamos lixo; só unha pequena mostra das inxentes cantidades que os humanos botan nel.. Non estaría demais lembrar que o mar non é un vertedoiro.

Sabes de quen son os “ollos de boi” que de seguro atopaches algunha vez na praia?

Nas dunas hai máis feos dos que ti cres!

Aquí a vida eche moi movida. Aínda ben non consegues quedar fóra do alcance das ondas, cando é o vento o que te ergue ata o alto dunha duna; e veña rular de novo!

Sen auga e azoutadas polo vento, as plantas coma o feo resisten e acaban convertindo as dunas nun lugar habitable para moitos outros inquilinos.Mira onde pisas! Podes trepar un cardo… e moitas cousas máis!

1º Dunas embrionarias 2º Dunas móbiles

3º Dunas fixas

As primeiras en formarse chamámoslles dunas embrionarias , logo veñen as móbiles , que o vento empurra terra a dentro; finalmente, convértense en fixas, cubertas polas plantas, nas que viven tamén moitos animais.

Observa as adaptacións das plantas para sobrevivir nas duras condicións das dunas: longas raíces na procura de auga; caules f lexibeis e formas almofadadas para soportar o vento; fol las reducidas, transformadas en escamas ou espiñas, ou cubertas de grosas cutículas para evitar as perdas de auga por transpiración fol las e caules carnosos que almacenan auga no seu interior; revestimentos con aspecto de veludo branco que reflicten a luz e protexen do vento,…

Estás diante da granxa máis productiva que teñas visto!

Funciona con enerxía solar e materia prima aportada polos ríos e o mar. Produce máis do dobre que o mellor dos prados. Claro que aquí as colleitas son de berberechos, ameixas, ostras,

Algas e plantas son o sostén de toda a vida da lagoa. Auga, sales minerais e luz solar en abundancia, disparan a

fotosíntese , fábrica de materia orgánica que serve de alimento a unha gran diversidade de seres vivos que podes atopar aquí:

moluscos, como as ameixas, os berberechos, ou as ostras; crustáceos, coma o cangrexo; peixes, coma os pións ou as

robalizas, e aves, como as garzas, mazaricos, agullas, biluricos, corvos mariños, …

Ademais de veraneantes, Baldaio recibe outros visitantes moito máis discretos; sen coches, nin tendas, nin protector solar, pero perfectamente equipados para pasar aquí unha temporada. Son as aves migratorias . Elas tamén dependen das marismas para sobrevivir!

A cobiza humana é quen de destruír en pouco tempo unha obra milenaria

Na segunda metade do século XX este espacio natural sufriu dramáticas transformacións, debido á construcción de pistas polo medio da lagoa e ao peche da comunicación co mar por medio de comportas, co fin de montar un negocio de venda de area. Ata 100 camións diarios chegaron a sacar!!

Se a xente non se tivera rebelado contra a cobiza duns poucos, a estas alturas estariamos todas as areas de Baldaio formando parte dalgún muro.

Expulsados do areal, no que mariscaban, os veciños de Lema erguéronse contra o espolio e foron detidos, multados, golpeados, … Pero non se renderon e as protestas estendéronse. Non cesaron ata lograr o rescate deste espacio natural para o pobo.

As imaxes da sublevación dun pobo contra a destrucción do entorno perduran na memoria de moitos, e forman xa parte do noso patrimonio.

A nosa gratitude cara aos que evitaron a desaparición deste espacio natural debería ser infinita.

A ponte da que penduraban as comportas que illaban a lagoa do mar é todo un símbolo da época da privatización.

Despois de moitos anos, volveuse pechar –esta vez con pedras- durante a marea negra do Prestige, para evitar que o chapapote entrara na lagoa.

A morte chegou igualmente, pola falta de auga de mar.

Se tod@s nos implicamos,Baldaio ten futuro

Algo está cambiando en Baldaio. Aparecen novos símbolos para un tempo novo. Pero moitas ameazas persisten: vertido de residuos, construccións, vehículos, …

Agora tócanos a nós defender o noso patr imonio natural

Non esquezas que existen poderosas razóns para es ixir a protección deste espacio:

• A diversidade de hábitats: praia, dunas, lagoa, marisma, prados húmidos, cultivos, regatos.

• A diversidade de seres vivos, froito da adaptación das especies ás condicións destes hábitats.

• O interese c ientíf ico, xeolóxico, paisaxístico, educativo, cultural e recr iativo.

• O fráxi l equi l ibrio do s istema, que o fan especialmente sensíbel ás intervencións humanas.

• Como instrumento de desenvolvemento local , a través de actividades marisquiras, agrarias, ecoturísticas,… cun aproveitamento dos recursos compatíbel coa conservación dos valores naturais.

No colectivo Bubela do IES Agra de Leborís estamos convencidos de que temos moito que dicir e facer pola conservación do noso patrimonio natural.

Anímaste a colaborar con nós?