A auga na cultura galega. Chuvia, neve...

Post on 24-May-2015

128 views 8 download

Transcript of A auga na cultura galega. Chuvia, neve...

As PRECIPITACIÓNS prodúcense cando o peso das pingas que se forman nas nubes é tan grande que non se pode soster no aire e caen en forma de CHUVIA, NEVE ou SARAIBA

CHUVIAProdúcese en nubes baixas. Se as pingas caen de pouca altura son pequenas e se caen de moita altura son máis grandes.

Un pé de auga e saraiba descarga auga a xerros no medio dun día de inverno metido en auga.

A xurrada ou escorrentía é a auga que corre por enriba da terra cando chove.

A chuvia moi miúda, con pingas moi finas, como néboa, chámase, segundo os lugares: chovisca, poalla, barruzo, orballo, bromorio, molura, mollaparvos, mollapitos…

Despois de moito chover veñen as enchentes

Cambados, 27-9-1982)

Despois de escampar, estrelampar, estiñar ou clarear as derradeiras pingas esbaran polas ponlas das árbores.

Segundo a crenza popular, o arco da vella baixa a beber auga dos ríos. Tamén se di que onde remata o arco da vella hai un illó.

CANTIGA:Es coma auga moleira,que anque non pareza molla,tes moi boas palabriñaspara quen non te conoza.

 REFRÁNS-En abril, cada pingueira vale por mil.-A chuvia de San Xoan tolle o viño e non da pan..-En agosto chove mel e mosto.-En abril augas mil, en maio as que queiran vir.-Cando Nadal nada, sinal de boa anada.

ORBALLO/ROSADAProdúcese nas noites despexadas. A calor da terra pérdese rapidamente, baixa a temperatura do aire e a auga que contén condénsase en pingas sobre as superficies frías.

XEADAProdúcese nas noites despexadas con temperaturas por debaixo de cero graos. A auga conxélase sobre as superficies frías.

-Xeada na lama, auga na cama.

O frío converte en carambelos as pingas de auga que esbaran dos tellados ao fundirse a neve.

NEVEFórmase a grandes alturas pola agrupación de pequenos cristais de xeo que se van unindo entre sí ata que a súa masa é atraída pola gravidade.

Os farrapos ou folerpas amoréanse arredor e por enriba das pallozas do Cebreiro.

-Ano de nevadas, ano de anadas.

Nevada en Cambados (xaneiro 1987)

PEDRISCOProdúcese por conxelación das pingas de chuvia cando pasan a través de capas de aire frío.

Lazo ou cristal: tona de xeo que se forma na superficie da auga coas temperaturas moi baixas.

-Xaneiro xeadeiro, febreiro mulideiro, marzo esqueiroso e abril chuvioso sacan a maio frorido e fermoso.

ARTESANÍA DA CHUVIAA coroza é unha prenda feita de xuncos ou palla construída de xeito que a auga esbara por ela. Foi moi empregada na montaña.

OFICIO DA CHUVIA: O PARAUGUEIROOs paraugas son accesorios imprescindibles nun país onde chove moito e mantelos en boas condicións é traballo do paraugueiro.

Escolma literaria

Cómo chove miudiño,Como miudiño chove;Como chove miudiño.Pol-a banda de Laíño,Pol-a banda de Lestrobe. ... CANTARES GALLEGOS (Rosalía de Castro, 1863)

...Misteriosa regadeiraFino orballo n-o chan pousaCoa feitiña curvadeiraRemollando n-a ribeiraFrol por frol, chousa por chousa... CANTARES GALLEGOS (Rosalía de Castro, 1863)

É noite pechada e chove miudiño...…Nas lousas de pedra,ó longo da rúaescura e desertaestoupan as pingasque deitan as tellas...

CHOVE...Ramón Cabanillas

…En falerpas, silenzosa,como folliñas de rosacai a neve...

MENTRAS CAI A NEVE Ramón Cabanillas

... Pola mañán a luz é limpa e crara....¡Non hai pinga de ágoa que non brile e cantenin folla que non ría!... O CASAL DE CATICOVAS Ramón Cabanillas

TRADICIÓNNo monte Aloia, en Tui, levaban a imaxe de San Lourenzo á Pedra da Auga (mirando ao solpor) para pedir chuvia, e á pedra so Sol (mirando ao nacente) se querían que parase de chover.

EU SON...BALBINO. Un rapaz da aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa...

... Ninguén me di, poño por caso, para que sirven as estrelas, nin onde morren os paxaros. Sei de certo que moitísimos anos antes de nacer eu xa había sol e penedos e fuxía a auga polo río...

...Pero para min é miragre todo. Dende as pingueiras da chuvia ata o canto do grilo... MEMORIAS DUN NENO LABREGO Xosé Neira Vilas

CHOVE pra que eu soñe...

OS EIDOS (Uxío Novoneyra)

ESTO sí é chover e ventare!Que noite pra mariñeiros e camiñantes!Metidiño na camiñatapadiño hastr’as orellassinto zapicar as beirasentr’o vento que axubría... (Uxío Novoneyra)

CHOVE nas veigas sin que se oia.Unha tras outracain as follas dando voltas.Ollando a serra caladaún agardaunha cousa queda e lonxana.

OS EIDOS (Uxío Novoneyra)

“Chovena casa do probe”

CHOVE no monte e nas viñasEnvolca a auga en regueirase ailí onde cain as beirasbaila muiñeiras miudiñas... (Uxío Novoneyra)

TRONOU ventou e choveo.Bicouse a terra co ceo.A noite que onte caiusólo foi pra quen a oíu.Ameteu o río ameteron as fontesi os fontegallos dos montes.Naz a auga a goforón.Regan os prados a cachón.Dinde nino pequenovou ver sempre o río que ameteuque me fai ise acenoque sein eu. (Uxío Novoneyra)

MAÑÁNS de xeada!Espertar co día á ventanencollerse na camaachegar a roupa á carai ouvir andar tropeando pola casa.Canta a vacacas astas na escada.Canta o galopandeando o corpo i o canto. (Uxío Novoneyra)

XEAFai un frío que queima.Pouco a poucoérguese a terra en trempos.O tourón os trousos os carambelos!Cruza un lobo....Roxe a folla nos carreirosaló no fondo dos cousos. (Uxío Novoneyra)

NEVA no bico do cumeneva xa pola ladeiraneva no teito e na eira.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Eu a ollar pro lumei o lume a ollarme.O lume sin queimarmefai de min fume. (Uxío Novoneyra)

PACEN as vacasna nabarega.Treme a pequenaque vai co’elas.Febreiro chovefebreiro xeafebreiro nevaneve lixeira... (Uxío Novoneyra)

DOBRAN as campás da neve.A alma de seu gardadatornouse inda máis caladae nin pode nin se astreve.Falopiña a falopiñavai branquexando a cortiña.Cada miniña seu sonocada copo sua flairiña. (Uxío Novoneyra)

NEVAe non leva

Todo o tempo a unha hora.. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .Cai a neve polvoriñacai a neve a plomocomo nun ámeto pechadocai a neve fora.... . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . (Uxío Novoneyra)

QUEDO nevaba.Tra-la fiestradeixei cair os brazos.O espacio alumousee xa non cai a nevecai o espacio... (Uxío Novoneyra)

MONTAXE E FOTOSAdela Leiro, Mon Daporta