Acción xeolóxica do vento: o Sáhara

Post on 06-Apr-2016

100 views 3 download

description

Traballo dos alumnos Brais Durán e Ángela Riveiro na clase de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato

Transcript of Acción xeolóxica do vento: o Sáhara

A ACCIÓN XEOLÓXICA DO VENTO E O SAHARA

Ángela RiveiroBrais Durán

AXENTES XEOLÓXICOS EXTERNOS: O VENTO O vento é un axente xeolóxico externo moi activo en zonas de clima seco, xa que

estes climas desfavorecen á vexetación. A escaseza de vexetación contribúe á acción erosiva do vento.

ACCIÓN XEOLÓXICA DO VENTOAbrasión: é o desgaste que sofre unha rocha polo choque con partículas que transporta o vento.

Deflación: consiste na acción de arrastre e transporte de pequenas partículas.

2. PAISAXES EÓLICAS Son paisaxes formadas pola sedimentación (erg e loess) ou pola erosión (reg).

* Reg ou deserto rochoso: a acción do vento leva as partículas erosionadas, deixando as rochas "limpas". Como a acción predominante do vento se dá en zonas áridas, a escaseza de vexetación fai que a paisaxe estea dominada exclusivamente polas formacións rochosas.

* Erg ou deserto areento: prodúcese pola acumulación de area procedente da erosión.A morfoloxía característica das acumulacións de area son as dunas.

* Loess: acumulación de arxilas transportadas en suspensión polo vento, xeralmente ao chocar contra grandes barreiras xeográficas (cordilleiras). Forman grandes extensións con espesores que poden chegar a tapar a topografía preexistente

ESTRUCTURAS SEDIMENTARIAS: DUNAS Unha duna é unha acumulación de area, nos desertos ou no litoral, xerada polo vento, polo que

posúe unhas capas suaves e uniformes. As dunas teñen a seguinte estructura:

Formación dunha duna:

Tipos de dunas: existen diversos tipos de dunas, cuxas formas e tamaños dependen da dirección e velocidade do vento, da cantidade de area e da presenza de vexetación da zona.

ESTRUCTURAS SEDIMENTARIAS: RIZADURAS Unha rizadura é unha estructura sedimentaria que se forma pola acción dunha corrente de auga

ou vento sobre un substrato de area solta. As de maior tamaño denomínanse dunas. Formación de rizaduras e laminación cruzada interna.

IMAXES DE RIZADURAS EÓLICAS

OUTRAS FORMAS EÓLICAS: OASIS

Zonas apartadas que presentan abundante vexetación, ou nalgunhas ocasións ata mananciais que se achan emprazados no medio de desertos extremadamente areentos.

ROCHAS EN SETA As rochas en seta ou funxiformes, teñen forma de cogomelo. Isto débese a que viaxa

máis area na zona baixa da rocha e erosiónase máis pola parte inferior.

SAHARA O deserto do Sahara «o Gran Deserto», é o deserto más cálido do mundo, e o terceiro

maior deserto despois da Antártida e o Ártico. Ten máis de 9.065.000 km²de superficie. Limita polo leste co mar Vermello, polo norte coa costa Mediterránea, polo oeste co

océano Atlántico e por último, limita polo sur con todo África subsahariana

VIDA NO SAHARA Escaseza de choivas (20 L/m² anuais). Tª extremas, que poden variar entre os 60ºC aos -10ºC. Zonas pouco poboadas. As persoas que habitan no Sahara chámanse ``al badw´´ (Os Beduinos). Festas como: "Aïd Al Fitr" (festa post Ramadan) e "Aïd Al Adha" (festa do sacrificio). Vestimenta distinta e característica para cada sexo. Transporte: camelo.

FLORA E FAUNA NO SAHARA Poucos animais e plantas. Animais adaptados ás duras condicións climáticas (moitos animais só saen de noite). Outros animais adaptáronse á sequidade, por exemplo o camelo, que pode pasar días

sen beber. Podemos atopar animais como: *Mamíferos: dromedarios e cabras (habitualmente domésticos), guepardo. *Réptiles: víboras de area. *Arácnidos: escorpións. *Aves: ostrich,. As plantas están adaptadas ao medio ambiente para reducir a

evaporación e aumentar a absorción de auga. Podemos atopar plantas como:

acacias, tamargueira, suculentos e rosas de Jericó

BIBLIOGRAFÍA http://recursostic.educacion.es/ciencias/biosfera/web/alumno/3ESO/Agentes_1/conten

idos6.htm http://es.slideshare.net/waltergodielturpo/diapositiva-geomorfologia-eolica-1 http://es.wikipedia.org/wiki/Ondulita

http://recursostic.educacion.es/ciencias/biosfera/web/alumno/3ESO/ModelpaisII/contenido7.htm

https://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Portada http://www.sahara-culture.com/esp/Lavidaeneldesierto.aspx http://es.wikipedia.org/wiki/Desierto_del_Sahara#Flora_y_fauna