As actividades agrarias en España

Post on 04-Jun-2015

1.058 views 12 download

description

Faise un percorrido das características fundamentais das actividades agrarias no Estado español, así como das diferentes paisaxes agrarias existentes

Transcript of As actividades agrarias en España

Os espazos do sector primario

Diferenciar: Xeografía rural.

Espazo multifuncional Xeografía agraria.

Actividades que se realizan no campo: Agricultura Gandaría Actividades forestais

Crise da agricultura tradicional Impacto da entrada na UE (1986, PAC)

1

Os factores agrarios

Factores físicos:

Importantes, mais non determinantes Medio natural desfavorable:

Clima: escaseza chuvias, Irregularidade (seca estival) aridez

Relevo: altitude media pendentes

Solos: Mediocres (sílice)

2

Os factores agrarios

Factores humanos: Factores históricos:

Antigo Réxime: Terras amortizadas Agricultura de subsistencia

Transformación real na déc. 60 s. XX e entrada UE Poboación activa agraria:

Descenso gradual até o 6% (st + 1960) Proliferación de agricultura a tempo parcial (pequena

propiedade) Factores técnicos. Mecanización, investigación,

novas tecnoloxías: Aumento produción, diminución man de obra

3

Os factores agrarios Factores políticos:

Antes da entrada na UE (1986, PAC): Desamortización (s. XIX)

Paso da terra amortizada á individual e capitalista Problema agrario:

Malas condicións de vida dos labregos (st xornaleiros) Reforma agraria: II República (carácter social) Ditadura franquista:

Freo da reforma social Melloras técnicas: concentración parcelaria, política de

novas colonizacións e, st, fomento do regadío (encoros) Despois da aplicación da PAC:

Principio de preferencia comunitaria e tarifa exterior común para produtos do exterior da UE

Reformas: busca da competitividade e mantemento prezos

4

Estrutura agraria Cómpre ter claro os conceptos:

Parcela: Unidade mínima de explotación Extensión das terras que están baixo unha mesma linde Pódense clasificar segundo:

Límites Forma Tamaño

Explotación (concepto económico): Conxunto de parcelas dun mesmo empresario Tendencia á redución do tamaño e aumento do nº Dualidade:60% < 5 Ha (5% sup); 51% latifundios

5

Estrutura agraria Propiedade (concepto xurídico):

Refírese ao dono da terra. Tamaño: predominio dos valores extremos, escaseza

de prop. de tamaño medio. Latifundio: metade SL (Reconquista) Minifundio: metade NO

Concentración parcelaria Cooperativas

Réxime de tenza da terra Grao de dominio sobre a explotación

Tenza directa: coinciden propietario - empresario Tenza indirecta:

Arrendamento (págase aluguer ou renda) Aparcería (págase un % da produción). Diminúe Cooperativas: moi variadas

6

Estrutura agraria Poboamento e hábitat rural:

Poboamento rural: conxunto de asentamentos que resultan da ocupación do espazo rural pola poboación

Hábitat rural: Serve para designar dous aspectos: a vivenda propiamente dita e o modo de distribuírse no espazo agrario

7

Estrutura agraria Poboamento rural:

Núcleos de poboación menores de 10.000 habitantes (en sentido estrito < 2.000 hab.)

Tipoloxía: Disperso: casa rural rodeada de campos de cultivo

Domina na periferia peninsular. Modalidades: disperso absoluto, diperso laso, disperso

intercalar Concentrado: as vivendas dispóñense unhas xunto ás

outras, independentemente da localización do agro Por todo o territorio da península Modalidades: lineal, apiñado

8

Estrutura agraria Hábitat rural:

Dif. vivendas segundo o tipo de materiais: Casa de pedra (zona norte). Casa de madeira entramada (S. Ibérico e Central) Casa de barro (Mesetas, val do Ebro, Guadalquivir,

Valencia, Murcia). Segundo o plano da casa:

Casa bloque A rentes do chan: un só cuarto, para animais/persoas En altura: dividida en plantas. Caserío vasco, casona asturiana e cántabra

Casa composta Varios edificios, diferentes funcións, arredor patio aberto Masía catalana ou cortijo andaluz

9

Usos e aproveitamentos1. Agrícolas

Triloxía do Medit.: cereais, vide, oliveira

Localización: España seca ou semiseca Cultivos extensivos para adaptarse ás duras

condicións do medio. Case toda España, agás zona atlántica,

Canarias, alta montaña e depresións litorais.

10

Triloxía do Medit.: cereais, vide, oliveira

Características: Cereais:

Tipos: Diminución dos dedicados ao consumo humano (arroz,

trigo) Aumento dos usados como pienso para alimentación do

gando (cebada, avea, centeo e millo) Cultivos en openfield, asociados ao barbeito e as

leguminosas Asociados ás act. gandeiras porcinas, ovinas, caprinas Importacións de millo: balanza comercial agraria

deficitaria

Usos e aproveitamentos1. Agrícolas

11

Triloxía do Medit.: cereais, vide, oliveira

Características: Oliveira:

Cultivo arbóreo moi resistente á seca estival

Problemas: Excedentes comunitarios en graxas/aceites Vecería (un ano bo e outro malo) Escasa produtividade (mecanización e competencia)

Vantaxes: Carácter social e ecolóxico Fomento da dieta mediterránea

Usos e aproveitamentos1. Agrícolas

12

Triloxía do Medit.: cereais, vide, oliveira

Características: Vide:

Cultivo arbustivo de secaño, moi adaptado á seca estival

Problemas: Filoxera, moitos vaivéns na produción

Futuro: Primar producións de calidade (denominacións de

orixe)

Usos e aproveitamentos1. Agrícolas

13

Triloxía do Medit.: cereais, vide, oliveira Impacto da PAC:

Cereais: Tendencia a reducir prezos e aumentar rendementos

Negativo para España, produción pouco competitiva (pequeno tamaño das explotacións).

UE prima cereais destinados ao gando Oliveira:

Fomentar aceites de calidade (“virxes”) Reducir a produción por medio de cuotas

Vide: 1º: reducir excedentes subvencionando abandono Hoxe: reconversión para variedades de maior calidade

Usos e aproveitamentos1. Agrícolas

14

Leguminosas Localización:

Na España seca / semiseca (rotan cos cereais)

Características: Produtos da dieta mediterránea Redución do consumo por aumento nivel de vida Problemas de mecanización e baixos

rendementos

Impacto da PAC: Moi subvencionadas, aumento produción

Usos e aproveitamentos1. Agrícolas

15

Produtos hortofrutícolas Localización:

Regadíos peninsulares e insulares

Características: Produtos notables, gran aumento consumo Os máis competitivos, gran exportación Aplicación de novas tecnoloxías (enareadeos e

invernadoiros

Impacto da PAC: Apoio á investigación Competencia produtos norteafricanos (acordos)

Usos e aproveitamentos1. Agrícolas

16

Produtos industriais e forraxeiros Localización:

España húmida e de regadío

Características: Gran capitalización, intervención as empresas

(sementes, supervisión produción, prezos) Consumo animal (alfalfa, millo forraxeiro) Aumento da produción

Impacto da PAC: Retroceso xirasol tras fin subvencións UE Cotas para remolacha, algodón e tabaco

Usos e aproveitamentos1. Agrícolas

17

Gandaría tradicional

Coexistencia de diversas especies gandeiras Razas autóctonas Explotacións pequenas Técnicas atrasadas Sistemas extensivos:

Moito espazo Moita man de obra Pouca rendibilidade

Usos e aproveitamentos2. Gandeiros

18

Gandaría actual

Especialización: leite ou carne Imposición das razas máis rendibles Aumento tamaño explotacións Mecanización Aumenta o peso da gandería intensiva

Problemas: Escaseza de alimentos e seca: déficit comercial Escaso tamaño explotacións Excedentes comunitarios: cotas (gando vacún)

Usos e aproveitamentos2. Gandeiros

19

Gandaría bovina Localización:

Réxime extensivo: montañas e devesas Réxime intensivo: España atlántica Réxime estabulado: granxas próximas ás grandes

cidades

Características: Produción extensiva: carne Produc. intensiva e estabulada: leite Aumento de consumo Moitos problemas: competencia de leite e carne

europea máis barata

Usos e aproveitamentos2. Gandeiros

20

Gandaría bovina Impacto da PAC:

Excedentes: fíxanse cotas e cupos para a produción de carne e leite. Repercusión moi negativa para España

Última reforma: Aumento cota Diminución dos prezos

Usos e aproveitamentos2. Gandeiros

21

Gandaría ovina Localización:

Secaños do interior peninsular Diminúe cara ao levante e cara ao sur

Características: Diminución raza meiriña (liberalización mercado

da lá). Aumento da segureña e aragonesa Lá, carne e leite (queixos) Explotación en tres réximes:

Trashumante: preto da desaparición Extensiva: asociada á agricultura (barbeitos) Estabulada: ceba cordeiros (grandes rendementos)

Usos e aproveitamentos2. Gandeiros

22

Gandaría ovina Impacto da PAC:

Fomento das explotacións extensivas Frear despoboamento rural

Subvencións permiten: Aumento de produción Mellora de mecanización e modernización

Usos e aproveitamentos2. Gandeiros

23

Gandaría porcina Localización:

Rex. estabulado: preto das grandes cidades Rex. Extensivo: España occidental (ibérico)

Características: Réx. extensivo: razas autóctonas de grande

calidade (Extremadura, Huelva, Salamanca) Implicación das grandes multinacionais (penso e

leitóns. Agricultores dan traballo e cortes)

Problemas: Peste porcina

Usos e aproveitamentos2. Gandeiros

24

Gandaría porcina Impacto da PAC:

Explotacións intensivas: Tremenda oscilacións de prezos, polos excedentes

e as importacións dos países comunitarios

Usos e aproveitamentos2. Gandeiros

25

Gandaría avícola Localización:

Réxime estabulado Granxas próximas ás grandes cidades

Características: Carácter industrial da produción. Sistemas integrados coas multinacionais:

Razas estranxeiras, piensos importados, aplicación novas tecnoloxías

Problemas: Oscilación prezos: rixidez da oferta e flutuación da

demanda

Usos e aproveitamentos2. Gandeiros

26

Características: Escaso peso na produción final agraria (4%) País con escasos bosques, pola deforestación:

Mesta Desamortización Guerras Carboneo, minería Incendios

Necesidade de importar madeira

Tendencia a un aumento da superficie forestal: Reforestación Abandono apoiado pola UE das actividades

agropecuarias, substituídas polas forestais

Usos e aproveitamentos3. Forestais

27

Madeira: 60% dos aproveitamentos forestais Coníferas: ebanistería Frondosas: industrias papeleiras

Frondosas de rápido crecemento (chopos, eucalipto)

Outros aproveitamentos forestais: Resina, corcho, esparto e diversos froitos

(castaña, landras, etc.) Menor valor económico Problemas:

Competencia corcho sintético Flutuación prezos

Usos e aproveitamentos3. Forestais

28

Multifuncionalización do espazo rural: Positivo:

Freo do despoboamento rural Desenvolvemento económico máis importante da

historia Negativo:

Degradación ambiental Competencia entre distintos usos (turístico e agrario

compiten pola auga) Impacto PAC:

Frear despoboamento: xente nova, aumentar rentas agrarias

Diversificación de funcións Subvención ao desenvolvemento sostible

Usos e aproveitamentos4. Novos usos

29

Definición Morfoloxía que presenta o espazo rural Paisaxe humanizada xurdida da transformación

dunha paisaxe natural a causa das actividades económicas primarias (aquelas actividades extractivas de recursos naturais: agricultura, gandaría, silvicultura e pesca)

Diversidade morfolóxica moi importante en España Grande variedade pola combinación de factores

físicos e humanos

Dominios e paisaxes agrarias 30

Dominios e paisaxes agrarias 31

España húmida

Montaña

Interior peninsular

España mediterránea

Canarias

Fuente: Elaboración propia

Dominios e paisaxes agrarias 1. A España atlántica

32

Estrutura agraria Explotación intensiva do espazo

Alto número de poboación agraria (Galicia) Moita dela desprazada á emigración

Poboamento rural intercalar Pequenos pobos e aldeas

Tenza directa Domina o minifundismo

Parcelas dispostas a xeito de bocage Parcelas afastadas entre si Problemas:

Mecanización Concentración parcelaria

Dominios e paisaxes agrarias 1. A España atlántica

33

Aproveitamentos e usos Predominan os usos gandeiros

Gandaría: actividade económica máis importante Favorecido polo clima e a demanda das cidades Explotacións intensivas Problemas:

Cotas e cupos da UE Competencia das explotacións de maior tamaño Dependencia das centrais leiteiras

Agricultura de secaño (sen barbeito: precipitacións) Policultivo tradicional vai desaparecendo Especialización: pradeiras naturais, produtos

hortofrutícolas e plantas forraxeiras Explotación forestal importante (moble, papel)

Dominios e paisaxes agrarias 1. A España atlántica

34

Características rexionais Norte e Noroeste peninsular Relevo accidentado, escasas chairas Clima oceánico (chuvioso) Paisaxe de pradaría

Galicia Elevada pob. activa agrícola Persistencia de formas agrarias antigas (hortas,

policultivo) Cornixa cantábrica

Grande importancia da agricultura a tempo parcial Preponderancia absoluta da gandería

Euskadi Poboación activa mínima (1,5%). Casarío, gando vacún

Dominios e paisaxes agrarias 1. A España atlántica

35

Dominios e paisaxes agrarias 2. A España interior

36

Dominios e paisaxes agrarias 2. A España interior

37

Estrutura agraria Poboamento rural concentrado

Poboación moi envellecida pola emigración dos anos 60 Moi variada:

Norte e Leste: Minifundio Regadío Bocage

Sur e Oeste Latifundio Secaño Openfield

Fortes investimentos en agricultura e gandaría Intensificar rendementos e diversificar produtos

Dominios e paisaxes agrarias 2. A España interior

38

Aproveitamentos e usos Uso agrícola é o máis importante

Agricultura de secaño Triloxía do Mediterráneo en openfield Oliveira en menor medida en Aragón e Castela-León Complemento: amendoeira, leguminosas, xirasol Actualidade:

Retroceso do trigo (cebada) UE fomenta rotación cereal-leguminosas

Regadío Aproveitamento máis intensivo Cultivos industriais, froitas, hortalizas Rendementos menores que Levante, polas xeadas

Dominios e paisaxes agrarias 2. A España interior

39

Aproveitamentos e usos Uso gandeiro

Ovina extensiva Avícola estabulada Porcina estabulada preto das cidades

Dominios e paisaxes agrarias 2. A España interior

40

Características rexionais Dúas mesetas e val do Ebro Elevada altitude (agás val do Ebro) Clima mediterráneo continentalizado (aridez, xeadas)

Castela-León Gandería bovina

Navarra e A Rioxa Grande calidade dos viños Importancia da industria agroalimentaria

Castela-A Mancha Viño e explotacións ovinas Devesas (no Oeste): explotacións mixtas agrícolas,

gandeiras e forestais

Dominios e paisaxes agrarias 2. A España interior

41

Dominios e paisaxes agrarias 3. A España mediterránea

42

Estrutura agraria Poboamento rural concentrado

Poboación moi numerosa Estrutura da propiedade moi diversa:

Ao norte de Murcia: Minifundio Tamaño mediano

Sur Latifundio

SL Agricultura punta: grandes investimentos

Problema da auga Transvasamento do Ebro

Dominios e paisaxes agrarias 3. A España mediterránea

43

Aproveitamentos e usos Uso agrícola é o máis importante

Agricultura de regadío (substitúe a de secaño tradicional)

Clima excepcional, solos óptimos, grande demanda Horticultura baixo plástico Árbores froiteiras mediterráneas e subtropicais Mercado da UE: poder adquisitivo

Agricultura de secaño Triloxía mediterránea e amendoeira Val do Guadalquivir, zonas prelitorais

Dominios e paisaxes agrarias 3. A España mediterránea

44

Aproveitamentos e usos Uso gandeiro

Ovina e caprina extensiva Zonas de agricultura de secaño

Reses bravas en Cádiz e Sevilla Bovina e porcina estabulada en Cataluña

Uso forestal Frondosas de rápido crecemento (chopo, eucalipto)

Dominios e paisaxes agrarias 3. A España mediterránea

45

Características rexionais Todo o litoral mediterráneo, val Guadalquivir e Baleares Relevo moi variado Clima mediterráneo (aridez)

Cataluña Aporte da gandería é superior á agricultura Fomento regadío: froiteiras, cultivos industriais e

forraxes Levante

Regadío de alto rendemento: cítricos (Valencia) e hortalizas (Murcia)

Andalucía Latifundio. Monocultivo secaño: viñedo e oliveira Cultivos baixo plástico

Dominios e paisaxes agrarias 3. A España mediterránea

46

Dominios e paisaxes agrarias 4. As illas Canarias

47

Dominios e paisaxes agrarias 4. As illas Canarias

48

Estrutura agraria Retroceso fronte ao uso turístico

Poboamento rural concentrado no litoral En altitude dominan os minifundios

Aproveitamentos e usos Regadíos (pozos subterráneos, desalgadoras) Enareados (pobreza dos solos) Cultivo en socalcos

Plátanos, patacas temperás, tomates Produtos baixo plástico e tropicais

Gandaría Escasa, ovina e caprina, asociada á agricultura

Dominios e paisaxes agrarias 4. As illas Canarias

49

Características rexionais Relevo abrupto Solos volcánicos, xeralmente malos Clima subtropical

Precipitacións escasas e torrenciais

Zonas Agricultura regadío nas áreas litorais

Para a exportación Agricultura de secaño e regadío de policultivo no

interior Autoconsumo Progresivo abandono

Dominios e paisaxes agrarias 4. As illas Canarias

50

Dominios e paisaxes agrarias 5. O sector agrario de montaña

51

Estrutura agraria Poboamento moi disperso

Baixas densidades de poboación. Tendencia ao despoboamento

Pequena propiedade Bocage Socalco

Consérvase a propiedade pública, e a comunal dos montes

Dominios e paisaxes agrarias 5. O sector agrario de montaña

52

Aproveitamentos e usos Diversos e complementarios

Gradación en función das condicións climáticas Agricultura no fondo dos vales Gandería nas matogueiras e nos prados Explotación forestal nas abas das montañas

Características rexionais Condicionantes físicos son moi importantes Norte: introdución produtos hortícolas Sur: Introdución amendoeiras e oliveiras

(socalcos) Gandaría:

Norte: bovina Sur: ovina (transhumancia local)

Dominios e paisaxes agrarias 5. O sector agrario de montaña

53

Tema 5

As actividades agrarias en España:Agricultura, gandaría e sector forestal