A atmosfera

Post on 20-Dec-2014

291 views 12 download

description

 

Transcript of A atmosfera

A ATMOSFERA.ELEMENTOS E FACTORES DO CLIMA.PAISAXES NATURAIS E CLIMAS.

IRIA RODRÍGUEZ PRIETONº:20

ÍNDICE: A atmosfera.Elementos e factores do clima: -A atmosfera e o clima. -Os elementos e factores do clima. -Distribución xeográfica. Climas e paisaxes naturais da zona cálida: -O clima e a paisaxe ecuatorial. -O clima e a paisaxe tropical. -O clima e a paisaxe do deserto cálido. -Distribución xeográfica. Climas e paisaxes naturais da zona temperada: -O clima e a paisaxe oceánica. -O clima e a paisaxe mediterránea. -O clima e a paisaxe continental. -Distribución xeográfica. Climas e paisaxes naturais da zona temperada: -O clima e a paisaxe oceánica. -O clima e a paisaxe mediterránea. -O clima e a paisaxe continental. -Distribución xeográfica.

•A ATMOSFERA.ELEMENTOS E FACTORES DO CLIMA.

-A ATMOSFERA E O CLIMA.

A atmosfera

É a capa de aire que envolve a Terra,á que se encontra unida por defecto da gravidade.Nela teñen lugar os fenómenos que orixinan

os climas da Terra.

O clima

É o estado medio da atmosfera sobre un lugar.Os seus

elementos Medibles son:temperatura,precipitacións,presión atmosférica e o vento.Os

factores que o modifican son:latitude,altitude e distancia

ao mar.

-ELEMENTOS E FACTORES DO CLIMA.

•ELEMENTOS E FACTORES DO CLIMA

TEMPERATURA

PRECIPITACIÓN

PRESIÓN VENTO

DEFINICIÓN Grao de calor do aire.

Chuvia,neve e sarabia.

Peso que exerce o aire sobre un lugar.

Aire en movemento horizontal.

INSTRUMENTO CO QUE SE MIDE E UNIDADE DE MEDIDA

Termómetro ,enºC.

Pluviómetro,mm ou l/m2.

Barómetro,en milibares(mb).

Anemómetro(velocida-de).Viraventos(dirección).

REPRESENTA-CIÓN EN MAPAS

Isotérmas:liñas que unen os puntos con igual temperatura

Isohietas:liñas que unen os puntos con igual precipitación.

Isóbaras:liñas que unen os puntos con igual presión atmosférica.

Frechas.

FACTORES DE INFLUENCIA

-Latitude:diminúe dende o Ecuador ao polo.-Altitude:diminúe 0.05/o.6 ºC cada 100m.-Distancia ao mar:máis suaves na costa.

-Latitude:elevadas no Ecuador e descendentes nas tropicais,temperadas.-Altitude: aumentan coa altitude.-Distancia ao mar:abundantes na costa

-Altitude:diminúe coa altura.-A temperatura do aire:o aire cálido tende a causar precipitacións;o aire frío da altas precipitacións.

-Diferencia de presión entre dous puntos da Terra:o vento sopra dende as altas e baixas presións.

DISTRIBU-CIÓN NA TERRA

-Unha zona cálida.-Dúas zonas temperadas.-Dúas zonas frías.

-Moi abundantes,abundantes, moderadas,escasas ou moi escasas.

-Baixas temteraturas.-Altas presións polares-Alternancia de altas e baixas presións en zonas temperadas.

-Alisios.-Ventos do oeste.-Ventos polares.

-A DISTRIBUCIÓNXEOGRÁFICA.

TEMPERATURAS:

Temperaturas medias anuais(Cº):

Vermello:máis de 25.Laranxa:de 25 a 20.Amarelo:de 20 a 10.Laranxa escuro:de 10 0.Azul claro:de 0 a -10.Azul escuro:menos de -

10.

PRECIPITACIÓNS:

Precipitaciones medias anuais(mm):

Azul escuro: moi abundantes(máis de 2000).

Azul claro: abundantes(de 1000 a 2000).

Verde :moderadas (de 500 a 1000).

Verde claro: escasas (de 300 a 500).

Branco: moi escasas (menos de 300).

PRESIÓNS E VENTOS:

Ventos alisios do este. Ventos do oeste de

latitudes medias . Ventos polares do leste.

•CLIMAS E PAIXASES NATURAIS DA ZONA CÁLIDA.

-O CLIMA E A PAISAXE ECUATORIAL.

O clima ecuatorial esténdese polo Ecuador e polas proximidades entre

0º e 15º norte e sur.

-Temperaturas sempre altas(arredor de 25ºC) cuns 3ºC de amplitude

térmica anual.

-Precipitacións anuais moi abundantes (máis de 1500 ou 2000 mm).

-A vexetación está contituída pola selva virxe ,un bosque

denso con moitas especies , que se gradúan en altura segundo as súas necesidades de luz.

PAISAXE ECUATORIAL:

Selva virxe de Mozambique.

-O CLIMA E A PAISAXE TROPICAL.

O clima tropical desenvólvese

nas proximidades dos trópicos.

-Temperaturas sempre

altas ,que nunca baixan dos 18 ºC,con unha amplitude

térmica entre 3ºC e 10 ºC.

-Precipitacións abundantes (entre 750 e

1500 mm anuais) e

irregulares.

-A vexetación adáptase ás

precipitacións.-Bosque

tropical:aparece nas zona húmidas con

menos de tres meses secos.

-Sabana ou pradaría tropical:son as zonas máis secas formadas por herbas altas,entre

as que medran matogueiras e árbores

dispersas.

PAIXASE TROPICAL:

Sabana de Tanzania.

-O CLIMA E A PAISAXE DO DESERTO CÁLIDO.

O clima desértico cálido localízase nalgunhas zonas en torno aos trópicos de ambos os dous hemisferios.

-A temperatura media anual supera os 18ºC e hai fortes contrastes térmicos entre o día e a noite.

-Precipitacións moi escasas.

-A vexetación é escasa e logra adaptarse á sequidade almacenando auga no seu interior e transformando as follas en espiñas.

PAISAXE DO DESERTO CÁLIDO:

Deserto de Atacama.

-A DISTRIBUCIÓN XEOGRÁFICA.

Os climas cálidos:-Ecuatorial.-Tropical.-Desértico (deserto e semideserto).

CLIMOGRÁMAS:

•CLIMAS E PAISAXES NATURAIS DA ZONA TEMPERADA

-O CLIMA E A PAISAXE OCEÁNICA.

O clima oceánico esténdese polas costas occidentais dos continentes entre os 42º e 66º de latitude.

-Temperaturas pouco contrastadas,dedido á influencia do mar .

-Precipitacións abundantes e distribúense de forma regular ao longo do ano,sen meses secos.

-A vexetación predominante é o bosque caducifolio de carballos e faias .

PAISAXE OCEÁNICA:

Prados en Escocia.

-O CLIMA E A PAISAXE MEDITERRÁNEA.

O clima Mediterráneo localízase en torno ao mar Mediterráneo e na costa occidental dos continentes entre os 30º e 40º de latitude.

-Temperaturas pouco contrastadas,debido á influencia do mar,con invernos temperados e veráns calorosos ou cálidos.

-Precipitacións moderadas. Entre os 300 e 800 mm anuais,e irregulares, posto que o verán é seco.

-A vexetación está formada polo bosque perennifolio de aciñeira,sobreira e piñeiro.

PAISAXE MEDITERRÁNEA

Matogueira de Baixa California.

-O CLIMA E A PAISAXE CONTINENTAL.

O clima continental esténdese polo interior dos continentes do hemisferio norte.

-Temperaturas moi contrastadas, debido ao illamento da influencia mariña, cun inverno frío e verán caloroso.

-Precipitacións moderadas,entre 300 e 800 mm anuais.

-A vexetación varía coa latitude.No norte está constituída pola taiga;no sur,por pradarías e por estepas de herba baixa.

PAISAXE CONTINENTAL

Estepa de Uzbekistán.

-A DISTRIBUCIÓN XEOGRÁFICA.

-Vermello: continental.-Verde: oceánico.-Amarelo: mediterráneo.Azul verdoso: desértico temperado.

CLIMOGRÁMAS:

Rabat(Marrocos).Vancouver(Canadá). Tallín(Estonia).

•CLIMAS E PAISAXES NATURAIS DA ZONA FRÍA.

-O CLIMA E AS PAISAXES POLARES.

-O clima polar localízase entre os círculos polares e os polos.

-Temperaturas moi baixas ,sen superar os 10º.Os casquetes polares ou inlandsis non superan os 0ºC.

-Precipitacións escasas,inferiores a 250 ou 300 mm ao ano.

-A vexetación característica das zonas próximas ao Círculo Polar Ártico é a tundra ou pradaría ártica.

PAISAXE DE TUNDRA:

Tundra de Bioma.

PAISAXE DOS INLANDSIS:

Inlandsis do Lago Groenlandia.

-O CLIMA E AS PAISAXES DE ALTA MONTAÑA.

O clima de alta montaña localízase nos sistemas montañosos de calquera latitude.Non alcanza os 10ºC.

-Temperaturas en inverno frías e no verán frescas.

-As precipitacións superan os 1000 mm anuais e no inverno prodúcese en forma de neve.

-A vexetación gradúase en sucesivos pisos desde a base das montañas.A partir de certa altitude,a vexetación desaparece e é substituída pola rocha núa e as neves perpetuas.

PAISAXES DE ALTA MONTAÑA:

Cordilleira do Himalaia.

-A DISTRIBUCIÓN XEOGRÁFICA.

-Morado escuro:clima polar.-Morado claro:clima de montaña.

CLIMOGRAMAS:Tiksi(Rusia). McMurdo Sound(Antártida). Sonnblick(Australia).

BIBLIOGRAFÍA:

Libro de texto. Wikipedia. www.climogramasdelmundo.com