Arte En España - Renacimiento

Post on 01-Jul-2015

400 views 1 download

Transcript of Arte En España - Renacimiento

ARTE EN ESPAÑA: O RENACEMENTO

ÍNDICE

-O RENACEMENTO E AS SÚAS CARACTERÍSTICAS

-ESCULTURA RENACENTISTA

-PINTURA RENACENTISTA

-PINTORES E OBRAS DESTACADAS

-ARQUITECTURA RENACENTISTA

-EDIFICIOS DESTACADOS

-CULTURA ESPAÑOLA DO SÉCULO XVI

-O GRECO

RENACEMENTO

Son expresións empregadas para designar o desenvolvemento que tivo en España o

movemento artístico, filosófico e científico orixinado en Italia no século XIV (o

Quattrocento), e que posteriormente se estendeu ao resto da Europa Occidental, coñecido como o

Renacemento.

A introdución das formas artísticas do Renacemento na península Ibérica fíxose a

finais do século XV, e non se desenvolvería até ben entrado o século XVI.

CARACTERÍSTICAS

-A acumulación da arte clásica grecorromana.

-A búsqueda dunha nova linguaxe que reflexe as novas inquietudes.

-O retorno á medida humana : O home renacentista,cós seus inventos e cós seus avances científicos sintése o centro do Universo.

-A aportación dunha visión unitaria nas obras de arte.Na obra gótica o espectador debe moverse e ver dende distintas perspectivas para apreciar todos os puntos.Na renacentista,intentase encontrar a unidade.

-A individualidade.Desaparece o anonimato artístico e aparece a figura do xenio.

A ESCULTURA RENACENTISTA

No século XVI, apareceron as primeiras demostracións da escultura renacentista en España, como consecuencia das relacións políticas e militares con Italia e baixo o mecenado e tutela dos reis e da nobreza.

Fíxose presente a través de tres vías distintas:

● Escultores italianos chamados polos mecenas e que realizaron as súas obras en España.

encóntranse os escultores Domenico Fancelli, Pietro Torrigiano e Jacopo Florentino, chamado o Indaco

● Obras importadas.

obras encargadas a Italia sirvan como exemplo o San Xoán do taller de Miguel Anxo para a cidade de Úbeda, e uns poucos relevos do taller da familia Della Robbia.

● Procedentes dos talleres italianos, e primeira xeración de artistas españois.

A primeira xeración estivo composta por Vasco de la Zarza ,Filipe Vigarny, Bartolomé Ordóñez e Diego de Siloé.

O material utilizado foi o mármore e o bronce pero, sobre todo, a madeira policromada e estufada. Dos talleres dos grandes mestres saíron gran cantidade de retablos, cadeirados de coro, imaxes e escultura funeraria.

No século XVI tíñase unha grande admiración polos retablos anteriores pertencentes ao estilo gótico ou hispano-flamenco.

dado o cambio de mentalidade e a imposición das novas modas renacentistas, os retablos de nova factura fixéronse xa con esta tendencia e moitos vellos retablos góticos foron substituídos polos renacentistas.

Na primeira metade do século XVI, os retablos adaptáronse ás formas renacentistas do momento, con adornos de grutescos e moita e variada ornamentación. A partir de 1558, e co exemplo do Retablo maior da catedral de Astorga, realizado por Gaspar Becerra, deuse un cambio total cara ao romanismo. A arquitectura cambiou considerabelmente cunha estrutura moito máis clara, unha superposición de ordes clásicas e unha limpeza na decoración.

PINTURA

A pintura do Renacemento español faise normalmente ao óleo. Realiza interiores perfectamente suxeitos ás regras da

perspectiva, sen amoreamento dos personaxes. As figuras son todas do mesmo tamaño e anatomicamente correctas.

A Santa Cea de Juan de Juanes (1550).

Retrato de Isabel Clara Euxenia. Alonso Sánchez

Coello.

As cores e os sombreados adminístranse en gamas tonais, segundo as ensinanzas italianas. Para acentuar o esti lo

ital iano é frecuente, ademais, engadir elementos directamente copiados de al í , como os adornos a candelieri (cenefas de

vexetais e cupidiños que rodean os marcos), ou ruínas romanas nas paisaxes, incluso en escenas da vida de Cristo.

CANDELIERI

Lámina de Meyer en el libro Manual de la

Ornamentación.

PINTORES DESTACADOS

-El Greco. Líder indiscutíbel do manierismo, o seu recoñecemento como xenio da pintura do Renacemento e do manierismo en España data do século XIX cando se "redescobre".

-Luis de Morales. Aplicou as técnicas do sfumato de Leonardo da Vinci ás súas composicións, basicamente flamengas.

-Fernando Yáñez de la Almedina. Activo en Valencia xunto con Hernando de los Llanos.

OBRAS DESTACADAS

O enterro do Conde de Orgaz (El Greco).

Os temas relixiosos ocuparon a maior parte da súa pintura. Neste extraordinario cadro contrapóñense a composición clasicista e os trazos manieristas e esa estraña espiritualización dos personaxes cuxas figuras se alongan.

O tema representado é moi antigo, dentro da iconografía cristiá: a Virxe María amamentando ao neno Xesús. Non obstante, no caso desta obra, non se ve directamente o peito, senón que a nai e o fillo míranse nunha das imaxes máis intimistas do século XVI. O propósito é claramente relixioso, exaltando o sentimento de amor materno.

A arquitectura do Renacemento pasou por tres períodos ou estilos:

·Estilo plateresco (1500-1530): caracterizouse porque os edificios mantiveron en moitos ocasións as formas góticas no interior, pero recubriron toda a fachada con decoración renacentista. Esta incluía medallóns, escudos e grutescos, realizados cunha minuciosidade smellante ao traballo dun prateiro. Os principais exemplos de fachadas da universidade de Salamanca e do mosteiro-hospital de San Marcos de León.

·Estilo purista (1530-1560): adoptou os elementos contrutivos renacentistas e simplificou e reduciu o tamaño da decoración. Os principais edificios son o palacio de Carlos V, en Granada; o palacio de Monterrey, en Salamanca; e a fachada da universidade de Alcalá de Henares.

·Esrilo herreriano (1560-1600): tomou o seu nome do seu arquitecto mais famoso, Juan Herrera. Caracterizouse pola simplicidade das formas, as cubertas exteriores de lousa, con notable inclinación, e a nudez decorativa.

O edificio máis importante foi mosteiro-palacio de El Escorial, encargado por Felipe II en 1563 para celebrar a vitoria de San Quintín sobre os franceses.

ARQUITECTURA

EDIFICIOS DESTACADOS

Fachada de la Universidad de Salamanca

Universidad de Alcalá de Henares

Monasterio de San Lorenzo de El Escorial

Monasterio de San Lorenzo de El Escorial

Hospital de los Reyes Católicos de Santiago de Compostela

Palacio de Carlos V de Granada

CULTURA ESPAÑOL (S. XVI)

·O ensino alcanzou grande importancia nas universidades de Alcalá de Henares, Salamanca e Valladolid, e nos colexios fundados polos xesuítas, onde se instruíron os fillos dos nobles.

·A literatura cultivou a poesía italiana, configuras como Garcilaso de la Vega, e o teatro , que alcanzou gran popularidade. Ademais , iniciáronse dous xéneros de gran transcendencia posterior: a novela picaresca (Lazarillo de Tormes), e a mística (Santa Teresa de Jesús e San Juan da Cruz).

O GRECO(Doménicos Theotocópoulos; Candía, hoy Heraklion, actual Grecia, 1541 - Toledo, España, 1614) -Pintor español. Aínda que nacido en Creta, unha illa que na época pertencía á República de Venecia, O Greco desenvolveu o seu estilo único e maior parte da súa carreira en España. El adestrou na súa illa natal como un pintor de iconos, antes de ir a Venecia, onde coñeceu o traballo de Ticiano e Tintoretto, artistas que, xunto con Michelangelo, foron os máis influenciados da súa pintura.

Dende 1570, despois de pasar sete anos en Roma, O Greco mudouse para Toledo, a invitación de Canon Diego de Castilla, que encomendou un retablo para a igrexa de Santo Domingo o antigo. Levaba dez anos en Toledo cando Filipe II encargou un traballo para o mosteiro do Escorial, pero o martirio de San Mauricio non lle gustou ó soberano español, que nunca máis contou có artista.

Isto foi unha gran decepción para o Greco, que aspiraba a converterse en pintor da corte, pero non prexudicou a súa carreira como pintor, xa que era moi procurada polos aristocratas e pola igrexa de Toledo. Non é de admirar, polo tanto, que o seu traballo é extraordinario.

O Greco,1541-1614

El entierro del Conde de Orgaz.

El expolio

La resurrección de Cristo