Post on 21-Jul-2015
A SUBORDINACIÓN ADVERBIAL
Almanaque Nordés
CONCEPTO
Son as que funcionan como adverbios e complementan aos verbos da mesma forma ca eles.
Exemplos:O noso asesor visitaraa próximamente. Adv. CCTO noso asesor visitaraa cando vostede queira.P.
Sub. Adv. CCT
Clases de subordinadas adverbiais.
Circunstanciais. Expresan as circunstancias do verbo que xa
coñecemos e equivalen aos CC de lugar, tempo e modo.
Outras.
Expresan outras circunstancias que non poden expresarse con adverbios: comparativas, causais, finais, concesivas, condicionais.
Subordinadas adverbiais de tempo.
Sairemos de casa antes de que saia o sol. P PP.S.Adv CCT
Indican tempo. Levan enlaces como antes, cando, mentres,
despois... Para localizalas.Pregúntase ao verbo como para
o CCT: ¿Cando?
Subordinadas adverbiais de lugar
Os meus amigos espéranme onde quedamos sempre. PPP.S.Adv. CCL
Indican lugar. Van introducidas por enlaces como onde, por
onde, onde, onde... Para localizalas. Pregúntase ao verbo como
para os CCL: ¿Onde?
Subordinadas adverbiais de modo.
O ancián subía a escaleira coma se non puidese máis.PPP.S.Adv. CCM
Indican modo, xeito ou forma. Van con enlaces como segundo, como,
conforme a... Para localizalos.Pregúntase ao velo o mesmo
que para os CCM: ¿Como?