A inocencia

Post on 12-Apr-2017

299 views 4 download

Transcript of A inocencia

Cos anos imos perdendo a

inocencia, que non é outra cousa que a sabedoría que nos

regalou Deus.

O autor e orador Leo Buscaglia foi invitado unha vez

a ser parte do xurado nun concurso.O propósito do concurso era encontrar o

neno ou nena máis cariñoso.

Primeira historiaPrimeira historia

O gañador foi unha nena, amiga dun veciño cuxa esposa falecera recentemente.

A nena, ao ver o seu veciño chorar no patio da súa casa, achegouse e sentou no seu colo.

Cando a súa mamá lle preguntou que lle dixera ao veciño, a nena contestoulle...

"Nada, só o axudei a chorar".

Unha mestra estaba estudando co seu grupo de primeiro

grao a pintura dunha familia.

Nesa pintura había unha nena que tiña o

cabelo de cor diferente ao do resto

dos membros da familia.

Segunda historiaSegunda historia

Un dos nenos do grupo suxiriu que a nena da pintura

era adoptada. Entón, unha nena do grupo

díxolle:

“Eu sei todo de adopcións porque eu son adoptada".

“Que significa ser adoptado?"

preguntou outro neno.

"Significa“ - díxolle a nena –"que ti creces no corazón da túa mamá

en lugar de crecer no seu ventre".

Unha nena estaba intentando conseguir un papel

nunha obra de teatro da escola.A súa mamá contaba que a nena puxera o

seu corazón nisto e ela temía que non fose

elixida.

Terceira historiaTerceira historia

O día que repartiron os papeis da obra, eu estaba

na escola. A nena saíu correndo cos

ollos brillantes,con orgullo e emoción.

"Adiviña, mamá, que papel" gritou, e logo

díxolle as palabras que permanecerán coma unha

lección para min:

“Fun elixida para aplaudir e animar".

Unha nena estaba parada fronte a unha tenda de

zapatos nunha rúa, descalza, apuntando a

través da ventá e tremendo de frío. Unha señora

achegóuselle e díxolle:“Neniña, que estas mirando con tanto interese

nesa ventá?”“Estáballe pedindo a Deus

que me dese un par de zapatos", respondeulle a

nena.

Cuarta historiaCuarta historia

A señora tomouna da man e entraron na tenda. Pediulle ao

empreado media ducia de pares de calcetíns

para a nena.Preguntoulle se podía

darlle un recipiente con auga e unha toalla. O empregado tróuxolle o que pediu. Ela levou a nena á parte traseira da tenda lavoulle os

pés e secoullos.

O empregado chegou cos calcetíns. A señora púxolle un par á nena e mercoulle un par

de zapatos. Acaricioulle a cabeza e díxolle:“Non hai dúbida, neniña,

que te sentes máis cómoda agora!".

Cando ela daba a volta para irse, a nena agarroulle a man e mirándoa con bágoas nos

ollos, preguntoulle:

“É vostede a esposa de Deus?”

"Grazas"... Graciñas, por darme amigos tan especiais e marabillosos con quen compartir.

Ojaxá non perdamos nunca a inocencia!!!

Que pases un grandioso día!