ANIMACIÓN Á LECTURA CURSO 2013-14

Post on 24-May-2015

111 views 10 download

description

Listaxe de libros para fomentar a lectura en galego

Transcript of ANIMACIÓN Á LECTURA CURSO 2013-14

Anímas

t

e?

En

galego,tamén

.

“Hai quen non pode imaxinar un mundo sen paxaros; hai quen non pode imaxinar un mundo sen auga; no que a min se refire, son incapaz de imaxinar un mundo sen libros”

Jorge Luis Borges

Educación Infantil

“Cuca e os abrigo marrón” de Fina Casalderrey Editorial Rodeira

Resumo:Cuca é unha cadela de pelo negro moi crecho. Vive na rúa, libre coma as bolboretas ou o vento, pero tamén baleira de agarimos. O frío faise dono dos días e Cuca monta garda onda un aparcadoiro de coches. Cando chega algún, dálle igual que sexa bonito ou feo, grande ou pequeno… En canto o ruído do motor cesa, corre a meterse debaixo para aproveitar a calor que desprende. Alí adormece protexida

3 anos

“Chocolata” de Marisa Núñez & Helga Bansch Editorial OQO

Resumo:Chocolata toma o seu baño diario na lagoa.Un día escoita que na cidade hai unha casa de baños e sae de viaxe coa intención de probala.

4 anos

Cocorico” de Marisa Núñez & Helga Bansch Editorial OQO

Resumo:Cocorico é un pitiño que vive feliz coa súa nai. Un día que Mamá Galiña vai facer biscoito,o pitiño ofrécese a ir pola leña para acender o forno.Cando está en plena faena, aparece un gato enorme e malvado que o quere devorar. De milagre, Cocorico salva a vida porque lle promete que lle dará a metade da merenda, mais…

5 anos

1º Ciclo Primaria

“Vou ter un irmán!!!” de María Solar Editorial Galaxia

Resumo: Como una nena vive o embarazo da nai e a chegada do seu novo irmán.

“Puag, que noxo!” de Fina Casalderrey Editorial Galaxia

Resumo: O protagonista ten que ficar con súa irmá mentres seus pais van a un recado e todo semella que irá ben. Pero a súa irmá Andrea …

“Pan de millo” de Migallas Editorial kalandraka

Resumo:A través de poemas e cantigas, achega a cultura tradicional galega ás familias.

2º Ciclo de Primaria

“As vacacións de Saida” de Eva Peydro Editorial Galaxia

Resumo:Historia de amizade. Conta como una rapaza de outro país chamada Saida ven ao noso país nas vacacións amosando a súa cultura e forma de vivir.

“Casas” de Paula Carballeira.Editorial Tambre

Resumo:Narra os distintos tipos de casas que existen: de papel, de tea, de palla…,acolledoras, enfadadas, viaxeiras…

“Os piratas da lúa” de Jacobo Fernández Serrano Editorial Marcopola

Resumo:Banda de mariños festeiros que se enfrontan co malvado Almirante Cobreguiña e á súa desapiadada tripulación.

3º Ciclo de Primaria

“O misterio dos fillos de Lúa” de Fina Casalderrey Editorial SM

Resumo:

David, un rapaz de oito anos, convértese en narrador para contarnos como transcorre a súa vida mentres trata de resolver un misterio: ¿que pasa cos fillos da gata Lúa? ¿Por que lle desaparecen sempre ó acabar de nacer? Nesta empresa é axudado por Branca, a súa noiva, coa que comparte a mascota....

“Tonecho de Rebordechao” de Breogán Riveiro Editorial Galaxia

Resumo:

Tonecho, un rapaz nacido na cidade, ten que trasladarse a Rebordechao, unha pequena aldea perdida na montaña de Ourense, para vivir cos avós unha nova vida sen os pais. Entre a experiencia da natureza agreste e o contacto cos escasos veciños decorre o día a día no que se sorprende aprendendo a vida do campo.Mais…,a tranquilidade de Tonecho altérase o día que descobre un misterioso cuarto con manchas de sangue na casa dos carros.

“A ánfora exipcia” de An Alfaya Editorial Tambre

Resumo:Unha ánfora exipcia e un escaravello rinoceronte desaparecen do pazo do conde de Leirachá, logo de que Alberte e Lola relaten a súa última viaxe a Exipto.Serán os rapaces da casa os encargados de descubrir a misteriosa desaparición.

1º e 2º de ESO

“O caso máis estraño do detective Marschen” de Xavier Frías Editorial Galaxia

Resumo:Un libro cheo de historias sorprendentes. Este libro non conta unha historia, senón moitas historias. Hainas fantásticas e outras non tanto. Poderedes atopar de fantasmas, de homes que se converten en bólas inzadas, de androides, de hecatombes nucleares aparentes, de seres máxicos aínda que tímidos?

“As fronteiras do medo” de Agustín Fernández Paz. Editorial Rodeira

Resumo:Unha ampla variedade de temas nestes seis relatos que transmiten a mesma mensaxe: existen leis máis poderosas e malignas que as nosas e das que todos podemos ser vítimas.

“O alento nas costas” de Natalia Carou Figueira. Editorial Baía Edicións

Resumo:A novela comeza cun soño estraño de Mireia, xornalista dunha revista esotérica de Madrid. O soño transcorre nunha aldea preto do lugar natal da protagonista, na Idade Media. Ela ten a sensación estraña de que o personaxe dos seus soños lle quere comunicar algo...

“Amor dos quinces anos, Marilyn “ de Fernández Paz. Editorial Xerais

Resumo:

Nos cinco relatos que compoñen o libro, o autor quere render unha homenaxe ao mundo do cine.En cada un deles, atoparedes historias con personaxes que coñecedes ben; actores que deixaron pegada na grande pantalla, personaxes que atoparon no celuloide o mellor dos medios para facerse reais, e todo un cúmulo de sensacións, vivencias e sentimentos xurdidos ó redor das tardes de cine,

“O centro do labirinto” de Agustín Fernández Paz. Editorial Xerais

Resumo:A doutora Sara Metmann, que é membro destacado do G-12 e vive en Berlín, decide facer, de incógnito, unha curta viaxe a Galicia acompañada polo seu fillo, adolescente, David. Este sufrirá un accidente e será recollido por unhas persoas que deciden retelo e utilizalo como refén para chegar ata a súa nai.

3º E 4º DE ESO

“Cartas de inverno” de Agustín Fernández Paz Editorial Xerais

Resumo:O pintor Adrián Novoa, incitado polo seu amigo Xavier, compra una casa nunha aldea de Galicia. É a casa dos seus soños e nela quere atopar a tranquilidade necesaria para explorar novos camiños na súa pintura. Pero a casa esconde un profundo misterio que atrapa a Novoa coma un imán.

“Dragal. A herdanza do dragón” de Elena Gallego Abad. Editorial Xerais

Resumen:Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro,o dragón de pedra agarda que chegueo tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía.Mais, quen pode imaxinar que o vello templo medieval agocha as claves para atopar a senda do último dragón galego?

“A memoria da choiva” de Pedro Feijoo Editorial Xerais

Resumo:Cando Xosé Carneiro, coñecido psicanalista e polémico colaborador televisivo, aparece co peito aberto no seu piso da compostelá rúa República do Salvador, son dúas as cousas que chaman a atención do xornalista Aquiles Vega e da profesora Sofía Deneb. A primeira é a brutalidade, a violencia extrema con que o crime foi levado a cabo. A segunda, ese detalle que non encaixa na escena: unha estraña peza de ferro chantada no corazón.

“Vento e chuvia. Mitoloxía da antiga Gallaecia” de Manuel Gago. Editorial Xerais

Resumo:Nun territorio extenso, misterioso e brutal no que aínda hoxe vivimos, os deuses conviviron cos homes, beberon da súa cervexa, participaron das súas batallas, exiliáronse nos seus montes.Historias de deuses que viven, que nacen, choran, aman, sangran, viaxan de monte en bosque, e das illas ás costas; historias nasque non existen fronteiras entre o real e o fantástico, porque, coma no tempo de hoxe,o mundo dos homes é sobre todo imaxinación.

“Poetízate” de Fran Alonso. Editorial Xerais”

Resumo:Selección de douscentos poemas de máis de oitenta autores galegos; un percorrido pola nosa lírica dende Rosalía de Castro ata hoxe.

“Os escaravellos voan á tardiña” de María Gripe. Editorial SM

Resumo:Tres rapaces exploran unha casa abandonada e atopanvarios enigmas: unha planta que capta palabras esentimentos, unha voz que xoga ao xadrez por teléfono,un estraño escaravello... Claves dunha apaixonantenovela de intriga e misterio que te atrapará desde aprimeira páxina.

“Anacnórise” de Mª Victoria Moreno Editorial Galaxia

Resumo:

Unha fermosa novela de amor que figura entre os libros máis lidos e admirados pola mocidade galega O protagonista principal de Anagnórise é Nicolau Arís, un rapaz con problemas que un día decide deixar os estudios no Instituto e marcha a Madrid co propósito de encontrar a uns amigos que se dedican a negocios relacionados co tráfico da droga.