Auga que traballa

Post on 16-Apr-2017

366 views 0 download

Transcript of Auga que traballa

Auga que traballa

As correntes de auga conteñen enerxía potencial (pola diferencia de altura entre dous puntos) e enerxía cinética (polo movemento).É unha enerxía renovable que depende do sol (ciclo da auga).

A enerxía da auga (enerxía hidráulica) é unha enerxía renovable que depende do sol (ciclo da auga).

Para aproveitar a enerxía da auga utilízase unha roda hidráulica que funciona como un torno. A auga golpea nos puntos exteriores producindo un movemento de rotación que se transmite ao eixo.

As rodas de empuxe superior instálanse en lugares con pouca cantidade de auga porque para producir o movemento aproveitan a diferencia de peso que orixina nun dos lados da roda a auga almacenada nos caixóns.

As rodas de empuxe inferior instálanse en lugares con auga rápida e caudal abundante.

A roda pode ir conectada directamente co resto dos aparellos ou precisar un sistema de operadores que cambien a dirección do movemento.

ENERXÍAHIDRÁULICA

ENERXÍAMECÁNICA

ENERXÍAELÉCTRICA

Muíños Batáns, mazos… Serradeiros Noras

USOS TRADICIONAIS DA ENERXÍA HIDRÁULICA EN GALICIAGalicia é un país percorrido por máis de mil ríos e regatos e as nosas xentes souberon construír diversos enxeños para aproveitar a enerxía da auga, tanto nos grandes ríos como en calquera pequena corrente. Os máis abundantes son os muíños, dos que hai varios milleiros. Nas zonas mineiras de ferro abondaban as ferrerías e espallados por moitas zonas atópanse tamén batáns para mazar la e serrerías. No seculo XIX funcionou algunha fábricas textil con enerxía hidráulica como a Isabel II en Neda e muíños de papel. En algúns muíños e ferrerías instalábanse xeradores para producir “luz”.

Mecanismos para moer. Utilízanse para triturar distintos materiais, sobre todo cereais.A enerxía da auga move o rodicio que por medio do eixo fai xirar a moa.

MUÍÑOS

O tamaño e a estrutura construtiva dos muíños galegos é moi variada.

Acea no Miño (Lugo)

Pequeno muíño no Xallas

TIPOS DE MUÍÑOS SEGUNDO A POSICIÓN DA RODA MOTRIZ

Roda vertical (bruia) Roda horizontal (Rodicio)

1-RODA VERTICAL (BRUIA)

Roda hidráulica con canle de alimentación inferior. É o tipo máis simple. Aproveita só o impulso da auga e depende do fluxo da corrente. Instálase en ríos de caudal abundante e corrente forte

Roda hidráulica con canle de alimentación superior: o peso da auga que cae nos caixóns ou pas aumenta a forza. Instálanse en regatos de caudal escaso. Algunhas son reversibles e poden cambiar o sentido de rotación.

2-RODA HORIZONTAL (RODICIO)

Son os máis comúns. A roda motriz vai situada nun oco inferior, chamado inferno, debaixo da estancia onde está o aparello de moer.

MUÍÑO DE CUBOInstálase en ríos de caudal escaso. Gáñase forza da auga pola altura que esta acada dentro do cubo.

MUÍÑO DE BALSAInstálase en ríos de caudal escaso. A balsa serve de reserva de auga.

MUÍÑO DE ARTESAInstálase en ríos de caudal escaso. Combina a función do muíño de cubo (aumento de altura) e o de balsa (reserva de auga)

MUÍÑO DE DORNA OU DE REGOLFOO rodicio vai metido nun pozo cilíndrico para aproveitar a forza da auga que rebota nas paredes.

ELEMENTOS DUN MUÍÑO

Presas ou tostas

canles e aliviadoiros

Canles de entrada con sistemas para pechar a achega de auga.

RODICIO: actúa como un torno. A auga bate nas pás e fai xirar a roda.

Remate da canela cun pechadoiro. Rodicio e viga ou mesa.

VEO: eixo que transmite o movemento do rodicio á moa. O extremo do eixo (grilo) xira sobre unha pedra moi dura (ra)

VIGA: actúa como unha panca de 2º xénero. Eleva o sistema eixo-rodicio-moa regulando a separación entre as pedras e polo tanto o grosor da moenda.

ra

REGULADOR, ERGUEDOIRO OU TEMPERO: controla a viga para separar máis ou menos as pedras e moper máis fino ou máis gordo.

aparellos de moer

muíños co tremiñado de madeira

muíño co tremiñado de pedra

MOEGA: tolva onde se deposita o gran A forma de plano inclinado faino baixar pola QUENLLA ou CANETA.

MOA ou CAPA: pedra móbil que xira e moe o gran contra o pé. A forma de plano inclinado xunto co movemento de rotación fai sair a fariña polas beiras.

As peneiras de traque van conectadas ao mecanismo que move o muíño.

Pa e peneira

Ucha

Medidas: ferrado e maquía

Conxunto de muíños do Folón (O Rosal).

Conxunto de muíños do Barosa (Barro).

Ferrería de Seoane. O Courel.

FERRERÍASSon instalacións adicadas ao traballo e transformación do ferro. Naceron na Idade Media e foron moi abundantes no Caurel, en Riotorto, A Pontenova, O Incio, A Fonsagrada...Utilizaban a forza da auga para mover grandes mazos cos que se traballaba o ferro, os foles para avivar o lume da fragua, as rodas de puír e afiar para rematar as ferramentas, as prensas para dar formas e os tornos para facer os mangos. As máis recentes tiñan machucos máis lixeiros movidos por correas de trasmisión.

O eixo da roda (árbore) leva uns saíntes (malumbreiros) que obrigan a levantar o mazo. Este cae polo seu propio peso e golpea o ferro (quentado previamente na fragua) contra a ingre.

O banzado é un depósito de auga situado na parte alta da instalación. Desde el a auga baixa polo chifrón para mover a roda.

Mazo de Bogo, A Pontenova.

Mazo de Santa Comba. Lugo

Ferrería de Penacova. Bóveda.

Rodas e eixo

Para insuflar o aire utilizaban varios sistemas: foles (accionados manualmente ou cunha roda hidráulica), trompas de auga ou émbolos.

moa de afiar

Mazo hidráulico de Penacova.

BATÁNSUsábanse para mazar os tecidos de la. Os panos, despois de tecidos, colocábanse en pías con auga onde se golpeaban para estreitar e enlear as febras e darlles corpo e suavidade.

SERRERÍASInstalacións para cortar madeira. As máis sinxelas tiñan unha serra simple. As máis complexas utilizaban a auga para facer funcionar serras, tornos e cepilladoras mediante rodas de diferentes tamaños e correas de trasmisión.

Serrería en Maceiras (Covelo)

Serrería en Maceiras

RODAS DE AFIARUsábanse para facerlle o fío ás ferramentas.

FÁBRICAS DE PAPELUsában a auga para mazar as febras.En Galicia houbo varias: Arenteiro, Lousame, Faramello…

Fábrica de Papel de Domingo Fontán, en Vilacova

Arenteiro

MAZO DO LIÑOUtilizábase para mazar o liño.

Mecanismo para mazar o liño (reconstrucción). Museo Casa do Patrón. Doade (Lalín).

PETACÁN(ESPANTAPAXAROS) Curioso enxeño que se instalaba nos regos de auga para espantar os paxaros producindo ruídos.

REFRÁNS-Cando o muíño busca o gran… tantarantán.-Vale máis acea parada que muiñeiro amigo.-Se o muíño non anda a maquía non gaña.-Nin muíño sen rodicio nin home sen oficio.-Cando a acea está parada nin da proveito nin gaña nada.-Na acea moe o primeiro que chega.

TRADICIÓN ORAL

CANTIGAS Unha noite no muíño, unha noite non é nada,unha semaniña enteira esa sí que é muiñada. No muíño fan cantigas, no muíño dan consellos, no muíño fanse amores e contan contos os vellos. Ao muíño do meu pai eu ben lle sei o tempero: cando está alto baixalo, e cando está baixo erguelo.

Interior dun muíño (Ilustración gallega y asturiana)

O muíño troula troulabota fariña da roda,a meiga da muiñeiraten un andar que namora.

Á porta daquel muíño púxenme a consideraras voltas que da o rodicioe aínda as que ten que dar. Non se precisa pandeiro para bailar a muiñeira, mentras dura a muiñada márcanolo ritmo a albeira.

DITOS-Cada muíño quere a súa auga

-Auga pasada non move muíño

-O que pode, vai ao muíño e moe

ADIVIÑASQue será unha cousiña cousa que anda e anda e nunca sae da casa?(A roda do muíño) Canto máis fame ten máis anda.(A roda do muíño) Anda e non ten péscome e non ten boca,canta comida lle dantoda lle parece pouca.(A roda do muíño) Máis de mil señoritosentraron (ao entrar) por un burato, colleron nome de femia e perderon o de macho.(Os graos ao facerse fariña)

MUÍÑEIRA DA REVOLTA Muiñeira da Revolta,da Revolta revoltada,fóichese a risa dos beizosfóichese o brilo da cara.(...) A tolba chea non treme,o tarabelo non baila,o rodicio non se move,a moa dorme calada,silandeiro está o muíñocomo unha casa queimada...a ágoa vaise perdida¡ai! como a túa mirada. ¡Espílete, muiñeirada Revolta revoltada!(...) Ramón Cabanillas“POESÍAS VENTUREIRAS”

ESCOLMA LITERARIA

“Vexo nesta morea de pedras o paso do tempo. …Vexo a auga do río que se arreda, que xa non fai danzar os rodicios. Vexo o que foi carreiro mallado de tódo-los veciños, carreiro de millo e centeo arrincados á terra ano tras ano, para se trocar en fariña-pan-mantenza. Vexo e non vexo no seu trafego o tío Marcial enfoulado, maquiando, sorrindo…Fuxiron as moas brancas de pedra, o arrolar da cangalleira, a anterga música do tarabelo. Fuxeu a ringla de saquetes de liño, e as historias de enchentas e afogados, e o parrafeo xeitoso da moza casadeira.Todo se afundeu baixo desta cativa morea de pedras”. Xosé Neira Vilas, en Lar, Ed. Akal, Madrid, 1974

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon DaportaMaio 2013