Post on 12-Jan-2020
Acta de acordos da REUNIÓN DA XUNTA DE PERSOAL
PROVINCIAL DE OURENSE DA CONSELLERÍA DE
EDUCACIÓN, mantida o mércores 20 de marzo de 2019 ás
10:00 horas, na Sala de Xuntas da CIG.
Organizacións presentes: STEG, FETE-UGT, CIG, CCOO, ANPE e CSI-f
1. Propostas de CCOO con acordo de todas as forzas sindicais inclúido o STEG:
• POÑER NOME DE MULLER AOS NOSOS CENTROS EDUCATIVOS.
Esta Xunta de Persoal resolve volver a trasladar á Xefatura Territorial de Ourense da
Consellería de Educación, Universidade e FP, unha proposta de promover o uso de
nomes de mulleres que destacaron e destacan no ámbito público a través de darlle o
seu nome aos nosos centros educativos, xa que é máis necesario que nunca facer unha
labor de visibilización da muller, como suxeito activo na historia, na ciencia, na
cultura, nas letras,empezando cos nosos centros educativos.
• COMPENSACIÓN HORARIA PARA O PROFESORADO DOS CIFPs DA
PROVINCIA
Esta Xunta de Persoal resolve esixir á Xefatura Territorial en Ourense da Consellería de
Educación, Universidade e FP termine co agravio comparativo que significa a
diferente duración das sesións lectivas nas mismas ensinanzas de FP entre os CIFP
(unha hora) e os IES (cincuenta minutos) da provincia, unificando a mesma duración
de sesións entre os CIFPS e o resto de centros educativos ou permitindo algún tipo de
compensación horaria ao profesorado dos CIFP da provincia que permitan minimizar
tal agravio comparativo no camiño da súa equiparación.
• AMPLIACIÓN E MELLORA DA CONTA DE CORREO CORPORATIVO
Esta Xunta de Persoal resolve:
Esixir á Xefatura Territorial en Ourense da Consellería de Educación, Univesidade e
FP un aumento na capacidade da conta de correo, así como eliminar a medida de
cambio de contrasinal cada tres meses, xa que esta última está ocasionando moitos
inconvintes ao profesorado que redundan no seu traballo diario, xa que o usuario e
contrasinal da contade correo corporativo é esencial para acceder a todos os sitios
telemáticos da Consellería de Cultura,Educación e O.U.
• CONVOCATORIA INMEDIATA DO COMITÉ DE SAÚDE E SEGURIDADE
LABORAL DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FP NA
PROVINCIA DE OURENSE
Esta Xunta de Persoal resolve:
Esixir á Xefatura Territorial en Ourense da Educación, Universidade e FP, a que
comece a convocar regularmente, tal e como establece o seu regulamento, o Comité
Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Educación, Universidade e FP, para así
por fín, demostrar que a seguridade e saúde laboral e a prevención de riscos
laborais é un tema de gran importancia.
• CAMBIO DE XORNADA NO CEIP PRINCESA DE ESPAÑA DE VERÍN
Esta Xunta de Persoal resolve:
Instar á Xefatura Territorial en Ourense da Consellería de Educación, Universidade e
FP que proceda a permitir a modificación da xornada do CEIP Princesa de España de
Verín, xa que tal solicitude é froito da decisión democrática da comunidade educativa
do centro.
Esta última proposta compartea o sindicato CIG, na súa listaxe de propostas.
2.- Propostas de CIG con acordo de todas as forzas sindicais incluido o STEG:
• COBERTURA DE RESULTAS DO CXT DOS DIRECTORES E DIRECTORAS
EN COMISIÓN DE SERVIZOS
Por todo o exposto esta Xunta de Persoal RESOLVE:
Dirixir un escrito á Xefatura Territorial de Ourense, instándoa a que todas aquelas
resultas que xeran os directores e directoras dos centros que están en comisión de
servizos sexan cubertas, e que o feito de ter docentes exercendo o cargo de dirección
en comisión de servizos non xustifique a non cobertura de prazas nin no CXT, nin no
CADP.
• ADECUACIÓN DO TRANSPORTE ESCOLAR AO SERVIZO DOS CENTROS
EDUCATIVOS.
A solución é que se poñan os medios de transporte necesarios para evitar esa larga
espera ao alumnado, dotando neste caso a esa ruta doutro autobús que reforce o
percorrido ou, desdobrándoa para evitar as esperas, mais esta actuación é negada pola
Xefatura Territorial que escatima o gasto que supón para mellorar as condicións de
acceso ao ensino para o alumnado do centro público, obviando que moi preto do CPI,
gasta centos de miles de euros nos concertos do Guillelme Brown e do Miraflores, dous
centros que até hai ben pouco tempo eran privados.
• DEFICIENCIAS NO FUNCIONAMENTO DE XOGADE NA COMARCA DE
MONTERREI
Esta Xunta de Persoal RESOLVE:
Dirixir un escrito á Xefatura Territorial de Educación para que inste á Secretaría Xeral
para o Deporte a solucionar os problemas descritos e, ao mesmo tempo, dirixir un
escrito á Secretaría Xeral describindo a situación e esixindo:
Que dado que en Verín existe un Hospital Comarcal dependente da Xunta de Galicia e
as actividades deportivas escolares “Xogade” tamén dependen da propia Xunta de
Galicia as posibles lesións que ocorran durante actividades relacionadas co “Xogade”
se deriven directamente a dito Hospital logo convenio oportuno coa entidade que
xestiona o seguro.
Que se xestione de xeito máis efectivo todo o relacionado coa actividade de
“Xogade” tanto na cuestión de garantías de participación a alumnado e
profesorado como no relativo ao transporte escolar.
• O ENSINO DO PORTUGUÉS
Esta Xunta de Persoal RESOLVE:
Dirixir un escrito á Xefatura Territorial de Ourense e á Consellaría demandando, co
argumentario aquí exposto, unha campaña dirixida á cidadanía nos medios de
comunicación explicar as vantaxes da oferta de Portugués nos centros públicos e
ampliar esa oferta e dotación de profesorado en todos os centros.
• INFORMACIÓN SOBRE O CENTRO DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE
NOVA CREACIÓN
Dirixir un escrito á Xefatura Territorial de Ourense e á Consellaría demandando
información sobre determinados aspectos do funcionamento deste centro,
nomeadamente sobre que formación se vai a impartir, que persoal será o responsable
de impartila, o tipo de alumnado que acollerá o centro así como o financiamento de
recursos materiais e humanos do mesmo.
3.- Propostas de ANPE con acordo de todas as forzas sindicais incluido o STEG:
• PROPOSTA DE DOTAR AOS CENTROS DE ENFERMEIRA ESCOLAR
4.- Propostas de CSIF con acordo de todas as forzas sindicais incluido o STEG:
• DEMENDANDO QUE AS PRAZAS DE SECUNDARIA SEXAN NEGAOCADAS
NAS XUNTAS DE PERSOAL
Esta Xunta de persoal resolve, que esta Xefatura territorial inste a Consellería de
Educación, Universidade e Fp para que tantos as prazas de Educación Secundaria
como as de educación primaria sexan negociadas nas Xuntas de persoal de cada
provincia, tendo en conta os criterios técnicos e cupos do mesmo.
Esta última proposta compartimola o STEG, na nosa listaxe de propostas.
5.- Propostas de UXT-FETE con acordo de todas as forzas sindicais incluido o STEG:
• PROPOÑER UN DESCANSO NO HORARIO DOCENTE
A Xunta de persoal Docente non Universitaria da provincia de Ourense, demanda,que
se regule a obriga de contemplar na confección dos horarios docentes, un descanso,
cando teña o Horario compñeto nunha xornada.
• SOLICITAN QUE SE REXISTREAN AS TITORIAS E CARGOS DE
RESPONSABLILIDADE TEMPORAIS
Solicitamos que se computen e rexistres a todo os efetos administrativos e
económicos, as titorias, xefaturas de departamento e cargos de responsabilidade,
ainda por meses.
• DEVOLUCIÓN DE PAGO DAS TAxAS POLOS DEREITOS DE EXAME
Solicitamos a devolución do pago das taxas, polos dereitos de examen do 2018, ao
profesorado que foi exclúido do proceso, por non ter rematado o proceso de
matricula.
6.- Propostas de STEG con acordo de todas as forzas sindicais:
• PERSOAL ADMINISTRATIVO PARA TODOS OS CENTROS
Esta Xunta de persoal resolve, que se proceda a dotar de persoal administrativo a
todos os centros.
• DOTACIÓN DE PERSOAL PARA OS CENTROS DO RURAL
Esta Xunta de Persoal resolve que a Consellería veña a dotar axeitadamente de persoal
os centros do rural, especialmente aqueles máis castigados dado o actual contexto de
abandono do rural, o envellecemento da súa poboación, a escaseza de recursos e os
procesos migratorios internos dende este eido aos grandes núcleos poboacionais
urbanos, no camiño de reverter os efectos dunha dinámica perxudicial e negativa que
está a acabar co ensino neste eido, que debera ser ben ao contrario, un dos motores do
país.
• CEIP A MEZQUITA
Esta Xunta de Persoal resolve que autorice o traslado do depósito de gasolina ao interior
das instalacións en atención ás especificacións relativas a este, descritas anteriormente.
• DEMANDANDO GARANTÍAS DE DOTACIÓN SUFICIENTE PARA OS
CADROS DE PERSOAL PARA OS CPI'S.
Esta Xunta de Persoal resolve Esixir que se garanta nos CPi's un cadro persoal
estábel e suficiente, en cantidade e calidade - a calidade ven marcada pola
estabilidade e a especialización - que dea garantía ao alumnado de estar a recibir,
cando menos, a mesma oferta educativa e as mesmas oportunidades de formación que
nos centros urbanos.
• DEMANDANDO QUE A CONSELLERÍA ESIXA A ACREDITACIÓN DE
COÑECEMENTO DO IDIOMA GALEGO EN TODAS AS
ESPECIALIDADES PARA AS QUE SE CONVOCAN VACANTES NO CXT
Esta Xunta de Persoal resolve que se lle esixa á Consellería que cumpra o seu deber
de protexer, respectar e promocionar o uso da nosa lingua e que, modificando a
devandita Orde que regula o CXT, esixa a acreditación do coñecemento da lingua
galega para todas aquelas persoas que, de ser o caso e con independencia da
especialidade pola que opten, soliciten unha vacante docente en Galiza.
• DEMANDAMOS A RETIRADA DOS EXÁMENES DO TRINITY
COLLEGE
Esta Xunta de Persoal resolve que esta Xefatura Territorial inste á Consellería de
Educación Universidade e FP para que retire de forma inmediata este tipo de
avaliacións e devolva a potestad as Escolas Oficiais de Idiomas, Escolas públicas,
que presentan nas súas funcións expresas este tipo de avaliacións e formacións.
E sem máis asuntos que tratar, pechase a xuntanza ás 12:35