a VI Ciclo Cine e Medicina A balada de Narayama

Post on 19-Jul-2022

8 views 0 download

Transcript of a VI Ciclo Cine e Medicina A balada de Narayama

a

VI Ciclo Cine e Medicina

Sesión do 21 de xaneiro de 2020 A balada de Narayama

Narayama Bushi-ko. Xapón, 1983. Cor, 130 min. Drama | Dirección e guión: Shôhei Imamura | Fotografía: MasaoTochizawa | Música: Shinichirô Ikebe | Elenco: Ken Ogata (Tatsuhei), Sumiko Sakamoto (Orin), Tonpei Hidari(Risuke), Aki Takejô (Tamayan), Shoichi Ozawa (Katsuzō), Fujio Tokita (Jinsaku) | Produción: Toei Company

PREMIOSa

Festival de Cannes 1983Palma de Ouro á Mellor Película

SINOPSEa

Era unha vella lei da aldea, dun tem-po tan afastado que xa ninguén olembraba: ao chegar aos 70 anos, osanciáns debían abandonar a aldeapara ir vivir ao cumio da montañaNarayama. Unha sentenza de mortedesapiadada que sumía na tristeza ea desesperación ás familias cando ti-ñan que enviar aos seus maiores ámontaña. Orin ten 69 anos e aché-gase o momento de partir cara ámontaña, pero aínda ten que atoparunha muller ao seu fillo.

CRÍTICA DE BLOG VISUAL

En 1956 publicouse A balada de Na-rayama, a primeira novela de SichiroFukazawa baseada en relatos e can-cións do folclore popular xaponés, een 1958 foi levada ao cinema porKeisuke Kinoshita. A pesar da súagran calidade técnica, a fita pasoudesapercibida, e disque é por iso queShôhei Imamura (Choiva negra, Avinganza é miña, A anguía) decidiufacer unha nova versión en 1983. Oprimeiro que chama a atención destacinta, que mantén o estilo crítico ecru do director, é a utilización de es-cenarios naturais (a diferenza da deKinoshita).

A natureza está moi presente duran-te toda a metraxe, cunha contornaque se torna reflexo ou imaxe dosacontecementos vindeiros, onde des-de as condicións climáticas até afauna se nos presentan como metá-foras visuais do ciclo vital, do pasonatural da vida á morte. En canto átrama, é moi interesante a utiliza-ción das cancións populares sobre asque versa a historia. Unhas canciónsque nos falan de que cando un an-cián perde todos os seus dentes debeser levado á montaña de Narayama

para cumprir o seu destino co deusda montaña.

A simboloxía e as crenzas popularesson utilizadas para ocultar o que éclaramente un caso normalizado nadevandita sociedade de xerontici-dio, pois os maiores convértense copaso dos anos nun estorbo ao nonpoder realizar as mesmas tarefasfísicas que o resto e son unha bocamáis que alimentar. Prefírese quedesaparezan para dar paso a novasxeracións. É moi duro pensar comoa anciá, que a pesar de estar enplena forma, non dubida en ir rom-péndose os dentes para ser levadacanto antes, ou a sorte de que o díaque a leven á montaña neve, paraque co frío o sufrimento sexa me-nor.

De feito, nesa sociedade agrícola desubsistencia a moralidade é algoque se oculta tras as crenzas po-pulares. Por iso non é raro que setomen a xustiza pola súa man emesmo sexa algo habitual o infanti-cidio (pois é unha sociedade pa-triarcal onde se tenta manter aoprimoxénito) e o adulterio consen-tido. O sexo e a violencia están moipresentes, do mesmo xeito quemoitas actuacións cuestionablesque son socialmente aceptadas. Amáxima é sobrevivir, e dado quesubsisten como poden cos recursosque obteñen do campo (basicamen-te arroz, patacas e algunhas gali-ñas) non dubidarán en desfacersedo que para eles sexa inservible.Sexan fillos, fillas intercambiadaspor sal ou vendidas como esposas aoutras casas, e mesmo veciños la-dróns.

Do mesmo xeito, a espiritualidade ea morte é algo que vai ligado a esascrenzas, desde o propio deus damontaña á presenza de espíritoserrantes na propia natureza (repre-sentado co vento neste caso). A nor-ma de que os maiores non poden fa-lar durante o seu traxecto a Nara-

yama non é máis que a representa-ción de que durante o camiño perde-mos parte do que nos fai humanos -anosa fala- para transformarnos noque nos espera, en mortos. De feito,o crecemento persoal e a asimila-ción do destino mortal do personaxede Ken Ogata, o primoxénito que de-be levar á súa nai Orin a Narayama,é máis que evidente, máis aíndacando se descobre que a bela mon-taña das historias non é tan bela co-mo a pintaban as lendas.

CRÍTICA DE DIEGO GALÁN

A balada de Narayama é un filmeduro e sorprendente que aínda quenon conteña consignas morais enprimeiro termo nin pretenda mostraro ideario do director, deixa un in-quedante pouso para a reflexión: abrutalidade dos habitantes de Na-rayama non é realmente distinta ádos civilizados homes dos nosos días;cada neno que nace segue signifi-cando un ancián menos. O lento rit-mo narrativo que vai perfilando per-sonaxes e actitudes; as abundantesescenas de amor entre homes, ani-mais ou todos á vez; ese sorpren-dente clima familiar dos campesiñosque loitan con violencia por unhassimples patacas; a risa e o pícaroque se alternan coa traxedia de cadadía, e sobre todo o espléndido tra-ballo de interpretación, especial-mente de Sumiko Sakamoto, que en-carna á vella avoa, son valores desteraro filme que obtivo a Palma de Ou-ro do Festival de Cannes, premioque sorprendeu aos asistentes, que oconsideraron por riba de O Sur deVíctor Erice, Carmen de Carlos Sau-ra, Historia de Piera de Marco Ferre-ri, O diñeiro de Bresson ou Nostalxiade Tarkovski. A beleza das súas ima-xes e a orixinalidade da súa formu-lación son aspectos que hoxe, sendevezos comparativos, destacan conclaridade, emocionando ou seducin-do, polo menos, con facilidade aosespectadores.

Vindeira sesión o martes 11 de febreiro: Ikiru (Vivir) · Akira Kurosawa